Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 328 de 17 de noviembre de 2021

Tiempo de lectura: 77 min

Tiempo de lectura: 77 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 17/11/2021

Num. Resolución: 328


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos sufridos como consecuencia do atraso no tratamento dun derrame pleural no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Salgueiro Moreira

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 20.5.2020 R. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polo danos derivados da asistencia prestada no

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (en diante, CHUVI). En concreto, a reclamación fundaméntase na existencia dunha

perda de oportunidade derivada do atraso no tratamento do derrame pleural que o reclamante sufriu con posterioridade a unha

intervención cirúrxica pois, pese a que a presenza do dito derrame se obxectivou nunha radiografía de tórax realizada o 10.1.2019,

non se indicou ningún tratamento nin tampouco un control evolutivo, o que motivou a progresión do derrame pleural e unha tórpida

evolución. Como consecuencia disto, o reclamante tivo que ser sometido a unha nova intervención e sofre secuelas irreversibles

cunha diminución moi importante da capacidade respiratoria e pulmonar e as conseguintes limitacións.

2.- Instruído o procedemento e logo do trámite de audiencia, o 7.5.2021 formulouse a proposta de resolución en sentido estimatorio

da reclamación, fixando a indemnización na contía de 19.292,30 ?.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 26.10.2021.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Conforme cos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de

xuño, é preceptivo o ditame do Consello Consultivo de Galicia nos casos de reclamacións de responsabilidade patrimonial da

Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Procede advertir, respecto desta cuestión, que neste caso non se fixou polo reclamante a contía da indemnización reclamada, pese a ser requirido para tal fin. Pola súa banda, tal e como se indica nos

antecedentes deste ditame, na proposta de resolución fíxase a indemnización nun importe inferior a 30.000,00 ?. Agora ben,

como se analiza na última consideración deste ditame, neste caso non se conta con datos técnicos suficientes para a valoración

dos danos polo que non nos resulta posible determinar, aínda que sexa de modo aproximativo, a contía á que ascenderían os

danos reclamados nin, polo tanto, descartar por completo que a dita contía poida ser superior a 30.000,00 ?, o que determina

que neste caso se emita o presente ditame.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC), nos aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos substantivos.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sen prexuízo do que se indica na última consideración do presente ditame respecto

da necesaria contradición que haberá de observarse en relación coa valoración dos danos.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre

outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan).

Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para a Administración, a pesar

do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira persoa a única determinante

do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración nos casos nos que na produción

do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes

supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na STS do 15.3.2018, rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións

sanitarias non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida do

enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación do enfermo. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia sanitaria

se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido non se

considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar finalmente que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido polo doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, de acordo coas previsións do artigo 81.2

da LPAC, resulta preciso pronunciarse neste ditame sobre se existe, no caso que se nos presenta a exame, unha relación de

causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, sobre a valoración do dano causado e a contía

e o modo de indemnización.

No presente caso, tal e como adiantamos antes, a reclamación de responsabilidade patrimonial que nos ocupa fundaméntase na consideración de que existiu unha perda de oportunidade terapéutica

derivada dun atraso no tratamento dun derrame pleural pois, pese a que a presenza do dito derrame xa se obxectivou nunha radiografía

de tórax realizada o 10.1.2019, non se pautou tratamento nin se levou a cabo un control evolutivo o que determinou a progresión

do derrame e unha tórpida evolución, determinantes de padecementos e de secuelas que poderían terse evitado de non producirse

unha demora no tratamento desde xaneiro ata maio de 2019.

O único título de imputación esgrimido pola parte reclamante estriba, pois, na existencia dunha perda de oportunidade, sen que, ademais, se afirme por aquel a vulneración do dereito ao consentimento informado,

polo que non procede, como fai a proposta de resolución, a análise desta última infracción da lex artis, independente e autónoma daqueloutra.

Polo tanto, o presente ditame debe centrarse, en exclusiva, na análise do concreto reproche esgrimido pola parte reclamante, que é o relativo á existencia dunha perda de oportunidade.

