Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 289 de 27 de octubre de 2021

Tiempo de lectura: 99 min

Tiempo de lectura: 99 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/10/2021

Num. Resolución: 289


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G. e G., actuando este último en nome e representación da entidade mercantil P., S.L., polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da resolución da alcaldía do Concello de Sarria de suspensión da actividade desenvolvida pola dita entidade.

Organismo: Concello de Sarria (Lugo)

Letrado: Salgueiro Moreira

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 13.11.2020 G. e G., actuando este último en nome e representación da entidade mercantil P., S.L., presentaron unha reclamación

de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da medida de suspensión da actividade desenvolvida pola precitada entidade

na instalación situada na rúa Ínsuas, núm. X, no Concello de Sarria.

En concreto, a reclamación alicérzase en que a antedita medida (adoptada por Decreto da Alcaldía do 28.12.2015 con ocasión do inicio de expediente de reposición da legalidade urbanística, e confirmada

pola resolución desestimatoria do recurso de reposición formulado contra aquel decreto, do 29.2.2016) causou aos reclamantes

danos antixurídicos, que non teñen o deber de soportar, ao tratarse dunha medida que foi anulada xudicialmente por sentenza

do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Lugo, do 14.3.2018 (sentenza confirmada en apelación pola sentenza do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, en diante, STSXG, do 15.11.2019).

Engádese na reclamación que a responsabilidade do Concello deriva tamén da falta de continuación da tramitación do expediente de reposición da legalidade urbanística incoado, manténdose así os efectos

da medida de suspensión da actividade até que recaeu a STSXG do 15.11.2019 citada.

Reclaman unha indemnización por importe total de 142.821,52 ? polos conceptos de dano emerxente, lucro cesante e danos morais. Con ocasión das alegacións formuladas en trámite de audiencia incrementouse

aquela cantidade en 1.618,39 ?.

2.- Instruído o procedemento, e logo do trámite de audiencia á parte reclamante, ditouse a proposta de resolución en sentido estimatorio

parcial da reclamación (16.7.2021).

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Sarria, tendo entrada neste organismo con data 15.9.2021.

4.- Na sesión da Sección de Ditames que tivo lugar con data 6.10.2021 acordouse, de conformidade co previsto no artigo 39.1 do

Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño,

ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo de quince días.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante un Concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita así un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC), nos seus aspectos procedementais; e, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP), nos seus aspectos substantivos.

Tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe tamén traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (en diante,

LBRL), a teor do cal: ?As entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?.

En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

No presente caso, no que atinxe aos aspectos procedementais, ha de sinalarse que o Concello, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización

dos actos de instrución necesarios, da concesión do trámite de audiencia á parte reclamante e da formulación da correspondente

proposta de resolución. Sen prexuízo do anterior procede efectuar dúas consideracións en relación coa tramitación seguida.

Por unha banda, debe terse en conta que a reclamación que nos ocupa foi interposta, non só por G., en representación da entidade P., S.L., senón tamén por G., no seu propio nome. Son dous, polo

tanto, os reclamantes. No entanto, na proposta de resolución configúrase como reclamante só á entidade P., S.L. Se ben esta

circunstancia non impide neste caso un pronunciamento sobre a cerna do asunto, na resolución que finalmente se dite debe evitarse

este erro.

Por outra banda, logo do trámite de audiencia aos dous reclamantes, foi incorporada ao expediente a documentación solicitada por eles no seu escrito inicial, consistente no expediente administrativo

que dera lugar ao Decreto da Alcaldía do 28.12.2015 e a toda a tramitación seguida con posterioridade até a STSXG do 15.11.2019.

Despois desa incorporación, non se deu traslado á parte reclamante con concesión dun novo trámite de audiencia como debería

terse feito. Non obstante, esta omisión non determina, no presente caso, a devolución do expediente, pois a falta de traslado

da documentación incorporada non xerou indefensión ao ser tal documentación coñecida pola parte reclamante ao ser parte personada

nos respectivos procedementos administrativos e xudiciais.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 139.1 da derrogada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicos e

do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC); e, en sentido similar, o artigo 32.1 da vixente LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 141.1 da derrogada LRXPAC e, en sentido similar, artigos 32.1 e 34.1 da vixente

LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 141.1 da derrogada LRXPAC; e,

en sentido similar, o artigo 34.1 da vixente LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Xunto a estas consideracións xerais, ao atoparnos neste caso diante dunha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados dunha actuación administrativa xudicialmente anulada, procede

traer a colación a doutrina específica existente na materia.

Neste sentido, cómpre partir da previsión, contida actualmente no artigo 32.1 da LRXSP (e similar á que se recollía no artigo 142.4 da derrogada LRXPAC), conforme a cal: ?A anulación en vía administrativa ou pola orde xurisdicional contencioso-administrativa dos actos ou disposicións administrativas

non presupón, por si mesma, dereito á indemnización?.

A respecto desta previsión, e reiterando o xa exposto por este órgano consultivo en ditames precedentes (por todos, vide CCG 567/2014, CCG 72/2018, CCG 480/2018 ou CCG 190/2021, e os ditames que neles se citan), pode sosterse que aquela debe

interpretarse no sentido de que a ilegalidade dun acto administrativo e a responsabilidade patrimonial non están necesariamente

unidas, polo que, en definitiva, non pode afirmarse que a anulación exclúa a responsabilidade nin tampouco que toda ilegalidade

leve de seu responsabilidade. A cuestión ten que situarse no marco do instituto da responsabilidade obxectiva de sorte que

o alicerce da obriga de indemnizar radica no dato obxectivo da ilegalidade do prexuízo e non tanto no aspecto subxectivo da

actuación antixurídica da Administración, de modo que as razóns xurídicas que conducen á anulación dun acto non son inexorablemente

causa da antixuridicidade do dano.

Na mesma liña, a xurisprudencia en materia de responsabilidade patrimonial da Administración derivada da anulación dun acto pode condensarse nos seguintes parámetros, como lembra, entre outras, a sentenza

do Tribunal Supremo do 14.11.2016, rec. 3791/2015:

a) A anulación non presupón o dereito a indemnización, o que implica tanto como dicir que haberá lugar a aquela só cando concorran

os requisitos esixidos con carácter xeral.

b) O requisito esencial, e determinante para que poida apreciarse a responsabilidade patrimonial nestes casos, é a antixuridicidade

do prexuízo.

c) O exame da antixuricidade nestes casos non debe facerse desde a perspectiva do xuízo de legalidade do acto anulado, cuxa

antixuridicidade resulta patente ao ter sido así declarada en vía administrativa ou xudicial.

d) Para determinar se un suxeito está obrigado xuridicamente a soportar o dano causado polo funcionamento dun servizo público,

un dos elementos a tomar en consideración é a natureza mesma da actividade administrativa, pois non é igual se se trata do

exercicio de potestades discrecionais, nas que a Administración pode optar entre diversas alternativas, indiferentes xuridicamente,

sen máis límite que a arbitrariedade que proscribe o artigo 9.3 da Constitución española, que se actúa no exercicio de poderes

regrados, nos que non dispón de marxe de apreciación, limitándose a executar os ditados do lexislador. E, neste segundo grupo,

haberá que discernir entre aquelas actuacións nas que a predefinición esgotadora acada todos os elementos da proposición normativa;

e, as que, acudindo á técnica dos conceptos xurídicos indeterminados, impelen á Administración a acadar no caso concreto a

única solución xusta posible mediante a valoración das circunstancias concorrentes.

Así, como sinala a sentenza do Tribunal Supremo do 4.5.2017, rec. 3333/2015:

?[...] Sí existirá esa antijuridicidad del daño cuando la Administración, al ejercitar potestades administrativas discrecionales,

se aparta de toda lógica en la apreciación de tales circunstancias y procede a la aplicación de la norma de manera irrazonada

e irrazonable, o incluso que aplicando potestades regladas se aparta de las exigencias de la norma cuando, por ejemplo, haya

de apreciar conceptos jurídicos indeterminados, que son apreciados y valorados en igual grado de ausencia de lógica. En suma,

como se ha venido acuñando por la jurisprudencia, que la decisión administrativa luego anulada no sea razonable ni esté razonada

(en este sentido, por todas, sentencia de 9 de diciembre de 2015, recurso de casación 1661/2014, con abundante cita) [...]?.

Polo contra, ?si la solución adoptada se produce dentro de los márgenes de lo razonable y de forma razonada, el administrado queda compelido

a soportar las consecuencias perjudiciales que para su patrimonio jurídico derivan de la actuación administrativa, desapareciendo

así la antijuridicidad de la lesión?. (sentenza do Tribunal Supremo do 14.11.2016, rec. 3791/2015, e as sentenzas citadas nela).

E tamén resulta posible que, ante actos ditados en virtude de facultades absolutamente regradas, proceda o sacrificio individual, non obstante a súa anulación posterior, porque se exerciten dentro

das marxes de razoabilidade que cabe esperar dunha administración pública chamada a satisfacer os intereses xerais e que,

xa que logo, non pode quedar paralizada ante o temor de que, revisadas e anuladas as súas decisións, teña que compensar á

persoa afectada con cargo aos orzamentos públicos, en todo caso e con abstracción das circunstancias concorrentes (por todas,

sentenzas do Tribunal Supremo do 2.2.2012, rec. 462/11, e do 17.2.2015, rec. 2335/2012).

En definitiva, para apreciar se o detrimento patrimonial que supón para un administrado o funcionamento dun determinado servizo público resulta antixurídico ha de analizarse a índole da actividade

administrativa e se responde aos parámetros de razoabilidade esixibles. Isto é, se, malia á súa anulación, a decisión administrativa

leva aparellada unha interpretación razoable das normas que aplica, enderezada a satisfacer os fins para os que se ten atribuído

a potestade que se exercita. Non caben, pois, declaracións xenéricas ao respecto, debendo examinarse polo miúdo as circunstancias

que concorran en cada caso concreto.

Cuarta.

Tras estas consideracións xerais, e con carácter previo á análise de fondo, é necesario verificar o requisito relativo á vixencia do dereito a reclamar. Trátase esta dunha cuestión que precisa ser analizada

como paso previo a calquera eventual pronunciamento sobre o fondo, pois, de apreciarse a súa existencia, non será necesario

abordar a cerna do asunto (así, entre outros, ditames CCG 235/2018, CCG 346/2018 ou CCG 4/2019).

Pois ben, ao atoparnos diante dunha reclamación de responsabilidade patrimonial fundamentada na anulación xudicial dunha actuación administrativa, ha de partirse de que, conforme o artigo 67.1 da LPAC,

?o dereito a reclamar prescribirá ao ano de terse notificado [?] a sentenza definitiva?.

A respecto do comezo do cómputo do prazo para reclamar nestes supostos, unha xurisprudencia reiterada atende á firmeza da sentenza de anulación, o que conduce a desbotar no presente caso a existencia

de prescrición do dereito a reclamar, toda vez que, como resulta dos antecedentes deste ditame, contra a sentenza de instancia

formulouse un recurso de apelación que foi resolto por STSXG do 15.11.2019, e a reclamación que nos ocupa foi presentada o

13.11.2020, antes, polo tanto, do transcurso do prazo de un ano.

Quinta.

Entrando xa na análise dos aspectos de fondo suscitados no presente expediente, estamos diante dunha reclamación baseada nos danos derivados da medida de suspensión de actividade acordada por Decreto da

Alcaldía do 28.12.2015, de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, e confirmada pola resolución desestimatoria

do recurso de reposición do 29.2.2016, ao tratarse dunha medida ilegal que foi anulada xudicialmente.

Tal e coma se adiantou antes, a mera anulación dun acto non leva de seu necesariamente á existencia dun dano que deba ser indemnizado, senón que é preciso que exista un dano efectivo, individualizado

e avaliable economicamente, que se enlace causalmente coa actuación administrativa e que sexa antixurídico, no sentido de

que o suxeito non teña o deber de soportalo.

Pois ben, comezando polo requisito da antixuridicidade (pois, como se indicou antes, constitúe un requisito de especial relevancia nos supostos de responsabilidade patrimonial derivada da anulación de

actos), conforme á doutrina xurisprudencial exposta na consideración terceira deste ditame procede verificar se neste suposto

a actuación administrativa mantívose dentro dos parámetros de razoabilidade esixibles, para o cal ha de partirse dos pronunciamentos,

tanto da sentenza de instancia como da posterior sentenza de apelación, que serviron de alicerce á anulación. Ao respecto,

resultan ilustrativos os seguintes parágrafos da STSXG do 15.11.2019:

