Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 329 de 10 de noviembre de 2021

Tiempo de lectura: 69 min

Tiempo de lectura: 69 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/11/2021

Num. Resolución: 329


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., en nome e representación de M. e P., J. e C., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento de O., parella e nai respectivamente, no Hospital Público do Salnés.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Blanco Serrano

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 15.2.2021 iniciouse o procedemento de esixencia de responsabilidade patrimonial da administración pública con base

na reclamación presentada por C., avogado, en nome e representación de M., e P., J. e C., polos danos derivados da asistencia

sanitaria prestada a O., parella e nai respectivamente dos representados, no Hospital Publico do Salnés, quen finalmente morreu,

pola progresión da neoplasia pulmonar que padecía, o día 23.2.2020.

Sinala o escrito reitor da reclamación presentada:

?[...] se produjo un DÉFICIT ASISTENCIAL en la asistencia sanitaria prestada en el SERGAS a la paciente, así como el daño causado

a mis mandantes por el fallecimiento de su pareja y madre respectivamente.

Se trataba de una paciente con antecedente de ser importante FUMADORA (dos paquetes diarios) que inicia en enero de 2019 un SIGNO clínico de TOS SECA CON HEMOPTISIS. Ante tal síntoma en una importante

fumadora una de las primeras causas a descartar es la NEOPLASIA DE PULMÓN, ya que se trata de uno de los PRINCIPALES SÍNTOMAS.

El tabaco es responsable, directa o indirectamente, del 90% de los carcinomas broncogénicos; mientras que el porcentaje de

pacientes que no han sido fumadores es de 2,4%. Existe una relación dosis-respuesta entre la tasa de mortalidad por cáncer

de pulmón y la cantidad total de cigarrillos fumados, expresado en Número de cajetillas/año.

Sin embargo NO se realiza ningún DIAGNÓSTICO DIFERENCIAL, de las principales causas: Bronquiectasias, aspergiloma, TBC, neoplasia pulmón, etc. También remarcar que la enferma manifiesta un síndrome TÓXICO

con pérdida de peso. [...]. Remarcar el Síndrome tóxico acompaña el 90% de los procesos neoplásicos. [...]?.

Solicítase unha indemnización por importe 212.600,00 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a este:

- Copia da historia clínica da Sra. O.

- Informe do Servizo de Urxencias da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (23.2.2021).

- Informe do coordinador de Urxencias da EOXI de Pontevedra (25.2.2021).

- Informe do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital do Salnés (sen datar).

- Informe do Servizo de Urxencias do Hospital do Salnés (1.3.2021).

- Informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Hospital do Salnés (9.3.2021).

- Informe do Servizo de Oncoloxía Médica da EOXI de Santiago de Compostela (11.3.2021).

- Informe do Servizo de Medicina Interna do Hospital do Salnés (10.3.2021).

Así mesmo, na tramitación do expediente concedeuse audiencia á parte reclamante, quen en data 18.5.2021 presentou un escrito de alegacións no que se ratifica no escrito inicial da reclamación.

3.- Con data 10.8.2021 ditouse unha proposta de resolución co seguinte teor literal:

?[...] se realiza propuesta ESTIMAR PARCIALMENTE la presente reclamación de exigencia de responsabilidad patrimonial de la Administración

por daños derivados de la asistencia sanitaria presentada, al amparo de los dispuesto en el Capítulo IV de la Ley 40/2015,

de 1 de octubre, de Régimen Jurídico de Sector Público.

EVALUACIÓN ECONÓMICA

Se estima el daño moral causado a los familiares de O. por la pérdida de oportunidad en la cantidad de 15.000 euros?.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 26.10.2021.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC), nos aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos substantivos.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución

necesarios, da concesión do trámite de audiencia á parte reclamante e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018, rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme a cal nas reclamacións

derivadas de prestacións sanitarias non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva

alén dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida do

enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación do enfermo. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia sanitaria

prestouse conforme ao estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido non se

considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar finalmente que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no intre no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando

se, conforme aos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses

síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento

eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, de acordo coas previsións do artigo 81.2

da LPAC, resulta preciso pronunciarse neste ditame sobre se existe, no caso que se nos presenta a exame, unha relación de

causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, sobre a valoración do dano causado e a contía

da indemnización.

