Dictamen de Consello Cons...re de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 333 de 23 de diciembre de 2020

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 23/12/2020

Num. Resolución: 333


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R. en nome e representación de P., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento da súa infertilidade no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Inadmisión

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 14.8.2020, R., letrado, actuando en nome e representación de P., presentou reclamación de responsabilidade patrimonial

ante o Servizo Galego de Saúde polos danos que entende derivados da asistencia sanitaria prestada a esta última, sometida

a un tratamento de fertilidade e á que na data do 11.4.2019 se lle realizou unha histerosalpingografía que requiriu unha posterior

salpinguectomía bilateral laparoscópica e legrado practicados 3 días despois con alta hospitalaria o 17.4.2019.

Reclámase unha indemnización de 600.000? por perda de oportunidade e danos morais.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, no que se deu audiencia á interesada, con data 31.7.2019,

formulouse unha proposta de resolución en sentido de inadmitir a reclamación, por extemporánea.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data do 30.11.2020.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído pola Consellería de Sanidade, no que, a instancia de parte, se interesa

o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización por danos.

O artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, dispón expresamente que:

?O Consello Consultivo ditaminará preceptivamente sobre os asuntos seguintes:

[?]

j) Reclamacións de responsabilidade patrimonial de contía superior a 30.000 euros para a Administración autonómica e a 15.000 euros para as administracións locais?.

Pola súa banda, o artigo 33.2 do citado Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento (en diante, RCCG) sinala que:

?Unha vez aberto o expediente, e como trámite previo, en caso de observarse a falta manifesta de competencia do Consello, por parte da Presidencia do Consello decidirase a devolución do expediente remitido

e o arquivo do actuado ante o Consello, sen máis trámite?.

A competencia deste Consello Consultivo debe cinguirse aos aspectos descritos na lexislación reguladora dos procedementos de reclamación de responsabilidade patrimonial, e excluírse cando a falta de competencia

resulta ?manifesta?.

En efecto, o ditame preceptivo do Consejo de Estado ou dos órganos consultivos equivalentes, só é esixible nos supostos en que o procedemento administrativo de reclamación por responsabilidade patrimonial

da Administración por culpa extracontractual, finalice mediante proposta de resolución do órgano instrutor ditada nos termos

e co alcance establecido no artigo 91.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en diante, LPAC), cun pronunciamento ??sobre a existencia ou non da relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público e a lesión producida e, se

for o caso, sobre a valoración do dano causado, a contía e o modo da indemnización, cando proceda, de acordo cos criterios

que para calculala e aboala se establecen no artigo 34 da Lei de réxime xurídico do sector público?.

O obxecto do ditame do órgano consultivo competente vén expresado, en lóxica coherencia, no artigo 81, apartado 2, da LPAC, ao establecer que ??deberase pronunciar sobre a existencia ou non de relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público e a lesión

producida e, se for o caso, sobre a valoración do dano causado e a contía e modo da indemnización, de acordo cos criterios

establecidos nesta lei...?.

O artigo 91, apartado 2, da LPAC sinala que nos casos de procedementos de responsabilidade patrimonial, será necesario que a resolución se pronuncie sobre a existencia ou non da relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo público e a lesión producida e, no seu caso, sobre a valoración do dano causado, a contía

e o modo da indemnización, cando proceda, de acordo cos criterios que para calculala e abonala se establecen no artigo 34

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. No expediente tramitado, a Consellería de Sanidade

non se pronunciou sobre ningún deses extremos, propoñendo simplemente a inadmisión ad limine da solicitude por extemporaneidade.

Para estes supostos, a proposta de resolución a que se refire o artigo 91.2 da LPAC queda excluída e, como consecuencia, tamén o ditame do órgano consultivo competente

ao que se refire o articulo 81.2, establecendo o artigo 21.1 da LPAC que se substitúe a proposta de resolución por unha resolución

que ?? consistirá na declaración da circunstancia que concorra en cada caso, con indicación dos feitos producidos e das normas

aplicables? e que será recorrible en vía contencioso-administrativa.

Polo tanto, no presente caso podería entenderse que o que procede é a inadmisión a limine da reclamación presentada e o arquivo do expediente, por extemporaneidade da acción exercitada, sen necesidade de solicitar

ditame deste Consello Consultivo de Galicia.

