Dictamen de Consello Cons...to de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 260 de 30 de agosto de 2018

Tiempo de lectura: 65 min

Tiempo de lectura: 65 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 30/08/2018

Num. Resolución: 260


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por I. en nome e representación de C. e L., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento do seu fillo C. no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Prof. Novoa Santos de Ferrol.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 20.9.2017, I. actuando en nome e representación de C. e L. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial

ante o Servizo Galego de Saúde polo falecemento do seu fillo C. o día 19.5.2009.

No escrito sinalan que C., de 27 anos, con antecedente de válvula aórtica bicúspide acudiu ás 06:54 horas do día 16.5.2009,

ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol por presentar un cadro de dor centrotorácico. Ingresou no

servizo de Medicina Interna de dito complexo hospitalario, e foi dado de alta o día 18 de maio con dor torácico e medicación

sintomática, sendo citado para consultas externas de Medicina Interna o día 10 de xullo para efectuar E.C.G.

Ao día seguinte C. faleceu de forma súbita mentres se atopaba practicando deporte. Sinalan que a causa inmediata da morte foi ?taponamiento cardíaco como consecuencia de una rotura de una disección aguda de aorta ascendente?.

No escrito sinalan:

?En el presente caso, se produjo una clara vulneración de la lex artis de la medicina enlazada causalmente con el funesto resultado. La disección aguda de la aorta que motivó el ingreso hospitalario

pudo y debió haber sido diagnosticado el día de su ingreso y sometida -de forma inmediata- a reparación quirúrgica.

La desidia mostrada por los facultativos que atendieron al paciente, al no solicitar interconsulta al Servicio de Cardiología, ni solicitar una ecocardiografía transtorácica ó transesofágica, ni un

TAC o una RMN torácica previamente al alta, provocó que el diagnostico de disección aguda de la aorta hubiese pasado desapercibido

y no se procediese a la adecuada corrección quirúrgica?.

Solicitan unha indemnización total de 105.711 euros.

Xunto co escrito de reclamación achegan:

- Informes forenses.

- Informe pericial.

- Sentenza da Audiencia Provincial da Coruña de 23.9.2016.

2.- Instruído o procedemento conforme á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en adiante LPAC), consta nel a historia clínica do doente ademais de informes remitidos polos servizos de Medicina

Interna, Cardioloxía e Radioloxía do Hospital Arquitecto Marcide.

3.- No trámite de audiencia os interesados reiteraron a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 30.7.2018.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do art. 81.2 da LPAC resulta preciso

determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo

e a lesión aducida, e eventualmente haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo e da contía da indemnización e o modo

de facela efectiva.

Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren os presupostos para a imputación, no réxime obxectivo, desa responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

Quinta.

A cuestión capital da que os interesados fan referente causal da reclamación é o inadecuado seguimento e control por parte do Servizo de Medicina Interna do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol onde foi

asistido logo do ingreso en urxencias por presentar dor centrotorácico.

Debe terse en conta, a tal efecto, que tratándose dunha reclamación realizada con base nunha previa asistencia sanitaria, e dado o carácter técnico da materia, é doutrina reiterada deste Consello Consultivo,

-entre outros, CCG 398/2000-, que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar os feitos.

En efecto, a apreciación dos feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar

parte dun sistema técnico-científico específico e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudio, explicación

e xustificación dos feitos neste tipo de expediente é tarefa que corresponde principalmente ós facultativos, quedando para

o aplicador do Dereito a súa cualificación ou subsunción nas respectivas categorías xurídicas.

Da historia clínica resulta que C., nado en 1982, acudiu ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide en Ferrol o día 16.5.2009, por presentar

?dolor torácico irradiado a la espalda?.

Foi ingresado no servizo de Medicina Interna onde permaneceu ata á súa alta hospitalaria o día 18 dese mes.

O informe do servizo de Medicina Interna onde foi atendido, refire nos seguintes termos a súa evolución:

?Motivo de consulta:

Dolor centrotorácico

Antecedentes personales: No AMC. Fumador. Deportista. Válvula aortica bicúspide. Desinserción postraumática del tendón palmar profundo del 5º dedo de la mano izquierda. Valorado por psicología con

el diagnóstico de trastorno adaptativo con síntomas depresivos en el 2006. Sin otros antecedentes de interés. No tratamientos

habituales.

Enfermedad actual:

Acude al hospital por presentar desde hace 5 días, mientras se encontraba realizando escalada, cuadro de dolor localizado a nivel dorsal y controtorácico punzante, que aumenta con la inspiración y

el decúbito y asociado a sensación de adormecimiento sobre brazo izquierdo. Leve odinofagia sin otra clínica asociada. No

tos ni expectoración. No disnea. No refiere otra sintomatología por aparatos.

Exploración física:

TA 120/70 Tª 37,5ºC FR 16r`m FC 80lpm BEG, NH,NC, Eupneico CyC: no IY, no adenopatías ni bocio. Faringe normal AC: ritmo,

soplo 2/6 en FA AP: murmullo vesicular asociado ABd: no doloroso, depresible, sin megallas MMII: no edemas ni signos de TVP.

Exploraciones complementarias:

Hemograma: Leucos 9600 (81% N), Hb 12.6, Hto 37%, VC, 86, Plaq 157000 VSG 56

Coagulación: normal

Bioquímica: Alb 4.4, Glucosa 94, Urea 32, Cr 1, acurico 5, Bt 0.7, FA 147, GOT 21, GPT 28, GGT 49, LDH 267, Ca 9.4, P 3, Na

142, K 4.3, Colesterol 116, TG 51, LDL 65, pcr 205, Fr 15 MDM (x2): normales.

Rx tórax: sin alteraciones agudas

ECG (al ingreso): RS a 80 lpm, alteración de la repolarización con elevación de ST EGC (planta): RS a 70 lpm. Elevación ST ECG previos.

Evolución y comentarios:

Paciente de 27 años que ingresa por cuadro de dolor torácico sugestivo de pericarditis aguda con alteración del ST en ECG compatible con dicho cuadro. Al ingreso se inicia tratamiento con AAS a dosis

altas con mejoría parcial del cuadro. Dado que se encuentra estable y sin modificación de los enzimas de daño miocardio se

decide alta hospitalaria.

Diagnostico:

1.Pericardititis aguda

Tratamiento:

- Reposo relativo en próximas semanas sin realizar grandes esfuerzos hasta que desaparezca complemente el dolor.

- Dieta ordinaria

- AAS 500 mg: 1 comprimido cada 6 horas mientras tenga dolor, después disminuirá la dosis a 1 comprimido cada 8 horas durante

siete días, después 1 comprimido cada 12 horas otros 7 días y después 1 comprimido al día durante 7 días más y suspender (Se

debe tomar tras la ingesta algún alimento)

- Omeaprazol 20: 1 comprimido antes del desayuno mientras tome tratamiento con AAS.

- si persiste dolor puede tomar Efferalgan 500 mg cada 8 horas.

Acudirá a revisión en consultas externas de Medicina Interna (Hepatologia, 2ª planta del Centro de Especialidades) el día 10 de junio tras la realización de electrocardiograma. Una semana antes realizará

analítica que se adjunta en su centro de salud correspondiente?.

O día 19 de maio o señor C. faleceu mentres estaba na praia de Campelo (Valdoviño).

O informe médico forense sinala como causa da morte:

?Primera.- Que se trata de una muerte natural.

Segunda.- Que la causa fundamental de la muerte es una rotura de aneurisma de la aorta ascendente.

Tercera.- Que la causa inmediata de la muerte es un taponamiento cardiaco con fracaso cardiaco agudo?.

Sexta.

Centrados nestes termos a asistencia sanitaria prestada ao falecido corresponde agora analizar a cuestión exposta pola parte, así denuncia a atención prestada no Hospital Arquitecto Marcide, no senso de

non solicitar interconsulta ao servizo de Cardioloxía para a realización de probas diagnósticas. Así sinalan expresamente:

?La disección aguda de la aorta que motivó el ingreso hospitalario pudo y debió haber sido diagnosticada el día de su ingreso

y sometida -de forma inmediata- a reparación quirúrgica?.

Como ten sinalado este órgano consultivo, a actuación do servizo público sanitario impón unha obriga de medios que deben ser postos a disposición do fin último que é acadar a curación do enfermo.

Esta obriga ten que vir dada por unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta

en práctica daqueles medios diagnósticos e de tratamento que razoablemente resulten precisos, atendidas as circunstancias

que se presentan; é dicir, do factor humano sobre o que se actúa. O intre da oportunidade da asistencia sanitaria é importante

e resulta así necesario evitar demoras que deben ser identificadas na organización do servizo.

No presente caso o informe forense de data 4.9.2010 realiza a seguinte valoración sobre a atención prestada ao señor C.:

?(?) La válvula aórtica bicúspide se asociada con el aneurisma de aorta torácica según la bibliografía consultada.

Las causas de dolor torácico pueden ser las siguientes.

- Isquémico (angor pectoris o infarto de miocardio).

- Pleurítico.

-Pericardio.

- Disección aórtica.

- Esofágico.

- Tromboembolismo pulmonar.

- Osteomuscular.

- Picógeno.

Debido a los antecedentes clínicos del fallecido debieron de habérsele realizado otras pruebas complementarias como ecografía transtorácica, TAC o RNM.

Aunque la pericarditis aguda en el 80% de los casos tiene una etiología vírica, puede ser causa de pericarditis aguda una patología de estructuras vecinas como una disección aortica.

(?)

Considero que por los antecedentes clínicos y patológicos del paciente, la persistencia del dolor al momento del alta (según consta en informe de alta) y el no habérsele realizado ninguna prueba complementaria

salvo analítica, rx de tórax y electrocardiograma, si considero que debió de haberse consultado el caso con el Servicio de

Cardiología antes de darle el alta médica.

(?)

Según la bibliografía consultada la ecografía transtorácica, identifica la disección aórtica proximal. Es menos sensible y específica que la ecocardiografía transesofágica, ésta confirma la disección

en un 90% de los casos, permite localizar la rotura intimal en la mayoría de los casos y valorar el flujo sanguíneo en la

verdadera y falsa luz.

(?)

El diagnóstico de disección de aorta no se realizó durante la estancia hospitalaria, no se si se podría llegar a ese diagnóstico en esos días coincidiendo con un fin de semana, pero lo que si ha

ocurrido es que no se han realizado todas las pruebas necesarias para el diagnóstico del paciente, el cual fue diagnosticado

de pericarditis aguda, dicha pericarditis aguda es consecuencia de la rotura del aneurisma de aorta y no se trata de una pericarditis

vírica como se reseña en la historia clínica.

El estudio histopatológico efectuado en el Instituto Nacional de Toxicología de Madrid confirma la existencia de una dilatación, disección y rotura de la aorta ascendente, válvula aórtica bicúspide, DEGENERACIÓN

QUISTICA DE LA MEDIA, pericarditis subaguda y ligera hipertrofia cardiaca.

La necrosis quística de la media diagnosticada histopatológicamente es una de las causas de un aneurisma de la aorta.

Para hacer el diagnostico de una patología ha de sospecharse previamente que pueda presentarse esa patología en el caso que se está estudiando.

Tal como se reseña en el informe del Instituto nacional de Toxicología de Madrid, el hallazgo de fibroblastos tapizando los bordes de la rotura intimal (zona interna de la pared) son sugestivos de

que ésta se produjo varios días antes de su muerte?.

Sétima.

Pois ben, neste caso atendendo á historia clínica e informes que figuran no expediente, este órgano consultivo estima que se ben se realizou por parte do servizo público unha valoración xeral da sintomatoloxía

que presentaba o señor C., non se tivo en conta aos efectos precisos de diagnóstico a condición do doente cunha ?válvula aórtica bicuspide?.

Considérase que a condición do paciente facía necesario o seguimento por parte de servizo de Cardioloxía que non foi realizado polo que efectivamente esta falta supuxo unha perda de oportunidade no proceso

asistencial.

Neste punto compre facer unha puntualización, no informe emitido polo servizo de Medicina Interna na instrución do expediente figura textualmente: ?No estaba acreditado de modo taxativo que en el momento del ingreso el paciente fuera portador de valvulopatía aórtica bicúspide?.

Pois ben este dato aparece contradito no informe de alta hospitalaria -antes reproducido- que no apartado de antecedentes

persoais figura expresamente este dato.

Como ten sinalado este órgano consultivo a actuación do servizo público sanitario impón unha obriga de medios que deben ser postos a disposición do fin último que é acadar a curación do enfermo.

Como sinala a sentenza do Tribunal Supremo do 23.1.2012: ?(?) Y, así a los servicios públicos de salud no se les puede exigir más que una actuación correcta y a tiempo conforme a las

técnicas vigentes en función del conocimiento de la práctica sanitaria. (?) Aunque la incertidumbre en los resultados es consustancial

a la práctica de la medicina (circunstancia que explica la inexistencia de un derecho a la curación), los ciudadanos deben

contar frente a sus servicios públicos de salud con la garantía de que, al menos, van a ser tratados con diligencia aplicando

los medios y los instrumentos que la ciencia médica posee a disposición de las administraciones sanitarias?.

Pola súa banda, a STS do 20.11.2012: ?(?) Los ciudadanos deben contar con que no se produzca una ?falta de servicio? en sentido concordante de ?defecto de pericia

y pérdida de actividad? (STS 2.11.2009)?.

En efecto, a condición particular do paciente facía necesario unha atención por parte de servizo especializado que non foi realizado polo que efectivamente esta falta de seguimento clínico estrito supuxo

unha perda de oportunidade. Así, de se efectuar un seguimento por parte do servizo de Cardioloxía coa realización das conseguintes

probas diagnósticas puido terse alterado o proceso, aínda que non se pode garantir con total seguridade que non se producise

o fatal resultado final, que é precisamente a peculiaridade desta doutrina da perda da oportunidade.

A caracterización da ?perda de oportunidade? concrétase no grado de incerteza que rodea a unha determinada actuación médica para constatar en que medida se tivera evitado

un resultado lesivo, atendida a gravidade do dano, ou se tivera mellorado a situación do doente de haberse tomado unha decisión

concreta.

Por isto, nestes casos, o dano é a incerteza en torno á secuencia que terían tomado os feitos de terse seguido no funcionamento do servizo outros parámetros de actuación. En suma, a posibilidade de que

as circunstancias concorrentes acontecesen doutro xeito. Na perda de oportunidade hai, xa que logo, certa mingua dunha alternativa

de tratamento, lesión que se asemella en certo modo ao dano moral. Como sinala a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, do 30.4.2014, con cita da do mesmo tribunal do 23.7.2008, ?[?] en la fijación de la indemnización a conceder hay que tener en cuenta la doctrina de la pérdida de oportunidad, conforme a

la cual es posible afirmar que la actuación médica privó de determinadas expectativas de curación o de supervivencia, que

deben ser indemnizadas, aunque reduciendo el montante de la indemnización en razón de la probabilidad de que el daño se hubiera

producido igualmente de haberse actuando diligentemente?.

Tendo en conta as circunstancias que concorren no presente caso, e o criterio seguido por este órgano consultivo noutros supostos anteriores (por todos, o ditame CCG 279/2014), ao ponderar as indemnizacións,

no caso de aplicación da figura de perda de oportunidade, considerase procedente indemnizar aos reclamantes nun total de vinte

mil euros (20.000,00 ?), cantidade que debe entenderse actualizada por todos os conceptos á data de emisión deste ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire, indemnizando aos reclamantes na contía de 20.000 ??.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información