Respecto deste reproche procede partir da doutrina xurisprudencial sobre a perda da oportunidade como fundamento da responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria. Como recorda, entre outras,

a STS do 20.3.2018 (rec. 2820/2016), con cita de sentenzas previas, a denominada ?perda de oportunidade? caracterízase pola incerteza acerca de que a actuación médica omitida puidese ter evitado ou mellorado o deficiente estado

de saúde do paciente, coa consecuente entrada en xogo, á hora de valorar o dano así causado, de dous elementos ou sumandos

de difícil concreción, como son o grao de probabilidade de que a dita actuación tivera producido o efecto beneficioso, e o

grao, entidade ou alcance deste. Esta doutrina esixe ?que concurra un supuesto estricto de incertidumbre causal, esto es una probabilidad causal seria, no desdeñable, de que un

comportamiento distinto en la actuación sanitaria no sólo era exigible, sino que podría haber determinado, razonablemente,

un desenlace distinto? (STS do 18.7.2016, rec.4139/2014).

Polo demais, nos supostos nos que resulte aplicable esta doutrina, o dano non é o material correspondente ao feito acaecido, senón a incerteza en torno á secuencia que tomarían os feitos de terse seguido

no funcionamento do servizo outros parámetros de actuación; en suma, a posibilidade de que as circunstancias concorrentes

tivesen acaecido doutra maneira. Na perda de oportunidade hai, así, unha certa perda dunha alternativa de tratamento; perda

que se asemella en certo modo ao dano moral e que é o concepto indemnizable (por todas, STS do 24.11.2009, rec. 1593/2008).

Quinta.

Sentado o anterior, o exame da reclamación patrimonial que nos ocupa esixe unha análise da historia clínica e dos informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste

sentido, entre outros, o CCG 71/2016 ou os máis recentes CCG 159/2020 e CCG 72/2021).

Así as cousas, da documentación clínica que obra no expediente resultan os seguintes datos de interese.

O 18.11.2017 o reclamante foi atendido en Urxencias do CHUVI por dor abdominal, decidíndose o seu ingreso para estudo da dita dor. As probas realizadas durante o dito ingreso confirmaron o diagnóstico de

pericardite constritiva calcificada de etilioxía non filiada.

O paciente foi dado de alta o 1.12.2017, con cita para Medicina Interna e estando pendente a presentación do seu caso en sesión médico cirúrxica para valoración de cirurxía.

O 2.1.2018 o reclamante foi incluído en listaxe de espera para a realización de pericardiectomía, con prioridade 3.

O 15.11.2018 practicouse ?Pericardiectomía antefrénica. Reparación valvular mitral mediante anillo rígido Saddle 34 mm. Exclusión de orejuela izquierda?. O reclamante estivo hospitalizado ata o 24.11.2018, data na que recibiu a alta, con citas programadas en consultas externas

do Servizo de Cirurxía Cardíaca do CHUVI o 29.11.2018 (para revisión de ferida cirúrxica), e o 2.1.2019 (para revisión).

Na revisión en consultas externas do Servizo de Cirurxía Cardíaca do CHUVI do 2.1.2019, ante a evolución favorable do paciente, déronlle a alta no dito servizo, con remisión a revisións polo Servizo de

Cardioloxía do mesmo hospital no ano 2020.

Con posterioridade á consulta do 2.1.2019 indicada, en concreto, o 10.1.2019, realizouse radiografía de tórax; proba que fora solicitada o 20.12.2018 desde o Centro de Saúde de Porriño para ?control post operatorio?. No informe desta proba figuran como achados:

?Cambios postquirúrgicos con pérdida de volumen del hemitórax izquierdo y signos compatibles con derrame pleural izdo?.

