Dictamen de Consello Cons...io de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 255 de 27 de julio de 2017

Tiempo de lectura: 16 min

Tiempo de lectura: 16 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/07/2017

Num. Resolución: 255


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona P. en representación do seu fillo don C. polos danos causados por mor do retraso diagnóstico das enfermidades que padece

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 27.1.2017, dona P., actuando en nome e representación do seu fillo don C., presentou reclamación de responsabilidade

patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde solicitando unha indemnización polos danos causados ao seu fillo en diferentes

servizos asistenciais do Sergas.

A indemnización solicitada ascende a 40.000 euros.

2.- Instruído o correspondente expediente, por dúas ocasións, dirixiuse escrito á reclamante para que emendara a instancia inicial

dado o confuso da reclamación determinando as lesións producidas, a presunta relación de causalidade do dano coa asistencia

prestada e o momento de produción do dano, baixo apercibimento de que de non proceder a cumprir co requirimento en prazo entenderase

que desiste da súa solicitude, arquivándose sen máis trámites a súa solicitude.

3.- Non considerando o instrutor que dito requirimento fora cumprimentado pola reclamante, polo instrutor proponse agora o arquivo

das actuacións.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día trinta de xuño de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (aspectos procedimentais)

e nos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015 de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas.

Terceira.-

A cuestión que presenta o expediente sometido a consideración de este Consello é a da procedencia ou non do arquivo da solicitude de iniciación do procedemento de responsabilidade patrimonial suscitado

pola reclamante.

No presente suposto, fixéronse á reclamante dous requirimentos ao abeiro do artigo 67 da Lei 39/2015, un por parte da Xefatura de Servizo e outro pola instrutora, notificados en datas 07/02/17 e 24/03/2017

respectivamente. Nos devanditos requirimentos, dado o confuso da reclamación, solicitábaselle que determinara ?as lesións producidas, a presunta relación de causalidade coa asistencia prestada e o momento da súa produción?, coa advertencia prevista no art. 68 da mesma lei, de que se lle consideraría desistida do procedemento, de non achegar a

información solicitada.

A este respecto hai que dar conta, en primeiro lugar, de que a actuación por parte da instrución foi correcta. Non pode considerarse fóra de lugar, por tanto, que por parte da xefatura de servizo e por

parte da instrutora solicite á reclamante que determinara ?as lesións producidas, a presunta relación de causalidade coa asistencia prestada e o momento da súa produción? xa que como entende a instrutora de este procedemento no escrito inicial de reclamación presentado pola reclamante relata

dunha maneira confusa unha serie de feitos relacionados cos problema de saúde do seu fillo sen que sexa posible determinar

cal é o dano que o Sergas produciu ao seu fillo.

A pesar do requirimento da Administración, que fai en dúas ocasións para que emende este defecto, a reclamante o que fai é volver a reiterar o xa manifestado no seu escrito inicial, é dicir limitarse

a reproducir a historia clínica do seu fillo e ademais neste novo escrito fai unhas valoracións totalmente alleas a este procedemento

(?mejor hasta la próxima no, tome una resolución, y sí tiene que archivarla, hágalo. A mí me supone cada reclamación o contestación

5 ?, que no estoy dispuesta a seguir pagando ya que me supone una barra de pan para mis hijos. Le contesté debido al problema

farragoso con el Dr. Q. el 31.03.2017. Tengo preguntado quien tiene el cupo abierto para cambiar de médico y él es el único.

El problema que tienen sus pacientes es el siguiente: sí quieren cambiar de médico no pueden, porque es el único que tiene

el cupo abierto?).

A interesada non cumpriu có requirimento, e constando notificado fehacientemente o requirimento de emenda procede aplicar o

artigo 68 de Lei 39/2015.

Deste xeito, a declaración contida na proposta de resolución cumpre coa normativa ao respecto declarando o arquivo da reclamación polo desestimento da interesada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.