?[...] En este contexto, en el que hay una actividad que se desarrolla con licencia desde el año 1975 en un local, con una licencia

de obra que autoriza la anexión de un almacén y un expediente de ampliación de actividad no culminado, sin que se pruebe que

ese proyecto de ampliación se haya verificado en la realidad, cobra toda su virtualidad el reproche que la realiza la sentencia

a la actividad municipal, en cuanto que "ninguna inspección se ha llevado a cabo, ya sea por los servicios técnicos del Concello

o por la propia Policía Local que solo acudió al establecimiento por motivos de quejas relativas a "ruidos"; resultando más

que evidente que no se ha llevado a cabo una mínima actividad probatoria para tratar de averiguar qué tipo de actividad se

estaba desarrollando, en qué zona, en qué condiciones y no existiendo informes técnicos sobre tales circunstancias no es dable

adoptar una decisión administrativa de tal calibre basándose única y exclusivamente en las denuncias formuladas por un vecino,

carente de toda comprobación municipal.

Asiste la razón al Concello apelante cuando afirma que cuando se desarrolla una actividad sin licencia y así se comprueba, la orden de suspensión es preceptiva. Pero olvida que en este caso se suspende

una actividad en la Rúa Ínsuas, X que cuenta con licencia, al menos para desarrollarse en esa ubicación en el emplazamiento

originario, y a pesar de la constancia de expedientes municipales de licencias de obras de ampliación del local originario,

no se ha efectuado ninguna visita de comprobación por ningún técnico municipal al interior del local que permita esclarecer

si la actividad se desarrolla o no excediéndose de las condiciones de la licencia del año 1975, ni tampoco hay ninguna prueba

de que tal actividad se haya extendido al local denominado en el informe pericial de la parte demandante como "local de paso"

y que era el objeto del expediente de ampliación de actividad.

En definitiva, no puede suspenderse la actividad del local sito en Rúa Ínsuas -que sí cuenta con licencia- por una ampliación solicitada para otro local, en continuidad con el mismo, y al que se accede

por la Rúa Celeiro, y en el que no hay ningún indicio de desarrollo de la actividad de ebanistería a la que se refiere la

orden de suspensión. Lo que carece de título habilitante no es la actividad de la Rúa Ínsuas, sino la ampliación en el local

al que se accede por la Rúa Celeiro, y la orden de suspensión no se refiere específicamente a este, ni tampoco hay ninguna

comprobación municipal de que en ese local se desarrolle actividad alguna, aportándose por la demandante un informe conducente

a acreditar que en ese concreto espacio -que sería el único sin título habilitante para el desarrollo de la actividad de ebanistería-

no se desarrolla ninguna actividad.

Por ello, debemos aceptar la motivación de la sentencia recurrida cuando concluye lo siguiente:

?No puede, por tanto, el Concello acordar, sin más, de una forma tan genérica como irrespetuosa con el ordenamiento jurídico el cese de una actividad que cuenta con licencia por el mero hecho de la presentación

de unas denuncias de un vecino aquejado por ruidos y emisiones de partículas sin hacer un mínimo esfuerzo probatorio a fin

de conocer las circunstancias concretas y exactas de la referida actividad. Y es que ni tan siquiera en la resolución del

recurso de reposición la Administración se ha detenido a explicarle al recurrente las razones de su decisión; decisiones administrativas

que ciertamente no se pueden tolerar pues dejan al ciudadano en una total indefensión.

De esta forma, el Concello no actuó correctamente pues una vez que tuvo noticia a medio de las denuncias presentadas de que se estaba desarrollando una actividad en un local, y constándole que el titular

sí contaba con una licencia de actividad y otra de taller, tendría que haber realizado una serie de actuaciones administrativas

antes de dictar la medida cautelar de cese?.

Resulta significativo que, como señala la sentencia, ?el único informe técnico con el que se cuenta es el de la Arquitecta municipal que hace una relación de los expedientes administrativos

que se tramitaron en su día. Es más, tal y como ha declarado la Arquitecta en el acto de juicio, acudió al lugar pero no entró

en las instalaciones y ?sería necesario comprobarlas para verificar si se ajustan o no a las licencias?.

Aunque la suspensión cautelar de la actividad, que se puede y debe acordar en el acto de incoación de expedientes de reposición de la legalidad urbanística respecto a actividades desarrolladas sin el

preceptivo título habilitante, no requiere la prueba plena que sí debe amparar la resolución final del expediente, sí por

lo menos hubiera sido preciso en este caso una mínima actividad de comprobación de quién desarrollaba la actividad, en qué

local o parte del mismo y en qué condiciones, para poder concluir por lo menos que existía un desajuste respecto a las condiciones

de la licencia otorgada en el año 1975 a la actividad de ebanistería en la Rúa Ínsuas, X, que es la que se suspende cautelarmente.

El mero hecho de que exista físicamente un local anexo, contiguo y comunicado con el anterior, al que además se accede por otra calle, construido al amparo de una licencia de obra, y respecto al que no

hay título habilitante para desarrollar la actividad de ebanistería, no puede bastar para dictar una orden de suspensión de

actividad que se extienda a la integridad del inmueble, afectando a los espacios que sí contaban con licencia para el desarrollo

de la actividad de ebanistería, máxime cuando la Administración municipal no cuenta con ningún dato cierto sobre las condiciones

en que se desarrolla esa actividad, al no haber ni siquiera entrado en el local ningún técnico ni agente a verificar su desarrollo,

ni haber dejado constancia en un informe sobre las partes, aspectos y condiciones que, en su caso, se excedieran sobre lo

licenciado.

Por ello, debemos ratificar la sentencia recurrida cuando en la valoración de la prueba advierte que:

?No consta acreditado, ni siquiera mínimamente, que el Sr. M. desempeñaba en la zona denominada ?C? en el dictamen pericial presentado, actividad de taller. Y aunque la resolución impugnada ni tan siquiera

describe dicha actividad parece que se remite al contenido de las denuncias formuladas por D. D., es decir, a unos hechos

descritos por un ciudadano en unos escritos carentes de comprobación municipal alguna pues no existió ni tan siquiera una

sola actuación administrativa en donde se identificara a persona alguna trabajando en esa zona del local? [...]?.

E conclúe a sentenza de forma contundente que procede a desestimación do recurso de apelación ?por falta de una mínima actividad de comprobación de las condiciones de desarrollo de la actividad en el interior del local

y una mínima motivación de los desajustes respecto al título habilitante que sí consta otorgado?.

Á vista, polo tanto, dos vicios determinantes da anulación da actuación administrativa, cabe concluír na existencia dun deficiente funcionamento da administración local determinante da concorrencia,

no presente caso, do requisito da antixuridicidade, tal e coma entende tamén a proposta de resolución. Nótese, por maior abastanza,

como a concorrencia do requisito da antixuridicidade deste esta perspectiva fai innecesario abordar o outro fundamento da

responsabilidade da Administración ao que se alude na reclamación, relativo á dilación municipal na tramitación do expediente

de reposición da legalidade urbanística.

Sentado o anterior, procede analizar, deseguido, se os concretos danos reclamados reúnen, amais do requisito da antixuridicidade, os restantes requisitos esixibles para que poida falarse de lesión

resarcible (no sentido de tratarse de danos efectivos, individualizables e avaliables economicamente) e se concorre entre

todos eles e a actuación administrativa anulada o necesario nexo causal.

Sexta.

Coma se desprende dos antecedentes deste ditame, os reclamantes solicitan unha indemnización por importe total de 144.439,91 ?, desagregada nos seguintes conceptos:

- Por dano emerxente, concretado nos gastos de traslado da actividade a outro local e de acondicionamento deste, reclámase a

cantidade de 44.662,77 ?, achegando para os efectos facturas (por importe total de 17.635,11 ?) e documentación acreditativa

do alugamento dun novo local (por importe de 27.027,66 ?).

- Por lucro cesante reclámanse 58.158,75 ? (37.813,07 ? correspondentes ao exercicio 2016, e 10.172,84 ? por cada un dos exercicios

2018 e 2019).

- En concepto de dano moral reclámase a contía a tanto alzado de 40.000,00 ?

- E, aos conceptos anteriores ?recollidos no escrito inicial de reclamación? engádese, con ocasión das alegacións formuladas

en trámite de audiencia, a cantidade de 1.618,39 ? pola taxa derivada da apertura de establecemento no novo local.

Pola súa banda, na proposta de resolución recoñécese unha indemnización pola contía recollida no informe pericial emitido no curso da instrución do procedemento e que ascende a 45.125,74 ?, coa seguinte

desagregación:

- Por dano emerxente derivado dos gastos de traslado da actividade a outro local e de acondicionamento deste, recoñécese a cantidade

de 32.553,31 ?, e

- Por lucro cesante fíxase a cantidade de 12.572,43 ?.

Pois ben, ha de partirse de que a aplicación do principio de reparación integral implica que esta comprende, dentro do eido da responsabilidade patrimonial da administración, os danos non só alegados

senón tamén probados pola persoa ou persoas prexudicadas. En efecto, como recorda, entre outras, a STS do 20.6.2000, rec.

1706/1996:

?[...] si bien venimos proclamando con reiteración que la responsabilidad patrimonial debe determinar la reparación integral de los

totales perjuicios resultantes de la lesión causada por el funcionamiento de los servicios públicos, [...] al propio tiempo exigimos en todo caso la efectividad del daño o perjuicio producido, esto es, su realidad material, con

prescindencia de las meras conjeturas o especulaciones [...]?.

Partindo do anterior, e comezando polos danos reclamados en concepto de dano emerxente, estímase que procede recoñecer por tal concepto o importe reclamado correspondente aos gastos derivados do traslado

da actividade a outro local e polo acondicionamento deste, ao resultar acreditado o antedito importe a través das correspondentes

facturas e da documentación xustificativa do alugamento achegadas pola parte reclamante, e estar tales gastos enlazados causalmente

coa actuación administrativa xudicialmente anulada, cunha única excepción. Así, a respecto da cantidade de 1.200,00 ? correspondente

á factura en concepto de ?Honorarios por la realización de informe pericial sobre el cumplimiento de las condiciones urbanísticas y de las licencias

municipales existentes en el local bajo nº X de la rúa das Insuas, concello de Sarria?, mostramos a nosa conformidade co Concello a respecto de que non estamos diante dun gasto imputable á actuación administrativa

anulada, senón ante un gasto vinculado ao recurso contencioso-administrativo seguido por G. contra a medida de suspensión

da actividade (en concreto, derivado da proba pericial achegada no seo no devandito recurso) polo que se trata dun gasto que

debeu comprenderse, no seu caso, no pronunciamento sobre a imposición de custas, sen que proceda obter o seu resarcimento

pola vía da responsabilidade patrimonial da Administración (neste sentido, por exemplo, STSXG do 11.9.2008, rec. 4211/2006;

SSTS do 18.7.2011, rec. 292/2007, e do 6.5.2016, rec. 199/2014, e as que nelas se citan, así como os ditames CCG 480/2018,

CCG 252/2019 ou CCG 190/2021).

Si cabe incluír o resto das cantidades reclamadas en concepto de dano emerxente, sen que caiba excluír delas, como propón o Concello, o gasto relativo a equipamentos de extinción de incendios

ou unha parte dos gastos de alugamento do novo local, pois estímase que aquel gasto forma parte dos necesarios para o acondicionamento

do novo local e, a respecto dos gastos de alugamento, enténdese que todos os gastos reclamados por este concepto atópanse

vinculados á necesidade de dispor doutro local para o desenvolvemento da actividade.

En consecuencia, procede recoñecer, en concepto de dano emerxente, a cantidade de 43.462,77 ?.

Á anterior cantidade cabería engadir, tamén polo concepto de dano emerxente ao tratarse dun gasto derivado da necesidade de dispoñer doutro local para o exercicio da actividade, a cantidade de 1.618,39

?, correspondente ao importe da taxa xirada pola apertura do establecemento no novo local, sempre que tal importe fose efectivamente

aboado pola parte reclamante (circunstancia que, se ben non está acreditada no expediente, ao tratarse dun ingreso municipal,

ha de constar ao Concello).

No que atinxe, en segundo lugar, ao lucro cesante, é doutrina xurisprudencial que o lucro cesante ten unha significación económica, pois trata de obter a reparación da perda de ganancias deixadas de percibir,

se ben, ao igual que o dano emerxente, o lucro cesante debe ser probado, esixindo a xurisprudencia que ?la prueba de las ganancias dejadas de obtener ha de ser rigurosa, sin que puedan admitirse las hipotéticas, dudosas o contingentes,

excluyendo de indemnización los supuestos de ganancias meramente posibles, pero de resultados inseguros? (por todas, STS do 3.12.2019, rec. 28/2019).

En efecto, a análise do lucro cesante reclamado esixe partir dos seguintes presupostos (por todas, STS 10.2.1998, rec. 496/1997, e as que nela se citan):

a) Exclúense as meras expectativas ou ganancias dubidosas ou continxentes, debido a que é reiterada a postura xurisprudencial

que non computa as ganancias deixadas de percibir que sexan posibles, pero derivadas de resultados inseguros e desprovistos

de certeza, cando as probas das ganancias deixadas de obter sexan dubidosas ou meramente continxentes.

b) Exclúese, igualmente, a posibilidade de que a través do concepto de lucro cesante se produza un enriquecemento inxusto,

e

c) Esíxese unha proba rigorosa das ganancias deixadas de obter, de modo que a indemnización de lucro cesante ha de apreciarse

de modo prudente e restritivo, debido a que non é admisible unha mera posibilidade de deixar de obter uns beneficios.

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, a parte reclamante interesa unha indemnización en concepto de lucro cesante correspondente aos exercicios 2016, 2017 e 2018 sobre a base do indicado

nun informe pericial que xunta coa reclamación e que basea os cálculos na comparativa entre o volume de operacións e a conta

de resultados deses exercicios e dos exercicios 2014 e 2015 (previos á medida de suspensión da actividade).

Pola súa banda, no informe pericial emitido no curso da instrución só se recoñece lucro cesante polo días efectivos de paralización da actividade que resultan acreditados no expediente, e efectúase a

valoración empregando un método analítico baseado na marxe bruta diaria da sociedade durante o exercicio previo á paralización.

Pois ben, dos datos que constan no expediente, e tendo en conta o antes apuntado sobre o carácter restritivo e a proba rigorosa do lucro cesante, estímase que non procede recoñecer ningunha cantidade

por tal concepto en relación cos exercicios de 2017 e 2018, pois non consta debidamente acreditada unha diminución da actividade

neses exercicios imputable á actuación administrativa anulada, senón que o que resulta do expediente é que nese período a

sociedade desenvolveu a actividade e mantivo un volume de operacións mesmo superior ao do exercicio 2015.

No que atinxe ao exercicio 2016, si que consta unha mingua do volume de operacións, se ben ese dato, sen máis, non pode abondar para os efectos que nos ocupan pois, xunto a el e conforme o antes exposto,

sería necesario que pola parte reclamante se achegase unha proba rigorosa sobre a conexión entre tal diminución (e do montante

que se reclama en concepto de ganancia deixada de obter) e a actuación administrativa anulada; proba rigorosa que neste caso

só pode considerarse presente a respecto do período no que efectivamente a empresa permaneceu sen actividade e que, segundo

os datos de facturación que constan no expediente, sería o comprendido entre o 6.2.2016 a 12.4.2016.

Procede, en consecuencia, acoller neste punto o criterio mantido no informe pericial emitido no curso da instrución que acouta a valoración do lucro cesante ao devandito período empregando un método

analítico sobre a base dos datos do exercicio precedente (na mesma liña de ter en conta datos do exercicio precedente pode

citarse, por exemplo, a STS do 21.10.2009, rec. 679/2008).

En consecuencia, estímase que a cantidade que procede recoñecer en concepto de lucro cesante sería de 12.572,43 ?. Así, a suma das contías por ambos conceptos (dano emerxente e lucro cesante) ascende a

57.653,59 ?.

Resta por analizar a cantidade reclamada en concepto de dano moral. Trátase dunha cantidade que se fixa pola parte reclamante a tanto alzado en 40.000,00 ? sen diferenciar entre a contía que correspondería

á sociedade como persoa xurídica e ao reclamante G., persoa física. Ademais, non se achega proba ningunha en relación con

este concepto, indicándose simplemente, nas alegacións formuladas en trámite de audiencia, que:

?[?] es notoria la existencia de un daño moral, no hace falta prueba de ningún tipo para acreditarlo, pues no cabe duda de que

tanto la entidad mercantil reclamante, como G. han sufrido un pretium doloris habiéndose, por parte del Concello de Sarria,

expuesto a estos a una realidad inexistente como era el propio hecho de estar llevando a cabo una actividad sin licencia,

pudiéndose manifestar que ha existido un daño al honor, a la propia imagen, al prestigio profesional y a la intimidad creándose

una situación obvia, por notoria de sufrimiento psíquico, de zozobra, de ansiedad, de impaciencia, pesadumbre y temor al futuro

propio y de su familia?.