O 21.5.2019 o reclamante acudiu a Urxencias do CHUVI por iniciativa propia sendo o motivo da asistencia ?disnea y dolor torácico?. Como proba complementaria realizouse unha radiografía de tórax, cos seguintes achados (en estudo comparativo coa radiografía

previa do 10.1.2019):

?Derrame pleural izquierdo de gran cuantía, mayor que en estudio previo, de distribución atípica probablemente secundaria a

cambios postquirúrgicos.

Pérdida de volumen en hemitórax izquierdo en relación con cambios postquirúrgicos ya conocidos.

Sin otros cambios?.

Coa hipótese diagnóstica de derrame pleural esquerdo, o paciente foi ingresado primeiro no Servizo de Medicina Interna e posteriormente no Servizo de Cirurxía Torácica do CHUVI. Realizouse toracocentese

diagnóstica e, ante a presenza de líquido hemático con pH baixo, colocouse tubo de tórax. Debido á existencia de dor peritubo,

con signos inflamatorios e febrícula, subministrouse tratamento antibiótico; antibioterapia que foi posteriormente suspendida

ante a falta de resposta. Logo da suspensión da antibioterapia e da retirada da drenaxe, e debido á existencia de hidropneumotórax

secundario a atrapamento pulmonar asociado á presenza de febre, decidiuse realizar intervención cirúrxica. Así, o 17.6.2019

practicouse decorticación por toracotomía. Ante a ausencia de complicacións postcirúrxicas e a estabilidade do paciente, con

controis analíticos e radiolóxicos favorables, déronlle a alta o 25.6.2019.

O reclamante foi atendido en consultas externas do Servizo de Cirurxía Torácica do CHUVI con posterioridade a este último

ingreso, sendo dado de alta por este servizo en decembro de 2019.

No informe da TAC de tórax realizada o 28.11.2019, que é o último que obra no expediente, figuran como achados:

?Cambios postquirúrgicos en relación con esternotomía medida, by pass coronario y recambio valvular mitral.

Calcificación pericárdica.

Pérdida de volumen del hemitórax izquierdo en relación con decorticación pleuropulmonar, persistiendo discreto derrame pleural

loculado que no ha variado significativamente con respecto a estudio previo así como opacidades pulmonares que sugieren atelectasias

redondas sin cambios significativos.

Bronquiectasias cilíndricas difusas.

Ganglio intrapulmonar en LID sin cambios.

Granulomas calcificados bilaterales.

Hígado de contornos nodulares y disminución de la densidad a descartar hepatopatía crónica.

Bazo accesorio.

Vena renal izquierda retroaórtica.

Sin otros hallazgos de reciente aparición?.

Descrita, nos termos que anteceden, a asistencia sanitaria prestada ao reclamante que reviste interese no presente caso, cómpre xa entrar a analizar o reproche formulado por aquel na súa reclamación

consistente, como se indicou antes, na existencia dunha perda de oportunidade. En concreto, o reclamante estima que:

?[?] Non obstante haberse objetivado la presencia de derrame pleural en enero de 2019, y teniendo en cuenta mis antecedentes,

NADA se hizo en mi caso. No se me indicó ningún tipo de tratamiento, ni siquiera control evolutivo para conocer la progresión

de aquel derrame pleural que podía ser incipiente.

Ello motivó su evolución y progresión hasta el punto de necesitar tratamiento de toracocentesis para drenaje con tubo de tórax. Pero a pesar de ello, y debido a la importancia de este derrame, la evolución

es tórpida, provocándome neumotórax que precisó de reinterención (sic) de decorticación pleuropulmonar.

Las consecuencias son la atelectasia pulmonar que actualmente presento, y que por el tiempo transcurrido y magnitud de la afectación por el derrame pleural evolucionando en el mes de mayo, se ha convertido

en irreversible, de tal forma que el pulmón colapsado no ha alcanzado su reexpansión.

Esta situación ha disminuido de forma importantísima mi capacidad respiratoria y pulmonar, afectándome tanto a nivel físico como laboral y de ocio, puesto que me limita para la realización de tareas que

requieran un mínimo esfuerzo físico [?].

