Dictamen de Consello Cons...re de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 313 de 25 de noviembre de 2020

Tiempo de lectura: 37 min

Tiempo de lectura: 37 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 25/11/2020

Num. Resolución: 313


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento un traumatismo no brazo dereito no Hospital Universitario Cristal de Ourense.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 23.7.2020 iniciouse o procedemento de esixencia de responsabilidade patrimonial da administración pública con base

na reclamación presentada por C. polos danos ?atraso diagnóstico? derivados da asistencia sanitaria prestada no Hospital Universitario

Cristal de Ourense, logo de caerlle un tronco no seu brazo dereito o día 28.12.2018 e provocarlle unha desinserción do tendón

inferior do bíceps dereito, e quebradura de fibras do bíceps braquial dereito.

A contía reclamada como indemnización ascende a 40.000,00 ?.

2.- Na instrución do procedemento incorporáronse a este, entre outros documentos, a historia clínica do paciente, amais dun informe

do Servizo de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (en diante, CHUO), do 27.8.2020.

3.- Rematada a instrución, e logo do tramite de audiencia, con data 23.10.2020 o instrutor elaborou unha proposta de resolución

en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 9.11.2020.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b)O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d)O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros),

pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados

ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que

por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, agás que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Xunto co anterior debe lembrarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación.

En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames CCG 198/2015, CCG 10/2018 e CCG 23/2019, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración por defectuosa asistencia sanitaria, non é factible

cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose

na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico

ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa

que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no momento no que tiveron lugar. En definitiva, é a

situación existente ao tempo de efectuar o diagnóstico a que determina a corrección da decisión médica adoptada, debendo ponderarse

para chegar a unha valoración positiva se se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas conforme cos

síntomas que presentaba.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

A parte reclamante considera que houbo unha indebida demora na asistencia sanitaria das secuelas derivadas dunha rachadura do seu antebrazo ?en concreto, secuela estética e déficit de forza flexión/supinación?

debido a cal non resultou posible unha intervención cirúrxica para a súa total curación. En concreto, manifesta que ?las secueltas son el resultado de la tardanza y demora en diagnosticar la lesión? El diagnóstico y el tratamiento quirúrgico

precoz son claves en el resultado final, siendo necesaria la reparación en fase aguda para evitar la pérdida de fuerza muscular

de flexión y supinación? ya que la reconstrucción tardía es técnica difícil y con peores resultados?.

Esta imputación exixe a análise do acervo probatorio que figura no expediente; especialmente da historia clínica e dos informes técnicos dos facultativos responsables da asistencia sanitaria.

E, sobre este concreto aspecto, o informe do xefe do Servizo de Traumatoloxía (27.8.2020) do CHUO, sinala que:

?Las roturas crónicas del tendón distal del bíceps, aquellas que se presentan entre las 4 y 6 semanas del traumatismo, presentan un alta grado de complicación tras su tratamiento quirúrgico y no debe

de ser el tratamiento elegido de forma generalizada, sino que, debe ser muy personalizado teniendo en cuenta diversos factores

corno la edad, dominancia, la actividad laboral y/o deportiva y evaluar las articulaciones vecinas proximales y distales.

La indicación principal para la reconstrucción quirúrgica de las roturas crónicas del tendón distal del bíceps braquial se da en pacientes jóvenes, de alta demanda funcional, en edad activa laboral

o deportiva.

En el caso que nos ocupa se trata de un paciente que consulta por primera vez después de 4 semanas tras la lesión y se realiza diagnóstico de confirmación posteriormente.

Si bien en un primer momento parece indicada la intervención quirúrgica, tras la revisión del caso y la realización de una valoración clínica detallada por parte del cirujano de COT del equipo especialista

en este tipo de patologías, se desestima la realización de la intervención quirúrgica ya que no se cumplen los criterios arriba

indicados?.

Por súa banda, da análise da historia clínica resulta que, malia que o accidente tivo lugar o día 28.12.2018, acude por primeira

á sanidade pública o día 23.1.2019. Este mesmo día, o médico de Atención Primaria deriva ao doente ao Servizo de Urxencias,

onde é catalogado como urxente na triaxe, e remitido ao Servizo de Traumatoloxía, no que se lle recomenda repouso, continuar

co tratamento fisioterapéutico iniciado, e se solicita ecografía, con indicación dunha nova consulta unha vez obtido o resultado

desta proba.

Do contido deste informes dedúcese que o paciente xa estaba a facer tratamento de fisioterapia.

O informe do xefe do Servizo de Traumatoloxía do 27.8.2020, antes reproducido, fai referencia a que este tipo de tratamento sería o indicado

nas primeiras semanas, e dependendo de varios factores.

Unha vez realizadas as probas solicitadas, e confirmado o diagnóstico -rachadura do tendón do bíceps-, é finalmente descartado para cirurxía por non cumprir

os criterios indicados no informe do Servizo de Traumatoloxía do 27.8.2020;, é dicir, ?edad, dominancia, la actividad laboral y/o deportiva y evaluar las articulaciones vecinas proximales y distales?.

Quinta.

Expostas as versión das partes sobre a asistencia sanitaria prestada, a cuestión radica nun thema probandi. Como xa se manifestou noutros ditames deste Consello Consultivo (por todos, vide CCG 481/2009) a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado, e a súa conexión causal co

funcionamento dalgún servizo público, corresponde certamente á parte reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (artigo 217 da Lei de 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento

civil).

Pois ben, analizando as actuacións seguidas na tramitación do expediente, hai que partir da regra xeral reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames -por todos, cítase o

CCG 148/2006-, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

á parte reclamante. Esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito

sanitario, que, polo marcado carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións á marxe de

apreciacións dos feitos e o material probatorio que a eles atinxe.

Da historia clínica podemos extraer un relato explicativo das actuacións médicas seguidas desde o día 23.1.2020 até o día

en que se desbotou a intervención (26.9.2020).

Pola contra, a parte reclamante non achega informe ou pericia ningunha que ofreza sustento técnico ás súas manifestacións,

nin presenta alegacións no período de audiencia conferido para os efectos de analizar o contido do informe do servizo realizado

ad hoc para explicar a actuación do servizo público de saúde.

Ponderando este material probatorio dunha banda; e, a nula actividade probatoria da parte reclamante doutra, extráese a conclusión de que, no presente caso, non se aprecia a existencia de elemento ningún

que, diante da insuficiencia do mero resultado lesivo nunha prestación de medios, vincule á devandita asistencia co referido

dano.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS