Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 287 de 27 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 287 de 27 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 64 min

Tiempo de lectura: 64 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/09/2023

Num. Resolución: 287


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por F., M. (que actúa como gardadora de feito da súa nai), Ó., M. e M. polos danos e perdas polo falecemento de P. (esposo e pai dos reclamantes) no Hospital Público de Valdeorras.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 16.3.2023 F., M. (que actúa como gardadora de feito da súa nai) Ó., M. e M., presentan unha reclamación de responsabilidade patrimonial

polos danos e perdas polo falecemento de P. (esposo e pai dos reclamantes) no Hospital Público de Valdeorras.

A indemnizacións reclamada ascende a 199.461,85 euros.

2.- Instruído o procedemento, o 23.5.2023 acordouse a realización do trámite de audiencia.

O 13.6.2023 a parte reclamante formulou as correspondentes alegacións, nas que interesaba a incorporación ao expediente do rexistro e

informe de caídas e un informe do responsable de mantemento sobre as reparacións das baldas das camas.

3.- O 26.6.2023, unha vez atendida a petición formulada pola parte reclamante, acordase a realización dun novo trámite de audiencia.

O 19.7.2023 a parte reclamante formulou as correspondentes alegacións.

4.- O 2.8.2023 a persoa instrutora formula a proposta de resolución, de sentido desestimatorio.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 4.9.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes, a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedementais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

No presente caso, e no que atinxe á tramitación seguida, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en esencia,

foron cumpridas, constando no expediente remitido a realización dos actos de instrución necesarios, a concesión do trámite

de audiencia e a formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha persoa

ou nun grupo de persoas.

O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden salientarse:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos ou circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003,

e nas que nelas se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para

a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira

persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración

nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira

persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o ?quantum? indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018,

rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta

suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que

é preciso acudir ao criterio da ?lex artis? como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

da persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do

paciente. A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia

médica coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e

non de garantir en todo caso a curación da persoa enferma. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia

sanitaria se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido

non se considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da ?lex artis?, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ?ex ante? da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido pola persoa doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

En materia de responsabilidade patrimonial resulta preciso analizar os requisitos procedimentais mínimos que condicionan a

viabilidade da reclamación presentada e, concretamente, o da súa interposición en tempo hábil. Sobre dito extremo, o artigo

67.1 da LPAC dispón o seguinte:

?Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

Partindo dos datos que resultan da instrución do procedemento, podemos concluír que na data de presentación da reclamación,

o 16.3.2023, aínda non transcorrera o prazo dun ano desde a produción do sinistro (que, como veremos, consiste no falecemento de P. o

12.7.2022).

Quinta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, resulta preciso determinar se existe unha relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

O escrito da parte reclamante centra as súas criticas na atención sanitaria prestado a P., de 93 anos, no período comprendido

entre o 6.7.2022 (data de ingreso no Servizo de Urxencias do Hospital Público de Valdeorras) e o 12.7.2022 (data do seu pasamento).

Argumenta que o 9.7.2022 P., durante a súa estancia hospitalaria, caeu da cama da súa habitación, como consecuencia da inobservancia

das medidas de contención e de prevención de caídas intrahospitalarias. A resultas da amentada caída sufriría unha ?fractura intracapsular de fémur izquierdo?. Consideran os reclamantes que tampouco ?se realizó una evaluación analítica en las horas posteriores a la fractura de las complicaciones que frecuentemente aparecen

en pacientes nonagenarios ni se trató la sintomatología que posteriormente manifestó el paciente lo que provoco su muerte?.

A crítica dirixida ao funcionamento do servizo público de saúde, logo das sucesivas alegacións presentadas durante a tramitación

do expediente, baséase, en síntese, en que a caída da cama obedeceu ao mal estado desta e que, como consecuencia de subseguinte

fractura do fémur esquerdo, produciríase un agravamento do estado de saúde de P. que conduciría ao fatal desenlace.

Pois ben, o exame destes reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e dos informes médicos que figuran

no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse

este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros, o CCG 155/2020 e 92/2021).