Esa ausencia de tratamiento derivado de la inactividad de los facultativos responsables se ha traducido en un daño importantísimo en mi situación física y mi calidad de vida. De haberse atajado el

problema en el mes de enero de 2019, tras haberse visualizado la presencia de ese derrame pleural, las consecuencias hubieran

sido sin duda mucho menores, y hoy día podría hacer una vida absolutamente normal.

[?] Se ha producido en el presente caso una PÉRDIDA DE OPORTUNIDAD importantísima [?]?.

Fronte a este concreto reproche, procede traer a colación, xunto cos datos da historia clínica xa referenciados antes, o indicado nos informes que obran no expediente, emitidos no curso da instrución,

que, como se adiantou antes, son os únicos que conteñen criterios técnicos de análise da asistencia sanitaria prestada ao

reclamante, ao non achegar este ningún outro informe adicional.

Así, procede salientar o indicado nos seguintes informes:

a) Informe do Servizo de Cirurxía Torácica do CHUVI, no que, logo dunha referencia aos datos da historia clínica, indícase que:

?[...] El derrame pleural parece tener una relación causal con la cirugía cardíaca previa y debe considerarse una complicación de

la misma.

El hidroneumotórax es una complicación de la persistencia de un derrame pleural no drenado. El mesotelio provoca una liberación de mediadores que alteran el balance coagulación/fibrinolisis pleural a favor

de la formación de fibrina. Estos depósitos de fibrina y la subsiguiente liberación de mediadores produce una proliferación

de fibroblastos y fibras de colágeno sobre la superficie pleural que conduce a la formación de una corteza.

En mi experiencia y tras lo anteriormente expuesto, conseguir una adecuada reexpansión del parénquima pulmonar es tiempo-dependiente [?]?.

b) Informe do Servizo de Cirurxía Cardíaca do CHUVI, conforme co cal:

?[...] -Tras a realización dunha cirurxía cardiaca (sic), no noso servizo soemos recomendar e aplicar por protocolo dúas revisións

postoperatorias (ver documento anexo), que en liñas xerais se distribúen da seguinte maneira:

-1ª revisión postoperatoria 7-10 días tras a alta hospitalaria.

-2ª revisión postoperatoria ao mes da primeira revisión.

Estos (sic) tempos, só son orientativos e poden variar en función de moitos factores: tipo de cirurxía, evolución hospitalaria, evolución domiciliaria, estado das feridas, entre outros. Existen modificacións

as cais (sic) nos adaptamos, tanto en tempo coma en número de revisións.

-Nas revisións postoperatorias, normalmente solicítanse, tamén por protocolo, unha analítica, un electrocardiograma e unha radiografía de tórax. Estas probas son solicitadas na 1ª consulta postoperatoria

e o paciente deberá telas realizadas uns días antes da 2ª revisión postoperatoria para a avaliación polo médico correspondente

en dita consulta. En caso de que algunha delas non se realice ou non poida ser visualizada, salvo que existan datos clínicos

que o contradigan, procederase igualmente a alta cirúrxica con control polo médico de atención primaria e coa posibilidade

de derivación ao noso servizo en caso de existir algunha complicación relacionada coa cirurxía. Facilitamos aos pacientes

e familias, os telefonos (sic) de contacto da secretaria, consulta e coordinadora de cirurxía cardiaca (sic).

Si (sic) a situación clínica do paciente non permitise a alta, ou existise algún dato polo que o paciente precisase máis probas ou tratamentos pola nosa parte, serán realizados ainda (sic) que non estén

(sic) dentro do protocolo de actuación. Neste caso retrasaríase a alta e realizaríanse o número de revisións postoperatorias

e probas que sexan pertinentes.

-O servizo de Cirurxia Cardiaca (sic) non valorou a Rx do 10/1/19 do paciente porque non tivo coñecemento de que fose realizada.

-Os derrames pleurais non son habituais, pero si se poden presentar tras unha cirurxia cardiaca (sic) ou no contexto de patoloxías cardiolóxicas diversas. En concreto o paciente D. R., foi sometido a

unha cirurxía de Pericardiectomía e Reparación da Válvula Mitral no contexto dunha Pericardite Constrictiva de etioloxía non

filiada. Nesta patoloxía crónica a cirurxía considérase un tratamento paliativo. No desenrolo natural desta enfermidade poden

producirse tamén derrames pleurais a pesar de estar operado. Por outro lado o paciente foi dado de alta do servizo de cirurxía

cardíaca o día 20/11/2018, cunha RX de tórax do día 18/11/18, na cal non se apreciaba derrame pleural nin datos de patoloxia

(sic) pleuropulmonar aguda. Polo tanto é difícil precisar si o derrame foi consecuencia do postoperatorio, ou da súa enfermidade

de base [...]?.

c) Informe do Servizo de Radiodiagnóstico do CHUVI, no que se informa dos achados da radiografía realizada o 18.11.2018 (radiografía á que alude o informe do Servizo de Cirurxía Cardíaca do CHUVI

que se acaba de transcribir) e se comparan tales achados cos que se desprenden da radiografía do 2.10.2018 (previa á intervención

cirúrxica do 15.11.2018) e do 10.1.2019. Conforme con este informe:

?[...] ? Informe Rx tórax PA y lateral del 18/11/2018: Silueta cardiopericárdica aumentada de tamaño. Cambios posquirúrgicos en

relación con esternotomía media por revascularización coronaria y recambio valvular mitral. Obliteración de ambos senos costofrénicos

que sugiere derrame pleural bilateral. Opacidad retrocardíaca izquierda que si bien puede estar en relación con el derrame

pleural no se puede descartar patología subyacente (atelectasia / proceso infeccioso)

° Estudio comparativo de Rx tórax del 18/11/2018 con Rx tórax 02/10/2018: Aumento de tamaño de la silueta cardiopericárdica. Cambios posquirúrgicos en relación con esternotomía media por revascularización

coronaria y recambio valvular mitral, no existente en estudio previo. Aparición de derrame pleural bilateral no existente

en estudio previo. Opacidad retrocardíaca izquierda no existente en estudio previo. No se identifica la calcificación pericárdica

visible en rx del 02/10/2018.

? Estudio comparativo de Rx tórax del 18/11/2018 con Rx tórax 10/01/2019: Aumento de cuantía del derrame pleural izquierdo que en el estudio actual presenta una disposición atípica y se asocia a pérdida

de volumen del hemitórax izquierdo y atelectasias subpleurales. Resolución del derrame pleural derecho. Disminución de tamaño

de la silueta cardiopericárdica. Persisten cambios posquirúrgicos en relación con esternotomía media por revascularización

coronaria y recambio valvular mitral [?]?.

d) Informe do Servizo de Medicina Interna do CHUVI, no que, respecto da pregunta da persoa instrutora relativa a se, ante o resultado da radiografía do 10.1.2019, estaría indicada a solicitude dunha

radiografía de control, sinálase:

?[...] Non estaría indicada a radiografía de control xa que a evolución non foi favorable ata esa momento. Estaría indicado o inicio

de estudio do derrame pleural e da perda de volume (con toracoceritese e/ou TC tórax) para valorar posibilidades de tratamento

[...]?.

Do ata aquí exposto resulta acreditado, por unha banda, que cando tivo lugar a consulta para revisión postcirúrxica do 2.1.2019 non se realizara aínda a radiografía de tórax, que fora solicitada en decembro

de 2018 precisamente para o control posterior á cirurxía practicada o 15.11.2018 conforme co indicado nos protocolos achegados

xunto co informe do Servizo de Cirurxía Cardíaca do CHUVI emitido no curso da instrución.

