Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 321 de 13 de septiembre de 2017

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/09/2017

Num. Resolución: 321


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona D., polos danos e perdas ocasionados tras unha intervención de ligadura tubárica bilateral vía laparoscópica e posterior embarazo e parto

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 22.05.2015 dona D. interpón ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial por

mor do fracaso da cirurxía de ligadura tubárica bilateral á que foi sometida no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

no ano 2013.

No escrito reitor da súa reclamación a interesada refire:

?[?]

PRIMERO.- En fecha 22.02.2013, tres meses después de mi cuarto parto, fui intervenida quirúrgicamente, practicándoseme ligadura tubárica bilateral vía laparoscópica y extracción de implante subdérmico.

SEGUNDO.- En enero de 2015 me entero de que me encuentro de nuevo embarazada, dando a luz por parto natural el 7 de marzo de 2015, a mi quinto hijo.

Dicho embarazo llegó a término, produciéndose el parto en la semana 37 de gestación, motivo por el que el embarazo se produjo en junio de 2014.

TERCERO.- Así las cosas es claro que la intervención quirúrgica que me fue practicada y que buscaba un resultado concreto, a saber, evitar futuros embarazos, fue realizada de forma defectuosa en vista

del embarazo y posterior parto acaecido. Se produjo un fracaso verdadero del método, pasado más de un año desde la ligadura.

Asimismo indicar que se me informó en el sentido de que se trataba de un método seguro, motivo por el que confié plenamente en

él mismo.

Considero también que, con posterioridad, no se comprobaron los resultados de la intervención. Hay que tener en cuenta que el acto médico no termina con la intervención, sino que posteriormente es necesario

comprobar que la misma se ha realizado correctamente. Consecuencia de ello, hasta ese momento de comprobación de resultados

no termina la asistencia del médico interviniente y responsable de la intervención. Dicha omisión constituye una infracción

de la ?lex artis?, que contribuyó eficazmente al resultado de embarazo y, por tanto, a sus consecuencias.

Tampoco se me dieron instrucciones de qué precauciones debía observar para evitar la gestación finalmente acaecida.

[?]

CUARTO.- Por si fuera poco todo lo relatado, indicar que la niña nacida a consecuencia de la intervención defectuosamente practicada, de nombre J., presenta un soplo cardíaco, motivo por el que pese

a su cortísima edad, ya ha estado ingresada, concretamente del 10 al 13 de marzo de 2015 y actualmente debemos continuar con

revisiones y consultas periódicas (al pediatra acude casi todas las semanas).

[?]?.

A indemnización solicitada ascende a 150.000,00 ?.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica da Sra. D., e

- Informe do Servizo de Obstetricia-Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de data do 20.10.2015.

3.- Con data do 05.04.2016 deuse trámite de audiencia á reclamante, sen que conste a presentación de alegacións.

4.- Con data do 13.07.2017 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 31 de agosto de 2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto nos artigos 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, e 17, a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo

que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento deste órgano consultivo, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa aplicable

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Con todo, debe censurarse a excesiva dilación na tramitación do expediente de responsabilidade que nos ocupa (a reclamación presentouse en maio do ano 2015 e o expediente foi remitido a este Consello

Consultivo en agosto de 2017), sendo este atraso incompatible, dende logo, co mandato constitucional da observancia do principio

de eficacia que vincula á Administración pública por disposición do artigo 103.1 da Constitución española.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano antixurídico. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito

a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos ditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento. Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar

que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo

público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de

lograr a curación do paciente.

Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha

actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que razoablemente

resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, salvo que exista unha evidente desproporción entre

o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade patrimonial,

con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente que o dano

sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación sanitaria

resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso suscitado,

non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír que o

dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Unido ao anterior debe recordarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (por todos, CCG 100/2014, CCG 229/2014 ou CCG 198/2015). En definitiva, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se conforme cos síntomas

do paciente se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido,

pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.-

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, resulta preciso determinar neste

ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, do escrito reitor da reclamación da interesada despréndese como esta imputa ao servizo público de saúde unha mala praxe na realización da ligadura tubárica,

toda vez que a reclamante tivo unha xestación posterior, sendo así que, refire, polos facultativos se lle manifestou que o

método era seguro. Así mesmo, a parte actora denuncia que non se comprobaron os resultados da cirurxía nin se lle informou

das precaucións a observar co fin de evitar ulteriores embarazos.

