Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 335 de 11 de octubre de 2017

Tiempo de lectura: 41 min

Tiempo de lectura: 41 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 11/10/2017

Num. Resolución: 335


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona P., por mor dunha caída na rúa

Organismo: Concello de Pontevedra

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 5.2.2015, dona P. presenta escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello de Pontevedra, no que solicita indemnización

polos danos que alega ter padecido como consecuencia dunha caída que di sufrida na rúa Juan Bautista Andrade de aquela cidade,

como consecuencia, segundo se alega, da existencia dunhas lousas do pavimento en mal estado.

A interesada presenta valoración económica da responsabilidade patrimonial por importe de 31.273 ?.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio

da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do concello

de Pontevedra tendo entrada neste organismo o día vinte e dous de setembro de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, por tratarse dunha

reclamación de responsabilidade patrimonial interposta contra a Administración local por contía superior a 15.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame, suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas, que como tal suposto ven regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e -considerada a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, de procedemento administrativo

común- polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (en adiante LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de

responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo. A esta normativa xeral se remite, ademais,

o artigo 54 da Lei de bases do réxime local.

Terceira.-

No que atinxe á tramitación do presente expediente, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, en particular no relativo á admisión e práctica de probas propostas

pola interesada e observancia do trámite de audiencia, con formación final da proposta que agora se somete a ditame, polo

que nada obsta para continuar a análise do asunto.

Con todo, non pode avanzarse na formulación do preceptivo pronunciamento que agora se libra sen poñer de manifesto o incumprimento moi notable do prazo máximo para notificar resolución no procedemento,

pois sendo este de 6 meses a reclamación acumula 32 meses sen resposta, situación á que se deberá de poñer termo coa maior

celeridade posible, evitando ademais a súa reiteración en futuros expedientes, por ser contraria aos principios de eficiencia

e celeridade na actuación administrativa.

Cuarta.-

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal -artigo 12 do Real decreto 429/1993- e polo que o presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, de relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión producida, para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre

no presente caso, no que se xunta ao expediente documentación clínica que da conta do padecemento dunha lesión lumbar por

parte da interesada.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar que o dano se produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas

pola interesada, e que estas configuran un vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo asumido pola Administración

á que aquel se imputa, o que constitúe, de xustificarse o primeiro aspecto, o segundo presuposto esencial a analizar por este

Consello Consultivo.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (antigo 1214 do Código Civil e actual 217 da LEC, e artigos 5.3

y 6.1 do RPAPRP). No mesmo sentido postúrase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio

de que a carga da proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora

(entre outras, sentenzas de 4.11.1997 e 30.10.1999).

Examinando o actuado obsérvase unha desatención por parte da instrución dun exame detido do material probatorio, semellando que se estima acreditada a realidade dos feitos, que non se cuestionan, sobre

a base dun implícito impropio no seo dun expediente que ten por obxecto derivar unha responsabilidade patrimonial duns determinados

feitos que, por tal razón, deben resultar suficientemente acreditados. Feita tal observación, e en canto a Administración

non cuestiona a verosimilitude dos referidos feitos, avanzamos na análise da concorrencia do preceptivo nexo de causalidade.

Quinta.-

Ao respecto da análise da causalidade do dano debe tomarse en consideración a regra xeral, acollida xa por este Consello Consultivo noutros ditames (por todos o CCG 30/00), segundo a cal é esixible aos

viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obriga esta que exclúe toda responsabilidade da Administración cando

é crebada, por introducirse, neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da vítima.

No presente suposto, a apreciación da imputación da caída á esfera de responsabilidade da propia vítima é unha conclusión imposta polas propias circunstancias do caso pois, informándose polos

servizos municipais que o pavimento está nun bo estado xeral salvo unhas pequenas irregularidades nuns lastros que rodean

unha tapa de rexistro, a realidade da presenza das irregularidades do pavimento era apreciable a simple vista, atendido que

o accidente se produciu a plena luz do día e non se constatou a concorrencia de discapacidades por parte da accidentada que

puideran minguar aquela anticipación esixible aos viandantes, sendo así, ademais, que como relata a testemuña, existían alternativas

para o paso. Polo tanto era esixible dun peón dilixente a observación de aquelas imperfeccións e a falta de apreciación da

súa existencia tivo que obedecer necesariamente -ante a falta de constancia de circunstancia impeditiva algunha- a unha omisión

da atención debida por parte da accidentada.

Neste sentido, como o Tribunal Supremo ten sentado, entre outras, en sentenzas do 27 de outubro de 1998 e do 3 de maio de 2007 -en doutrina aplicada por este Consello Consultivo en numerosos ditames como

o CCG 824/07, ?Entre las diversas concepciones con arreglo a las cuales la causalidad puede concebirse, se imponen, en materia de responsabilidad

patrimonial de la Administración, aquellas que explican el daño por la concurrencia objetiva de factores cuya inexistencia,

en hipótesis, hubiera evitado aquel?. No caso que se analiza, a aplicación da atención debida por parte da viandante, teríalle permitido apreciar a irregularidade

e evitar o accidente, polo que a súa falta se constitúe como elemento idoneamente determinante da caída alegada, con relevancia

tal que opera como única circunstancia apreciable dende o punto de vista da responsabilidade derivable daquel suceso.

Sexta.-

Engadidamente, hai que resaltar o reforzamento do rigor co que a esixencia de proba da vinculación causal referida é demandada na xurisprudencia en relación con reclamacións próximas á que nos ocupa,

que teñen o seu fundamento nunha omisión por parte da Administración nas funcións de conservación das vías da súa titularidade.

A este respecto na sentenza do TS do 17.6.2014 se razoa como segue:

?Pero es necesario que nos detengamos en una peculiaridad que la jurisprudencia ha venido admitiendo en orden a la configuración

del nexo causal en el ámbito de la responsabilidad patrimonial de las Administraciones. En efecto, vincular el daño al funcionamiento

normal o anormal de los servicios públicos, sobre el fundamento de que los daños ocasionados con esa prestación a determinados

ciudadanos comporta una discriminación en relación con la generalidad de los ciudadanos, que se ven beneficiados con el servicio

prestado; no ofrece grandes complicaciones cuando ciertamente el daño surge en una acción positiva en dicha prestación. Cuando

así sucede, como se razona en nuestra sentencia de 1 de junio de 2012 (recurso de casación 2419/2010), para que proceda determinar la responsabilidad basta con que la lesión sea lógica consecuencia de aquel funcionamiento;

no ofrecen esos supuestos de una acción positiva grandes problemas de configuración del nexo causal, incluso no es difícil

la determinación de la existencia de una concausa de un tercero, o del mismo lesionado, que pudiera moderar la indemnización

por su cooperación al resultado lesivo, porque la relación aparece vinculada a ese actuar administrativo.

Sin embargo, cuando la imputación de la lesión al funcionamiento del servicio público se vincula a una omisión de la Administración en dicha prestación, y de eso se trata en el presente supuesto, la determinación

del nexo causal se complica, porque, como se declara en la sentencia mencionada, que sigue lo ya declarado en la de 21 de febrero de 2012 (recurso de casación 3036/2010), no es ya suficiente

con que la lesión sea esa consecuencia lógica de la actividad prestacional pública, porque siempre se dará dicha conexión,

es decir, siempre existirá una vinculación entre la prestación del servicio, en su modalidad omisiva, y la lesión.

Lo razonado se demuestra en supuestos como el que ahora nos ocupa, porque si se vincula un accidente de circulación ocasionado en una carretera y el reproche que a la Administración se hace, como en el

caso presente, es a una omisión, deberá concluirse que siempre existirá vinculación entre el resultado y el servicio. Por

ello, o se exige algún otro presupuesto del nexo causal o la responsabilidad adquiere una extensión que no es la que se corresponde

con esta institución indemnizatoria; porque siempre será la prestación del servicio de carretera el generador de la lesión.

Sin embargo, en tales supuestos de omisión, para evitar esa extensión desmesurada de la institución que el Legislador no ha querido, la relación de causalidad se integra de un elemento añadido

al de esa conexión lógica; es decir, la necesidad de un deber -no solo una obligación- de la Administración de actuar en un

determinado sentido; en palabras de las sentencias mencionadas "es necesario que haya algún otro dato en virtud del cual quepa

objetivamente imputar la lesión a dicho comportamiento omisivo de la Administración; y ese dato que permite hacer la imputación

objetiva sólo puede ser la existencia de un deber jurídico de actuar (?) Porque si bien es cierto que la Administración está

obligada a garantizar que las condiciones de la prestación de los servicios sean acordes a la evitación de daños a los usuarios

o minimizar sus efectos cuando fueran previsibles, es lo cierto que también los usuarios deben utilizar los servicios con

la diligencia necesaria para evitar esos daños, sin que pueda imponerse a las Administraciones una responsabilidad ajena a

aquella diligencia".

E ao respecto da inexistencia dunha creba do estándar de seguridade pola soa presenza dunha deficiencia nunha beirarrúa, sen dato engadido que singularice a omisión de reparación (como a previa existencia

de reclamacións ou advertencias dos propios servizos ou usuarios das vías), como é o caso que se analiza, pode citarse o razoado

na sentenza 820/2005, do 30 de setembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que con base en circunstancias análogas

ás que son obxecto de exame o citado Tribunal entendeu que ?la pequeña irregularidad en el pavimento, harto frecuente en nuestros viales, carece de relevancia al objeto de servir de

base a una responsabilidad administrativa fundada en el artículo 139 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de régimen jurídico

de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común, toda vez que resulta prácticamente imposible encontrar

un vial o calzada que pueda calificarse de perfecto desde el punto de vista de la morfología debido a la continua incidencia

de factores externos de toda índole derivados de la climatología y del continuo paso de personas y vehículos, de ahí que no

proceda la estimación de la demanda?.

A solidariedade nos riscos que fundamenta a institución da responsabilidade patrimonial como instrumento de resarcimento das

vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos públicos de cara á xusta distribución das súas cargas e beneficios,

eís o seu carácter obxectivo, non pode confundirse cunha cobertura providencialista de todas as incidencias públicas que acontezan

en lugares de titularidade pública, sendo precisa a concorrencia dos presupostos legalmente esixidos.

Como o Tribunal Supremo ten establecido en reiterados pronunciamentos dos que é mostra o realizado en sentenza de 30.9.2009 ?la prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetiva de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario se transformaría aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro Ordenamiento Jurídico (SSTS de 30.09.2003

y las que cita), sino que es necesario que el riesgo inherente a su utilización haya rebasado los límites impuestos por los

estándares de seguridad exigibles conforme a la conciencia social (SSTS de 15.12.1997)?.

En consecuencia, tras a análise do conxunto do expediente cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor determinante do accidente foi a conduta da propia vítima, pola súa distracción

e descoido ante as circunstancias especiais da zona pola que deambulaba.

Enténdese así aplicable a doutrina deste Consello recollida en numerosos ditames (CCG 420/07, 177/12, 498/12, 431/13 ou 649/14, entre outros) sobre a necesidade de autocontrol da propia deambulación

que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas de xeito que corresponde a estas avaliar os riscos que pode ter un

actuar pouco atento ás circunstancias. Como recorda a STSXG 496/2013, do 3 de abril, está a cargo de quen o sufre ?el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes al comportamiento humano, debiendo

soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por lugares de paso, como indican las

SSTS de 17.07.2003 y 22.02.2007?. En efecto, conforme ao disposto en tales SSTS (e nas que nelas se citan) necesariamente o comportamento humano, na xeneralidade

dos casos, segundo a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e atención

comporta na deambulación por vías públicas.

Deste xeito, no caso que nos ocupa da inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe extraerse a procedencia da desestimación desta.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información