Dictamen de Consello Cons...re de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 255 de 12 de septiembre de 2018

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/09/2018

Num. Resolución: 255


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por N. en nome do seu pai N. polos danos sufridos por este no seu tratamento de insuficiencia suprarrenal primaria no Hospital Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 18.12.2017, N., en nome do seu pai N., interpuxo unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos sufridos

por este como consecuencia do erro diagnóstico no que incorreu o Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario

da Coruña (CHUAC) onde o paciente foi atendido o día 18.12.2016 a resultas dunha dor no hemotórax esquerdo dunhas dúas horas

de evolución.

Segundo relata, ao non esgotarse as probas diagnósticas necesarias, e que estaban a disposición dos médicos nese momento, o paciente foi dado de alta ás 10:25 horas, con tratamento de Dexketoprofeno, Paracetamol e Omeprazol, recomendacións de repouso relativo, e control polo médico de Atención Primaria.

Afirma que o aludido tratamento constata o erro médico no que se incorreu, pois o paciente estaba a sufrir nese momento unha grave crise adrenal, sendo esta unha patoloxía que necesariamente tería que ser

detectada no CHUAC se os facultativos que o atenderon lle practicasen, entre outras probas, unha análise dos índices de cortisol

en sangue, unha analítica que cualifican de sinxela, áxil e económica, e que tería permitido, ?sen ningún xénero de dúbida?, acadar un diagnóstico correcto, e evitar os danos que logo se producirían.

Continúa o seu relato sinalando que o 31.3.2017 o paciente tivo que ser hospitalizado de urxencia, e con risco vital, no ?Centre Hospitalier Annecy Genevois?, debido á grave necrose bilateral suprarrenal cara á que derivou a crise adrenal xa existente, e indebidamente non diagnosticada,

o 18.12.2016, quedando hospitalizado en Francia desde o 31.3.2017 até 7.4.2017.

Solicita unha indemnización polas secuelas, a necrose suprarrenal e a perda de esperanza e de calidade de vida do doente, que cifra na suma de 90.000,00 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a el, entre outros documentos, a documentación clínica do episodio cuestionado, e

o informe do coordinador do Servizo de Urxencias do CHUAC, de data 12.3.2018.

3.- Rematada a instrución, e logo do trámite de audiencia, no que o reclamante non formulou alegacións, con data 6.7.2018, a

instrutora elaborou unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da pretensión exercitada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 30.7.2018.

5.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 30.8.2018 acordouse, de conformidade co previsto no artigo 39.2 Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo dun mes

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, o exame debe partir da constatación

positiva dun dano na esfera de dereitos e intereses do reclamante, concretado, segundo a documentación aportada coa historia

clínica, na necrose bilateral suprarrenal (enfermidade de Addison) pola que o paciente foi hospitalizado de xeito urxente no Centre Hospitalier Annecy Genevois (Francia) o 31.3.2017, proceso que no escrito de reclamación se vincula a unha incorrecta actuación diagnóstica previa no

servizo de Urxencias do CHUAC, segundo xa se recolleu nos antecedentes.

Á hora de determinar se a actuación sanitaria se acomodou á lex artis, cobran importancia fundamental os informes técnicos relativos á actuación médica e á situación da doente. En efecto, a apreciación

dos feitos acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico

específico e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico, pois corresponde principalmente aos facultativos, quedando

para o aplicador do Dereito a súa cualificación ou inclusión nas respectivas categorías xurídicas.

Xa que logo, os motivos nos que se fundamenta a reclamación esixen ser confrontados coa historia clínica e os informes médicos que figuran no expediente; en especial os solicitados pola instrución,

cuxo importante valor probatorio vese acrecentado naqueles casos nos que, como acontece no agora examinado, e malia anunciarse

no escrito de interposición a elaboración dun informe pericial, a parte reclamante non achegou proba ningunha que permita

dotar de verosimilitude aos feitos que constitúen o sustento da súa pretensión.

En consecuencia, as consideracións contidas no informe do servizo responsable da prestación sanitaria cuestionada, emitido polo coordinador do servizo de Urxencias do CHUAC con data 12.3.2018, constitúen

os únicos elementos a disposición deste Consello Consultivo nos que se avalía, no plano científico-médico, a referida prestación.

O informe, logo de lembrar que ?el diagnóstico en los servicios de Urgencias no es finalista sino sindrómico?, describe a atención prestada ao paciente nos seguintes termos:

?[?] el paciente referido acudió al Servicio de Urgencias del CHUAC en las fechas indicadas, manifestando un cuadro de dolor en

hemitórax izquierdo mal definido de 2 horas de evolución tras una discusión familiar. Durante dicha atención el paciente se

encontraba estable hemodinámicamente, con parámetros respiratorios y cardíacos dentro de la más estricta normalidad. En la

exploración clínica tan sólo destacaba dolor en hemitórax izquierdo a la palpación, siendo el resto de la exploración por

aparatos normal. Se le solicitaron analíticas y pruebas radiológicas. En la analítica solicitada (hemograma, bioquímica general

urgente incluidos marcadores cardíacos seriados y coagulación) no se evidenció ningún dato fuera de rango anormal. El paciente

se pasó al área de Observación pendiente de evolución clínica y analítica, siendo posteriormente valorado por el Servicio

de Cardiología que fue coincidente con la exploración del Servicio de Urgencias y coincidente también en su hipótesis diagnóstica,

por lo que el paciente finalmente fue dado de alta con vigilancia y tratamientos domiciliarios?.

Dando resposta, deseguido, ás concretas imputacións de mala praxe médica, que sen soporte probatorio se realizan no escrito de reclamación, o informe sinala:

?En ningún momento el paciente presenta clínica compatible con un cuadro de insuficiencia suprarrenal aguda (crisis adrenal)

caracterizada habitualmente por un síndrome de debilidad generalizada, pérdida de peso, fatiga, anorexia, vómitos, postración

profunda, deshidratación, náuseas, vómitos, cuadro de abdomen agudo, hipotensión arterial, shock hipovolémico, cefalea intensa,

hipoglucemia, hiponatremia e hiperpotasemia. Por lo que la sospecha clínica de una crisis adrenal no tendría ningún sustento

en ese momento.

Por otro lado en lo relativo a la solicitud de los índices de cortisol, dicha determinación no se encuentran en la batería de solicitudes de laboratorio. Urgente del Servicio de Urgencias del CHUAC, y

menos teniendo en cuenta el cuadro que presentaba el paciente en dicha atención?.

Quinta.

Así as cousas, como consecuencia imposta polas regras de distribución da carga da proba, hai que entender que as imputacións do reclamante centradas na presunta praxe incorrecta dos servizos de Urxencias

do CHUAC, non atopa no actuado o necesario sustento, debendo subliñarse neste sentido, a falta de achega do informe pericial

anunciado no escrito de interposición da reclamación, así como o feito de que, logo da posta de manifesto do expediente con

ocasión do trámite de audiencia, tampouco se formulasen alegacións no aludido tramite.

Procede, en consecuencia, desestimar a reclamación analizada, tal e como propugna a proposta de resolución sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información