Este cualificado valor probatorio refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso

que arestora nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade probatoria ningunha en apoio dos seus reproches ao funcionamento

do servizo público de saúde, nin sequera logo da vista dos criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Sexta.

Da análise da historia clínica e dos informes achegados durante a instrución do expediente, resultan os seguintes feitos.

P., como apuntamos, ingresa o 6.7.2022 no Servizo de Urxencias do Hospital Público do Barco de Valdeorras, sendo derivado

ao Servizo de Medicina Interna. O diagnóstico inicial foi de insufiencia respiratoria parcial aguda ?COVID-19 GRAVE EN PACIENTE VACINADO+PROBABLE SOBREINF. BACT.?.

O 9.7.2022, consonte a anotación do persoal de enfermería, ?a las 23 horas cuando entramos en la habitación nos encontramos al paciente en el suelo boca abajo lejos de la cama?. O rexistro de caídas corrobora este extremo, constando como circunstancias ?Caminando? e ?Estaba solo?; e, como motivos estruturais, ?calzado inadecuado? e ?poca iluminación?. Por maior abastanza, o informe do 30.4.2023 do Servizo de Medicina Interna reitera que ?a las 23 h es encontrado en el suelo caído (se desconocen las circunstancias por las que se cayó pues dicha caída no fue presenciada

por nadie, pero en el registro de caídas consta que fue caminando y que estaba solo y que el motivo fue el calzado inadecuado

y la poca iluminación y no consta que estuviera acostado y fallará la balda)?.

O curso clínico posterior a este incidente tamén esta descrito no informe de alta médica do 22.8.2022:

?Ao 4º dia de ingreso, non contexto da comentada sd. confusional aguda, caída accidental con fractura intracapsular de fémur

esquerdo. Comentado caso con Traumatoloxia, que informa a familia da indicacion de intervencion cirurxica. Dor parcialmente

controlada a pesar de Fentanilo TD 50mcg/h cada 72h+ Pregabalina 25mg 1-0-1, polo que se engaden Paracetamol 1g iv+ Metamizol

2g iv alternos cada 8h. A nivel respiratorio mal estado xeral con insuficiencia respiratoria que precisa osixeno e abundantes

secrecions respiratorias. Presenta mala evolución a nivel respiratorio, con deterioro progresivo, precisando axuste de medicacion.

Finalmente o paciente falece o 12.7.22 ás 1:12h?.

Debe salientarse, do ata aquí descrito, que os elementos de proba incorporados ao expediente levan a considerar que a caída

de P. tivo lugar cando camiñaba só pola habitación. Así consta no amentado rexistro de caídas e, por outra banda, as anotacións

do persoal de enfermería, que o atendeu na noite do 9.7.2022, insisten en que o atoparon lonxe da cama. Partindo do anterior,

non existen elementos que permitan soster que o evento danoso obedeceu ao mal estado da balda da cama hospitalaria, tendo

en conta que é indiscutible que o mesmo ocorreu lonxe desta.

Por maior abastanza, o informe do Servizo de Mantemento do 23.6.2023 sinala que no período no que se produciu a caída só existen tres ordes de traballo de mantemento correctivo, concluíndo que

?no se puede confirmar que alguna de las tres ordenes de trabajo archivadas pertenezcan a la cama a la 106B; ya que las camas

no tiene una ubicación fija en el espacio de cada habitación pudiendo ser su ubicación en los distintos servicios que las

demanden y en tránsito pudiendo producirse la avería en las distintas ubicaciones?. Analizando polo miúdo esas ordes traballo, destacamos as seguintes cuestións:

- A orde de traballo núm. 2022/001369 responde ao aviso dado o 12.7.2022, ás 10:17, que consistía en ?la cama con el nº 503847, que está en la habitación 141A (en este momento sin ocupación) tiene la barrera del cabecero de

la parte izquierda estropeada, no se mantiene elevada?. Figura como data de reparación e peche da incidencia o mesmo día, ás 13:00; sendo a solución dada ?Reparar pieza bloqueo balda, estaba forzada?.

- A orde de traballo núm. 2022/001374 responde ao aviso dado o 13.7.2022, ás 9:45, que consistía en ?Solicito revisión de una cama situada en la salita del fondo. Una de las barreras no encaja bien?. Figura como data de reparación e peche da incidencia o mesmo día, ás 11:30; sendo a solución dada ?Reparar pieza de bloqueo barandilla?.

- A orde de traballo núm. 2022/001376 responde ao aviso dado o 14.7.2022, ás 11:20, que consistía en ?Necesito revisión de una cama que está en el fondo del pasillo. No baja la barandilla?. Figura como data de reparación e peche da incidencia o mesmo día, ás 13:00; sendo a solución dada ?Revisamos barandilla, no es que no bajará es que no se quedaba bloqueada. Reparamos pieza de bloqueo?.

En consecuencia, o carácter móbil das camas non permite afirmar con rotundidade que a que estaba sendo utilizada por P. non

adoecese de algún defecto estrutural como tampouco existen elementos que autoricen a soster o contrario. Todo iso a efectos

puramente dialécticos atendido o lugar onde tivo lugar a caída. Cabe coa mesma finalidade apuntar que no expediente analizado

non figuran denuncias ou reclamacións previas á caída e tampouco se aportan probas de que aquel estándar non se respectara

no caso da cama ocupada polo finado.

Sétima.

Finalmente e así mesmo tamén a efectos exclusivamente dialécticos e de dar resposta a todas as cuestións expostas, incluso

aquelas alleas á produción do evento danoso, aínda que a caída obedeceu ao mal estado da balda da cama, os informes médicos

que figuran no expediente negan que a fractura do fémur esquerdo tivera unha incidencia determinante na produción do resultado

lutuoso. Reproducimos aquí o informe do 30.4.2023 do Servizo de Medicina Interna:

?Como consecuencia de la caída presentó fractura intracapsular de fémur izquierdo, que fue valorado por traumatología que

pospuso la intervención quirúrgica dada la patología por la que estaba ingresado que desaconsejaba la intervención en ese

momento.

Un día después de la caída, precisa sondaje vesical por anuria y presentando retención urinaria en el momento del sondaje.

Presentar retención urinaria en un anciano y además con neoplasia de próstata y tras una fractura de fémur es muy frecuente.

Tras el sondaje la orina era hematúrica lo cual también es muy frecuente que suceda ya que en estas circunstancias, con patología

prostática de base, los sondajes suelen ser algo traumáticos.

En la analítica realizada el día 11.7.22 se evidencia una insuficiencia renal leve/creatinina de 1,5 (sería una insuficiencia

renal leve postrenal consecuencia de la retención urinaria) y una hemoglobina de 13,3 (hemoglobina del paciente al ingreso

13) con eritrocitos en el sedimento de orina y con cultivo de orina negativo. Por tanto, no existe anemización ni secundaria

a la fractura ni a la hematuria secundaria al sondaje. No existen trastornos iónicos en dicha analítica, el sodio, el potasio

y el calcio son normales. No parece que esto sea la causa del fallecimiento. En cualquier caso la insuficiencia renal leve

no ocasiona la muerte ni existe anemia ni trastornos iónicos que hayan ocasionado la muerte.

Lo que se observa en la última analítica del 11.7.22 es leucocitosis (12.880 Ieuco) que junto con la febrícula y la desaturación

de oxigeno hacen pensar en un proceso infeccioso respiratorio añadido a la infección por covid 19, lo que puede haber contribuido

a la causa de la muerte en un paciente frágil y con infección por covid-19 subyacente. El paciente estaba siendo tratado con

levofloxacino endovenoso y los hemocultivos realizados el día que empezó con la febrícula fueron negativos?.

Considerando todo o que vén de sinalarse, debe concluírse que a asistencia sanitaria prestada á reclamante se axustou en todo

momento á ?lex artis ad hoc? e aos niveis asistenciais normativamente establecidos. Consecuentemente, secundando o criterio recollido na proposta de resolución,

o xuízo deste órgano consultivo deba ser favorable á desestimación da reclamación que dá orixe ao expediente administrativo

examinado.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS