Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 270 de 20 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 270 de 20 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 59 min

Tiempo de lectura: 59 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 20/09/2023

Num. Resolución: 270


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G., por mor dos danos e perdas tras a realización dunha colonoscopia diagnóstica no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Oreiro Romar

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 22.12.2022 G. formula reclamación de responsabilidade patrimonial por mor dos danos padecidos trala realización

dunha colonoscopia diagnóstica no Hospital Universitario Lucus Augusti (en diante, HULA) o día 11.10.2021. Estes danos concrétanse

na perforación da sigma, peritonite xeneralizada, estrés postraumático, períodos de hospitalización, incapacidade laboral

e unha cicatriz.

A indemnización solicitada ascende a 61.063,30 ?.

Xunto coa reclamación achégase diversa documentación clínica. Con posterioridade xúntase un informe pericial realizado por

S., licenciado en medicina e cirurxía, e especialista en avaliación de danos corporais e en medicina avaliadora.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a este:

- Copia da historia clínica.

- Informe do xefe do Servizo de Aparato Dixestivo do HULA do 23.5.2023.

3.- Con data 26.5.2023 deuse trámite de audiencia á parte reclamante, obrando no expediente o xustificante de recepción da notificación (29.5.2023). Non se presentan alegacións.

4.- Con data 4.7.2023 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 28.8.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j)

da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 32 a 37

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais,

pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina

e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos

mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva

e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, as sentenzas do Tribunal Supremo do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018,

rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta

suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que

é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida da

persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación da persoa enferma. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia

sanitaria se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido

non se considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 377/2022, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido polo doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna

valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

A parte denunciante imputa á administración sanitaria unha asistencia deficiente consistente na perforación realizada durante

a práctica da colonoscopia, -como vai dito, o diagnóstico postoperatorio foi perforación de sigma e peritonite xeneralizada-.

Esta incidencia deu lugar a múltiples padecementos e secuelas, representa unha mala praxe, ou cando menos un dano desproporcionado

para unha colonoscopia diagnóstica, e, en consecuencia, debe ser compensado. A Administración sanitaria, pola contra, rexeita

estas imputacións e considera que a actuación foi axustada á lex artis sendo a perforación un risco inherente á colonoscopia, do que o interesado foi oportunamente informado.

Así as cousas, o exame destes reproches do reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran

no expediente (tanto os recadados pola instrución durante a tramitación do procedemento como o informe pericial achegado pola

parte reclamante, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles se conteñen (neste sentido, entre

outros, o CCG 155/2020, o CCG 92/2021 e o CCG 83/2022), debendo este órgano limitarse á súa inclusión en categorías xurídicas

(por todos, o CCG 150/2020, o CCG 247/2021 ou o CCG 169/2022).

E comezando pola análise do informe pericial de parte, que serve de sustento técnico á reclamación, o doutor S. realiza as

seguintes consideracións:

?La perforación del colon es el peor evento adverso que puede ocurrir durante una colonoscopia y más frecuentemente durante

una resección de una lesión y demanda una intervención urgente de reparación idealmente endoscópica o quirúrgica y posteriormente

se debe de proceder al ingreso hospitalario para ayuno absoluto por vía oral y a la realización de las pruebas de imagen diagnósticas

adecuadas para cerciorarse de la resolución de la perforación.

En este caso no nos consta que estas medidas se hayan adoptado con las debidas diligencias. El manejo endoscópico de las perforaciones

del colon previene complicaciones como la peritonitis y cirugías de alto riesgo. El material metálico que se describe en las

pruebas de imagen realizadas el 18-11-2021 pensamos que no es más que el clip utilizado para el cierre de la perforación o

en su defecto, que sería más grave, podría tratarse de una parte metálica del colonoscopio y responsable tardío de la perforación,

lo que aún nos parece más grave y en este caso si claramente negligente la actuación médica por no revisar concienzudamente

el material utilizado.

