Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 269 de 13 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 269 de 13 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 47 min

Tiempo de lectura: 47 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/09/2023

Num. Resolución: 269


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por B. e R., polos danos e perdas polo falecemento da súa filla A. tras a asistencia sanitaria no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro e Centro Saúde Lavadores.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Inadmisión

Conclusion:

Favorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 15.5.2023 B. e R. formulan unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos e perdas ocasionados polo falecemento da súa

filla, A., tras a asistencia sanitaria no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro e no Centro de Saúde Lavadores.

No escrito inicial non se concreta o importe da indemnización reclamada.

2.- Apreciada a posible existencia de prescrición do dereito a reclamar, o 22.5.2023 a persoa instrutora acordou dar audiencia sobre esta cuestión á parte reclamante.

Non consta que a parte reclamante formulase alegacións.

3.- O 30.6.2023 a persoa instrutora formula proposta de inadmisión por extemporánea da solicitude e de arquivo do expediente.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 28.8.2023.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta correspondente a un expediente administrativo instruído pola Consellería

de Sanidade, no que, a instancia de parte, se interesa o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización en concepto

de responsabilidade patrimonial.

O artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, dispón expresamente que:

?O Consello Consultivo ditaminará preceptivamente sobre os asuntos seguintes:

[...]

j) Reclamacións de responsabilidade patrimonial de contía superior a 30.000 euros para a Administración autonómica e a 15.000

euros para as administracións locais?.

Pola súa banda, o artigo 33.2 do Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño,

(en diante, RCCG) sinala que:

?Unha vez aberto o expediente, e como trámite previo, en caso de observarse a falta manifesta de competencia do Consello,

por parte da Presidencia do Consello decidirase a devolución do expediente remitido e o arquivo do actuado ante o Consello,

sen máis trámite?.

A competencia deste Consello Consultivo debe cinguirse aos aspectos descritos na lexislación reguladora dos procedementos

de reclamación de responsabilidade patrimonial, e excluírse cando a falta de competencia resulta ?manifesta?.

En efecto, o ditame preceptivo do Consejo de Estado ou dos órganos consultivos equivalentes só é esixible nos supostos nos

que o procedemento administrativo de reclamación por responsabilidade patrimonial da Administración remate mediante unha proposta

de resolución do órgano instrutor ditada nos termos e co alcance establecidos no artigo 91.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,

do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), cun pronunciamento ?sobre a existencia ou non da relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público e a lesión producida e, se for

o caso, sobre a valoración do dano causado, a contía e o modo da indemnización, cando proceda, de acordo cos criterios que

para calculala e aboala se establecen no artigo 34 da Lei de réxime xurídico do sector público?.

O obxecto do ditame do órgano consultivo competente vén expresado, en lóxica coherencia, no artigo 81, número 2, da LPAC,

ao establecer que ?deberase pronunciar sobre a existencia ou non de relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público e a lesión

producida e, se for o caso, sobre a valoración do dano causado e a contía e modo da indemnización, de acordo cos criterios

establecidos nesta lei?.

No expediente tramitado, a Consellería de Sanidade non se pronunciou sobre ningún deses extremos, propoñendo simplemente a

inadmisión ?a limine? da solicitude por extemporaneidade.

Para estes supostos, a proposta de resolución a que se refire o artigo 91.2 da LPAC queda excluída e, como consecuencia, tamén

o ditame do órgano consultivo competente ao que se refire o artigo 81.2 da LPAC, establecendo o artigo 21.1 da mesma lei que

nestes casos a resolución ?consistirá na declaración da circunstancia que concorra en cada caso, con indicación dos feitos producidos e das normas aplicables? e que será recorrible en vía contencioso-administrativa.

Polo tanto, no presente caso podería entenderse que o que procede é a inadmisión ?a limine? da reclamación presentada, por extemporaneidade, sen necesidade de solicitar ditame deste Consello Consultivo de Galicia.

Non obstante o anterior, tamén hai que ter en conta que o precitado artigo 33.2 do RCCG esixe, para apreciala, que ?a falta de competencia? do Consello Consultivo sexa ?manifesta?, o que daría lugar a unha resolución, por falta de competencia, da Presidencia do Consello Consultivo.

Pois ben, no presente caso, e como xa temos manifestado noutras ocasións (vide CCG 178/2020, CCG 194/2020, CCG 253/2020, CCG 309/2020 CCG 333/2020, CCG 356/2020, CCG 359/2020 ou os máis recentes CCG 89/2021,

CCG 80/2022, CCG 489/2022 ou CCG 107/2023) obsérvase a necesidade de realizar un xuízo xurídico previo á inadmisión, no que deben terse en conta unha serie de elementos

fácticos que dean lugar a unha conclusión xurídica.

En definitiva, estas operacións de interpretación normativa e fáctica esixen un xuízo xurídico previo que exclúe, a entender

deste organismo, a posibilidade de apreciar a ?manifesta incompetencia? do Consello; e, en consecuencia, obrigan a analizar a legalidade da proposta sometida a ditame. Neste sentido cómpre, ademais,

lembrar que este órgano consultivo actúa como unha garantía de legalidade para a cidadanía en relación coa actuación da Administración,

polo que a súa intervención non pode constituír vicio ou defecto ningún na tramitación do expediente.

Resta por indicar que, conforme o antes exposto, a tenor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello

Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de

xuño, o Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer das reclamacións de responsabilidade patrimonial da Administración

autonómica de contía superior a 30.000,00 ?. Neste caso non se concretou pola parte reclamante o importe da indemnización

reclamada se ben, atendidos os danos obxecto de reclamación, cabe considerar que a contía reclamada é superior a aquela cantidade.

Segunda.

En materia de responsabilidade patrimonial resulta preciso analizar os requisitos procedimentais mínimos que condicionan a

viabilidade da reclamación presentada e, concretamente, o da súa interposición en tempo hábil. Sobre o dito extremo, o artigo

67.1 da LPAC dispón o seguinte:

?Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

Cómpre sinalar ao respecto que a cuestión da vixencia da acción de responsabilidade precisa ser analizada como paso previo

a calquera eventual pronunciamento sobre o fondo, pois, de apreciarse a súa existencia, non será necesario abordar o fondo

do asunto (así, entre outros, ditames CCG 235/2018, CCG 346/2018, CCG 4/2019 ou os máis recentes CCG 89/2021, CCG 80/2022

ou CCG 489/2022).

Agora ben, este órgano consultivo tamén ten indicado que esta posibilidade de apreciación da prescrición sen abordar o fondo

do asunto debe ir precedida dun traslado da cuestión relativa á posible prescrición do dereito a reclamar á parte reclamante

co fin de que esta poida alegar e, de ser o caso, achegar os documentos e as xustificacións que estime pertinentes sobre esa

concreta cuestión, en defensa dos seus dereitos e como esixencia derivada do esencial principio de contradición. Así sucedeu

no presente expediente, no que consta a realización dun trámite de audiencia sobre a posible prescrición do dereito a reclamar,

con carácter previo á formulación da proposta.

Sentado o anterior, conforme reiterada doutrina xurisprudencial seguida por este órgano consultivo, o cómputo do prazo de

prescrición parte da teoría da actio nata, que se alicerza nun completo coñecemento das consecuencias danosas e que, no caso de lesións e secuelas, se sitúa no momento

no que a persoa lesionada coñeza o seu alcance, tal e coma expresamente dispón o artigo 67.1 da LPAC. Neste sentido, recorda,

entre outras, a STS do 11.6.2012, rec. 2643/2010, que:

?[...] esta Sala viene proclamando hasta la saciedad (sentencias de 8 de julio de 1993, 28 de abril de 1997, 14 de febrero y 26

de mayo de 1994, 26 de octubre de 2000 y 11 de mayo de 2001), que ?el «dies a quo» para el ejercicio de la acción de responsabilidad

patrimonial será aquel en que se conozcan definitivamente los efectos del quebranto' (Sentencia de 31 de octubre de 2000),

o, en otros términos ?aquel en que se objetivan las lesiones con el alcance definitivo de las secuelas, siendo de rechazar

con acierto la prescripción, cuando se pretende basar el plazo anual en la fecha del diagnóstico de la enfermedad' (Sentencia

de 23 de julio de 1997) [...]?.

Por maior abastanza, para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que estas sexan

perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo de prescrición

cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS do 3.10.2014, rec. 3957/2012). O relevante, pois, é determinar o momento no que as manifestacións esenciais da enfermidade

e as secuelas que esta indefectiblemente leva consigo poden reputarse como efectivamente constatadas, de modo que as persoas

afectadas poidan xa exercitar o seu dereito a reclamar ao considerarse completados os elementos fácticos e xurídicos que permiten

deducir a acción (STS do 6.5.2015, rec. 2099/2013).

Ese coñecemento dependerá dos datos existentes e de que estes sirvan para determinar que a lesión ou secuela se ten consolidado

e sexa posible coñecer o alcance real do dano que se reclama. A determinación de cando se produce esta circunstancia e, polo

tanto, cando é posible exercitar a acción, comezando o cómputo do prazo de prescrición, depende das circunstancias de cada

caso en concreto e das probas practicadas (por todas, STS do 20.12.2013, rec. 4606/2012, e STS do 27.5.2016, rec. 3483/2014,

e as que nelas se citan).

Para estes efectos a xurisprudencia ten establecido a distinción entre danos continuados, que coma tales non permiten coñecer

aínda os efectos definitivos dunha lesión e nos que, polo tanto, o dies a quo será aquel en que ese coñecemento se alcance; e danos permanentes, que aluden a lesións irreversibles e incurables aínda

que non intratables, cuxas secuelas resultan previsibles na súa evolución e na súa determinación, sendo polo tanto cuantificables,

polo que ?los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o a evitar eventuales

complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de que el daño ya se manifestó

con todo su alcance? (por todas, SSTS do 26.2.2013, rec. 367/2011, e do 28.11.2017, rec. 2552/2015, e as que nela se citan). ?A contrario sensu?, os tratamentos ulteriores si terán influencia no inicio do cómputo do prazo de prescrición se resultan necesarios para a

determinación do alcance definitivo das secuelas.

Por maior abastanza, o coñecemento do alcance das lesións ou das secuelas pode coincidir coa alta médica ou situarse nun momento

anterior; iso dependerá dos datos existentes e de que estes sirvan para coñecer o alcance real do dano que se reclama.

Para rematar con estas consideracións xerais procede recordar a doutrina xurisprudencial, favorable ao principio pro actione, que impón interpretar restritivamente a prescrición, ao non estar baseada en principios de estrita xustiza, senón de seguridade

xurídica e de presunción de abandono do exercicio do dereito (por todas, SSTS do 14.3.2007, rec. 262/2000; do 6.5.2009, rec.

292/2005; ou do 24.5.2010, rec. 644/2006). Non obstante o anterior, ha de advertirse de que ?el plazo no puede quedar eternamente abierto, de forma indefinida y al arbitrio de la parte, sino que ha de estarse al momento

concreto en el que se determina el alcance de las secuelas, pues existen enfermedades que por su evolución unido a las propias

características limitadas de la naturaleza humana van a impedir conocer las consecuencias exactas y definitivas? (STS do 24.10.2011, rec. 4816/2009). En efecto, como recordan, entre outras, as SSTS do 30.6.2009, rec. 1859/2005, e do 21.6.2011,

rec. 4586/2009:

?El seguimiento de una lesión de carácter permanente, mediante los correspondientes controles, no altera el momento de determinación

de tales lesiones y secuelas, y no puede entenderse ilimitadamente abierto el plazo de reclamación a resultas de las sucesivas

visitas de control que no responden a la agravación o aparición de padecimientos distintos de los previstos al establecer

el alcance de los mismos y sus secuelas", engadindo que "En otro caso se dejaría al arbitrio del interesado el establecimiento

del plazo de reclamación, lo que no responde a las previsiones del legislador al sujetar el ejercicio de la acción a esa exigencia

temporal?.

En suma, como recorda a STS do 10.5.2017, rec. 202/2016:

?En modo alguno, el legislador ha previsto [...] un sistema abierto y evolutivo que, de forma constante, permanente y sin cierre temporal, module las indemnizaciones en paralelo

a la posible evolución de las secuelas diagnosticadas, debiendo estarse, pues, al diagnóstico considerado como definitivo?.

Terceira.

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, a reclamación que nos ocupa presentouse o 15.5.2023 e baséase nos danos que as persoas reclamantes estiman causados polo falecemento da súa filla o 22.6.2021, que vinculan a

unha asistencia sanitaria defectuosa.

O tempo transcorrido entre a interposición da reclamación e a produción do evento lutuoso, no que aquela se basea, supera

con creces o prazo dun ano contemplado no artigo 67.1 da LPAC. Debe destacarse que esta circunstancia foi posta de manifesto

pola persoa instrutora do procedemento á parte reclamante, sen que esta presentara alegacións.

O ata aquí exposto leva a concluír que, cando se presentou a reclamación de responsabilidade patrimonial, o 15.5.2023, xa transcorrera o prazo de prescrición dun ano do artigo 67.1 da LPAC.

O criterio deste órgano consultivo é, pois, favorable á inadmisión da reclamación.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de inadmisión da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Subastas judiciales. Paso a paso
Disponible

Subastas judiciales. Paso a paso

María de las Mercedes Martín López

17.00€

16.15€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información