Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 326 de 10 de noviembre de 2021

Tiempo de lectura: 88 min

Tiempo de lectura: 88 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/11/2021

Num. Resolución: 326


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M. e P., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento de P., cónxuxe e pai, respectivamente, dos interesados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 11.3.2020 M. e P. interpoñen ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial por mor da

asistencia sanitaria prestada no PAC da Casa do Mar e no Centro de Saúde dos Mallos, a P., cónxuxe e pai, respectivamente,

dos interesados, e que determinou o falecemento do paciente o 21.3.2019 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (en

diante, CHUAC).

En esencia, os reclamantes refiren que o 2.3.2019 o Sr. P. acudiu ao Servizo de Urxencias da Casa do Mar por unha dor no peito, sendo diagnosticado dunha infección

respiratoria vírica e hipertensión arterial, para a que se lle pautou tratamento con Paracetamol codeína e control da tensión arterial por Atención Primaria.

Catro días máis tarde, o 6.3.2019, engade o escrito reitor da reclamación que o paciente acudiu ao Centro de Saúde dos Mallos, derivándoo o facultativo de Atención Primaria para a realización dun ecocardiograma

urxente e control da tensión arterial, indicándolle que debía volver a consulta o 13.3.2019. O electrocardiograma foi realizado

ese mesmo 6.3.2019, amosando un infarto inferior do que non foi informado.

O día seguinte, o 7.3.2019, o doente acudiu ao Servizo de Urxencias do CHUAC, insistindo os facultativos na hipótese diagnóstica dunha posible viriase polo que, co pautamento de Paracetamol, foi alta o 8.3.2019 ás 3:00 horas.

Ese mesmo 8.3.2019, ás 19:12 h., o Sr. P. volveu a acudir ao Servizo de Urxencias do CHUAC, realizándose un electrocardiograma que amosou datos compatibles

cun infarto agudo de miocardio. O paciente ingresou na Unidade de Coidados Intensivos do CHUAC en situación de shock cardioxénico,

realizándose unha cirurxía para implante dun dispositivo de asistencia ventricular.

O 17.3.2019 o paciente presentou datos de isquemia franca no brazo esquerdo e caída de fluxos do dispositivo de asistencia. Nas horas seguintes o seu estado empeorou, evolucionando a fracaso multiorgánico

e falecendo o 21.3.2019.

Con base nesta secuencia asistencial os reclamantes concretan o deficiente funcionamento dos servizos sanitarios nos seguintes reproches:

?1º.- Cabe afirmar que el día 2 de marzo de 2019, cuando Dº P. acude al servicio de urgencias de la Casa del Mar, con el estado general que presentaba (la localización e irradiación de su dolor

hacia el brazo izquierdo, tórax y espalda) hubiese sido necesaria la realización de un ECG, por lo menos para descartar un

origen cardíaco.

2º.- Al no mejorar Dº P. y con un estado general afectado, acude el día 6 de marzo de 2019 a su centro de Salud (Los Mallos) y el mismo día, en el mismo centro, se le realiza ECG que informa de taquicardia

de sino, Intervalo PR corto, Infarto inferior (II, II a VP) y que no fue apreciado por ningún personal sanitario pese al periplo

recorrido, lo que supuso, finalmente, su fallecimiento.

Tan fatal desenlace hubiese podido evitarse si se hubiesen puesto a disposición de Dº P. todos los medios diagnósticos necesarios (a la par que existentes) e igualmente no hubiese existido por parte

del personal sanitario absoluta desidia al obviar información vital que hubiese evitado el fatal desenlace?.

A indemnización solicitada ascende a 140.000 ?, correspondendo 115.918,84 ? á viúva, 20.883 ? ao fillo e o resto aos custos ocasionados polo deceso do doente.

Xunto coa reclamación achégase diversa documentación clínica.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica de P.

- Informe do coordinador de Urxencias do CHUAC do 30.7.2020.

- Informe do doutor do PAC da Casa do Mar, do 10.8.2020.

- Informe do doutor do Centro de Saúde dos Mallos, do 24.9.2020.

3.- O 10.12.2020 deuse trámite de audiencia aos reclamantes, sen que conste a presentación de alegacións.

4.- O 10.8.2021 ditouse unha proposta de resolución no sentido de estimar parcialmente a reclamación presentada na contía de

90.000 ?.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 26.10.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

No entanto, debe destacarse a dilatada tramitación do procedemento de responsabilidade, especialmente se se considera que desde o trámite de audiencia aos reclamantes (o 10.12.2020) ata o ditado

da proposta de resolución (o 10.8.2021) transcorreron oito meses, sen que consten no expediente razóns obxectivas que xustifiquen

tal demora. Este proceder, que supón a prolongación en exceso da situación de expectativa na que se atopa quen reclama, non

se axusta ao principio de eficacia que debe presidir a actuación da Administración pública, de acordo co previsto no artigo

103.1 da Constitución española e no artigo 3.1 da LRXSP, así como aos principios de celeridade e axilidade dos procedementos

administrativos, recollidos nos artigos 71.1 da LPAC e 3.1, letra d), da LRXSP, respectivamente.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre

outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan).

Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para a Administración, a pesar

do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira persoa a única determinante

do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración nos casos nos que na produción

do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes

supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o quantum indemnizatorio (por todas, as sentenzas do Tribunal Supremo do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018, rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme a cal nas reclamacións

derivadas de prestacións sanitarias non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva

máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida do

enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación do enfermo.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente

CCG 247/2021). É dicir, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se, conforme

aos síntomas da paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non

sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas

non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, do escrito de reclamación presentado polos interesados despréndese que estes imputan aos servizos sanitarios unha

deficiente asistencia sanitaria ao Sr. P., que singularizan en dous concretos reproches. Por unha banda, a falta de realización

dun electrocardiograma na asistencia do 2.3.2019 no PAC da Casa do Mar, o que, ao seu xuízo, era obrigado, pois o paciente

presentaba unha dor no peito que irradiaba ao brazo esquerdo, tórax e costas. Por outra banda, a falta de exame, e conseguinte

información ao doente, por parte do persoal facultativo do Centro de Saúde dos Mallos, do resultado do electrocardiograma

realizado o 6.3.2019 no devandito centro, que xa amosaba un infarto inferior, o que provocou que esta grave doenza non lle

fose diagnosticada ao Sr. P. ata o 8.3.2019, coas consecuencias xa coñecidas.

Pois ben, o exame destes reproches dos reclamantes esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas

que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido,

entre outros, o CCG 155/2020 e 253/2021).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos reunidos pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, os reclamantes non despregaron ningunha actividade probatoria en apoio dos seus reproches ao funcionamento do servizo

público de saúde, nin sequera logo da vista dos criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Así as cousas, da documentación clínica que consta no expediente remitido despréndese que o Sr. P., de 56 anos de idade no intre dos feitos, fumador de vinte cigarros diarios e sen historia cardiolóxica

previa, acudiu o 2.3.2019 ao Servizo de Urxencias do PAC da Casa do Mar, referindo ?esta noche dolor en el pecho que señala a punta de dedo y irradiado a la espalda? así como ?tos con expectoración blanquecina?. Á exploración constatouse hipertensión arterial (?TA:162/101?), sendo diagnosticado o paciente de ?infección respiratoria de etiología vírica. HTA? e pautándolle tratamento con Paracetamol codeína e control da tensión arterial polo seu médico de Atención Primaria.

Catro días máis tarde, o 6.3.2019, o paciente acudiu ao seu centro de saúde. Os termos da asistencia dispensada naquela data polo médico de Atención Primaria non constan reflectidos na historia clínica,

fóra de que o facultativo solicitou a realización dun electrocardiograma urxente e o control da tensión arterial. Neste punto,

o informe do médico de Atención Primaria do 24.9.2020 refire que naquela data o Sr. P. acudiu á súa consulta por mala evolución

da infección, persistindo a dor torácica que relacionaba coa tose, polo que lle prescribiu amozitimicina. No entanto, o facultativo

engade que, logo de explorar ao paciente e resultar a auscultación anodina pero cun soplo sistólico de pequena intensidade,

decidiu solicitar un electrocardiograma e control de tensión por enfermería, que se lle realizou ese mesmo día, sen que o

paciente acudise posteriormente a consulta, tal e como se lle tería indicado.

O 7.3.2019 o Sr. P. acudiu, ás 23:12 horas, ao Servizo de Urxencias do CHUAC referindo febrícula e un ?cadro de tres días de evolución de tos con expectoración blanquecina y dolor torácico de características pleuríticas?. A exploración física resultou normal e a radiografía de tórax non amosou patoloxía pleuropulmonar aguda, polo que no servizo

se estableceu o diagnóstico de ?posible viriasis?, mantendo o tratamento con Paracetamol e control polo seu médico de Atención Primaria. O doente foi alta o 8.3.2019 ás 3:00 horas.

Ese mesmo 8.3.2019, ás 19:12 horas, o paciente volveu a acudir ao Servizo de Urxencias do CHUAC, presentando xa unha dor centrotorácica irradiada ás costas, exacerbada en decúbito supino e coa inspiración

profunda, ademais de hipotensión e mala perfusión periférica. Ante esta sintomatoloxía, ao doente realizóuselle un electrocardiograma

que amosou un infarto inferior en evolución, polo que de inmediato foi trasladado á Unidade de Coidados Intensivos xa en situación

de shock cardioxénico, realizándose interconsulta co Servizo de Cardioloxía do hospital.

Como consta na historia clínica, na Unidade de Coidados Intensivos iniciouse tratamento con catecolaminas e implantación de BIACP, realizándose o mesmo 8.3.2019

unha cirurxía para implante dun dispositivo de asistencia ventricular. Malia que no postoperatorio se produciu unha estabilización

hemodinámica, o Servizo de Cirurxía Cardíaca entendeu que a comunicación intraventricular era irreparable, sendo o transplante

a única opción terapéutica, segundo consta na anotación do 9.3.2019 das follas de curso clínico do Servizo de Cardioloxía

do CHUAC.

No entanto, o 17.3.2019 o paciente presentou datos de isquemia franca no membro superior esquerdo e caída de fluxos do dispositivo de asistencia, realizándose nesa data unha trombectomía urxente por isquemia

aguda do membro, sen acadar refluxos a ningún nivel e presentado á saída do quirófano cianose dos pulpexos. Nas horas seguintes

o estado do paciente empeorou, evolucionando a fracaso multiorgánico e falecendo o 21.3.2019.

Quinta.

Descrita nos termos que anteceden a asistencia sanitaria prestada ao Sr. P., cómpre xa entrar a analizar os reproches formulados polos reclamantes.

A) Sobre a asistencia dispensada no PAC da Casa do Mar o 2.3.2019

No que atinxe a esta asistencia, os interesados refiren que a sintomatoloxía referida polo Sr. P., sinaladamente unha dor no peito irradiada ao brazo, ao tórax e ás costas, esixía a realización dun

electrocardiograma co fin de descartar o padecemento dun infarto.

No entanto, nas anotacións da historia clínica a dor referida polo doente non se describe en tales termos, senón como segue: ?dolor en el centro del pecho que señala a punta de dedo y irradiado a la espalda?.

A diverxencia existente entre o relato dos reclamantes e os apuntamentos da historia clínica, verbo das características da dor do paciente, foi tamén posta de manifesto polo doutor que atendeu ao Sr.

P. no PAC da Casa do Mar, sinalando o facultativo no seu informe de 10.8.2020 que, se a dor referida naquela data fose tal

e como agora a describen os reclamantes, loxicamente todo apuntaría a un infarto, pero que este non foi o caso, xa que o paciente

describiu a dor como quedou plasmado na historia clínica.

A xuízo do doutor, a dor entón referida polo paciente non era indicativa dun infarto, polo que non estaba indicada a realización dun electrocardiograma. Á vista do criterio técnico do facultativo, non

contradito polos reclamantes coa achega dun informe pericial de contrario, debe concluírse a corrección da asistencia sanitaria

prestada o 2.3.2019.

B) Sobre a asistencia dispensada no Centro de Saúde dos Mallos o 6.3.2019

Procede centrarse de seguido no segundo reproche dos reclamantes, relativo á asistencia dispensada o 6.3.2019 no Centro de Saúde dos Mallos, ao que acudiu o Sr. P. xunto coa súa esposa, referindo de

novo dor torácica.

Sobre esta asistencia, da que non hai anotacións na historia clínica, o médico de Atención Primaria indica o seguinte no seu informe do 24.9.2020:

?Una vez explorado ? apreciando un soplo sistólico de escasa intensidad y a la vista de que había tenido dolor torácico que

persistía, aunque por la descripción del paciente no parecía de origen coronario, le solicito electrocardiograma y control

de tensión arterial por enfermería (? y, como siempre que se solicita una prueba para realizar en el momento, se le indica

que regrese a la consulta una vez efectuada).