Pois ben, o exame dos reproches da parte actora esixen unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles

se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa subsunción en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros,

o CCG 71/16).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte actora non despregou a máis mínima actividade probatoria en apoio dos seus reproches ao funcionamento do

servizo público de saúde, sen formular nin sequera alegacións no trámite de audiencia.

Así as cousas, da documentación clínica obrante no expediente remitido despréndese como a Sra. D. someteuse, con data do 22.03.2013, a unha ligadura tubárica bilateral no Complexo Hospitalario Xeral-Calde

de Lugo, quedando novamente embarazada no ano 2015, circunstancia esta última que, como xa se sinalou, a reclamante considera

que acredita unha mala praxe na realización da cirurxía.

No entanto, a historia clínica remitida non reflicte ningunha creba da lex artis na realización da ligadura tubárica (a folla de protocolo cirúrxico e o informe de alta non recollen ningunha incidencia

na intervención), extremo este tamén corroborado polo informe do xefe do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía de data do 20.10.2015

cando sinala como a paciente ?el día 22 de febrero de 2013 fue intervenida en régimen de Cirugía Mayor Ambulatoria de ligadura tubárica bilateral por vía

laparoscópica, sin complicaciones?.

A explicación á xestación da reclamante atópase, como refire o informe do servizo de data do 20.10.2015, no feito de que a efectividade da ligadura non é absoluta, existindo, polo tanto, unha porcentaxe

de fallos co conseguinte risco de embarazo, aspectos ambos os dous dos que, refire o antedito informe, tamén foi informada

á interesada: ?Previamente el día 28 de noviembre de 2012 fue informada debidamente por el personal facultativo sobre dicha intervención,

y firmando el Consentimiento Informado para la misma, en donde se pone en su conocimiento que la efectividad de dicho método

no es del 100% y que existe un porcentaje de fallos en los que se produce una nueva gestación, situándose este porcentaje

entre un 0,4 y 0,6 %?.

Efectivamente, como recolle o documento de consentimento informado asinado pola paciente con data do 28.11.2012, ?Aún siendo el método de oclusión tubárica el más efectivo de los métodos de planificación familiar, su efectividad no es del

100%. Existe un porcentaje de fallos en los que se produce una nueva gestación. Este porcentaje de fallos es del 0,4 - 0,6%?.

Neste punto cómpre mencionar a abondosa xurisprudencia recaída en supostos similares (Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 11 de xuño de 2003, Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza

da Rexión de Murcia do 7 de marzo de 2008, Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castelá e León do 14 de xaneiro de

2010 ou a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do 18 de marzo de 2016) e, mesmo, de pronunciamentos deste órgano

consultivo (por todos, os CCG 261/13, 531/14 ou 200/15), avalando a corrección da actuación médica con ocasión de embarazos

producidos logo da práctica dunha ligadura de trompas, sempre que tivese mediado a debida información á paciente verbo daquela

marxe de fallos.

Como sinalou a Sentenza do Tribunal Supremo do 30 de marzo de 2004, ?Si partimos de la base de que la operación quirúrgica encaminada a la ligadura de trompas de la actora se llevó a cabo de

forma correcta y empleando una técnica ad hoc, y nada se ha probado en contrario al respecto, fácil es colegir que la producción

de un embarazo posterior no es sino consecuencia del fallo estadístico previsto médicamente que no por infrecuente, debe ser

desechado como posible tal y como se informó oportunamente a la actora y a su esposo, quienes prestaron su total consentimiento [?]?.

Finalmente, polo que atinxe ao reproche da parte actora segundo o cal non se comprobaron os resultados da cirurxía, cómpre reiterar que a técnica non é infalible, debendo salientarse, ademais, que, como

consta na historia clínica, a reclamante tiña cita para revisión en Consultas Externas de Xinecoloxía no mes de maio de 2013,

logo da intervención, e non acudiu.

Quinta.-

Atendendo, logo, a todo o que se vén de expor, e a falta de mellor criterio técnico que resulte do expediente, procede a desestimación da reclamación presentada.

Sexta.-

Noutra orde de cousas cómpre advertir a necesidade de purgar o expediente remitido por canto nel obra un informe da doutora C. de data do 22.06.2016, informe relativo á asistencia sanitaria prestada

a unha paciente distinta da Sra. D.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, debendo en todo caso atenderse ao sinalado na consideración sexta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Acción y omisión en el derecho penal
Disponible

Acción y omisión en el derecho penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información