Non obstante o anterior, tamén hai que ter en conta que o precitado artigo 33.2 do RCCG exixe, para apreciala, que ?a falta de competencia? do Consello Consultivo sexa ?manifesta?, o que daría lugar a unha resolución, por falta de competencia, da Presidencia do Consello Consultivo.

Pois ben, no presente caso, e como xa temos manifestado noutras ocasións (CCG 194/2020 e CCG 253/2020) obsérvase a necesidade de realizar un xuízo xurídico previo á inadmisión, no que deben de terse en

conta unha serie de elementos fácticos que dean lugar a unha conclusión xurídica.

En definitiva, estas operacións de interpretación normativa e fáctica que procedemos a expor nas consideración seguinte, esixen un xuízo xurídico previo que exclúe, ao entender deste organismo, a

posibilidade de apreciar a ?manifesta incompetencia? do Consello; e, en consecuencia, obriga a analizar a legalidade da proposta de resolución sometida a ditame. Neste sentido

cómpre, ademais, lembrar que este órgano consultivo actúa como unha garantía de legalidade para a cidadanía en relación coa

actuación da Administración, polo que a súa intervención non pode constituír vicio ou defecto ningún na tramitación do expediente.

Segunda.

Expostas as consideracións precedentes cómpre dicir que in dos presupostos legais da declaración de responsabilidade patrimonial é a interposición da reclamación en prazo, por canto, de conformidade

co disposto no artigo 67 da LPAC os interesados só poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial,

cando non prescribise o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive

a indemnización ou se manifeste o seu efecto lesivo, segundo se prevé no mesmo precepto, que precisa que, no caso de danos

de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezará a computarse desde a curación ou a determinación do alcance das

secuelas.

No presente caso, tratándose dunha reclamación vinculada a danos de carácter físico e psíquico, na proposta de resolución considérase que a reclamación está prescrita por canto a reclamación se tería

presentado pasado máis dun ano dende a determinación do alcance das secuelas padecidas pola doente.

En concreto, na proposta de resolución arguméntase que as lesións causadas á reclamante (perda das dúas trompas de falopio e legrado uterino endometrial) teñen a consideración de dano permanente, cuxo

alcance e contía pode ser determinado dende o 17.4.2019, data na que se produce a alta hospitalaria.

Ao respecto do cómputo do prazo de prescrición en ausencia de curación, e para a determinación do dies a quo, procede analizar os presupostos delimitados xurisprudencialmente a partir da previsión legal da ?determinación do alcance das secuelas?.

Así, en primeiro lugar, a xurisprudencia establece que para que poida entenderse determinado o alcance das secuelas é preciso que poida establecerse o alcance do dano real polo que se reclama.

Así, en Sentenza do 27.5.2016 o Tribunal Supremo razoou que o coñecemento do alcance das secuelas ?dependerá de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible

conocer el alcance real del daño que se reclama?. A determinación de cando se produce esta circunstancia e, polo tanto, cando é posible exercitar a reclamación, comezando

o cómputo do prazo de prescrición, segundo se indica na propia STS citada ?depende de las circunstancias de cada caso, y de las pruebas practicadas?.

Por outra parte, debe ser ponderado que na determinación do dies a quo o Tribunal Supremo admite a temporaneidade dunha reclamación cando se producen secuelas imprevisibles no tempo pretérito

do diagnóstico (superado o prazo do ano dende o dito diagnóstico) pola imprevisible evolución deste, e distingue entre danos

permanentes e danos continuados. Tal é o caso do razoado, entre outras, en STS do 24.4.2012, na que se parte da existencia

de supostos nos que non é posible a curación nin a determinación do alcance das secuelas, ben porque a propia natureza da

enfermidade non permita prever a súa posible evolución, ben porque no devir do seu desenvolvemento se produzan secuelas imprevistas

e non determinadas.

Na dita STS de 24.4.2012 pode lerse que ?Es el supuesto de enfermedades de evolución imprevisible como son las derivadas del contagio de la hepatitis C o del SIDA

o aquellos otros ocasionales casos en que la enfermedad inicialmente diagnosticada se traduce en unas secuelas de imposible

predeterminación en su origen. En estos últimos casos ha afirmado, efectivamente, esta Sala que si del hecho originador de

la responsabilidad se infieren perjuicios o daños que no pueden ser determinados en su alcance o cuantía en el momento de

ocurrir el acontecimiento dañoso, el plazo de prescripción no comienza a computarse sino a partir del momento en que dicha

determinación es posible, aceptando igualmente que en aquellas enfermedades excepcionales de imprevisible evolución, el daño

pueda ser reclamado, como continuado, en cualquier momento?.