No escribí el episodio en IANUS, esperando a hacerlo ya con el contenido del electrocardiograma. Continué consultando a los pacientes citados.

El paciente no regresó ese día a la consulta y, solicitó cita en recepción (lo citaron el 13/03/2019). El día 13-03-2019, como no acude a consulta, reviso la historia clínica y constato que ha sufrido

un infarto agudo de miocardio (ya visible en el ECG del día 6, que no llegué a ver) y que está ingresado en la UCI del CHUAC?.

Aínda que o facultativo de Atención Primaria non recolleu os termos da asistencia prestada na historia clínica, si consta unha anotación de enfermería, ás 17:17 horas, co seguinte teor literal:

?Derivado por su MAP para EKG urgente y Control de TA?. Figura tamén na historia clínica un electrocardiograma realizado ese mesmo día ás 18:41 horas, no que se indica ?Taquicardia del sino (?) Infarto inferior (II, III, a VF)?, se ben tampouco hai mención ningunha na historia que permita acreditar que o paciente e a súa dona fosen informados do

resultado da proba.

Este extremo é relevante porque, como xa se sinalou, o doente non volveu ese día á consulta do médico de Atención Primaria, solicitando, pola contra, unha cita que lle foi asignada para o 13.3.2019. Ademais,

e como se vén de sinalar, o facultativo non recolleu na historia clínica os termos daquela consulta nin a realización do electrocardiograma,

recoñecendo no seu informe do 24.9.2020 que non revisou os resultados da proba. Así mesmo, o facultativo recoñece no informe

que o electrocardiograma do 6.3.2019 mostraba xa claramente o diagnóstico de infarto.

En virtude do exposto, este Consello Consultivo aprecia varias deficiencias na asistencia dispensada ao Sr. P. o 6.3.2019 no Centro de Saúde dos Mallos.

En primeiro lugar, respecto da idoneidade do protocolo do centro de saúde, que inclúe a indicación ao paciente de regresar á consulta do seu médico de Atención Primaria para ver o resultado das probas

de realización inmediata, concordamos co criterio manifestado nos seguintes termos na proposta de resolución:

?(?) no se puede dejar solo en manos del paciente la responsabilidad de que la prueba sea valorada. Aunque esta ruta sea habitualmente

eficaz y rápida, el Centro debería disponer de mecanismos alternativos de alerta para que ninguna prueba solicitada quede

sin valorar, en los supuestos en los que el paciente (por los motivos que sean) no regrese a consulta de su médico una vez

finalizada la prueba?.

As concretas circunstancias do suposto sometido a ditame amosan as crebas do devandito protocolo, que debe ser corrixido para evitar outros sucesos similares.

En segundo lugar, resulta de todo punto inexplicable que o persoal de enfermería que realizou o electrocardiograma o 6.3.2019 non levase a cabo ningún tipo de actuación ante o claro resultado da proba,

que xa indicaba que o paciente estaba a sufrir un infarto de miocardio.

Á marxe dos protocolos que fosen aplicables no Centro de Saúde, é indiscutible que naquel intre era imperiosa a activación das medidas precisas para a atención urxente da grave doenza do Sr. P. ou, cando

menos, unha comunicación inmediata ao médico de Atención Primaria da gravidade da situación co fin de activar sen demora as

devanditas medidas. Isto, loxicamente, sen prexuízo da debida información asistencial ao doente ou á súa esposa verbo do resultado

da proba e as medidas a adoptar para o tratamento do infarto detectado (artigos 4 e 5 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica

reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica).

En terceiro lugar, a actuación do médico de Atención Primaria foi neglixente. Se ben no seu informe sostén que non consignou os termos da asistencia prestada na historia clínica ?en contra do disposto

no artigo 15.1 da Lei 41/2002, do 14 de novembro? para facelo cando, esa mesma tarde, o paciente retornase á consulta e puidese

anotar o resultado do electrocardiograma, o certo é que o material instruído non corrobora esta aseveración. A realidade foi

que o doutor nunca chegou a deixar constancia da consulta na historia clínica e que, ao non volver o paciente á súa consulta

esa tarde, tampouco verificou se o electrocardiograma que lle prescribira de forma urxente se realizara, nin se interesou

polo seu resultado ese día ou nos días sucesivos.

Todas estas circunstancias poñen de manifesto a existencia dun anormal funcionamento do servicio que provocou unha demora inxustificada no diagnóstico e tratamento do infarto, que non tivo lugar

ata 48 horas máis tarde, logo da realización dun segundo electrocardiograma no Servizo de Urxencias do CHUAC o 8.3.2019.

C) Sobre a aplicación neste suposto da doutrina xurídica da perda de oportunidade

Segundo a proposta de resolución, os feitos descritos amosan unha perda de oportunidade constitutiva de responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria, fixando una indemnización de 90.000

euros.

Cómpre, por tanto, facer algunhas consideracións sobre a aplicabilidade neste suposto da doutrina xurídica da perda de oportunidade.

En materia de responsabilidade patrimonial sanitaria existen varios criterios xurídicos de imputación. O máis habitual é o da lex artis, aínda que cada vez son máis numerosos os supostos que invocan a doutrina da perda da oportunidade.

É preciso subliñar que estamos ante dous criterios de imputación da responsabilidade patrimonial ?que no son estrictamente equiparables? (por todas, STS do 20.3.2018, rec. 2820/2016).

Así, conforme á doutrina da lex artis, a responsabilidade patrimonial xorde cando se verifica un funcionamento anormal dos servizos de saúde, que non se axustaron

aos estándares de calidade e eficacia normalmente esixibles na prestación da asistencia sanitaria, ocasionando un dano ao

paciente. En cambio, a aplicación da doutrina da perda da oportunidade esixe, como premisa, que a atención sanitaria prestada

non poida cualificarse como unha infracción da lex artis. A pesar diso, nestes supostos a existencia doutra alternativa diagnóstica ou terapéutica, igualmente indicada para o caso

concreto e que comportase unha mellor oportunidade de curación, pode desencadear a responsabilidade patrimonial.

A este respecto, indica o Tribunal Supremo que na perda de oportunidade: ?(...) el daño viene propiciado por el hecho de que, si bien a tenor de la prueba no cabe apreciar un tratamiento médico contrario

a los cánones aceptados en cada momento por la ciencia médica, es lo cierto que de haber existido un tratamiento diferente,

que no es ajeno a la propia medicina, existe la duda de si se habría producido el resultado lesivo, exigencia de esa probabilidad

sobre la que se pone la nota de la pérdida de oportunidad por la jurisprudencia (?) [la pérdida de oportunidad se ocasiona cuando, producido el daño, la experiencia y el estado de la ciencia médica permite acoger la probabilidad de que

un diagnóstico diferente al que fue correcto, podría haberlo evitado? (STS do 6.2.2018, rec. 2302/2016. No mesmo sentido, a STS do 24.4.2018, rec. 447/2016, entre outras).

Trátase, polo tanto, de doutrinas funcionalmente distintas, e por iso indica o Supremo que o criterio da perda de oportunidade ?se mueve en distinto plano que el de la ?lex artis?? (STS do 20.3.2018, rec. 2820/2016). Non cabe esquecer que, dada a natureza obxectiva da responsabilidade patrimonial, a doutrina

da perda de oportunidade foi recibida pola xurisprudencia xustamente para apreciar a responsabilidade da Administración naqueles

supostos nos que a aplicación do criterio da lex artis resultaba insuficiente.

Neste sentido, pode dicirse que se trata de doutrinas complementarias, pero sobre todo, hai que subliñar que a súa aplicación é alternativa, pois cando se aprecia unha infracción da lex artis suficiente para asentar o nexo causal, entón xa non procede a aplicación da perda de oportunidade. De modo semellante, cando

a actuación dos servizos sanitarios non implica tal vulneración da lex artis, cabe analizar se concorren os requisitos xurídicos que conforman a doutrina da perda de oportunidade. O Tribunal Supremo

expresa esta cuestión nos seguintes termos: ?La doctrina de la pérdida de oportunidad ha sido acogida en la jurisprudencia de la Sala 3ª del Tribunal Supremo,... como

una figura alternativa a la quiebra de la lex artis que permite una respuesta indemnizatoria en los casos en que tal quiebra

no se ha producido y, no obstante, concurre un daño antijurídico consecuencia del funcionamiento del servicio" (por todas, SSTS do 24.11.2009, rec. 1593/2008; do 3.12.2012, rec. 815/2012; do 6.2.2018, rec. 2302/2016; do 15.3.2018,

rec. 1016/2016 ou do 20.3.2018, rec. 2820/2016).