A dita proba realizouse con posterioridade a aquela consulta, o 10.1.2019, e, pese a poñer de manifesto a dita proba a presenza de derrame pleural esquerdo (e o seu aumento respecto do derrame pleural

que se reflectía xa na radiografía realizada o 18.11.2018), non se adoptaron nese momento medidas tendentes ao seu estudo

para valorar posibilidades de tratamento cando, conforme co indicado no informe do Servizo de Medicina Interna do CHUVI antes

transcrito, tal actuación era a esixible ante os achados indicados.

Resulta así mesmo acreditado: i) que, entre os meses de xaneiro e maio de 2019, o derrame pleural progresou; ii) que o paciente sufriu hidropneumotórax, que é unha complicación da persistencia dun derrame

pleural non drenado, e iii) que o atraso no tratamento do derrame pleural incide tamén nas posibilidades de reexpansión da

parénquina pulmonar.

Cabe así afirmar a existencia neste caso dunha ?probabilidad causal seria, no desdeñable, de que un comportamiento distinto en la actuación sanitaria no sólo era exigible,

sino que podría haber determinado, razonablemente, un desenlace distinto" determinante da concorrencia dunha perda de oportunidade (STS do 18.7.2016, rec. 4139/2014).

O anterior leva a concluír, pois, como fai a proposta de resolución, na existencia de responsabilidade patrimonial da Administración por perda de oportunidade.

Sexta.

Afirmada a existencia de responsabilidade patrimonial, é necesario efectuar a continuación un pronunciamento sobre a avaliación económica dos danos producidos.

Neste caso o reclamante non fixou a contía da indemnización reclamada, se ben especificou no seu escrito inicial, como conceptos

aos que debería estenderse a indemnización, os seguintes: i) período total de curación, ii) secuelas e iii) prexuízos derivados

das ditas secuelas, en relación coa perda de calidade de vida.

Pola súa banda, na proposta de resolución valóranse os danos na contía de 19.292,30 ?. A dita contía resulta da aplicación pola persoa instrutora do baremo de accidentes de circulación do ano 2019

e do recoñecemento dun montante en concepto de lesión do dereito ao consentimento informado (concepto este último que, como

se indicou antes, non procede indemnizar ao non tratarse dun reproche formulado polo reclamante).

Como se adiantou antes, ha de terse en conta que, nos casos de perda de oportunidade, o dano indemnizable non é o dano material acaecido "sino la incertidumbre en torno a la secuencia que hubieran tomado los hechos de haberse seguido en el funcionamiento del servicio

otros parámetros de actuación, en suma, la posibilidad de que las circunstancias concurrentes hubieran acaecido de otra manera?

(STS do 24.11.2009, rec. 1593/2008). Neste sentido, a STS do 3.7.2012 (rec. 6787/2010), con cita das sentenzas do 22.5.2012

(rec. 2755/2010) e do 19.10.2011 (rec. 5893/2006 ), sinala que a perda de oportunidade se caracteriza pola ?incertidumbre acerca de que la actuación médica omitida pudiera haber evitado o minorado el deficiente estado de salud del

paciente, con la consecuente entrada en juego a la hora de valorar el daño así causado de dos elementos o sumandos de difícil

concreción, como son, el grado de probabilidad de que dicha actuación hubiera producido ese efecto beneficioso, y el grado,

entidad o alcance de éste mismo".

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, tendo en conta, en especial, a idade do paciente, os padecementos e as limitacións funcionais que presenta e que poderían terse evitado ou minorado

de non producirse o atraso no tratamento do derrame pleural así como a incidencia de tales limitacións na súa vida diaria,

estímase procedente fixar a contía indemnizatoria en concepto de dano moral na cantidade de 20.000,00 ?; cantidade que debe

entenderse actualizada por todos os conceptos á data de emisión deste ditame.

En atención ao exposto, o parecer deste órgano consultivo é favorable á estimación da reclamación presentada se ben, respecto da contía indemnizatoria, haberá de estarse ao indicado na presente consideración.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución estimatoria á que o presente expediente se refire, sen prexuízo do indicado na consideración sexta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información