Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 297 de 27 de octubre de 2021

Tiempo de lectura: 63 min

Tiempo de lectura: 63 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/10/2021

Num. Resolución: 297


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por N., I. e I., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai Z. no Hospital Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 5.6.2020, N., I. e I. presentaron unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde

pola que consideran unha defectuosa atención prestada á súa nai, Z. quen faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da

Coruña (en diante, CHUAC) o día 5.6.2019.

No escrito sinalan:

?Primero. Nuestra madre, doña Z., fue diagnosticada de mieloma múltiple IgG Lambda a finales de 2015.

Segundo. En mayo- junio de 2016 se le realizó un trasplante, alcanzando remisión completa estricta.

Tercero. Pese a que los valores de las analíticas, desde mediados y sobre todo finales de 2017, indicaron una progresión, no fue hasta meses después, cuando los valores se encontraban mucho más altos,

en agosto de 2018, cuando se inició tratamiento por la progresión de enfermedad. Además, pese a la evolución favorable en

los siguientes meses de 2018 no se le realizó un segundo autotrasplante.

Cuarto. En febrero de 2019 nuestra madre sufre rotura de fémur izquierdo de la que es intervenida, si bien continuó con dolores en la pierna puestos de manifiesto en varias ocasiones en las consultas médicas.

Pese a ello, no será hasta el 13 de mayo de 2019 cuando se le practica Doppler de miembros inferiores en el que se pone de

manifiesto que "En la raíz del muslo izquierdo-cadera izquierda se visualiza un importante engrosamiento tisular hipoecoico,

probablemente en relación con hematoma, aunque no puedo descartar componente de mieloma. "A pesar de esta manifestación, no

se le realiza ninguna prueba complementaria para confirmar este último extremo.

Quinto. Siguieron siendo continuados los dolores en la pierna izquierda, produciéndose la rotura del fémur derecho en mayo de 2019 lo que motivó el ingreso de nuestra madre para intervención. Pese al dolor

que seguía manifestando en la pierna izquierda y al deterioro experimentado y puesto de manifiesto por sus familiares al personal

sanitario en diversas ocasiones, permaneció adscrita al servicio de traumatología, sin que, en consecuencia, se le practicasen

tampoco las pruebas y exploraciones que su patología hematológica demandaba. No será hasta el domingo 2 de junio de 2019,

y nuevamente, sólo tras quejas de familiares, cuando se le realice otro Doppler de miembros inferiores y un Tac hepatoabdominal

en el que se confirman hallazgos compatibles con mieloma extraóseo.

Sexto. No será hasta el día siguiente a la realización del Tac, el lunes 3 de junio de 2019, cuando se procede a la derivación de nuestra madre al servicio de hemotología. A partir de ese momento se sucedieron

las pruebas si bien la situación ya había devenido fuera de control, falleciendo nuestra madre el día 5 de junio de 2019?. (sic).

Solicitan unha indemnización de 60.000 euros.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a historia clínica da doente ademais de informe remitido polo Servizo de Hematoloxía

(do 21.10.2020).

3.- No trámite de audiencia, os interesados reiteraron a súa petición inicial en escrito presentado o día 2.12.2020.

4.- O órgano instrutor solicitou un informe complementario ao Servizo de Hematoloxía Clínica para que abordase as cuestións formuladas

pola parte reclamante no trámite de alegacións e que foi incorporado ao expediente.

5.- Concedéuselle novo trámite de audiencia aos interesados, que presentaron escrito de alegacións con data 22.2.2021.

6.- O órgano instrutor emitiu unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada (14.9.2021).

7.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 27.9.2021.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Cuarta.

Tendo en conta os elementos técnicos que se veñen a describir, e pasando a examinar, arestora, ao fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC,

resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo, e a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

Así no escrito os reclamantes logo de facer un relato da asistencia sanitaria prestada á Sra. Z. estiman que ?el fallecimiento de nuestra madre podría haberse evitado o al menos su aceleración, esto es, podría haberse ralentizado

la evolución de su enfermedad, de modo que hubiese podido vivir más tiempo, de haber sido otra la asistencia sanitaria que

se le prestó?. Consideran ?que no se pusieron a disposición de nuestra madre los medios acordes y al alcance del servicio sanitario, en especial, ni

las exploraciones diagnósticas ni el tratamiento y la atención sanitaria que esos datos y sintomatología demandaban?. E refiren que se trata, cando menos dunha perda de oportunidade determinante da responsabilidade patrimonial da Administración.

Para os efectos de facer unha axeitada análise destas cuestións de fondo que suscita o expediente, e cara á delimitación da necesaria concorrencia dunha relación de causalidade entre os danos denunciados

e o defectuoso funcionamento do servizo público sanitario, cóidase imprescindible partir da consideración -común a este tipo

de controversias- de que nos atopamos ante unha materia de carácter eminentemente técnico, na que o pronunciamento en dereito

debe descansar, de xeito ineludible, nas manifestacións recollidas nos informes procedentes de peritos na materia, que, con

base nos seus coñecementos científicos e técnicos, proxectan luz sobre os concretos aspectos fácticos que deben ser analizados

para a súa posterior cualificación xurídica.

A verificación das queixas formuladas, esixe unha análise da historia clínica e dos informes incorporados ao expediente, por canto, como ten sinalado este órgano consultivo, son estes informes os que deben

conter as valoracións técnicas, debendo este Consello limitarse á súa inclusión en categorías xurídicas.

Así da historia clínica resulta que Z., nada en 1950, foi diagnosticada de mieloma múltiple IPI estadio III en novembro de 2015. Logo de tratamento nos meses

seguintes seguido de autotrasplante, alcanzouse ?remisión completa estrita? en xullo de 2016 como sinala o curso clínico do Servizo de Hematoloxía do CHUAC. En xullo de 2018, observase franca progresión

da enfermidade polo que se reiniciou tratamento con VTD. O día 17.2.2019 ingresou no Servizo de Traumatoloxía por fractura

extracapsular de cadeira esquerda, que precisou intervención cirúrxica. No apunte correspondente ao 15.4.2019 do curso clínico

de Hematoloxía refírese que hai progresión da enfermidade: clínica e analítica.

O día 23.5.2019 ingresou no Servizo de Urxencias do CHUAC por unha caída accidental con fractura de fémur dereito, foi intervida o día 29, sen complicacións inmediatas. O día 31 presentou importante

deterioro neurolóxico e foi valorada de forma conxunta polos Servizos de Traumatoloxía e Hematoloxía. As probas médicas amosaron

o diagnóstico de progresión da súa enfermidade, polo que se decidiu unha ampliación de cobertura antibiótica e vírica, ademais

de corticoterapia a altas doses como tratamento de choque a súa enfermidade tumoral (mieloma) en progresión. A pesar destas

pautas, a Sra. Z. presentou unha evolución moi tórpida. O día 4 consensuouse coa familia e o seu médico hematólogo, a limitación

do esforzo terapéutico. A paciente foi exitus o día 5.6.2019.

Quinta.

Logo deste relato do proceso asistencial, procede analizar a proxección dos principios expostos na consideración terceira, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente procedemento.

Así, o primeiro reproche que fan os reclamantes refírese a un primeiro retraso asistencial. Consideran que os datos das analíticas da Sra. Z. desde mediados de 2017 deberían de ser valorados como determinantes

dunha evolución da enfermidade aos efectos de haber pautado antes o tratamento á doente. Pois ben, sobre este aspecto, o informe

do Servizo de Hematoloxía (de data 21.10.2020) refire que os criterios clínicos que fan referencia á clínica da enfermidade

do mieloma múltiple que sufría a paciente, son: dolor óseo, mal estado xeral, en combinación cos datos biolóxicos (de laboratorio);

e salienta que a Sra. Z. presentou unha progresión da enfermidade inicialmente biolóxica, e mais tarde clínica. Nesta enfermidade,

os criterios CRAB (calcio elevado, lesión renal, anemia e lesións óseas líticas) son os que se utilizan habitualmente para

valorar o risco da progresión. Así, sinala: ?Anemia11 mg/dL, insuficiencia renal (creatinina >2 mg/dL o FGR es necesario CM (paraproteina) > 3g/dL. y cadena ligera > 500 mg/L?.

O informe refire os seguintes datos da paciente dende decembro 2017 ata xullo 2018:

?En dic 2017 la paciente tenía Hb 12,8 g/dL, Calcio 9,9 mg/dL , Creatinina 0,93 mg/dL, FGR 63,84 mL/min. CM 1500 mg/dL y cadena

ligera lambda 88 mg/dL. Por tanto sin criterios CRAB ni incremento de CM relevante (

En abr 2018 la paciente tenía Hb 12,3 g/dL, Calcio 9,3 mg/dL, Creatinina 0,93 mg/dL, FGR 63,84 mL/min. CM 3,800 mg/dL y cadena ligera lambda 132 mg/dL. Se objetivaba incremento CM pero sin criterios CRAB.

En Jul 2018 la paciente tenía Hb 10.5 g/dL, Calcio 9,1 mg/dL, Creatinina 1,1 mg/dL, FGR 50,58 mL/min. CM 7,810 mg/dL y cadena ligera lambda 132 mg/dL y sin lesiones líticas. Se objetivaba incremento

CM importante con niveles menores de Hb y FGR. Aunque todavía no cumplían criterios estrictos CRAB se decide inicia tratamiento

el 24/07/18?. (Sic).

Na historia clínica consta un seguimento constante da paciente por parte do Servizo de Hematoloxía dende 2015, e o segundo informe remitido por ese servizo refire que a Sra. Z. entre setembro de 2017

e xuño de 2018 se atopaba fisicamente plena e sen clínica. Nese último mes foi vista por outro facultativo que, ante o maior

incremento da paraproteina (CM), indicou unha revisión nun prazo mais corto do habitual. Os resultados da analítica do mes

de xullo de 2018 -antes transcritos-, amosaron unha progresión da enfermidade, aínda que de momento non cumpría criterios

estritos CRAB. O informe insiste en que, dada a sucesión de feitos e vixilancia e control, antes desa data non existiu ningún

dato que fixese recomendable o comezo do tratamento.

O segundo reproche refírese a que non se practicou un segundo autotrasplante. Así, os reclamantes refiren que ao longo de 2018 a paciente presentou boa resposta ao tratamento pautado hasta completar o sexto

ciclo de VTD, e nesta situación e, ao contar con material celular suficiente, consideran que produciuse un novo retraso e

conseguinte perda de oportunidade por non practicar o dito autotransplante. Pois ben, sobre este aspecto, o informe do Servizo

de Hematoloxía (21.10.2020) refire a seguinte actitude terapéutica durante o período febreiro-maio de 2019:

?El 3/12/18 se administrara el sexti y último ciclo VTD

El 4/1/19 se constata progresión clínica y biológica por lo que se cambió al esquema lenalidomida-dexametasona, pensando en un eventual segundo trasplante.

El 18/02/2020 ingresó en el servicio de Traumatología por fractura petrocantérea de cadera izquierda siendo intervenida. Se había administrado el segundo ciclo el 11/02/19. El tercero se indico el 11/03/19.

En abril de 2019 se constató refractariedad al esquema anterior iniciándose el 16/04/2019 tratamiento con daratumumab-bortezomib y dexametasona. Recibiendo dos ciclos DVD.

En resumen la paciente recibió tres líneas de tratamiento desde la recaída tras el trasplante?. (Sic).

O informe refire que a paciente en data 24.4.2019 saíu da lista de transplante pola evolución do seu estado. Así, expresa que ?está contraindicada la realización del mismo con enfermedad en progresión: situación en la que la paciente se encontraba?.

Pola súa banda, o segundo informe de Hematoloxía (22.1.2021) salienta expresamente que a situación e evolución clínica da

paciente desbotaron esta opción de transplante:

?para el procedimiento de trasplante no ha de haber otras complicaciones médicas que dificulten, impidan o hagan que el procedimiento de quimioterapia a dosis altas y el rescate con progenitores hematopoyéticos

?el ?trasplante?- se haga con un mínimo de seguridad durante el ingreso en el período post-procedimiento, y que este alto

riesgo al que el paciente se somete pueda beneficiarle a largo plazo, en forma de mejoría de la calidad de vida, supervivencia

libre de progresión y supervivencia en general, todo lo cual, a la vista de la progresión y de las complicaciones subsiguientes

fue considerado como contraindicación absoluta en ese momento?.