No presente caso, tal e coma adiantamos antes, a reclamación de responsabilidade patrimonial que nos ocupa alicérzase na consideración de que existiu un déficit na asistencia sanitaria prestada

á doente, e que, cos antecedentes de ser ?importante fumadora? (segundo relata no escrito inicial da reclamación), os síntomas de tose seca con hemoptise deberían levar a desbotar a neoplasia

pulmonar, que determinou que non fose sometida a un axeitado tratamento médico, xa no mes de xaneiro de 2019 en que acudiu

aos servizos sanitarios.

Pois ben, o exame da reclamación patrimonial que nos ocupa esixe unha análise da historia clínica e dos informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste

sentido, entre outros, o CCG 71/2016 ou os máis recentes CCG 159/2020 e CCG 72/2021).

Así as cousas, da documentación clínica que obra no expediente resulta que a Sra. O. foi atendida no Servizo de Urxencias do Hospital do Salnés o 15.1.2019 por odinofaxia dende

aproximadamente mes e medio, indicando que o día anterior tiña expulsado saliva con restos de sangue. Na radiografía de tórax

apreciouse broncopatía crónica sen complicacións pleuropulmonares.

Con data 16.1.2019 acude á Consulta de ORL pola odinofaxia, refire a perda de dous quilos de peso en mes e medio que relaciona coa perda de apetito pola dor.

Acude ao seu médico de Atención Primaria e á consulta de Dixestivo en diversas ocasións durante os meses de febreiro e marzo de 2019.

O día 16.4.2019 acude ao Servizo de Urxencias por dor abdominal, no informe da triaxe recóllese unha perda de oito quilos en tres meses.

Con data 18.5.2019 volve ao Servizo de Urxencias por dor epigástrica irradiada a tórax, refire episodio de tose con gargallo con sangue.

Após das distintas consultas en Atención Primaria amais Dixestivo, apréciase un vulto na nádega dereita, finalmente o 6.8.20219 realízase unha TAC de tórax, abdome e pelve con contraste, logo de prestar

o oportuno consentimento informado, no que se conclúe: ?hallazgos sugestivos de carcinoma broncogénico con afectación metastásica ganglionar, pulmonar, suprarrenal bilateral, peritoneal

y ósea. Tumoración glúteo derecho; en el contexto de probablemente metastásico?.

Xunto a estes datos, dimanantes da historia clínica, procede traer a colación o indicado nos informes dos servizos de Urxencias e Oncoloxía.

Así, por unha banda, no informe do Servizo de Urxencias, do 1.3.2021, indícase sobre a atención prestada neste servizo nas datas obxecto da reclamación:

?[?]

En todas las ocasiones se descarta la necesidad de una intervención diagnóstica o terapéutica urgente inmediata. Y en el Servicio de Urgencias (SUH), tras la valoración clínica de la paciente, así como

los datos analíticos de la paciente es posible la alta domiciliaria con control posterior y seguimiento en su médico de familia.

No quiere decir con ello que no sea preciso realizar más estudios posteriores (que evidentemente serían necesarios), pero

deben ser estudios programados según indicaciones de su médico de familia (que recordemos es una especialidad reconocida)

y otras especialidades que se considere oportuno. No es una función del Servicio de Urgencias realizar estudios programados

para filiar una posible patología en un contexto no emergente.

[...]

De esta forma se justifica la actuación correcta en el servicio de urgencias descartando procesos urgentes / emergentes y derivando el estudio posterior al equipo de atención primaria, quien ha de servir

siempre como referencia al paciente.

[?]?.

