Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 329 de 04 de octubre de 2017

Tiempo de lectura: 45 min

Tiempo de lectura: 45 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 04/10/2017

Num. Resolución: 329


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona G., polos danos e perdas sufridos como consecuencia dunha caída na rúa

Organismo: Concello de Vigo (Pontevedra)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 28.07.2016 dona G. presenta unha reclamación de responsabilidade patrimonial dirixida ao Concello de Vigo polos danos producidos

ao escorregar cando transitaba pola rúa Eduardo Iglesias, á altura do número 6.

De acordo coa reclamación, a caída débese a que o Concello na rúa Eduardo Iglesias empregou ?un material no apto teniendo en cuenta la climatología de la ciudad, siendo un firme muy resbaladizo en caso de precipitaciones?.

Xunto co escrito de reclamación acompaña informe do servizo de Traumatoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e informe da Mutua Asepeyo.

A contía fixada como indemnización ascende a 63.186,94 euros.

2.- Instruído o procedemento constan incorporados a este:

- Parte da Inspección de Vías e Obras.

- Informe do Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras.

- Ditame médico de valoración de dano corporal.

- Informe pericial de dona C.

3.- O 21 de agosto de 2017 formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do concello

de Vigo tendo entrada neste organismo o día trece de setembro de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello

Consultivo de Galicia, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración local

por contía superior a 15.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, ven regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, polos trámites previstos nos artigos 139

e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa aplicable ao procedemento que nos

ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento

administrativo común das administracións públicas).

Ademais, tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a

teor do cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?. En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento

de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello de Vigo, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da concesión do trámite de audiencia ao reclamante, da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación

da correspondente proposta de resolución.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos

polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da

Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o

deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se foron determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia ven modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade

do servizo determine a responsabilidade da Administración respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada co mesmo que

se poida producir, o que suporía converter á Administración en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr

calquera eventualidade desfavorable ou danosa para os administrados que poida producirse con independencia do actuar administrativo,

sendo necesario, polo contrario, que eses danos sexan consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración.

Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento do servizo a un ou varios particulares sexa antixurídico

abonda con que o risco inherente a súa utilización pasase os límites impostos polos estándares de seguridade esixibles conforme

á conciencia social. Non existirá entón deber algún do prexudicado de soportar o menoscabo e, conseguintemente, a obriga de

resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa será a ela imputable.

Cuarta.-

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal -artigo 12 do Real decreto 429/1993- e polo que o presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, da relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión producida, para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre no presente caso,

no que se xuntan ao expediente, informe do servizo de traumatoloxía nos que se recollen as lesións padecidas por esta tras

sufrir unha caída casual.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co

funcionamento dun servizo público, o que se esixe, por principio, a demostración de que a caída se produciu, efectivamente,

nas circunstancias indicadas pola interesada, e que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento

do servizo asumido pola Administración á aquel que se imputa.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (artigo 1214 do Código Civil e actual 217 LEC) No mesmo sentido

postúlase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio de que a carga da proba da existencia

dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora (entre outras, sentenzas do 04.11.1997

e 30.10.1999).

Comezando, así, pola análise da relación de causalidade, da documentación que obra no expediente así como da proba practicada, cabe destacar o seguinte:

Solicitado informe ao enxeñeiro xefe de Vías e Obras, este indica o seguinte:

"Realizáronse ensaios de escorregamentos en sete puntos da rúa Eduardo Iglesias dando como resultados todos eles un valor medio

do índice Rd superior a 45, senda este valor o umbral dos solos clasificados con categoría Clase 3 senda esta clase a superior

en canto á seguridade fronte ao risco de escorregamento.

As medidas números 5 e 6 foron realizadas na 'marxe dereita' M.O. E 'marxe esquerda' M.I. Fronte ao número 6 onde se produciu o accidente.

Achégase informe dos resultados do laboratorio homologado 'Galaicontrol'."

Compre facer referencia ao informe do perito Dª G. aportado pola reclamante:

"El pavimento es de baldosas de granito del país colocado aproximadamente en el año 2003 cuando se realiza la humanización

de la calle. Entre las baldosas rectangulares se intercalan unas tiras alargadas del mismo material pero de otro tipo y; aparentemente

con diferente grado de pulido, al menos en algunas piezas que comprobamos in situ en el momento de la visita pericial.

Según información de empresas graniteras que hemos consultado y que han colocado el pavimento en numerosas calles de la ciudad, el acabado del granito que se usa habitualmente es flameado o granallado,

cumpliendo ambos acabados con el máximo nivel de antiresbaladicidad.

El término de Resbaladicidad fue introducido por el CTE a partir del año 2006 y éste es de aplicación en edificios y sus accesos, por lo que en el momento en el que se realiza la humanización de esta calle

el término resbaladicidad no existe por lo que dudamos que se exija por normativa.

No obstante, es un hecho objetivo probado por este perito personalmente que el pavimento en esa zona resbala cuando está húmedo ya que se trata de una calle con una pendiente muy pronunciada.

(...)

Por lo tanto, en opinión de este perito, no podemos considerar seguro para el uso habitual de los viandantes, el pavimento de la calle Eduardo Iglesias que como ya hemos dicho anteriormente se trata de

una calle con una pendiente muy pronunciada. La causa exacta de la resbaladicidad se desconoce aunque posiblemente se acumule

exceso de humedad y microorganismos que unidos a la pendiente de la calle constituyen un peligro para los usuarios".

Por tantos ambos informes conclúen que o acabado do pavimento cumpre co nivel de antiresbalacidade.

O feito de que o perito de parte no seu informe veña a dicir tamén que os comerciantes da zona din que é habitual que se produzan caídas nos días de choiva non proba nexo causal entre a caída e o

mal funcionamento da Administración xa que é evidente que os días de choiva pódense producir máis caídas pero non só na zona

do accidente senón en calquera tipo de pavimento. É mais no parte de inspección de vías e obras obrante no expediente só se

rexistran tres queixas particulares sobre o estado esvaradío do pavimento nas datas 30.12.2015, 21.10.2016 e 5.06.2014, é

dicir, rexistrase unha queixa por ano. Tendo en conta a cantidade de xente que circula por esa rúa o ano, non parece un número

relevante de queixas.

Examinada a actividade probatoria conclúese coa proposta de resolución sometida a ditame que non están probados os feitos determinantes da existencia dun vínculo causal entre as lesións que padece a reclamante

e o funcionamento do servizo público municipal da Administración pois ningún dos elementos de proba xuntados ao expediente

xustifica que as lesións padecidas pola reclamante se produciron porque o Concello incumpriu coa normativa de seguridade ou

porque o Concello incumprira coa súa obrigación de mantemento das infraestruturas.

Quinta.-

A maior abastanza debe tomarse en consideración a regra xeral, acollida xa por este Consello Consultivo noutros ditames (por todos o CCG 30/00), segundo a cal é esixible aos viandantes o autocontrol

da súa propia deambulación, obriga esta que exclúe toda responsabilidade da Administración cando é crebada, por introducirse,

neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da vítima, circunstancia que, cando reúne

o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu

de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no ditame do 1 de xullo de 1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (sentenzas do 8 de marzo de

1967, 25 de xaneiro de 1974, ou 5 de novembro de 1974).

A apreciación da imputación da caída á esfera de responsabilidade da propia vítima é unha conclusión imposta polas propias circunstancias do caso pois, sendo apreciable que chovía e que a zona onde tivo

lugar a caída podía escorregar, a súa falta de apreciación tivo que obedecer necesariamente -ante a falta de constancia de

circunstancia impeditiva algunha- a unha omisión da atención debida por parte da accidentada.

Neste sentido, como o Tribunal Supremo ten sentado, entre outras, en sentenzas do 27 de outubro de 1998 e do 3 de maio de 2007 -en doutrina aplicada por este Consello Consultivo en numerosos ditames como

o CCG 824/07, ?Entre las diversas concepciones con arreglo a las cuales la causalidad puede concebirse, se imponen, en materia de responsabilidad

patrimonial de la Administración, aquellas que explican el daño por la concurrencia objetiva de factores cuya inexistencia,

en hipótesis, hubiera evitado aquel?. Engadidamente, hai que resaltar o reforzamento do rigor con que a esixencia de proba da vinculación causal referida é esixida

na xurisprudencia en relación con reclamacións próximas á que nos ocupa, que teñen o seu fundamento nunha omisión por parte

da Administración nas funcións de conservación das vías da súa titularidade.

A este respecto na sentenza do TS do 17.06.2014 se razoa como segue:

?A solidariedade nos riscos que fundamenta a institución da responsabilidade patrimonial como instrumento de resarcimento das

vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos públicos de cara á xusta distribución das súas cargas e beneficios,

eís o seu carácter obxectivo, non pode confundirse cunha cobertura providencialista de todas as incidencias públicas que acontezan

en lugares de titularidade pública, sendo precisa a concorrencia dos presupostos legalmente esixidos?.

Como o Tribunal Supremo ten establecido en reiterados pronunciamentos dos que é mostra o realizado en sentenza de 30.09.2009 ?la prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetiva de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario se transformarla aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro Ordenamiento Jurídico (SSTS de 30.09.2003

y las que cita), sino que es necesario que el riesgo inherente a su utilización haya rebasado los límites impuestos por los

estándares de seguridad exigibles conforme a la conciencia social (SSTS de 15.12.1997), lo que se estima no consta en el presente

caso. Por ello el recurso tiene que ser desestimado?.

En consecuencia, tras a análise do conxunto do expediente cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor determinante do accidente foi

a conduta da propia vítima, tanto pola súa distracción e descoido ante as circunstancias especiais da zona pola que deambulaba.

Enténdese así aplicable a doutrina deste Consello recollida en numerosos ditames (CCG 420/07, 177/12, 498/12, 431/13 ou 649/14,

entre outros) sobre a necesidade de autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as instalacións

públicas de xeito que corresponde a estas avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias.

Deste xeito, ao residenciarse a orixe do accidente na esfera de imputabilidade da vítima, nin o accidente nin as súas consecuencias lesivas, por lamentables que resulten, poden atribuírse ao concello que

determina a procedencia da desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información