Pois ben, debe partirse de que ?los daños morales por muy subjetivos que sean no se presumen y han de sustentarse, aun mínimamente, sobre hechos probados

de los que puedan deducirse? (Sentenza da Audiencia Nacional do 28.2.2013, rec. 607/2011).

Sobre esta base, e comezando polos danos morais á persoa xurídica, é certo que a xurisprudencia ten admitido que as persoas xurídicas poidan reclamar por dano moral na medida en que puidese resultar afectado

o seu prestixio, pois, certamente, o dereito á propia estimación ou ao bo nome ou a sona non é patrimonio exclusivo das persoas

físicas. A diferenza das persoas físicas, no caso das persoas xurídicas o dano moral ?se manifiesta en el prestigio y estima moral en el concepto público? (STS do 20.2.2002, rec. 2855/1996).

Pois ben, no presente caso, non se achegou ningunha proba de que a actuación municipal anulada producise danos á imaxe ou ao prestixio da empresa (por todas, STS do 23.5.2000, rec. 2660/1996), sen que

tales danos poidan entenderse producidos, de maneira automática, pola actuación administrativa anulada. Resulta ilustrativo, neste sentido, o indicado na recente STSXG do 3.5.2019, rec. 4453/2017, a tenor da cal:

?[...] Una cosa es que una empresa mercantil pueda reclamar un daño moral y otra cosa distinta es que el tipo de aflicción de la

que pueden ser víctima sea de idéntica naturaleza al daño moral que pueden sufrir las personas físicas. En todo caso el daño

moral ha de probarse, y no se ha acreditado ese menoscabo en la imagen de la recurrente como consecuencia de alguna actuación

imputable al Concello. La utilización retórica de la adjetivación, calificando la existencia de tal daño moral como "indudable",

no releva a la empresa, en contra de lo sostenido en su recurso de apelación, de la necesidad de probar el hecho mismo constitutivo

del daño cuya indemnización reclama. La reclamación de 60.000 euros por este concepto, en consecuencia, debe ser desestimada,

por falta de una mínima acreditación de la existencia del daño reclamado [...]?.

E, a respecto dos danos morais reclamados por G., como persoa física, tampouco poden entenderse tales danos producidos de forma automática, e neste caso

nin se achegou unha mínima proba sobre a afectación permanente ou de certa intensidade que a actuación administrativa lle

causou nin tampouco tal afectación se desprende das circunstancias concorrentes, tendo en conta, en especial, o escaso período

de tempo de efectiva paralización da actividade ao que antes se aludiu. Procede lembrar, neste punto, o sinalado, entre outras,

na STS do 24.3.2004, rec. 539/2000, conforme a cal:

?[...] Si es cierto que la noción de daño moral ha sufrido una progresiva ampliación, [...] también lo es [...] que "la situación básica para que pueda darse lugar a un daño moral indemnizable consiste en un sufrimiento o padecimiento

psíquico [...] o espiritual, [...] impotencia, zozobra, ansiedad, angustia", estados de ánimo permanentes o de una cierta intensidad que no necesariamente se

identifican con la carga derivada de acudir a un procedimiento jurisdiccional para obtener la anulación de un acto administrativo

[...]?.

En atención ao exposto, o parecer deste órgano consultivo é favorable á estimación parcial da reclamación de responsabilidade patrimonial se ben procedería recoñecer unha indemnización polos conceptos de

dano emerxente e por lucro cesante en prol da entidade P., S.L. (pois en ámbolos dous casos trátase de danos causados a esta

persoa xurídica, e non ao outro reclamante, G.) polos importes indicados na presente consideración, os cales deberán ser actualizados

nos termos previsto no artigo 34 da LRXSP.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución estimatoria parcial á que o presente expediente se refire, sen prexuízo do indicado na consideración sexta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Conceptos de Derecho administrativo para opositores
Disponible

Conceptos de Derecho administrativo para opositores

Francisco Javier Puentenueva Sánchez

12.75€

12.11€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información