A tradicional distinción entre danos continuados e danos permanentes recóllese tamén en sentenzas como a STS do 6.5.2015, na que se predica dos primeiros ?que no permiten conocer en el momento en que se producen los efectos definitivos de una lesión y en los que, por tanto, el

dies a quo será aquél en que ese conocimiento se alcance?, fronte ao caso dos danos permanentes ?que aluden a lesiones irreversibles e incurables, aunque no intratables?.

En terceiro lugar hai que considerar que para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que estas sexan perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois

o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo de prescrición cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS do 3.10.2014).

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 6.5.2015).

Por tal razón a existencia de procesos asistenciais en curso, como pode ser unha secuencia de rehabilitación, a realización de sucesivas consultas en unidades da dor para tratar de paliar os padecementos

estabilizados, ou a realización de controis periódicos da doenza, non supoñen necesariamente a suspensión do cómputo de prescrición,

e de feito non o suspenden cando existe un cabal coñecemento do dano e este é razoablemente previsible. Así o entende o Tribunal

Supremo en sentenzas como a do 30.6.2009 ou a do 6.5.2015 na que, logo de distinguir os supostos de danos continuados e danos

permanentes, se establece respecto destes últimos, como vai dito, que aluden a lesións irreversibles e incurables, aínda que

non intratables ?por lo que los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o

a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de

que el daño ya se manifestó con todo su alcance?.

Terceria.

Trasladando estes presupostos ao caso analizado pódese afirmar que en efecto, e como se sostén na proposta de resolución, coa alta hospitalaria (17.4.2019) logo da práctica da intervención cirúrxica, as

secuelas polas que se reclama teñen a condición de previsibles e determinadas, polo que é un dano permanente e non continuado,

e que non variará xa no tempo, estando fixado dende entón o alcance do dano e as súas repercusións funcionais (STS 24.4.2012),

e na marxe da continuación dunha posterior asistencia sanitaria de control por ser danos irreversibles e incurables, aínda

que non intratables nin alleos a un seguimento médico (STS 6.5.2015).

Por tales razóns non pode compartirse o criterio da parte reclamante que trata de fixar o día inicial do cómputo na data do 7.6.2019, na que tivo lugar unha consulta postcirúrxica que consistiu nun mero

seguimento de control, para comprobar que non existían incidencias postcirúrxicas, pero que non afecta á determinación das

secuelas, perfectamente identificadas á alta hospitalaria, tanto máis cando as lesións polas que se reclama son unha consecuencia

necesaria da intervención practicada, que non é obxecto de censura respecto da súa boa praxe, pois o reproche refírese á asistencia

anterior, da que resulta a necesaria xeración das secuelas postcirúrxicas coñecidas.

Tal conclusión sobre a consulta de control coincide co criterio do Tribunal Supremo establecido en reiterada xurisprudencia da que é exemplo a Sentenza do 30.6.2009 na que se razoa que o seguimento

dunha lesión de carácter permanente, mediante os correspondentes controis, non alteran o momento de determinación de tales

lesións e secuelas, engadíndose que ?no puede entenderse ilimitadamente abierto el plazo de reclamación a resultas de las sucesivas visitas de control que no responden

a la agravación o aparición de padecimientos distintos de los previstos al establecer el alcance de los mismos y sus secuelas?. Entende o Alto Tribunal na mesma sentenza que tal é así porque ?en otro caso se dejaría al arbitrio del interesado el establecimiento del plazo de reclamación, lo que no responde a las previsiones

del legislador al sujetar el ejercicio de la acción a esa exigencia temporal?.

Iniciado o cómputo da prescrición na data do 17.4.2019, temos que a disposición adicional cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación

de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, estableceu a suspensión dos prazos de prescrición e caducidade de calquera reclamación

e dereito, interrompendo o prazo de prescrición en curso do suposto que nos ocupa (da que restaban 35 días) ata a data do

4.6.2020, na que se levanta aquela suspensión polo artigo 10 do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga

o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Así pois, retomado o cómputo do prazo de prescrición, este rematou na data do 10.7.2020, razón pola que a reclamación interposta o 14.8.2020 resulta extemporánea.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución de inadmisión da reclamación de responsabilidade patrimonial, por extemporánea, á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica
Disponible

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica

Amado Quintana Afonso

12.75€

12.11€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información