Outra das diferenzas ben coñecidas entre o criterio da lex artis e o da perda da oportunidade refírese ao cálculo da indemnización que se deriva da súa aplicación. Cando o nexo causal se

vincula cunha vulneración da lex artis, procede a restitución in integrum do dano causado; é dicir, aplícase a regra xeral da responsabilidade por danos que esixe a satisfacción integral dos mesmos.

Agora ben, cando o nexo causal se conforma sobre unha perda de oportunidade, entón a indemnización non pode vincularse ao

estado de saúde actual do paciente, pois este non foi orixinado por unha praxe médica contraria á lex artis. Así, o dano indemnizable é a perda dun ben xurídico hipotético ligado á posibilidade de ter recibido un tratamento máis

adecuado; e por tanto, a indemnización debe fixarse atendendo ás probabilidades de que a situación clínica fose máis favorable,

de optarse pola oportunidade perdida (por todas, SSTS do 20.3.2018, rec. 2820/2016; do 25.5.2016, rec. 2396/2014; e SSTSJ

de Galicia do 18.6.2019, rec. 151/2019 e do 22.6.2020, rec. 400/2019).

Aplicando estas consideracións ao suposto agora sometido a ditame, cabe concluír que o criterio de imputación aplicable é o da infracción da lex artis ad hoc, á vista das graves deficiencias indicadas na consideración anterior, é dicir: a ineficacia do protocolo do centro de saúde;

a omisión de calquera tipo de actuación do persoal de enfermería ante o resultado do electrocardiograma; e a actuación neglixente

do facultativo, ao non revisar os resultados da proba que solicitou para ese mesmo día con carácter urxente.

En consecuencia, a aplicación do criterio da lex artis exclúe neste suposto a doutrina da perda de oportunidade e determina a obriga da Administración de indemnizar na súa integridade

o dano material e efectivo derivado do mal funcionamento do servicio.

D) Sobre a determinación do dano provocado polo retraso diagnóstico e terapéutico

Como afirmou en numerosas ocasións o Tribunal Supremo, ?la pérdida de oportunidad se caracteriza por la incertidumbre acerca de si la actuación médica omitida pudiera haber evitado

o minorado el resultado final acaecido? (por todas, SSTS do 3.12.2012, rec. 2892/2011 e da mesma data, rec. 815/2012).

Agora ben, isto non significa que sempre que haxa que manexar algún tipo de incerteza resulte de aplicación a teoría da perda de oportunidade. Ou, dito noutras palabras, o recurso ao funcionamento anormal

do servizo como criterio de imputación non exclúe que poida concorrer certo grao de incerteza, en especial á hora de delimitar

os danos indemnizables derivados de tal infracción.

No caso que se está a examinar o dano indemnizable é aquel que o inxustificado atraso diagnóstico e terapéutico de 48 horas causou ao Sr. P. A determinación deste dano esixe formularse a hipótese sobre

o curso dos acontecementos se o paciente tivese recibido a asistencia sanitaria precisa o 6.3.2019. Se, aínda nese suposto

se tivese producido o falecemento, non habería dano indemnizable nin responsabilidade patrimonial da Administración. Se, pola

contra, é certo ou altamente probable que a atención puntual tería procurado a supervivencia do paciente, entón cómpre resarcir

o dano do falecemento.

Pois ben, esta análise debe partir do coñecemento médico unánime de que o infarto de miocardio é unha patoloxía grave que leva asociada unha

taxa elevada de mortalidade e que a súa detección e tratamento temperá son esenciais de cara á supervivencia dos pacientes.

No informe de alta emitido o 21.3.2019, tralo falecemento do Sr. P., se fai constar que, á súa chegada ao Servicio de Urxencias o 8.3.2019, ?se realiza ECG que muestra datos compatibles con IAM inferior evolucionado y ecocardiograma que muestra necrosis inferior

con CIV y disfunción VD con IT severa aguda. En situación de shock cardiogénico?.

Esta descrición mostra que o 8.3.2019 o infarto do Sr. P. estaba xa avanzado, tendo causado danos irreversibles no corazón que fixeron precisa a implantación

dun dispositivo de asistencia ventricular, o cal, sen embargo, se revelou insuficiente, de xeito que o paciente foi inscrito

en lista urxente para transplante o 14.3.2019.

Á vista destes datos, cabe concluír que o transcurso de máis de 48 horas desde que se detectou o infarto ata que se iniciou o tratamento tivo unha transcendencia decisiva no fatal desenlace, ao diminuír

de xeito significativo as posibilidades de tratamento, melloría ou supervivencia do paciente (neste sentido, en casos similares,

STS do 7.7.2008, rec. 4776/2004, STSX de Madrid do 27.9.2013, rec. 947/2011).

Procede, polo tanto, o recoñecemento da responsabilidade patrimonial da Administración, sendo o dano indemnizable o falecemento do Sr. P.

E) Sobre a determinación da indemnización

Por último, cómpre fixar a contía da indemnización, considerando que, como xa se sinalou, aquela ha de reparar a integridade do dano causado.

Neste punto os reclamantes solicitan, con base no baremo establecido no texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, aprobado

polo Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro (trala reforma operada pola Lei 35/2015, do 22 de setembro), unha indemnización

de 140.000 ?, correspondendo 115.918,84 ? á viúva e 20.883 ? ao fillo, ademais dos gastos ocasionados polo deceso do paciente

que, cómpre sinalar, non acreditan.

Como ten indicado en diversas ocasións o Tribunal Supremo, e mesmo este Consello Consultivo, o baremo de accidentes de tráfico ten un carácter orientativo e non vinculante no ámbito da responsabilidade

patrimonial das Administracións públicas (entre outros, SSTS do 17.7.2014, rec. 3724/2012, e do 21.12.2015, rec. 1247/2014

e CCG 40/2021, CCG 162/2021). Con todo, a aplicación do devandito baremo ofrece unha evidente seguridade xurídica e certas

garantías de proporcionalidade, de xeito que, se a indemnización solicitada pola parte reclamante toma como referencia o baremo,

a instrución non pode separarse del sen xustificar as razóns que motivan o emprego doutros criterios para fixar o importe

da indemnización.

No suposto que agora nos ocupa, da aplicación do baremo vixente á data do falecemento do Sr. P. resultaría unha indemnización de 104.518 ? para a viúva, dada a idade do finado (56 anos) e o tempo

de convivencia acreditado (36 anos desde o seu matrimonio no ano 1983), e de 31.045 ? para o fillo, en canto maior de trinta

anos e convivinte, se ben este último limitou a súa pretensión indemnizatoria a 20.883 ?. No entanto, a xuízo deste Consello

Consultivo, as devanditas contías han de ser moduladas polas seguintes razóns.

Malia que a inxustificada demora no diagnóstico e tratamento do infarto do Sr. P. foi o factor causal preponderante do fatal desenlace, non é posible desbotar a concorrencia doutros elementos que

poderían ter contribuído en menor medida ao falecemento do paciente. Así, en primeiro lugar, entre os antecedentes persoais

do Sr. P., os informes clínicos sinalan dous factores de risco cardiovascular: o tabaquismo ??Fumador 20 cig./día?- e unha probable hipertensión arterial.

En segundo lugar, no curso dos acontecementos causais determinantes do dano, concorreu a conduta do doente, quen, logo da realización do electrocardiograma o 6.3.2019, non retornou á consulta do médico

de Atención Primaria co fin de ser informado do resultado. Se ben a ineficacia do protocolo establecido no centro de saúde

e a inxustificable ausencia de información asistencial ao paciente provocaron esta situación, o certo é que a conduta do doente,

que non altera o nexo de causalidade, debe tomarse en consideración na fixación da contía da indemnización.

Con base no que antecede, o xuízo deste órgano consultivo é favorable á estimación da reclamación presentada na contía de 92.000 ?, correspondéndolle 82.000 ? á viúva e 10.000 ? ao fillo do paciente. As

contías que preceden haberán de ser actualizadas por todos os conceptos á data de emisión deste ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que procede a estimación da reclamación presentada nos termos sinalados na consideración quinta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información