E, no informe do Servizo de Oncoloxía, do 11.3.2021, tamén se reflicte a atención á paciente desde o 23.9.2019 logo de ser diagnosticada de cancro de pulmón estadio IV no Hospital do Salnés e ter recibido

radioterapia en Vigo con intención paliativa, e sinálase sobre a reclamación de déficit asistencial realizada entre o 15.1.2019,

cando acode ao Servizo de urxencias por primeira vez, e o 31.7.2019 cando se diagnostica o cancro de pulmón estadio IV logo

da realización dun TAC e a biopsia da lesión do glúteo:

?[?]

Efectivamente toda esta historia parece indicar que hubo cierto retraso en el diagnóstico de su cáncer de pulmón que se debería haber sospechado en enero del 2019. De hecho las guías más habituales en

pacientes de más de 40 años con hemoptisis siendo fumadores recomiendan consulta con neumología o A una vía rápida de diagnóstico

de cáncer de pulmón entre 15 y 30 días para descartar precisamente un cáncer de pulmón.

(https://www .nice.org.uk/guidance/ng12/resources/

suspected-cancer-recognition-and-referral-pdf-1837268071621).

La otra cuestión importante es si este retraso diagnóstico tiene impacto en la supervivencia de la paciente. Esta pregunta no está resuelta por la ciencia y no podemos afirmar cuánto es el retraso mínimo

que afecta a la supervivencia y mucho menos relacionar mes de retraso en el diagnóstico con meses o años de vida perdidos.

De hecho el cáncer de pulmón suele diagnosticarse en estadios avanzados y se sospecha que el tiempo de crecimiento subclínico

(sin dar síntomas ni signos) es mucho más largo de lo que nos podemos imaginar. También se pueden especular que la paciente

presentaba algún dato de que la enfermedad era avanzada desde el inicio al presentar pérdida de peso anorexia y algunos dolores

óseos que sugieren por la historia clínica enfermedad metastásica?.

Pois ben, do até aquí exposto resulta acreditado un atraso no diagnóstico do cancro de pulmón que padecía a Sra. O. que, coma sinala o informe do Servizo de Oncoloxía, debeu ser sospeitado en xaneiro

de 2019, efectuándose, a partir dese intre, as probas para acadar un diagnóstico axeitado, o que non se fixo até agosto de

2019.

Chegados a este punto, procede traer a colación a doutrina da perda de oportunidade como fundamento da responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria. Como recorda, entre outras, a STS

do 20.3.2018 (rec. 2820/2016), con cita de sentenzas previas, a denominada ?perda de oportunidade? caracterízase pola incerteza a respecto de que a actuación médica omitida puidese ter evitado ou mellorado o deficiente estado

de saúde do paciente, coa consecuente entrada en xogo, á hora de valorar o dano así causado, de dous elementos ou sumandos

de difícil concreción, coma son o grao de probabilidade de que a antedita actuación tivera producido o efecto beneficioso,

e o grao, entidade ou alcance deste. Esta doutrina esixe ?que concurra un supuesto estricto de incertidumbre causal, esto es una probabilidad causal seria, no desdeñable, de que un

comportamiento distinto en la actuación sanitaria no sólo era exigible, sino que podría haber determinado, razonablemente,

un desenlace distinto? (STS do 18.7.2016, rec.4139/2014), en consecuencia, non resultará aplicable esta doutrina nos casos nos que a asistencia sanitaria

prestada fose ?lógica y ajustada a la evolución de la patología que en cada momento presentó el paciente? (STS 16.3.2016, rec. 2228/2014).

A precitada doutrina resulta aplicable ao presente caso, polas razóns expostas, como tamén aprecia a proposta de resolución sometida a ditame.

Pola contra, non pode estimarse a vulneración do dereito de autodeterminación da paciente a partires da afirmación xenérica e carente de precisión contida na reclamación

onde sinala que ?no hubo consentimiento informado en los términos legal y jurisprudencialmente aceptados para ninguna de las actuaciones médicas

reseñadas?. En primeiro termo, este lacónico aserto non indica cales foron as actuacións médicas nas que este consentimento ? a súa regulación legal, como é notorio, vén establecida na Lei 3/2001, do 28 de maio, do consentimento informado e da historia

clínica dos pacientes e na Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas

en materia de información e documentación clínica- foi omitido. En segundo lugar, dita aseveración non reúne os requisitos

mínimos de carga de argumentación que corresponde á parte reclamante e, ademais, está en contradición co recollido na historia

clínica e nos informes xuntados ao expediente, nomeadamente o emitido polo Servizo de Oncoloxía que se vén de transcribir.

Por último, indicar que coma xa ten sinalado este Consello Consultivo en ditames precedentes, así o CCG 312/2020, o CCG 116/2021

e máis recente o CCG 251/2021, o dano que se deriva do defecto de consentimento informado do paciente constitúe un dano de

índole moral, ao supor a privación do doente da súa liberdade de opción, que reviste carácter persoalísimo e non trasladable,

nin sequera, ao círculo familiar máis próximo a aquel, agás os supostos nos que o paciente tivese xa iniciado por si a reclamación,

e os seus achegados máis próximos lle sucederan no seu exercicio, que non é o que acontece no caso que arestora nos ocupa.

Xa que logo, resultaría que os reclamantes carecen de lexitimación para reclamar unha indemnización por falta de consentimento informado á Sra. O,, dado que o dano non acadaría o carácter persoalísimo que puidera constituír unha falta de información

asistencial ou un defecto de consentimento informado da propia doente.

Neste sentido pronunciáronse, por exemplo, as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana do 24.3.2009, rec. 1366/2006, e do 4.3.2010, re. 1395/2007; a sentenza do Tribunal Superior

de Xustiza de Madrid de 8.6.2015, rec. 227/2013; así como a máis recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

do 16.9.2020, rec. 71/2020, na que se engade a seguinte precisión:

?[?] hemos de tener en cuenta que, con arreglo al artículo 5.1 de la Ley 41/2002, el titular de la información asistencial no

sólo es el propio paciente, sino también " las personas vinculadas a él, por razones familiares o de hecho, en la medida que

el paciente lo permita de manera expresa o tácita".

Por tanto, cada uno de ellos tiene un derecho autónomo, y su incumplimiento podrá causar un daño moral independiente a cada uno, de modo que resulta racional deducir que el paciente tiene un derecho personalísimo

e intransmisible y, correlativamente, también lo será el daño que se le irrogue [?].

En consecuencia, en el caso presente la mujer y los hijos podrían reclamar por el daño moral que se les causase si ese derecho de información asistencial a ellos perteneciente hubiera sido incumplido pese

a que el paciente lo hubiera permitido de manera expresa o tácita [?]?.

Quinta.

Afirmada, pois, a existencia de responsabilidade patrimonial da Administración, resta por efectuar un pronunciamento sobre o importe da indemnización que procedería recoñecer á Sra. O.

No presente caso, a parte reclamante solicita unha indemnización de 91.400,00 ? para a súa parella; e, 50.400,00 ? para os seus fillos P. e J., e 20.400,00 ? para C. Pola súa banda, na proposta de resolución

fíxase a indemnización en 15.000,00 ?, a tanto alzado, sen desagregar a contía que correspondería a cada un dos reclamantes.

Cómpre lembrar que, nos casos nos que resulta aplicable a doutrina da perda de oportunidade o dano non é o material correspondente ao feito acaecido, senón a incerteza verbo da secuencia que tomarían os

feitos de terse seguido no funcionamento do servizo outros parámetros de actuación; en suma, a posibilidade de que as circunstancias

concorrentes tivesen acaecido doutra maneira. Na perda de oportunidade hai, así, unha certa privación dunha alternativa de

tratamento, que se asemella ao dano moral, que é o concepto indemnizable (por todas, STS do 24.11.2009, rec. 1593/2008). Na

fixación da indemnización debe terse en conta, polo tanto, o dano subseguinte á privación de determinadas expectativas de

curación, se ben reducindo o montante indemnizatorio en razón da probabilidade de que o dano se tivera producido igualmente.

