Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 280 de 27 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 280 de 27 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 95 min

Tiempo de lectura: 95 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/09/2023

Num. Resolución: 280


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., polos danos e perdas consecuencia dunha caída na rampla de acceso ao Polideportivo de San Diego o día 5.8.2021, na cidade da Coruña.

Organismo:

Concello da Coruña

Letrado:

Oreiro Romar

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 4.8.2022 a representante de C., presenta reclamación de responsabilidad patrimonial contra o Concello da Coruña,

como consecuencia da caída sufrida no Centro Municipal de San Diego. Nesta reclamación, relata que o día 8.5.2021:

?[?] estaba lloviendo y la compareciente, al pisar sobre la última de las losas de la rampa de acceso, resbaló, cayéndose al suelo

y teniendo que ser socorrida por el personal de Clínica Scarpa y del Centro de día [...]?.

Xunto coa reclamación achega copia do DNI, documentación médica, diversas fotografías, un informe policial, noticias dixitais

e varias facturas de medicamentos farmacéuticos.

A valoración económica dos prexuízos realizada no seu documento inicial ascendeu a 212.590,00 ?.

Posteriormente achega máis documentación, entre a que destaca:

- Informe pericial elaborado por médico especialista en valoración de lesións corporais, doutor C., o que reduce a compensación

económica solicitada a 47.674,80 ?.

- Informe sobre causa do accidente elaborado polos peritos L. e R., do 2.11.2022,

- Protocolo cirúrxico do 17.8.2021, informe de Radioloxía do 5.8.2021, informe de Urxencias do 5.8.2021, informe de alta hospitalaria

trala intervención cirúrxica do 20.8.2021 e informe do Servizo de Traumatoloxía do 22.11.2022.

- Facturas

2.- Instruído o procedemento, constan incorporados a este:

- Informe do Servizo de Edificación (11.4.2023).

- Informe do Servizo de Innovación (7.1.2023).

- Alegacións presentadas polo representante da empresa contratista encargada do mantemento do edificio no que se produciu

a caída.

- Informe pericial de médico especialista en avaliación de lesións corporais, doutor V..

- Informe pericial de médico especialista en avaliación de lesións corporais, doutor G.

3.- Así mesmo, na tramitación do expediente, concédese audiencia á parte reclamante, que formula alegacións o 6.7.2023 e á empresa contratista, que formula alegacións o 19.7.2023.

4.- O 11.8.2023 formulouse proposta da resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo, pola señora alcaldesa da Coruña, tendo

entrada neste organismo o día 4.9.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12. j) da

Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a administración local por contía superior a 15.000 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das Administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC) (aspectos procedementais)

e polos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante LRXSP).

Ademais, tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo

54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (en diante LRBL), a teor do cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?. En sentido similar se pronuncia o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento

de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello da Coruña, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia

no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios, da concesión do trámite de audiencia á parte reclamante,

da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina

e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos

mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva

e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o

deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se foron determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia vén modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade

do servizo determine a responsabilidade da Administración respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada con el que

se poida producir, o que suporía converter a Administración en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr

calquera eventualidade desfavorable ou danosa para os administrados que poida producirse con independencia do actuar administrativo,

sendo necesario, polo contrario, que eses danos sexan consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración.

Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento do servizo a un ou varios particulares sexa

antixurídico abonda con que o risco inherente á súa utilización pasase os límites impostos polos estándares de seguridade

esixibles conforme coa conciencia social. Non existirá entón deber ningún do prexudicado de soportar o menoscabo e, conseguintemente,

a obriga de resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa será a ela imputable.

Cuarta.

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal -artigo 32 da LRXSP- e polo que ao presente ditame se refire,

a verificación da existencia, ou non, da relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión producida, para

o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre no presente caso, no que se xuntan ao expediente informe

da Policía Local do día dos feitos e os informes da asistencia sanitaria prestada á interesada, nos que se recollen as lesións

padecidas por esta tras sufrir unha caída casual.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo

necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co funcionamento dun servizo público, o que

se esixe, por principio, a demostración de que a caída se produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas pola interesada,

e que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo asumido pola Administración

á aquel que se imputa.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral,

recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles o CCG 697/2004, segundo a que a carga da proba da

existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público

corresponde certamente á parte reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado etc

...) á Administración (artigo 1.214 do Código civil e actual 217 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil). No

mesmo sentido postúlase a doutrina deste órgano consultivo, que, con carácter xeral, acolle o principio de que a carga da

proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte reclamante (entre outros,

CCG 406/2022).

Comezando, así, pola análise da relación de causalidade, da documentación que obra no expediente así como da proba practicada,

cabe destacar o seguinte:

O informe da Policía Local realizado na data do accidente (5.8.2021) manifesta:

?? nos entrevistamos con el marido de la persona que ha caído, este manifiesta que su mujer cae debido a un resbalón mientras

bajaban por la rampa de entrada del complejo polideportivo municipal San Diego, me indica que la zona está muy resbaladiza

y que es un peligro por el material del que está hecha. Le pedimos que nos diga el lugar exacto de la caída y nos señala una

de las últimas boletas de la rampa, no apreciándose a simple vista ninguna deficiencia en ella, sí puedo constatar que esta

mojada debido a la lluvia lo que puede facilitar que pierda adherencia. Se adjuntan fotos?.

O informe pericial sobre a causa do accidente elaborado polos peritos L. e R., do 21.11.2022, afirma que:

?[?] en nuestra visita al lugar del accidente, podemos apreciar como en la salida del complejo donde se produjo la caída, es por

una rampa descendente de pequeña pendiente en donde en todo su tramo está compuesto por baldosas de 56 x 110 cm de granito

abujardado menos una última placa de las mismas medidas que es acabado pulido. [?]. La caída se produjo al resbalar en dicha baldosa [?]. En el momento de la caída al suelo se encontraba mojado [?], esto ha favorecido la ocurrencia del accidente. Entendemos que la causa del accidente es como consecuencia de la existencia

de dicha baldosa lisa, unido todo esto al estar mojada por la lluvia y ser una pendiente descendiente, lo cual favorece que

se produzca el resbalón al tener una adherencia mínima como hemos verificado en el momento de nuestra visita, no así en el

resto de la rampa que al ser rugosa tiene mucha mejor adherencia. De hecho en la actualidad se han instalado unas bandas rugosas

en paralelo para que haya mejor agarre y adherencia y no se produzca otro resbalón [?] la causa del accidente es como consecuencia de existir una baldosa pulida cuando tenía que ser como el resto, es decir, abujardado,

y que ha provocado el accidente al ser lisa y resbalar y esto ha ayudado con la presencia de agua de lluvia?.

O informe do Servizo de Deportes (3.10.2022) sinala que:

?1) Señale si el Servicio tuvo conocimiento de los hechos relatados y cuándo.

O Centro Deportivo de San Diego é explotado mediante concesión pola empresa S., SA, polo que o Servizo de Deportes non ten

responsabilidade directa na xestión ou as incidencias que se produzan na instalación.

En consonancia co anterior, non consta que o Servizo de Deportes tivera coñecemento do incidente con anterioridade á presentación

da reclamación de responsabilidade patrimonial.

Solicitado informe á empresa concesionaria do centro deportivo de San Diego, recibíronse as seguintes aclaracións ás preguntas

plantexadas:

2) Indique si dicha rampa de acceso cumple la normativa de resbaladicidad de suelos exteriores.

A contestación da empresa é literalmente a seguinte: ?Sobre este particular, cabe poner de manifiesto que las instalaciones

del C.P.M. de San Diego fueron en su día íntegramente construidas por el Ayuntamiento de A Coruña, motivo por el que entendemos

que debe ser esa Administración quien justifique que las mismas cumplen con toda la normativa que resulta de aplicación?.

3) Indique el responsable del mantenimiento de dicha instalación municipal y en concreto de sus accesos.

Tal e como se sinalou no punto 1º, o centro deportivo de San Diego é obxecto de xestión indirecta mediante o sistema de concesión,

polo que o responsable do mantemento é S., SA.

A contestación da empresa é literalmente a seguinte: ?La entidad encargada del mantenimiento ordinario de la instalación deportiva

es la concesionaria, S., S.A., y de manera directa, el Responsable de Mantenimiento del centro, D. E.?.

4) Existencia de otras reclamaciones similares y por la misma causa.

A contestación da empresa é literalmente a seguinte: ?No consta en los archivos de S., S.A., la existencia de siniestros similares

al que nos ocupa, ni por las mismas causas??.

O 23.11.2022, a representación da empresa responsable do mantemento e conservación do edificio presenta escrito no que, entre

outras consideracións, afirma que:

?? el uso de infraestructuras como la rampa de acceso al C.P.M. de San Diego, aunque se encuentren en perfecto estado de conservación

y mantenimiento, como es el caso de todas las dependencias que forman parte del centro deportivo anteriormente citado; entraña

ciertos riesgos, y los mismos deben ser asumidos por quienes la usen, que deciden libre y voluntariamente hacerlo. Máxime,

cuando, tal y como la propia reclamante manifiesta en su petición, en el momento en que supuestamente habría tenido lugar

la caída estaba lloviendo, lo que, como resulta obvio, implica que hacer uso de una rampa de acceso conlleve un riesgo todavía

mayor de deslizamiento, tanto por sus propias condiciones de inclinación, como por la influencia del agua de lluvia sobre

la superficie?.

O informe do Servizo de Edificación (11.4.2023) afirma que:

?1- A fecha de redacción del proyecto se ajustaba a la normativa de aplicación del momento. [?] No obstante se debe señalar que:

1- En el lugar de la caída, en lo que parece una reparación ?tosca? efectuada con posterioridad a la recepción de las obras;

efectivamente existe una única pieza de pavimento que, aun siendo del mismo material que el resto de la rampa (losas de granito),

presenta un acabado pulido, a diferencia del resto de las piezas cuya superficie está apomazada.

2- Por otra parte, más allá del elemento puntual objeto y causa de la reclamación; se observa que el estado general de conservación

del acceso es bastante deficiente ya que presenta un hundimiento de la sub-base y base de los pavimentos, lo que ha provocado

la rotura de un gran número de placas de granito y un asentamiento desigual de las mismas lo que implica un mayor riesgo de

tropiezos y en consecuencia de accidentes?.

O informe do Servizo de Innovación do 7.1.2023 manifesta:

?A partir de los datos aportados en la solicitud de informe, en los registros del año 2021 de la citada Base de Datos se han

localizado las comunicaciones siguientes, referidas a 'deficiencias en la rampa de acceso al Polideportivo de San Diego?.

15/04/2021 -El pavimento (granito) de la rampa de acceso al Complejo Deportivo San Diego, zona cafetería, resulta resbaladizo

en días de lluvia.

09/09/2021 -El pavimento (mármol) de la rampa de acceso al Complejo Deportivo San Diego, zona cafetería, resulta resbaladizo

en días de lluvia.

Ambas comunicaciones fueron trasladadas al servicio de Deportes para su tramitación. En la aplicación de gestión figuran las

siguientes anotaciones del servicio:

En la primera, la 2021/SYR05/003502, se informa haber trasladado el día 10 de junio la reclamación a S., empresa concesionaria,

para que haga las reparaciones pertinentes.

En la segunda, 2021/SYR05/010333, se indica a la persona que presentó la incidencia que debe dirigirla a la empresa S., encargada

de la concesión del centro?.

Con data 23.1.2023 a representación da empresa concesionaria do mantemento do polideportivo presenta novas alegacións nas que, en esencia, se

ratifica no anteriormente manifestado. Así mesmo, explica que o centro ten dúas entradas, unha polas escaleiras, e outra pola

rampla, esta última reservada ?para las personas que emplean sillas de ruedas, arrastran carros u otros supuestos para los que sea necesaria una rampa?. Ilustra estas afirmacións coas fotografías de ambos accesos. Ademais, achega un informe pericial dun médico especialista

en valoración de danos corporais do 14.3.2023.

Con data do 6.7.2023 a representación da parte denunciante formula alegacións na que se ratifica na súa reclamación inicial. Ademais, alega que

o lugar onde se produciu o accidente foi obxecto dunha intervención, no sentido de que se implantaron bandas rugosas antiesvaradías

para evitar caídas, e xunta fotografía acreditativa.

Na data 19.7.2023 a representación da empresa contratista formula novas alegacións.

Nelas reitera que:

?? la causa del accidente no se debe al estado de la rampa, sino al uso voluntario de una infraestructura en unas condiciones

de riesgo, sin adoptar las precauciones necesarias a las circunstancias y a la situación:

- Se disponía de acceso por escaleras, mucho más adecuado en un día de lluvia.

- La rampa, como las escaleras, disponía de barandilla, pudo haberse agarrado a la misma.

- La usuaria iba acompañada y, sin embargo ninguna de las personas que le acompañan sufrió caída/resbalón alguno, ni siquiera

las que acudieron luego a socorrerla, lo que demuestra que la caída no fue consecuencia del estado de la rampa.

- No se ha realizado medición o prueba objetiva alguna que acredite que la última de las baldosas era más deslizante que el

resto.

[?] A este respecto, cabe señalar que, las reclamaciones por caídas en las rampas a las que hace referencia la reclamante son,

ambas, en la rampa que está en la zona de cafetería, por lo tanto en el lado opuesto del complejo. No hacen referencia a esta

rampa y, por lo tanto, permiten descartar que la causa de las mismas sea la existencia de una losa con un acabado distinto

(pues en la otra rampa tienen todas el mismo acabado)?.

Quinta.

Tendo en conta todo o exposto, procede subsumir en categorías xurídicas os feitos e probas analizados, tarefa xenuinamente

propia desta institución.

Entre os servizos públicos que o ordenamento encomenda á Administración local, figura o mantemento das infraestruturas viarias

e equipamentos da súa propiedade, conforme co previsto nos artigos 25.2.d) da LBRL, 74.2 do Texto refundido das disposicións

legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e 4 do Regulamento

de bens das entidades locais, aprobado polo Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño. En efecto, a Administración local ten o

deber ineludible de manter os edificios de titularidade municipal, e polo tanto os seus accesos, de xeito tal que estea garantida

en calquera momento a seguridade, o que implica o recoñecemento en favor destes dun principio de confianza sobre as condicións

obxectivamente aptas para o seu uso.

Agora ben, a xurisprudencia ten sinalado tamén que a solidariedade nos riscos, nos que se basea a institución da responsabilidade

patrimonial como instrumento de resarcimento das vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos públicos cara

á xusta distribución das súas cargas e beneficios ?velaí o seu carácter obxectivo?, non pode confundirse coa cobertura universal

de todas as incidencias que acontezan en lugares de titularidade pública, o que sería propio dun sistema providencialista

non recollido no ordenamento xurídico. Polo tanto, nestes supostos é preciso que o risco inherente á utilización do servizo

público rebase os límites impostos polos estándares de seguridade esixibles conforme coa conciencia social (por todas, sentenza

do Tribunal Supremo do 30.9.2009, rec. 2278/2005). Ademais, o Tribunal Supremo ten subliñado a obriga da dilixencia das persoas

usuarias dos servizos públicos, pois aínda que a Administración deba garantir que as condicións da prestación do servizo sexan

acordes coa evitación de danos, ?también los usuarios deben utilizar los servicios con la diligencia necesaria para evitar esos daños, sin que pueda imponerse

a las Administraciones una responsabilidad ajena a aquella diligencia? (sentenza do Tribunal Supremo do 17.6.2014, rec. 3978/2011). Esta esixencia de dilixencia na conduta dos particulares é

o alicerce, no eido da responsabilidade patrimonial da Administración por caídas nas vías e edificios públicos, dunha ampla

corrente xudicial que sinala a necesidade de control da propia deambulación por parte dos viandantes. A teor desta corrente,

ao transitar polas vías públicas e partindo do ordinario estado de confianza na súa seguridade, os peóns deben observar unha

conduta atenta ás circunstancias da vía, co fin de detectar posibles irregularidades ou pequenos defectos, pois ?no se puede pretender que la totalidad de aceras o calzadas de un casco urbano se encuentren absolutamente perfectas en su

conservación? (sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 29.2.2012, rec. 7111/2011; no mesmo sentido, sentenza do mesmo tribunal

do 30.9.2005, rec. 5569/2002) ou, como sinalan as máis recentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 5.6.2019,

rec. 248/2018, do 16.10.2019, rec. 203/2019, ou do 15.12.2021, rec. 223/2021, ?no se puede pretender que una vía pública de un municipio se mantenga impoluta y cuidada cuál si se tratase del pasillo de

una vivienda, ni que la Administración asuma las obligaciones de una aseguradora universal?.

De este xeito, un eventual conduta distraída ou descoidada do viandante ante deficiencias apreciables podería desbotar ou

atenuar a responsabilidade patrimonial da Administración ao interferir no nexo causal do accidente (por todos, CCG 649/2014,

CCG 423/2017, CCG 50/2020 ou os máis recentes CCG 106/2021, CCG 67/2021, CCG 122/2021 ou CCG 253/2022).

Sexta.

Trasladando os principios expostos na consideración anterior ao presente caso, cómpre salientar que da proba realizada resultan

acreditados os seguintes extremos:

- Que a rampla de acceso ao edificio cumpría coa normativa vixente no momento da construción do edificio.

- Que había outro acceso ao edificio a través de escaleiras adxacentes á rampla, que podería ter sido utilizada pola recorrente.

- Que as circunstancias meteorolóxicas (rampla húmida como consecuencia de choiva) aconsellaban, segundo a dilixencia dun

bo pai de familia, o uso destoutro acceso.

- Que non hai constancia doutras caídas ou accidentes similares.

- Porén, tanto a Administración como a concesionaria encargada do mantemento tiveron coñecemento da incidencia con motivo

da reclamación de responsabilidade patrimonial, e doutras similares no ano 2021, aínda que referidas a outro acceso do mesmo

edificio, sen evidencia de que se adoptaran medidas precisas para evitar incidentes.

- Que o propio Servizo de Edificación Municipal recoñece que o estado do lugar da caída non era óptimo, afirmando no seu informe

que? En el lugar de la caída, en lo que parece una reparación ?tosca? efectuada con posterioridad a la recepción de las obras;

efectivamente existe una única pieza de pavimento que, aun siendo del mismo material que el resto de la rampa (losas de granito),

presenta un acabado pulido, a diferencia del resto de las piezas cuya superficie está apomazada. Por otra parte, más allá

del elemento puntual objeto y causa de la reclamación; se observa que el estado general de conservación del acceso es bastante

deficiente ya que presenta un hundimiento de la sub-base y base de los pavimentos, lo que ha provocado la rotura de un gran

número de placas de granito y un asentamiento desigual de las mismas lo que implica un mayor riesgo de tropiezos y en consecuencia

de accidentes?.

- Que as consideracións técnicas deste informe son similares ás realizadas no informe pericial achegado pola parte recorrente,

elaborado polos peritos L. e R., do 2.11.2022.

- Que só unha vez que se produciu o accidente obxecto desta reclamación, a

Administración tomou medidas, concretamente, a instalación de bandas rugosas sobre o lugar onde se produce o escorregamento.

- Que estas medidas non revestían complexidade, e en consecuencia non requirían un esforzo orzamentario ou doutro tipo, senón

unha dilixencia mínima.

Con este acervo probatorio podemos concluír que, se ben a propia conduta da vítima foi decisiva na produción do sinistro,

non pode obviarse que a existencia de defectos no pavimento da rampla foi tamén determinación necesaria do resultado lesivo.

As consideracións anteriores obrigan a recoñecer a existencia dunha concorrencia de responsabilidades compartidas entre a

reclamante e a Administración local. A xuízo deste órgano consultivo, e seguindo precedentes similares (por todos CCG 137/2023) a responsabilidade debe ser repartida nun 70% a cargo da vítima e o 30% restante a cargo da Administración.

Sétima.

Sentada, xa que logo, a procedencia de resarcir os danos nos termos sinalados na consideración precedente, debe apuntarse

a imposibilidade deste órgano consultivo de realizar un pronunciamento sobre quen debe asumir a contía efectiva da compensación.

O expediente pon de manifesto un posible conflito entre a empresa contratista encargada do mantemento do edificio, e o propio

concello, sobre este particular. A concesionaria, ao igual que o concello rexeita que a vítima teña dereito a ser indemnizada,

pero engade que o ?diseño del polideportivo es muy anterior a cualquier relación de esta concesionaria con el edificio y en nada ha sido alterado

por la misma?, polo tanto, de existir responsabilidade ?nunca lo podría ser de S., S.A., quien, de conformidad al pliego de la concesión no puede realizar obras modificativas de

los elementos fijos de las instalaciones sin autorización del órgano de contratación?. Así, para verificar o alcance das obrigas de mantemento é preciso analizar os pregos e contrato, o contido das obrigas do

contratista, a súa vixencia temporal e demais documentos que rexen a relación contractual entre concesionarios e concello,

documentos que non constan no expediente.

En todo caso, este aspecto concreto das relacións administración-contratista transcende da competencia deste Consello, de

acordo co exposto na consideración terceira, resultando tamén alleo á parte reclamante. O artigo 196 da LCSP, cuxas previsións

están incorporadas ao artigo 32.9 da LRXSP, permite requirir ao órgano de contratación para que, oído o contratista, informe

sobre cal das partes contratantes é responsable. E, ao respecto deste réxime, o Tribunal Supremo ten establecido na sentenza

do 25.10.2016 (recurso núm. 2537/2015) que ?Cuando el daño se impute a un concesionario -o contratista-, de conformidad con lo establecido en los mencionados preceptos,

el perjudicado ha de dirigirse contra la Administración titular del servicio y otorgante de la concesión; debiendo ésta, con

audiencia de todas las partes afectadas, determinar si la imputación del daño ha de realizarse, conforme a ese sistema de

reparto de responsabilidad, bien al concesionario o a la Administración; dejando abierta la vía civil para aquel primer caso

y la vía administrativa para la segunda?. Paralelamente, o Tribunal Supremo ten establecido -sentenza da Sala do contencioso-administrativo do 22.5.2007 (recurso núm.

6510/2003)- que, iniciada a tramitación dun procedemento de responsabilidade patrimonial, non é procedente que a Administración

o arquive sobre a consideración de que a responsabilidade patrimonial correspondería eventualmente ao contratista.

Polo tanto, a resolución que finalice o procedemento deberá establecer se, de conformidade co expresado no noso ditame, e

analizadas as obrigas da relación que vinculan as partes, a responsabilidade lle corresponde á empresa concesionaria, ou,

pola contra, debe ser o concello o que asuma o importe da indemnización.

Para o caso de que considere que a concesionaria é a responsable, o pronunciamento debe limitarse exclusivamente á declaración

da responsabilidade, sen pronunciarse sobre o quantum indemnizatorio cuxa determinación corresponderá, se for o caso, á xurisdición civil, de conformidade coa devandita xurisprudencia

do TS (STS do 25.10.2016, recurso núm. 2537/2015).

Para o caso de que se considere que o defecto na rampla é imputable ao concello, ben por ser anterior ás obrigas do contratista,

ben por terse realizado polo concello esa reparación que o propio Servizo de Edificación Municipal cualifica de ?tosca?, deberán determinar os concretos danos a indemnizar e o seu importe, logo de expediente contraditorio tramitado con este

único obxecto, xa que a instrución, baseada na negación da natureza ilícita do dano, non levou a cabo esta determinación.

Neste expediente contraditorio debe examinarse a documentación clínica e os informes periciais, recadando, se se considerase

necesario, documentación a maiores, co fin de determinar a realidade e entidade dos días de prexuízo particular e das secuelas

polas que reclama a interesada, ou a súa actividade laboral anterior. Ademais, na medida en que un dos informes periciais

achegado pola parte reclamante foi elaborado por perito dunha compañía de seguros, é necesario comprobar se realmente recibiu

algún tipo de indemnización, ou ben unha prestación económica pola incapacidade laboral consecuente ao accidente, en cuxo

caso deberá terse en conta para os efectos de redución da indemnización, xa que a institución da responsabilidade patrimonial

na medida en que responda ao principio de indemnidade, non pode ser en ningún caso fonte de enriquecemento inxusto para a

parte reclamante (CCG 542/2013). Así mesmo, unha vez realizada esta comprobación da realidade dos danos polos que se reclama,

haberá de procederse á cuantificación económica daqueles, podendo empregarse analoxicamente o baremo establecido no Texto

refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, aprobado polo Real decreto lexislativo

8/2004, do 29 de outubro, sobre o que o Tribunal Supremo ten apuntado o seu carácter orientativo e non vinculante (entre outras,

as sentenzas do 17.7.2014, rec. 3724/2012, e do 21.12.2015, rec. 1247/2014). O baremo a tomar como referencia será o actualizado

e vixente na data da ocorrencia dos feitos. O importe da indemnización determinada deberá actualizarse nos termos establecidos

no artigo 34.3 da LRXSP.

Finalmente, calquera que sexa o sentido da resolución, non será preciso recadar con carácter previo un novo ditame deste órgano

consultivo (neste sentido, ditames CCG 147/2020, CCG 409/2021, CCG 169/2022 ou CCG 260/2022, e os ditames que neles se citan).

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire procedendo a

estimación da reclamación presentada nos termos sinalados no corpo deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Novedad

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español
Disponible

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español

Gonzalo Pardo Beneyto

21.25€

20.19€

+ Información