Dictamen de Consello Cons...re de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 270 de 05 de septiembre de 2018

Tiempo de lectura: 22 min

Tiempo de lectura: 22 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/09/2018

Num. Resolución: 270


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio do acceso a un programa de doutoramento do alumno C.

Organismo: Universidade de Vigo

Letrado: López Corral

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 31.7.2018, recibiuse neste órgano consultivo un expediente de revisión de oficio do acto administrativo de acceso

do alumno C. ao programa de doutoramento en Educación, Deporte e Saúde no curso 2014/2015 remitido pola Universidade de Vigo.

Isto con base na causa de nulidade de pleno dereito prevista no artigo 47.1. f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC).

2.- Na documentación remitida consta:

- Inscrición no programa de doutoramento con rexistro de entrada do 19.9.2014

- Licenciatura em Desporto e Educaçao Física-Opçao Complementar de Desporto de Recreaçao e Tempos Livres, da Universidade do Porto (Portugal)

- Formaçao de Especializada en Educaçao Especial-Dominio Cognitivo e Motor, realizado no Instituto Superior de Ciencias da lnformaçao e da Administraçao, de Aveiro (Portugal)

- Informe do xefe do Servizo de Estudos de Postgrao do 18.1.2018

- Escrito presentado polo interesado en trámite de audiencia

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo, polo señor reitor da Universidade de

Vigo, e tivo entrada neste organismo con data 31.7.2018.

4.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 30.8.2018 acordouse, de conformidade co previsto no artigo 39.2 do Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo dun mes.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Sométese á consideración deste Consello Consultivo de Galicia unha proposta de resolución relativa á revisión de oficio do acto administrativo da autorización de acceso ao programa de doutoramento do alumno

C.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón por encadrarse nas competencias delimitadas nos artigos 12.f), da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de

Galicia e 17.a), do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento deste

órgano consultivo, preceptos ambos os dous que establecen a preceptividade do ditame deste órgano nos supostos de revisión

de oficio dos actos administrativos, en canto garantía de preservación da seguridade xurídica e de suxeición a dereito da

actuación administrativa.

Ademais, de acordo co artigo 106 da LPAC, o ditame ten o carácter de preceptivo e vinculante.

Segunda.

Tal e como ten manifestado este Consello Consultivo, o exercicio da potestade revisora require unha adecuada e inescusable formalización, así como o escrupuloso acomodo a un procedemento, o que garda

directa relación coa configuración do procedemento administrativo como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos

da cidadanía.

Pola transcendencia xurídica dos seus efectos, o procedemento de revisión de oficio está suxeito a unha serie de garantías formais de necesario cumprimento como salvagarda da legalidade da resolución

a adoptar.

Unha desas garantías formais é a da resolución do expediente no prazo que establece o artigo 106.5 da LPAC, que sinala: ?5. Cando o procedemento se iniciase de oficio, o transcurso do prazo de seis meses desde o seu inicio sen ditarse resolución

producirá a caducidade. Se o procedemento se iniciase por solicitude de interesado, esta poderase entender desestimada por

silencio administrativo?.

No obstante, o referido prazo pode ser obxecto de suspensión. A este respecto a sentenza do Tribunal Supremo do 18.3.2008 sinala: ?[?] La regla general, como es bien sabido, consiste en que el vencimiento del plazo máximo para resolver dichos procedimientos

sin que se haya dictado la resolución correspondiente determina de modo automático su caducidad y archivo [?] Ahora bien, el rigor queda atenuado (pudiera decirse que comprensiblemente atenuado, a la vista de las diversas hipótesis

que el artículo 42.5 contempla) permitiéndose que en circunstancias excepcionales se ?pare el reloj? del cómputo temporal,

esto es, se suspenda el plazo máximo para resolver?. Así, o artigo 22 da LPAC contempla unha serie de casos nos que se pode suspender o prazo máximo legal para resolver un

procedemento e notificar a resolución. Entre estes supostos atópase o contemplado na letra d):

?Cando se soliciten informes preceptivos a un órgano da mesma ou distinta Administración, polo tempo que medie entre a petición,

que se deberá comunicar aos interesados, e a recepción do informe, que igualmente deberá ser comunicada a estes. Este prazo

de suspensión non poderá exceder en ningún caso tres meses. En caso de non recibirse o informe no prazo indicado, proseguirá

o procedemento?.

Este precepto coincide coa previsión que figuraba no artigo 42.5.c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, derrogada

pola LPAC, e como se tiña sinalado desde este órgano consultivo, dentro do suposto contemplado neste apartado, pode incluírse

a solicitude de ditame ao Consello Consultivo de Galicia, se ben a previsión contida no precepto non opera de xeito automático

senón que é unha facultade do órgano de instrución que en todo caso require a adopción dun acordo expreso ao respecto así

como a comunicación ao interesado, neste senso CCG 206/2012.

No presente caso sucede que, acordada por resolución reitoral da Universidade de Vigo, o inicio do procedemento de revisión de oficio con data 23.1.2018 e tendo transcorrido máis de seis meses dende entón,

sen que conste que mediase acordo de suspensión do procedemento, nin se aprecie circunstancia imputable ao interesado determinante

da súa interrupción, procede, nos termos do artigo 106.5 da LPAC, declarar a caducidade do procedemento.

Terceira.

Sen prexuízo do anterior, como xa ten apuntado este Consello Consultivo en anteriores pronunciamentos, a declaración de caducidade do procedemento non impide a revisión de oficio do acto en cuestión,

sempre que se respecten os límites do artigo 110 da LPAC, pero si esixe, en todo caso, o inicio dun novo expediente de revisión.

Para tal suposto, cómpre non esquecer que a facultade revisora dos actos declarativos de dereito concíbese como un procedemento no que interesa, ante todo, o restablecemento da legalidade quebrantada,

mais debe tamén cumprir unha función de garantía, que esixe unha precisa concreción do seu obxecto, así como unha adecuada

tramitación.

A este respecto, no expediente remitido obsérvase a ausencia de documentos esenciais, entre eles, sinaladamente, a propia resolución a revisar, do 3.10.2014 pola que o interesado foi admitido ao programa

de doutoramento, de imprescindible achega nun posible novo procedemento de revisión de oficio.

Tampouco consta a documentación mediante a que o alumno formalizou a preinscrición, invocando ?Ter 300 créditos LRU nunha titulación de 1º e 2º ciclo?, segundo se recolle no apartado de antecedentes do informe do xefe do servizo de Estudos de Postgrao do 18.1.2018, no que

se precisa que a devandita forma de acceso é exclusiva para titulados españois.

Aínda que nas consideracións legais do propio informe se invoque como circunstancia en que se fundamentaría a revisión de oficio, o incumprimento dos requisitos de acceso ao doutorado a que se

refire o artigo 6.2.a) do Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, tamén aplicables aos títulos universitarios oficiais doutros

países integrantes do Espazo Europeo de Educación Superior, a súa incorporación ao actuado é tamén procedente para completar

os antecedentes da proposta que se someta a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire conforme á consideración segunda deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores
Disponible

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores

Editorial Colex, S.L.

8.50€

8.07€

+ Información

Conceptos de Derecho administrativo para opositores
Disponible

Conceptos de Derecho administrativo para opositores

Francisco Javier Puentenueva Sánchez

12.75€

12.11€

+ Información