Así, neste caso, ha de terse en conta que, segundo resulta do informe do Servizo de Oncoloxía emitido no curso da instrución, a cuestión de si esta delonga diagnóstica ten impacto na supervivencia

da paciente non esta resolta pola ciencia, e non se pode afirmar cal é o atraso que afecta á supervivencia.

Pola súa banda, o informe pericial achegado pola parte reclamante indica que nos estadios iniciais (I, II, IIIA) a enferma podería beneficiarse dun tratamento cirúrxico radical, e que a supervivencia

está vencellada directamente ao estadio tumoral da neoplasia e ao tratamento que poida administrarse. No estadio IV, no que

foi diagnosticada á paciente, redúcese ao 7% aos cinco anos.

En estadios máis iniciais a supervivencia media aos 5 anos é até do 63 % con afectación local, e até o 35 % cando existe afectación rexional.

Porén, coma sinala o informe do Servizo de Oncoloxía, non é posíbel determinar cal era o estadio tumoral que podería presentar a paciente en xaneiro do ano 2019, se ben indica que este tipo de cancros

soen diagnosticárense en estadios avanzados, sospeitándose un tempo de crecemento subclínico ?sen síntomas e signos?, existindo

elementos para especular que a doente presentaba datos e enfermidade avanzada coma a perda de peso e as dores óseas.

Así as cousas, non existe unha convicción certa sobre se unha máis temperá realización de probas diagnósticas tería evitado o pasamento da doente, malia que pode entenderse que, no curso normal dos

antecedentes, un diagnóstico máis cedo tería incrementado as expectativas de supervivencia da Sra. O.

Sexta.

Tendo en conta todo o exposto, considérase desde este órgano consultivo que a indemnización debe ponderarse atendendo a que, efectivamente, se indemniza esa ?privación de expectativas? por non terse realizado un diagnóstico máis cedo; se ben isto non garante que non se tivese producido o triste resultado

final atendendo a grave patoloxía neoplásica sufrida pola paciente. A aplicación deste criterio no que atinxe á contía das

indemnizacións considérase máis axeitado ao caso obxecto deste ditame consonte a expresada natureza da indemnización fronte

á pretensión da reclamación que remite ás contías que resultan da aplicación do baremo da Lei 35/2015, do 22 de setembro,

de reforma do sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación, tendo en conta

ademais que o artigo 34.2 LRXSP tan só indica que a Administración poderá tomar como referencia este baremo.

Por todo o que se vén de expor, tendo en conta as circunstancias que concorren no presente caso, e o criterio xurisprudencialmente

reiterado de ponderar as indemnizacións para o caso de aplicación da técnica de perda de oportunidade, considérase procedente

unha indemnización global de trinta mil euros (30.000,00 ?) en prol dos reclamantes, se ben a diferenza de proposta de resolución

que se cingue a efectuar unha determinación global da contía, ha de individualizarse en cada unha das persoas reclamantes,

correspondendo ?en función dos criterios de parentesco, idade e convivencia que indican na reclamación? a contía de quince

mil euros (15.000,00 ?) á súa parella; seis mil cincocentos euros (6.500,00 ?) ao fillo P., quen acreditou convivir coa paciente;

cinco mil cincocentos euros (5.500,00 ?) para o fillo J. (menor de trinta anos, quen deixou de convivir coa súa nai en abril

de 2019); e, tres mil euros (3.000,00 ?) para C. (maior de trinta anos e non convivinte); contías que se entenden actualizadas,

por todos os conceptos, á data de emisión deste ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución estimatoria parcial á que o presente expediente se refire, procedendo indemnizar aos reclamantes do xeito indicado na consideración sexta deste

ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Los daños punitivos en el Derecho del trabajo
Disponible

Los daños punitivos en el Derecho del trabajo

María Elisa Cuadros Garrido

13.60€

12.92€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información