Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 275 de 13 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 275 de 13 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 28 min

Tiempo de lectura: 28 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/09/2023

Num. Resolución: 275


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., por mor dos danos e perdas polo atraso terapéutico da súa doenza no Hospital Universitario Arquitecto Marcide.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Conclusion:

Non competencia

Relator:

Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 30.12.2022 M. formula reclamación de responsabilidade patrimonial por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia

do atraso terapéutico da súa doenza no Hospital Universitario Arquitecto Marcide.

Sinala no seu escrito inicial que ?la indemnización reclamada por todos los daños y perjuicios sufridos por el reclamante asciende a treinta mil (30.000.-) euros,

importe que engloba a los sufrimientos y dolores físicos y psíquicos del paciente, así como los perjuicios económicos que

ha tenido que soportar?; para finalmente solicitar o recoñecemento do dereito ?a ser indemnizado en la cantidad de 30.000 euros, incrementada con los intereses que se devenguen desde la fecha de la presente

reclamación?.

2.- Instruído o procedemento, o 25.5.2023 acordouse a realización do trámite de audiencia.

O 26.6.2023 a parte reclamante formulou as correspondentes alegacións, nas que non altera a indemnización solicitada.

3.- Con data 30.6.2023 a persoa instrutora formula a proposta de resolución, de sentido desestimatorio.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 28.8.2023.

CONSIDERACIÓNS

Primeira. Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído

pola Consellería de Sanidade, no que, a instancia de parte, se interesa o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización

por danos.

O artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia (LCCG, en diante), dispón expresamente que:

?O Consello Consultivo ditaminará preceptivamente sobre os asuntos seguintes:

[?]

j) Reclamacións de responsabilidade patrimonial de contía superior a 30.000 euros para a Administración autonómica??.

Segunda. Pola súa banda, o artigo 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento

do Consello Consultivo de Galicia, establece que:

?Artigo 17. Funcións da Sección de Ditames.

Son funcións desta sección:

A emisión dos ditames a que se refiren as letras f), g), h), i), j) e k) do artigo 12 da lei

[?]?.

Terceira. Finalmente, o artigo 33.2 do citado Decreto 91/2015, do 18 de xuño, sinala que:

?Unha vez aberto o expediente, e como trámite previo, en caso de observarse a falta manifesta de competencia do Consello,

por parte da Presidencia do Consello decidirase a devolución do expediente remitido e o arquivo do actuado ante o Consello,

sen máis trámite?.

Cuarta. Como vai dito nos antecedentes da presente resolución, a parte reclamante cuantifica exactamente os danos padecidos en 30.000

euros.

Así as cousas, a contía da indemnización solicitada non supera o limiar definido no artigo 12.j) da LCCG ??contía superior a 30.000 euros??. Consecuentemente, este organismo non resulta competente para a emisión do ditame solicitado, podendo a instrución continuar

coa tramitación para resolver a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada sen necesidade de recadar o ditame

deste órgano consultivo.

Quinta. A conclusión anterior non se ve desvirtuada polo feito de que no suplico do escrito inicial se solicite o recoñecemento do

dereito ?a ser indemnizado en la cantidad de 30.000 euros, incrementada con los intereses que se devenguen desde la fecha de la presente

reclamación?, pois a xuízo deste órgano consultivo a alusión a aqueles xuros non pode empregarse para determinar a contía do procedemento

de responsabilidade patrimonial.

O fundamento da nosa posición atopámolo no artigo 81.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común

das administracións públicas (LPAC, en diante), que dispón o que segue no seu parágrafo primeiro:

?Cando as indemnizacións reclamadas sexan de contía igual ou superior a 50.000 euros ou á que se estableza na correspondente

lexislación autonómica, así como naqueles casos que dispoña a Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado,

será preceptivo solicitar ditame do Consello de Estado ou, se for o caso, do órgano consultivo da comunidade autónoma?.

Por tanto, poñendo este precepto en relación co artigo 12.j) da LCCG, a nosa intervención nos procedementos de responsabilidade

patrimonial será preceptiva cando o importe da indemnización reclamada supere os amentados 30.000 euros.

Os conceptos que integran dita indemnización son só os recollidos no artigo 34 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime

xurídico do sector público (LRXSP, en diante):

1. Só serán indemnizables as lesións producidas ao particular provenientes de danos que este non teña o deber xurídico de

soportar de acordo coa lei. Non serán indemnizables os danos que deriven de feitos ou circunstancias que non se puidesen prever

ou evitar segundo o estado dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles, todo isto

sen prexuízo das prestacións asistenciais ou económicas que as leis poidan establecer para estes casos.

[?]

3. A contía da indemnización calcularase con referencia ao día en que a lesión efectivamente se produciu, sen prexuízo da

súa actualización ata a data en que se poña fin ao procedemento de responsabilidade conforme o índice de garantía da competitividade,

fixado polo Instituto Nacional de Estatística, e dos xuros que procedan por demora no pagamento da indemnización fixada, os

cales se exixirán conforme o establecido na Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, ou, se for o caso, conforme

as normas orzamentarias das comunidades autónomas?.

Do anterior despréndese con claridade que o importe da indemnización e, por tanto, da contía do procedemento (para os efectos

da LCCG), virán determinados pola valoración económica dos danos reclamados pola persoa interesada, sen que teña cabida nese

concepto, no caso que nos ocupa, a alusión xenérica aos hipotéticos xuros devindicados ou por devindicar.

Nótese, a este respecto, que o propio artigo 34 da LRXSP diferencia entre a contía da indemnización, a súa actualización e

os xuros por demora; conceptos estes dous últimos cuxa determinación a norma sitúa ?na data en que se poña fin ao procedemento de responsabilidade?* e, por tanto, a súa concreción sería posterior á eventual intervención deste órgano consultivo. En consecuencia, as mencións

xenéricas que, como neste caso, se efectúan aos hipotéticos xuros devindicados non poden ser tidas en consideración para determinar

a competencia para a emisión do noso ditame, pois neste momento do procedemento só cabe atender á valoración económica dos

danos inicialmente efectuada pola persoa reclamante.

* Afirmación que é extensible ao xuros de demora, xa que tanto o artigo 26 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria,

como o artigo 26 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro

e orzamentario de Galicia, atenden, ao regular o dereito á súa percepción, á data de notificación da resolución xudicial ou

do recoñecemento da obriga.

RESOLVO

?Devolver o expediente de razón por mor da falta de competencia deste órgano consultivo para a emisión do ditame solicitado?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Baremo para calcular el valor de los daños provocados en accidentes de tráfico
Disponible

Baremo para calcular el valor de los daños provocados en accidentes de tráfico

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Otras Indemnizaciones relacionadas con el despido
Disponible

Otras Indemnizaciones relacionadas con el despido

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información