O informe engade que, ante a nova progresión da enfermidade, iniciouse con data 25.4.2019 un tratamento con daratumumab-bortezomib e dexametasona, considerada como unha ?de las más potentes combinaciones disponibles con idea de controlar la enfermedad?. Deste xeito, queda desbotada a queixa sobre a falta do autotransplante, xa que estaba contraindicado coa situación clínica

que nese intre presentaba a Sra. Z.

Outra das queixas que formulan os fillos da paciente refírese á que consideran como unha falta de seguimento no estado da súa nai, en concreto trala realización dunha proba ecodoppler que se realizou en

maio de 2019. Así no escrito presentado no trámite de audiencia, sinalan que a doente presentaba dor intenso na perna esquerda

no mes de abril, e non foi ata a consulta no mes seguinte, en concreto, o día 13 de maio cando se lle realizou un ecodoppler,

que descartou trombose e que foi informado ?(?) en la raíz del muslo izquierdo-cadera izquierda se visualiza un importante engrosamiento tisular hipoecoico, probablemente

en relación con hematoma, aunque no puedo descartar componente de mieloma?. Os reclamantes insisten que ao tratarse dunha enferma con mieloma en progresión, deberíase terse realizado probas complementarias

que terían permitido confirmar a evolución da enfermidade hematolóxica permitindo a adopción de medidas con anterioridade.

Esta cuestión foi abordada no informe do Servizo de Hematoloxía, no seguinte sentido: ?dado el antecedente de cirugía previa, que por sí ya justificaría los hallazgos y no yendo a tomar ninguna medida terapéutica

diferente si fue mieloma, no procedía hacer ninguna otra intervención (biopsia), estando contraindicada la manipulación por

la alta probabilidad de infección de un hematoma?.

O informe sinala que a intervención cirúrxica de rotura de fémur practicada en febreiro de 2019 xustificaría os achados da proba medica na coxa esquerda, ao tempo que incide en que non estaba xustificada

a realización de proba como biopsia pola probabilidade de infección dun hematoma. Tamén realiza unha importante precisión

ao destacar que nese momento non se tomaría outra medida terapéutica distinta no caso de apreciarse a progresión da enfermidade,

polo que queda descartada a denuncia da parte reclamante sobre este aspecto.

Por último, os reclamantes denuncian a atención que se prestou á paciente no último ingreso hospitalario. Consideran que non foi derivada ao Servizo de Hematoloxía e que non se realizaron as probas pertinentes

e relacionadas coa súa enfermidade ata que a situación volveuse en irreversible.

De acordo coa historia clínica incorporada ao expediente, a Sra. Z. ingresou o día 23 de maio por fractura de diáfise femoral dereita no Servizo de Urxencias do CHUAC; logo de probas foi

remitida ao Servizo de Traumatoloxía onde foi intervida o día 29, e non tivo complicacións inmediatas. O día 31 presentou

importante deterioro neurolóxico e foi valorada de forma conxunta polos Servizos de Traumatoloxía e Hematoloxía. Nese intre

presentaba unha progresión da tumefacción en membro inferior esquerdo, polo que se completou estudo ecográfico con TAC que

confirmou a existencia dunha masa en probable relación coa súa enfermidade mielomatosa de base. Así mesmo, observouse en analítica

elevación de LDH, así como aumento de compoñente monoclonal, que apoiaron o diagnóstico de progresión da súa enfermidade.

No curso clínico consta expresamente que a familia ?era informada en todo momento da situación de gravidade da paciente, con datos de progresión de su enfermedad de forma agresiva

y explosiva, así como síndrome febril con probable foco respiratorio, y deterioro neurológico en contexto de lo comentado,

probablemente irreversible?. Decidiuse unha ampliación de cobertura antibiótica e vírica, ademais de corticoterapia a altas doses como tratamento de

choque a súa enfermidade tumoral (mieloma) en progresión. A pesar destas pautas, a Sra. Z. presentou unha rápida evolución

tórpida. O día 4 consensuouse coa familia e o seu médico hematólogo, a limitación do esforzo terapéutico. A paciente foi éxitus o día 5.6.2019.

Logo da lectura dos informes médicos e do curso clínico, apreciase que a atención prestada á Sra. Z. tralo ingreso hospitalario do día 23 de maio, foi correcta; se lle practicaron probas e exploracións

de forma continua por parte dos Servizos de Traumatoloxía, Hematoloxía e Neuroloxía, sen que a prestación adoecese de falta

de medios ou deficiente praxe, como refiren os reclamantes. Neste punto hai que incidir na gravidade da patoloxía que padecía

a doente, diagnosticada dun mieloma múltiple IgG Lambda IPI ISS III en 2015. Os informes médicos sinalan que o mieloma múltiple

continúa sendo unha enfermidade incurable e cunha taxa de supervivencia aos cinco anos dun 40% no caso do estadío III, que

era o caso da paciente. A partir de xullo de 2018 a enfermidade presentou unha evolución tórpida, constando expresamente que

a familia foi informada en todo momento da gravidade da situación, e da progresión da enfermidade nos últimos meses, cualificada

nos informes como ?agresiva y explosiva?.

Sexta.

Cómpre recordar que, como se ten sinalado en numerosos ditames, a lex artis constitúe un límite preciso da obxectiva responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria, teoría que se foi afinando

pola reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo (sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo; do 5.3.2002, rec. 3770/2001;

14.10.2002, rec. 5294/1998; e do 7.6.2011, rec. 1120/2007) e pola constante doutrina do Consejo de Estado (ditames 81/2002,

82/2002, 3.657/2002 e 3.623/2003).

Esta teoría parte de considerar que a obriga do médico ou dos servizos sanitarios é unha obriga de medios en tanto que non é posible asegurar a saúde en termos absolutos. O paciente ten dereito

a que se lle dispense unha atención adecuada segundo a lex artis ad hoc, e non a obter un resultado curativo determinado, toda vez que a medicina non é unha ciencia exacta.

Partindo destas consideracións, e trala valoración conxunta da historia clínica e dos informes médicos que figuran no expediente, este órgano consultivo non aprecia ningún elemento de reproche ao persoal

que atendeu á doente, xa que recibiu a atención sanitaria consonte ás regras da lex artis, non podendo establecer a relación causal que se pretende na reclamación.

Tampouco se aprecia sustento para aplicar a teoría da perda da oportunidade, que permite a imputación de responsabilidade patrimonial cando, a pesar de non concorrer vulneración da lex artis, xurde a dúbida razoable verbo da posibilidade de que, de terse levado a cabo unha actuación omitida, o resultado danoso

?neste caso o falecemento da paciente? ou ben non existiría, ou ben non tería a mesma intensidade ?por exemplo, se o tratamento

non aplicado puidese ter alongado a vida da doente? (por todas, STS do 3.12.2012, rec. 815/2012).

A razón que, a xuízo de este órgano consultivo, non permite aplicar no presente suposto esta vía de imputación de responsabilidade patrimonial é que a parte reclamante non logrou probar que existisen outras

alternativas terapéuticas reais e factibles para o tratamento da enfermidade da Sra. Z., tendo en conta o seu estado de saúde

en cada momento e a progresión da súa enfermidade. Os informes médicos que figuran no expediente explican, ante cada reproche

da parte reclamante, os criterios médico-científicos que impedían aplicar á paciente os tratamentos suxeridos na reclamación

e que, pola contra, indicaban como opción idónea a actitude terapéutica que foi adoptada.

A doutrina da perda de oportunidade basease na incerteza sobre o curso causal dos acontecementos a partir dun intre onde a actuación da Administración pública puido ser outra. É dicir, a oportunidade

perdida debe ser real, aínda que a incerteza abranga ás consecuencias derivadas dela (SSTS 3.12.2012, rec. 815/2012, do 24.4.2018,

rec. 447/2016 e do 14.5.2020, rec. 6365/2018, entre outras). En palabras do Tribunal Supremo, ?la doctrina de la pérdida de oportunidad exige que la posibilidad frustrada no sea simplemente una expectativa general, vaga,

meramente especulativa o excepcional ni puede entrar en consideración cuando es una ventaja simplemente hipotética? (STS do 25.5.2016, rec. 2396/2014).

Mais, neste caso, a parte reclamante non presentou probas nin indicios de que unha actuación alternativa fose posible e os informes preceptivos dos servicios sanitarios a desbotan de xeito absoluto e

exhaustivo.

Por conseguinte, atendendo a todo o actuado, e ante a ausencia de probas técnicas que contradigan o indicado nos informes achegados ao expediente, considérase que procede a desestimación da reclamación,

coincidindo este órgano consultivo co criterio exposto na proposta de resolución remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS