Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 334 de 04 de octubre de 2017

Tiempo de lectura: 33 min

Tiempo de lectura: 33 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 04/10/2017

Num. Resolución: 334


Cuestión

Resolución de contratos

Resumen

Resolución do contrato administrativo de subministración de contadores de auga e válvulas de entrada e saída no Concello de Avión

Organismo: Concello de Avión (Ourense)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Mediante acordo adoptado polo Pleno do Concello de Avión na súa Sesión ordinaria que tivo lugar o 02.03.2017 adxudicouse

a obra de "Subministración de contadores de auga e válvulas de entrada e saída en Avión" á empresa G. polo procedemento negociado con publicidade e trámite de urxencia.

Con data do 14.03.2017 procedeuse á formalización do contrato entre o Concello de Avión e a entidade mercantil.

O prego de cláusulas administrativas define o obxecto do contrato no seu apartado 1 que sinala:

?El contrato tendrá por objeto el suministro de contadores de agua y válvulas de entrada y salida de Avión, de acuerdo con

el Pliego de Prescripciones técnicas, que forma parte integrante del presente pliego?.

2.- Con data do 25.04.2017 o concello comunica á adxudicataria que debe proceder á entrega dun primeiro pedido de material, consistente

en 500 unidades de contadores de 15 mm de diámetro, incluídas as súas correspondentes válvulas.

En relación con este pedido a entidade mercantil procede á entrega de 1000 chaves de paso.

O concello pon en coñecemento da empresa que non efectuou a entrega conforme co previsto na cláusula 5 do Prego de prescricións técnicas, é dicir, que non entregou as válvulas de entrada e saída ás que

se refire o prego.

3.- Con data do 18.05.2017 o concello solicita á adxudicataria unha segunda entrega de material, consistente neste caso en 25

unidades de contadores de 30 mm de diámetro, incluídas as súas correspondentes válvulas de entrada e de saída segundo o previsto

na cláusula quinta do Prego de prescricións técnicas.

Con data do 16.06.2017 remíteselle novo escrito á adxudicataria facéndolle constar que a pesar do tempo transcorrido non procedeu á entrega do material.

A día de hoxe a empresa adxudicataria procedeu á retirada das chaves de paso entregadas co primeiro pedido e a substituílas por outras chaves de paso, coa diferenza de que o accionador é de tipo bolboreta

e que se lle engadiu racor.

4.- Por resolución do alcalde do 04.08.2017 notificanse á empresa interesada os acordos adoptados polo Pleno do concello de inicio

do expediente de resolución do contrato de referencia por ?Demora en el cumplimiento de los plazos por parte del contratista y el incumplimiento del plazo señalado en la letra c del

apartado 2 del art112 dándose igualmente, la causa de resolución prevista en el artículo 212.4, por constitución de mora en

el cumplimiento de los plazos totales?.

5.- En data do 22.08.2017 a entidade mercantil presentou un escrito de alegacións á proposta da resolución do contrato.

6.- Consta un informe xurídico e técnico.

7.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Avión, e tivo entrada neste organismo con data do 27.09.2017.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame a teor do establecido no artigo 12, g) Lei 3/12014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e no artigo 17, a) do

seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por atinxir o expediente á

resolución dun contrato administrativo.

Tal competencia resulta, ademais, da concordancia das anteditas normas co establecido no artigo 211.3, a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido

da Lei de contratos do sector público (en adiante,TRLCSP), que establece o preceptivo ditame do Consejo de Estado ou órgano

consultivo equivalente da comunidade autónoma nos casos de interpretación, nulidade e resolución dos contratos, cando se formule

oposición por parte do contratista, suposto que concorre no presente expediente, pois a través do escrito de alegacións asinado

pola adxudicataria do contrato de referencia, maniféstase a desconformidade coa causa de resolución que serve de fundamento

ao presente expediente.

Segunda.-

Os requirimentos formais que rexen no procedemento de resolución de contratos foron suficientemente cumprimentados nos seus imprescindibles trámites, en especial, os que resolven a necesaria contradición

propia dos expedientes desta natureza, é dicir, o circunstanciado reproche do incumprimento contractual dirixido ao contratista

por parte do órgano de contratación, con cita das causas determinantes da pretendida resolución, así como a audiencia daquel.

O artigo 321 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, recoñécelle ao órgano competente para a contratación a prerrogativa de acordar a súa resolución dentro dos límites e con suxeición

aos requisitos e efectos establecidos legalmente, isto é, de acordo co sinalado pola lexislación básica en materia de contratación.

Incorporáronse os informes que avalan xurídica e tecnicamente a proposta de resolución contractual e redactouse proposta pola

administración consultante, en concreto polo alcalde da corporación.

Terceira.-

A potestade resolutoria conferida á Administración en relación cos contratos sometidos ao dereito administrativo enmárcase dentro do ámbito das denominadas prerrogativas previstas no artigo 210 do TRLCSP,

concibidas pola doutrina como privilexios ou facultades exorbitantes, cuxo exercicio non se produce de xeito automático senón

só cando o esixa o interese público implícito en cada relación contractual, fundándose así no servizo obxectivo aos intereses

xerais que o artigo 103 da Constitución proclama da actuación administrativa.

O mecanismo da extinción anticipada do contrato por medio da súa resolución constitúe como reiteradamente ten sinalado o Consejo de Estado ?(?) un medio de defensa de la parte cumplidora frente al incumplimiento de la otra parte, o frente a las alteraciones no

justificadas de los términos en que fuera concebido el equilibrio contractual en el momento de la conclusión del pacto?. (DCE 3007/2003, DCE 2205/2000, DCE 2583/1997).

Ao respecto ha de sinalarse que, tanto no ámbito da contratación civil coma da administrativa, a xurisprudencia advertiu que non todo incumprimento contractual podería dar lugar ao dereito da outra parte

a resolver o contrato, distinguíndose pola xurisprudencia aqueles incumprimentos xeradores da posibilidade de exercicio do

dereito á extinción do contrato de aqueloutros que non o levan aparellado, aínda cando poidan posibilitar a esixencia de indemnización

por danos e perdas. Tal doutrina é perfectamente aplicable no ámbito administrativo, de forma que só os incumprimentos de

obrigas contractuais esenciais poden ser xeradores do lexítimo exercicio da potestade de resolución dos devanditos contratos

e iso, como xa sinalamos, cando sexa esta opción a que máis convén ao interese público en liza.

Para a determinación da transcendencia dos diversos incumprimentos que se produzan, o Tribunal Supremo manifestou reiteradamente (sentenzas do 16 de outubro de 1984, Ar. 5655, do 9 de outubro de 1987,

Ar. 8324, do 23 de novembro de 1988, Ar. 9199, entre moitas outras) que ha de poñerse en cada caso atención ás circunstancias

concorrentes, co fin de dilucidar se se está ante un verdadeiro e efectivo incumprimento das obrigas contractuais, revelador

dunha vontade clara de non atender, dolosa ou culposamente, os compromisos contraídos ou, pola contra, máis ben ante un simple

atraso, desfase ou desaxuste en modo ningún expresivo daquela vontade e, en definitiva, dun efectivo incumprimento da esencia

dunha obriga.

Polo tanto, neste ámbito non toda irregularidade pode levar aparellada a habilitación á Administración pública para que exercite a súa potestade resolutoria, senón só aqueles supostos nos que o servizo

deixa de prestarse ou se presta en condicións tales que se lesiona o interese público que se poida satisfacer.

Cuarta.-

Entrando a examinar o incumprimento no que a entidade contratista ten incorrido a xuízo da Administración, e que motiva a decisión de resolver o contrato, a proposta de resolución analizada fundamenta a

produción do referido efecto na causa prevista no artigo 223, d) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo

que se aproba o TRLCSP por ? Demora en el cumplimiento de los plazos por parte del contratista y el incumplimiento del plazo señalado en la letra c del

apartado 2 del art112 dándose igualmente , la causa de resolución prevista en el artículo 212.4, por constitución de mora

en el cumplimiento de los plazos totales?

Logo dun estudo da documentación remitida podemos concluír que á vista dos informes que obran no expediente, non semella ofrecer dúbida ningunha que a dita causa resolutoria se evidencia no presente

caso dunha forma clara e terminante e que ademais se atopa nunha circunstancia allea completamente ao círculo de actuación

da Administración e polo tanto imputable exclusivamente á contratista.

O informe do Secretario do Concello conclúe que:

?Visto el incumplimiento reiterado tanto en los plazos de suministro del material como en la deficiencia e incumplimiento de

las prescripciones técnicas, se está causando un perjuicio tanto para el funcionamiento del propio servicio de aguas, como

a los abonados al mismo y al propio Ayuntamiento, en este caso en dos vertientes, tanto como responsable de la prestación

de dicho servicio, que no se está pudiendo dar, como con repercusiones económicas, al no poder facturar el suministro efectivo

de agua que se está haciendo a la población ni poder realizar en tiempo las obras a que se comprometió la empresa adjudicataria?.

Pola contra a empresa adxudicataria a pesar do tempo transcorrido segue sen entregar o material solicitado nin presentar ante o concello a xustificación da contratación das melloras ás que se comprometeron.

Atendendo a todo o exposto cómpre apreciar, no presente caso, a demora no cumprimento dos prazos, o que, ao abeiro do artigo 223, d) do TRLCSP habilita ao Concello de Avión para a resolución contractual

pretendida, sendo que esta foi a causa invocada polo concello no acordo de iniciación do procedemento de resolución.

Sen prexuízo do anterior cómpre facer unha precisión tendo en conta o informe de A., SA que conclúe o seguinte:

?Compróbase o material, e observase que o material empregado son as mesmas válvulas entregadas en abril, coa diferencia do

accionador, que e de tipo bolboreta, e engadiuse o racor, pero como un accesorio mais.

Polo que se considera, que as válvulas seguen a presentar as mesmas deficiencias, e como solución, o adxudicatario optou por engadir un accesorio e non a substitiución do material?.

Neste caso, toda vez que non se fixo a única entrega de bens nos termos do Prego das prescricións técnicas (cláusula 5) polo que se incumpriu a obriga esencial do contrato de subministración que de

acordo co disposto no artigo 292 do TRLCSP, ?El contratista estará obligado a entregar los bienes objeto del suministro en el tiempo y lugar fijados en el contrato y de conformidad con las prescripciones técnicas y cláusulas administrativas?.

Sendo que tamén procedería a invocación deste motivo como causa de resolución.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)
Disponible

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)

José Luis Gil Ibáñez

59.45€

14.86€

+ Información

Casos prácticos de IVA en operaciones intracomunitarias e internacionales
Disponible

Casos prácticos de IVA en operaciones intracomunitarias e internacionales

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

El transporte ante el desarrollo tecnológico y la globalización
Disponible

El transporte ante el desarrollo tecnológico y la globalización

V.V.A.A

59.50€

56.52€

+ Información

Contratos del sector público
Disponible

Contratos del sector público

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Regulación del recurso especial en materia de la contratación
Disponible

Regulación del recurso especial en materia de la contratación

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información