Dictamen de Consello Cons...to de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 295 de 23 de agosto de 2017

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 23/08/2017

Num. Resolución: 295


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don I., polos danos presuntamente derivados polo atraso diagnóstico na fractura aberta de falanxe na súa man

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Don I. presenta, en data do 08.09.2016, reclamación de responsabilidade patrimonial por danos que considera lle foron irrogados

como consecuencia da atención sanitaria que lle foi prestada polo Sergas logo de que, con data do 13.03.2014, acudise ao Centro

de Atención Primaria de Cambre para ser atendido dunha lesión accidental no segundo dedo da súa man esquerda.

Na tese do reclamante, existe un nexo de causalidade entre o tratamento dispensado e as secuelas que padece, as cales considera derivadas dun grave atraso diagnóstico, ao terse omitido nun primeiro

momento as probas radiolóxicas pertinentes, pois estas só se practicaron nove días despois do accidente, unha vez que o paciente

foi derivado ao Servizo de Urxencias do CHUAC. Apreciouse entón, na Rx practicada, a fractura con desprazamento de fragmentos

na falanxe distal do 2º dedo, que debeu ser tratada no Servizo de Cirurxía Plástica, onde foi sometido a artrodese o 18.06.2015.

Igualmente entende que esta demora, así como a tamén observada na administración da vacina antitetánica, determinaron unha maior extensión do período de recuperación.

Co texto da reclamación achégase informe de valoración que subscribe o facultativo don O., no que se describen as lesións producidas no accidente, o tempo investido na súa estabilización,

as secuelas e a súa valoración.

2.- A cantidade reclamada como indemnización reparatoria é fixada polo reclamante, con invocación do informe pericial referido,

na suma de 57.080,00 ?.

3.- Instruído o procedemento e logo de auditado o interesado, formulouse polo órgano instrutor proposta de resolución en sentido

desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 31.07.2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (no sucesivo, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (disposicións aplicables

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade extracontractual das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e a xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar, por non mediar causa ningunha que os xustifique.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no eido sanitario o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de

responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan que a asistencia sanitaria é

unha prestación de medios e non de resultado, que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada lex artis ad hoc, e que os pacientes teñen dereito a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade do

consentimento que aqueles deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións

precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

Como vai dito, o reclamante fundamenta a súa pretensión resarcitoria alegando que existe un nexo de causalidade entre o atraso diagnóstico e as secuelas que padece. Mais debe repararse en que esa afirmación

se leva a cabo sen sustento certo en elementos probatorios de carácter médico-científico que permitan dotala de verosimilitude,

pois o informe pericial achegado co escrito de reclamación exclúe expresamente do seu obxecto calquera pronunciamento relativo

a ?? si la asistencia se ajusta a la lex artis ad hoc o la existencia o no existencia de una posible mala praxis de la actuación

médica en el caso que nos ocupa?, limitándose a afirmar a existencia dun nexo de causalidade certo entre o accidente sufrido polo lesionado e as secuelas

que nel se describen.

Faise necesario, por tanto, abordar a análise das aludidas imputacións mediante o seu contraste cos datos que achega a historia clínica, así como cos informes

que se xuntan ao procedemento no curso da súa instrución.

A historia clínica pon de manifesto que o reclamante acode ao PAC de Cambre o 10.03.2014, logo de sufrir un traumatismo accidental no segundo dedo da man esquerda. Tras unha primeira valoración, realízase

cura local e indícaselle nova cura ao día seguinte no seu centro de saúde.

Durante os días 11, 13, 15, 17 e 19 de marzo realízanselle curas e novas valoracións da evolución clínica do traumatismo no seu centro de saúde.

O 19 de marzo é derivado polo seu médico do centro de saúde ao Servizo de Urxencias do CHUAC para valoración por sospeita de fractura. Realízaselle estudo radiográfico onde se confirma a existencia

dunha fractura na falanxe distal do segundo dedo; solicítase valoración polo Servizo de Cirurxía Plástica o cal procede á

redución da fractura e osteosíntese cunha agulla de Kirschner colocando inmobilización. É dado de alta ese mesmo día con seguimento polo seu médico de atención primaria.

Realízanse curas e control no centro de saúde o 21 e o 23 de marzo, observándose este último día unha deterioración clínica con signos de infección e inflamación polo que se deriva novamente ao Servizo

de Urxencias para valoración por Cirurxía Plástica, iniciándose tratamento antibiótico endovenoso e retirándose a agulla de

Kirschner. O 24 de marzo é de novo valorado no seu centro de saúde onde se decide administrar ao paciente un recordo da vacina do tétanos.

O 25 de marzo acode a consulta de control de Cirurxía Plástica e dado que persistía a mala evolución decídese ingreso hospitalario para tratamento endovenoso. Permaneceu ingresado ata o 16.04.2014

presentando boa evolución polo que se decidiu alta a domicilio.

En seguimento polo Servizo de Cirurxía Plástica en consultas externas, solicitouse valoración por Rehabilitación sendo alta o 05.11.2015.

O 27.08.2014, ante a limitación da mobilidade exponse en consultas externas a posibilidade de artrodese da articulación interfalánxica en posición funcional que, logo da súa aceptación polo interesado,

se realiza o 18.06.2015, con evolución satisfactoria, sendo dado de alta o mesmo día. Na consulta de revisión do 19.08.2015

presentaba signos de consolidación e boa actitude do dedo. Finalmente, o 10.09.2015 foi reintervido para retirada do material

de osteosíntese.

No tocante á valoración sobre a adecuación á lex artis do proceso asistencial descrito, adquire especial relevancia o informe emitido, con data 25.11.2016 polo doutor V., xefe

do Servizo de Cirurxía Plástica do CHUAC, no que, dando resposta ás preguntas formuladas pola instrución, o facultativo sinala:

?1- Dada la exploración física que presentaba el paciente el 10.03.2014, según se recoge en el informe: ?herida incisocontusa

en lecho ungueal con desprendimiento de uña parcial y sangrado venosos activo (no subsidiario de sutura). Movilidad activa

sin cambios (limitada previamente por lesión antigua). NVD positivo?. ¿Considera que el tratamiento realizado en ese momento

fue correcto?, ¿Hubiera estado indicada la realización de pruebas complementarias?

La respuesta a la primera pregunta es que el tratamiento inicial no fue correcto y que era conveniente la realización de un estudio radiográfico.

2- ¿Cuál cree que fue la causa del proceso infeccioso? El retraso en el diagnóstico de la fractura desplazada en falange distal del segundo dedo ¿pudo desencadenar este proceso infeccioso? ¿Pudo potenciar

la aparición de este proceso la existencia de patología previa que tenía el paciente en este mismo dedo? El hecho de haber

presentado dicho proceso infeccioso ¿Cree que condicionó su evolución clínica y limitaciones funcionales de ese dedo?

La respuesta a la segunda pregunta es:

A) que es imposible conocer con exactitud cuál es la causa del proceso infeccioso, pero lo más probable es que la causa fuese la contaminación producida en el momento del traumatismo [?] o con posterioridad, en cualquier momento de la evolución, al tratarse de una fractura abierta.

B) el retraso diagnostico no pudo desencadenar la infección aunque si favorecerla; pudo favorecer también la infección el que la herida no fuese suturada si lo precisaba, lo que no soy capaz

de concluir al no disponer de imágenes de la situación del dedo tras el aplastamiento.

C) desconozco la patología previa del dedo del paciente aunque sólo consta limitación en la movilización. Si es así no debería haber influido en nada. Sin embargo he de hacer un comentario; en la ecografía

se demuestra un tendón de pequeño tamaño y atrófico, lo que podría deberse a la falta de movilización o la existencia de un

dedo también ?atrófico? en otras estructuras en ese caso sí existiría influencia en el desarrollo de los hechos.

3- ¿Se informó al paciente de los riesgos del procedimiento realizado el 19/03/2014 (osteosíntesis con una aguja de Kirschner)?

En cuanto a la respuesta de la tercera pregunta en verdad lo desconozco dado que no disponemos de un modelo de consentimiento

por escrito dada la escasa relevancia del acto de colocar una aguja de Kirschner como la que habitualmente empleamos en la

cirugía digital. Por tanto si hubo información sería oral.

Debo añadir que no veo qué relación tiene la colocación de la aguja de Kirschner con las complicaciones del paciente, ya que su uso no está contraindicado ni en el caso de infección; aunque parece

razonable que si la uña está estable actúa como férula y puede retirase la aguja en caso necesario o para mayor seguridad.

4- ¿Hubiera mejorado la evolución y posterior funcionalidad de ese dedo el hecho de haberse diagnosticado previamente la fractura de falange distal?

En cuanto a la cuarta pregunta: no puedo en ningún caso hacer pronósticos de futuro seguros que es lo que creo que se me reclama,

pero puedo suponer, eso sí, que el retraso terapéutico disminuye las probabilidades de mejor resultado.

5- ¿Considera usted que la asistencia prestada por su servicio a este paciente ha sido la correcta?

En lo que ese refiere a la última pregunta: el tratamiento por parte del Servicio de cirugía plástica y reparadora fue correcto?.

Nun segundo informe, emitido polo mesmo facultativo o 04.01.2017, en relación co informe pericial de valoración das secuelas que presenta o reclamante, logo de revisar a este en consultas externas, precísase:

?PUNTO 1. En el punto de secuelas el informe de don O. y que se dice anexar como documento 5 considera como secuelas:

A) anquilosis del 2º dedo: sí, el dedo se encuentra anquilosado.

B) La falange distal no está amputada; volviendo al sistema de puntos al menos ese día los 7 puntos de dicha amputación no deberían ser sumados.

C) atendiendo a la movilidad metacarpofalángica me es imposible conocer la previa pero aprecio que tiene una limitación alcanzando 45º de flexión cuando lo normal es 90°.

Regresando de nuevo al sistema de puntos no sé si una limitación como esa modifica los puntos otorgados por el sistema de puntuación.

D) El perjuicio estético es menor ya que el estado global del dedo es mejor y por tanto también menor el número de puntos correspondiente. Asímismo la anquilosis que perjudica estéticamente es la interfalángica

proximal, fundamentalmente, lesión que presentaba el paciente con anterioridad?.

Quinta.-

En suma, do actuado dedúcese que na primeira exploración que se lle realizou ao reclamante, no PAC de Cambre, o mesmo día do traumatismo, a impresión diagnóstica foi a de ferida inciso contusa na man esquerda,

sen sospeita de fractura; unha posibilidade que só se considerou nove días máis tarde, e que determinou a derivación do paciente

a Urxencias do CHUAC.

O informe do doutor V. afirma que esa inicial actuación non foi correcta, posto que nese momento tería procedido a realización dun estudo radiográfico,

admitíndose igualmente que a demora no diagnóstico da fractura, derivada desa omisión diminuíu as posibilidades dun mellor

resultado.

Atopámonos, así, ante a perda de oportunidade dun adecuado tratamento máis temperán, o que constitúe, así, un dano susceptible de ser indemnizado. Certamente, ese dano non pode corresponderse co completo

resultado lesivo derivado dese traumatismo, senón, máis limitadamente, coa incerteza en torno á súa evolución. Isto é, trátase

da perda dunha alternativa de tratamento que podería ter significado unha mellor evolución da lesión, o que, tal como teñen

admitido diversos pronunciamentos dos tribunais (entre outras, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 23.01.2008),

asemella a figura da perda de oportunidade ao dano moral indemnizable.

Para os efectos da súa valoración, deben considerarse, neste caso, a presenza doutras causas concorrentes na orixe das secuelas que hoxe presenta o paciente, como son a patoloxía preexistente no mesmo

dedo, ou o proceso infeccioso sobrevido no curso do tratamento, do que se descoñece a causa, mais sen que conste que fose

atribuíble á actuación do servizo público. Do mesmo xeito, e polo que se refire á extensión do período de curación, esta viría

xustificada, tanto na propia natureza da lesión, como polo proceso insidioso referido.

A proposta de resolución, considerando estas circunstancias, propón o recoñecemento duna indemnización a favor do reclamante por importe de tres mil euros (3.000,00 ?), criterio que, con igual fundamento,

este Consello Consultivo comparte.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información