En cualquier caso y aun estando recogido en el consentimiento informado el riesgo de una perforación intestinal durante una

colonoscopia, está claro que en cualquier caso se trata de una complicación muy rara, como ya dijimos arriba y fácilmente

observable por el cirujano o diagnosticada por imagen tras la realización de la prueba, y en caso de que se produzca debe

de abordarse con los medios adecuados y siguiendo los protocolos establecidos. Recordar que el dolor abdominal persistente,

en este caso más de 7 días postcolonoscopia, es uno de los signos más claros de que algo no está evolucionando bien y a tener

en cuenta además que el diagnóstico tanto de la perforación intestinal como de la peritonitis es de fácil diagnóstico, no

sólo por los síntomas, dolor abdominal persistente, náuseas, malestar general, intolerancia a alimentación oral, si no por

la fiabilidad de las pruebas de imagen y en este caso y con los antecedentes conocidos, colonoscopia reciente, que nos permiten

hacer un diagnóstico de certeza en prácticamente todos los casos?.

Pola súa banda, o informe do xefe do Servizo de Aparello Dixestivo (23.5.2023), comeza relatando a asistencia prestada ao doente. Deste relato interesa destacar que ?el paciente fue sometido a una colonoscopia programada con fecha 11.10.2021, en la que se descubrieron varios pólipos de diámetro

milimétrico, que fueron extirpados, sin que inicialmente se apreciaran complicaciones. Tras la resección del de mayor tamaño,

localizado en el sigma, se colocaron dos clips en la escara, como medida profiláctica frente a una posible perforación diferida.

[?] La colonoscopia, inicialmente diagnóstica, se convirtió en terapéutica al extirparse varios pólipos. Esta situación es muy

frecuente y viene reflejada en el consentimiento informado. No hacerse así y evitar la exploración al mero diagnóstico, el

paciente debería de ser sometido a una nueva colonoscopia, esta vez con intención terapéutica, con el consiguiente perjuicio

para el paciente, las listas de espera y el gasto sanitario?.

O perito de parte, doutor S., despois de afirmar que a perforación do colon ?por sí misma no constituye una negligencia médica?, considerou que a perforación é ?fácilmente observable por el cirujano o diagnosticada por imagen tras la realización de la prueba?. Deste xeito, pon o énfase da neglixencia na forma na que debería terse procedido despois da perforación ?-ingreso hospitalario con ayuno absoluto por vía oral y realización de pruebas de imagen diagnósticas para cerciorarse de

la resolución de la perforación-?.

Pero o doutor S. rebate tal afirmación manifestando que "La fotodocumentación del procedimiento incluida en la historia clínica, descarta que se hubiera producido una perforación

en ese momento [...]?. O informe tamén expón as razóns polas que inicialmente a perforación non é detectada. Así, ?es frecuente que el endoscopista no advierta el hecho de que se haya producido una perforación, lo cual suele deberse al

tamaño pequeño de la misma. La casuística publicada señala que el 55% de las perforaciones no son de detectadas tras el procedimiento;

el 68% se diagnostican el mismo día, un 23% uno o dos días después y el 9% hasta dos semanas tras la colonoscopia. En ocasiones

este retraso en el diagnóstico de perforación se debe a que la misma se produce de forma diferida, es decir, en un segundo

tiempo más debido al efecto retardado que la quemadura producida por el bisturí eléctrico utilizado para la extirpación de

la lesión tiene sobre la pared intestinal?. Deste modo, considera que a hipótese máis plausible da perforación sufrida polo señor G. é que ?la perforación fue diferida, ... y todo ello a pesar de haberse colocado clips con intención profiláctica?; e rexeita unha das consideradas como posibles polo perito de parte, por canto que a posibilidade ?de que dicho cuerpo extraño pudiera corresponder a una parte metálica del colonoscopio, como se sugiere en el informe pericial

elaborado por el doctor S., no tiene ningún fundamento puesto que los endoscopios flexibles no tienen piezas metálicas en

su zona de inserción?.

Tamén imputa ao doente un certo atraso en acudir ao médico de familia ou ao Servizo de Urxencias do hospital (7 días), tendo

en conta que un tratamento precoz podería ter evitado a perforación, e remata indicando a bibliografía médica na que se fundamentan

as súas consideracións e datos estatísticos.

En definitiva, do informe despréndese que a xuízo da Administración sanitaria os danos son consecuencia dun risco típico da

intervención, que tivo lugar a pesar de adoptar todas as medidas profilácticas e preventivas procedentes.

Quinta.

Esta contraposición de posturas entre o perito do reclamante por unha banda, e o e o xefe do Servizo de Aparello Dixestivo

do HULA por outra, ha de resolverse considerando o artigo 77.1 da LPAC, de acordo co cal a valoración das probas no procedemento

administrativo se realizará de acordo cos criterios establecidos na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, establecéndose

nesta última norma a valoración dos ditames periciais segundo a regra da sa crítica.

Este principio de valoración da proba conforme coas regras da sa crítica significa que non existen regras preestablecidas

para a ponderación das probas, polo que o aplicador do dereito ten unha maior liberdade valorativa, o que non leva aparellada

unha apreciación arbitraria ou contraria ás regras da lóxica ou á común experiencia (neste sentido, o CCG 290/2020, o CCG

169/2022, ou o recente CCG 193/2023). Así, o Tribunal Supremo, na súa sentenza do 12.2.2018, rec. 2386/2016, indicou que:

?? a la hora de valorar los dictámenes periciales debe prestarse una atenta consideración a elementos tales como la cualificación

profesional o técnica de los peritos, la magnitud cuantitativa, la clase e importancia o dimensión cualitativa de los datos

recabados y observados por el perito, las operaciones realizadas y medios técnicos empleados, y en particular, el detalle,

la exactitud, la conexión y resolución de los argumentos que soporten la exposición, así como la solidez de las declaraciones?.

Pois ben, no caso que agora nos ocupa, semella que debe prevalecer a tese do doutor L., xefe do Servizo de Aparello Dixestivo

do HULA, cuxa especialización é maior á do perito de parte, dado que sendo ambos cirurxiáns, este último ten a especialización

no aparello dixestivo, e polo tanto no tratamento das enfermidades do colon, en tanto que o doutor S. ten especialización

en avaliación de danos corporais. Co máximo respecto polo traballo de ambos profesionais, o doutor L. realiza un esforzo argumentativo

maior, cita a bibliografía científica que apoia as conclusións, e, en definitiva, a forma de proceder da Administración sanitaria,

e realiza unha valoración das conclusións do informe do doutor S. En canto a este último, o experto céntrase máis na valoración

dos danos e secuelas, tal e como corresponde á súa especialidade. Por maior abastanza, a parte reclamante non formula alegacións

ou presenta novo informe pericial durante o trámite de audiencia para tratar de controverter os datos, bibliografía ou consideracións

médico científicas do doutor L.

En conclusión, como temos manifestado en ditames precedentes (por todos, CCG 216/2022, CCG 246/2023, CCG 169/2022, CCG 131/2021 e CCG 380/2020), en caso de discrepancia de criterios técnicos e dada a carencia de competencia

desa natureza por este Consello Consultivo, que se pronuncia só con base no dereito aplicable, estase no transo de resolver

conforme coas regras da sa crítica, tendo en conta a autoridade científica do perito, a aceptabilidade conforme co coñecemento

común dos métodos científicos aplicados por este e, sobre todo, a coherencia lóxica da argumentación desenvolvida por este

no ditame. Cómpre reiterar que a proba debe sustentarse en perito que reúna a maior especialidade posible que abranga a procedencia

da lesión ocorrida.

Sexta.

Logo de todo o actuado, conclúese que non asiste ao interesado o dereito a ser indemnizado polas razóns expostas anteriormente,

e polo tanto procede desestimar a reclamación, no mesmo sentido que apunta a proposta de resolución sometida a ditame, por

non concorrer o presuposto de responsabilidade pretendida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información