Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 249 de 31 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 249 de 31 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 94 min

Tiempo de lectura: 94 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/07/2023

Num. Resolución: 249


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por V. en representación da mercantil P., S.L. polos presuntos prexuízos que lle causaron as medidas normativas adoptadas polas administracións públicas para facer fronte á crise sanitaria provocada polo COVID-19.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 12.3.2021 N., na súa condición de administrador único, presenta unha reclamación de responsabilidade patrimonial en representación

da mercantil P., S.L. polos presuntos prexuízos que lle causaron as medidas normativas adoptadas polas administracións públicas

para facer fronte á crise sanitaria provocada polo COVID-19.

A mercantil desenvolve a súa actividade, segundo se desprende da documentación achegada, no sector da hostalaría. No seu escrito

inicial non concreta o importe da inmdenización reclamada.

2.- O 17.6.2021 a parte reclamante presenta escrito no que, achegando un ditame pericial, cuantifica a indemnización reclamada

entre 69.046,02 e 128.551,67 euros.

3.- Instruído o procedemento, o 3.4.2023 acordouse a realización do trámite de audiencia.

O 27.4.2023 V., novo administrador único de P., S.L., formulou as correspondentes alegacións en representación da mercantil interesada.

4.- O 15.6.2023 a persoa instrutora formula a proposta de resolución, de sentido desestimatorio.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 3.7.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes, a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedementais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

No presente caso, e no que atinxe á tramitación seguida, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en esencia,

foron cumpridas, constando no expediente remitido a realización dos actos de instrución necesarios, a concesión do trámite

de audiencia e a formulación da correspondente proposta de resolución.

Non obstante o anterior, debe advertirse sobre a dilación na tramitación do procedemento, con superación en exceso do prazo

máximo para resolver de seis meses previsto no artigo 91.3 da LPAC, o que constitúe un actuar contrario ao principio de eficacia

que debe presidir a actuación da administración pública, de acordo co previsto no artigo 103.1 da Constitución española e

no artigo 3.1 da LRXSP, así coma aos principios de celeridade e axilidade dos procedementos administrativos, recollidos nos

artigo 71.1, letra d) da LPAC; e no artigo 3.1 da LRXSP, respectivamente. A resolución en prazo dos procedementos administrativos

así como o tratamento eficaz dos asuntos por parte da Administración constitúen, así mesmo, esixencias do principio de boa

administración, implícito na Constitución española (artigos 9.3, 103 e 106), tal e como ten salientado o Tribunal Supremo

(por todas, as sentenzas do 15.10.2020, rec. 1652/2019, e do 15.3.2021, rec. 526/2020).

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha persoa

ou nun grupo de persoas.

O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden salientarse:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos ou circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003,

e nas que nelas se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para

a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira

persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración

nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira

persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o ?quantum2 indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Cuarta.

Após destas consideracións xerais, e estando vixente neste caso o dereito a reclamar (ao formularse a reclamación antes do

transcurso dun ano previsto no artigo 67.1 da LPAC), de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso pronunciarse

a continuación neste ditame sobre se existe, no caso que se nos presenta a exame, unha relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, sobre a valoración do dano causado e a contía e o modo de indemnización.

No presente caso, a entidade reclamante pretende ser indemnizada polos prexuízos económicos que sufriu na súa actividade como

consecuencia das medidas adoptadas polas Administracións públicas para facer fronte á crise sanitaria provocada pola COVID-19.

Agás unha lacónica mención aos Reais decretos 463/2020, do 14 de marzo, e 926/2020, do 25 de outubro, a reclamación non efectúa

unha identificación pormenorizada das medidas supostamente lesivas e dos danos atribuídos a cada unha delas. Con todo, esta

omisión é perfectamente emendada pola proposta de resolución, que efectúa unha análise, polo miúdo, das distintas medidas

adoptadas polas administracións estatal e autonómica.

No escrito inicial de reclamación invócase, para tal fin, a existencia dunha responsabilidade solidaria das Administracións

públicas con fundamento no artigo 33 da LRXSP.

Pois ben, na análise da reclamación que nos ocupa é obrigado partir, tal e como fai a proposta de resolución, de que a regra

de solidariedade imposta naquel precepto non resulta aplicable neste caso, no que os danos aos que se refire a reclamación

derivan de medidas adoptadas polo Estado e polas comunidades autónomas, susceptibles de ser diferenciadas en atención ao criterio

competencial. En definitiva, ningunha solidariedade resulta aplicable senón que a actuación de cada unha das Administracións

públicas debe circunscribirse ao seu respectivo ámbito competencial (idéntica conclusión acadamos nos nosos ditames CCG 94/2022,

CCG 309/2022, CCG 316/2022, CCG 317/2022, CCG 318/2022, CCG 415/2022 e CCG 459/2022, entre outros).

Como consecuencia do anterior, non poden imputarse á Administración autonómica galega os prexuízos que para a entidade reclamante

se derivasen das medidas adoptadas polo Estado e por outras comunidades autónomas distintas da galega. Respecto deses prexuízos

non existe, pois, o necesario e imprescindible nexo causal.

Quinta.

Sentado o anterior, ha de partirse, como se adiantou antes, que non se reclaman os danos provocados pola pandemia, senón por

unhas medidas adoptadas para facer fronte a ela e os seus efectos, de aí que o cerne da cuestión se atope en determinar se

tales danos revisten ou non o carácter de antixurídicos.

No vixente ordenamento xurídico a necesaria antixuridicidade do dano establécese tanto no artigo 32.1 da LRXSP como no artigo

34.1 do mesmo texto legal, a teor do cal, ?Só serán indemnizables as lesións producidas ao particular provenientes de danos que este non teña o deber xurídico de soportar

de acordo coa lei?.

Pois ben para a análise da antixuridicidade neste caso é obrigado partir de que as medidas ás que se refire a reclamación

revisten a natureza de medidas de prevención adoptadas para facer fronte á crise sanitaria causada pola COVID-19 ao abeiro

da normativa que habilitaba para iso.

Así, tal e como se sinalou noutros pronunciamentos deste órgano consultivo, as medidas tomadas pola Administración autonómica

para facer fronte á crise sanitaria causada pola COVID-19 revestiron a natureza de medidas de prevención e foron adoptadas

ao abeiro da normativa que a habilitaba para iso. Así a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade

Autónoma de Galicia levou á declaración da situación de emerxencia sanitaria (ao abeiro da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias

de Galicia) e á adopción de medidas de prevención ao abeiro da seguinte normativa sanitaria.

Por unha banda, e no que atinxe ás medidas restritivas de dereitos fundamentais, a Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de

medidas especiais en materia de saúde pública, prevé que, co obxecto de protexer a saúde pública e previr a súa perda ou deterioro,

as autoridades sanitarias das distintas Administracións públicas poderán, dentro do ámbito das súas competencias, adoptar

as medidas previstas na dita lei cando así o esixan razóns sanitarias de urxencia ou necesidade.

O artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, prevé a posibilidade de que as autoridades sanitarias poidan

adoptar as medidas preventivas que consideren pertinentes cando exista ou se sospeite razoablemente a existencia dun risco

inminente e extraordinario para a saúde. E engade que a duración das ditas medidas se fixará para cada caso, sen prexuízo

das prórrogas sucesivas acordadas por resolucións motivadas, e non excederá o que exixa a situación de risco inminente e extraordinario

que as xustificou.

A Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, recolle, así mesmo, nos seus artigos 27.2 e 54, a posible adopción

de medidas por parte das autoridades sanitarias en situacións de risco para a saúde das persoas.

E, no eido autonómico, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no seu artigo 34, apartado 12 (na redacción vixente

no momento da adopción das medidas) incluía, entre as intervencións públicas que poderían exercer as autoridades sanitarias

competentes sobre as actividades públicas e privadas que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias para a saúde,

a consistente en ?adoptar as medidas preventivas que se consideren pertinentes en caso de que exista ou se sospeite razoablemente a existencia

dun risco inminente e extraordinario para a saúde?, engadindo que a duración desas medidas debía fixarse para cada caso, sen prexuízo das prórrogas sucesivas acordadas por

resolucións motivadas, que non debían exceder o que exixise a situación de risco extraordinario que as xustificase.

E o artigo 38 da mesma lei (tamén na redacción vixente cando se adoptaron as medidas) prevía que as autoridades sanitarias

podían levar a cabo intervencións públicas nos supostos de riscos para a saúde de terceiras persoas, nos mesmos termos previstos

nos artigos 2 e 3 da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril.

Neste contexto normativo, o Consello da Xunta e a persoa titular da Consellería de Sanidade adoptaron, na súa condición de

autoridades sanitarias (artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo), as medidas de prevención recollidas nos acordos e nas ordes

citadas na proposta de resolución e que se corresponden co período temporal ao que se cingue a reclamación.

Os acordos e as ordes que conteñen as citadas medidas de prevención acadaron validez xurídica unha vez que foron aprobados

e publicados e obtiveron firmeza por non ter sido impugnados polas vías previstas no ordenamento xurídico, sen que conste

particularmente que a reclamante accionase contra eles nos prazos legais oportunos, asumindo con iso a súa plena eficacia

xurídica. E por outra banda, respecto das medidas adoptadas pola Comunidade Autónoma de Galicia que si chegaron a ser impugnadas

en vía contencioso-administrativa por outras persoas ou entidades lexitimadas, ningunha delas foi anulada xudicialmente. Así,

cabe citar neste sentido a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26.11.2021, rec. 7074/2021, que desestimou

o recurso contencioso-administrativo interposto contra a Orde da Consellería de Sanidade do 26.1.2021, e as sentenzas do 26.2.2021,

rec. 7276/2020, e do 17.6.2022, rec. 7323/2020, que desestimaron os interpostos contra o acordo do Consello da Xunta do 17.7.2020.

O até aquí exposto xa exclúe a posibilidade de considerar antixurídicos os prexuízos que a medida puidese levar aparellados,

pois, no caso de acreditarse, atoparían a súa xustificación no principio de suxeición dos cidadáns ao ordenamento xurídico

ínsito no Estado de Dereito (neste sentido vide ditame CCG 247/2022)

Ademais, nestes acordos e ordes, ponse de manifesto que as medidas responderon á situación epidemiolóxica existente na comunidade

autónoma en cada momento e que foron obxecto dun seguimento periódico, tendo en conta os datos e o coñecemento dispoñibles

sobre a incidencia do virus, os mecanismos de transmisión e a eficacia de medidas previamente adoptadas e con cita expresa,

en moitos casos, dos concretos informes tidos en conta e da consulta a técnicos (no seo do comité ou do subcomité clínico)

con carácter previo á súa adopción.

Así se salienta no informe emitido no curso da instrución, do 22.9.2022, que, en concreto, con cita de bibliografía ao respecto,

sinala:

?[...] Durante a pandemia de COVID-19, dende o estado de alarma decretado polo Goberno o 15 de marzo de 2020, ata o fin do estado

de emerxencia decretado pola Xunta de Galicia o 21 de outubro de 2021, producíronse varias ondas epidémicas de COVID-19 de

diferente intensidade, tal e como se pode ver na figura 1 [...].

Segundo a situación epidemiolóxica en cada momento e territorio, procedeuse a tomar unha serie de medidas co obxectivo de

controlar a epidemia,[...].

Desde o inicio da pandemia a Consellería de Sanidade e os seus órganos asesores (Comité Clínico e o Subcomité de brotes),

de acordo coas súas funcións de asesoramento, estableceron as medidas preventivas e de control da pandemia que a evidencia

científica dispoñible en cada momento recomendaba.

Coa evidencia científica acumulada, considérase que a principal vía de transmisión do SARS-Cov-2 é o contacto e a inhalación

das pingas e aerosois respiratorios emitidos por un enfermo que conteñen virus con capacidade de xerar infección, sobre todo

en determinadas circunstancias: en proximidade ao caso índice durante tempo prolongado e en espazos pechados e mal ventilados.

Os aerosois virais poden permanecer infecciosos durante horas baixo determinadas condicións, como son a mala ventilación dos

espazos interiores e a ausencia de luz ultravioleta. A proximidade entre as persoas facilita a transmisión, de aí a recomendación

do mantemento de distancia interpersoal [...] varios estudos mostran que as medidas máis comúns foron evitar aglomeracións, peches fronteirizos, illamentos dos casos,

uso apropiado dos equipos de protección persoal e teletraballo, que tiveron un alto impacto na redución de casos [...].

Hai evidencia suficiente sobre a efectividade das medidas non farmacolóxicas tomadas durante a pandemia, aínda que non sempre

é posible identificar a efectividade dunha medida concreta xa que adoitan tomarse varias en conxunto no tempo, ou se foron

pondo en marcha en diferentes momentos do tempo e situación epidemiolóxica, como que a curva da onda estivese en crecemento

ou en descenso, así como a heteroxeneizidade na intensidade de aplicación, nos diferentes países, tal como salientan diversos

autores (a continuación se citan varios autores que concluíron na efectividade para conter a difusión do virus de medidas

non farmacolóxicas como o peche de establecementos) [...].

As guías que o ECDC (Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades) ía actualizando usábanse como marco para

deseñar as estratexias nos diferentes países de Europa e, igualmente, en España e en Galicia, xa que antes da vacina eran

as únicas efectivas [...]?.

No devandito informe tamén se recollen consideracións específicas sobre o risco asociado aos establecementos de hostalería,

nos seguintes termos:

?Como xa se expuxo, da evidencia científica acumulada, considérase que a principal vía de transmisión do SARS- CoV-2 é o contacto

e a inhalación das pingas e aerosois respiratorios emitidos por unha persoa enferma que conteñen virus con capacidade de xerar

infección, sobre todo en determinadas circunstancias: en proximidade ao caso índice durante tempo prolongado e en espazos

pechados e mal ventilados.

Tendo en conta esta transmisión, considérase apropiado establecer medidas de prevención adicionais e específicas nos establecementos

de hostalería, do mesmo xeito que se realizou noutros países, por tratarse de espazos nos que se poden agrupar factores que

aumentan o risco de transmisión do SARS- CoV-2: espazos pechados nos que se establecen contactos próximos e prolongados entre

persoas, con escasa renovación de aire nalgúns casos e realización de actividades nas que é necesaria a retirada de máscara

(ao comer ou beber) e de accións que ocasionan unha maior xeración de aerosois (falar, en ocasións cun ton de voz maior do

normal ou cantar). Ademais trátase de espazos de socialización que favorecen a relaxación da atención necesaria para manter

as medidas individuais de prevención (uso de máscara e mantemento da distancia de seguridade interpersoal), ao que pode contribuír

o consumo de alcol.

[...]

Estas medidas conseguen o propósito de reducir o risco ou probabilidade de transmisión no entorno da hostalería, restauración

e ocio nocturno con igual eficacia.

[...]

Actualmente, cun maior coñecemento da pandemia e do seu comportamento, a Consellería de Sanidade e o Comité clínico que a

asesora, para evitar o peche do interior da hostalería nos concellos en situacións de incidencia elevada, que implicasen un

risco alto ou máximo, buscáronse outras medidas que permitisen compatibilizar a actividade económica co dereito á saúde, como

pode ser a instalación de medidores de dióxido de carbono (CO2) para control dos tempos de ventilación ou, neste caso, a esixencia

de presentar o certificado de vacinación, de recuperación ou dunha proba negativa para reducir a probabilidade de que unha

persoa con capacidade de transmitir o SARS-CoV-2 poida acceder a estes locais nos que non se fai uso continuado da máscara

entre os clientes.

Ao mesmo tempo, esta medida pretende que a poboación e certos sectores económicos relaxen medidas máis restritivas impostas

previamente (peche de establecementos de lecer nocturno e peche/redución de aforo de interiores da hostalería), reactivando

así a actividade económica de sectores moi castigados durante a pandemia?.

En suma, o exposto permite entender que estamos ante medidas motivadas, razoadas e proporcionadas, que responderon ao principio

de precaución que ha de presidir as actuacións en materia de saúde pública. En relación con este principio de precaución e,

en particular, coa súa proxección sobre o requisito da antixuridicidade do dano, sinala a sentenza do Tribunal Supremo do

19.6.2018, rec. 2006/2016 que:

?[...] si ya con carácter general la jurisprudencia de este Tribunal Supremo viene rechazando que pueda apreciarse la antijuridicidad

del daño ?presupuesto necesario para que concurra la responsabilidad? cuando la decisión administrativa, pese a que pudiera

ser anulada en vía administrativa o jurisdiccional ?que no es el caso de autos, como veremos? no puede apreciarse cuando,

al considerar los conceptos jurídicos indeterminados ?incluso las potestades regladas? se aprecie que la decisión no solo

es razonable sino que está razonada ?por todas, sentencia 1999/2017, de 18 de diciembre, recurso de casación 1845/2016?; esa

falta de antijuridicidad debe ser apreciada con mayor rigor cuando la actividad administrativa incida en la propia salud pública

[...]; porque es indudable que el riego que subyace en dicha actuación, comporta la obligada decisión de adoptar con carácter perentorio

las medidas de seguridad en salvaguarda del mencionado bien público [...]?.

Na mesma liña, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 17.7.2019, rec. 325/2017, numera expresamente, entre

os supostos nos que existe o deber xurídico de soportar o dano, os de adopción pola Administración de medidas de protección

en aplicación do principio de precaución, e recorda que:

?[...] El principio de precaución que debe presidir la actuación administrativa significa que cuando subsisten dudas sobre la existencia

y alcance de riesgos para la salud pública, la Administración debe adoptar medidas de protección sin tener que esperar a que

se demuestre plenamente la realidad y gravedad de tales riesgos, siempre que los actos no rebasen los límites de lo que resulta

apropiado y necesario para el logro de los objetivos legítimamente perseguidos (principio de proporcionalidad) [...]?.

Sobre esta base, a mesma sentenza, con cita da previa sentenza do mesmo tribunal do 29.5.2002, rec. 1905/1999, conclúe que

a antixuridicidade "se excluye en los casos de actuación administrativa razonable y razonada en aras a la preservación de la salud pública".

Os anteriores razoamentos levan a concluír que os danos que puideran derivarse para a entidade reclamante da adopción das

medidas adoptadas pola Administración autonómica galega ás que se refire a reclamación non revisten o carácter de antixurídicos

polo que non poden determinar a existencia de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica. No mesmo sentido

cabe traer a colación o noso ditame CCG 247/2022 e outros ditames posteriores deste órgano consultivo na materia, como CCG

309/2022, CCG 316/2022, CCG 317/2022, CCG 318/2022, CCG 378/2022, CCG 379/2022, CCG 380/2022, CCG 414/2022, CCG 415/2022,

CCG 416/2022, CCG 453/2022, CCG 454/2022, CCG 455/2022, CCG 456/2022, CCG 457/2022, CCG 458/2022, CCG 481/2022, CCG 485/2022,

CCG 486/2022 (nos cales, á súa vez, se citan ditames doutros órganos consultivos autonómicos) ou o máis recente ditame CCG

50/2023.

Sexta.

Procede efectuar unha consideración adicional respecto dos danos reclamados.

Como se desprende dos antecedentes deste ditame, os danos estriban nos prexuízos económicos sufridos pola entidade reclamante

por mor das medidas adoptadas para facer fronte á crise sanitaria causada pola COVID-19; danos que, tanto pola reclamación

inicial como polo ditame pericial achegado, identifícanse co lucro cesante.

Respecto do lucro cesante, a xurisprudencia vén esixindo unha proba rigorosa e a súa apreciación de modo prudente e restritivo.

Recorda neste sentido a sentenza do Tribunal Supremo do 9.6.2015, rec. 2722/2013, con cita de sentenzas previas, que:

?[...] la prueba de las ganancias dejadas de obtener ha de ser rigurosa sin que puedan admitirse aquellas que sean dudosas y contingentes,

lo que excluye los meros ?sueños de ganancias' como se denominaron en la Sentencia de 15 de octubre de 1986, ya que no cabe

que a través del concepto de lucro cesante y del daño emergente se produzca un enriquecimiento injusto (STS de 31 de enero

de 2008) (STS de 21 de Diciembre de 2012, recurso de casación 5521/2010). Y en esa línea hemos declarado en nuestra sentencia

de 20 de febrero de 2015 (recurso de casación 4.427/2012) ?la indemnización por lucro cesante, como recordaba nuestra ya lejana

Sentencia de 15 de noviembre de 2002, se exige una prueba rigurosa de las garantías dejadas de obtener, observándose que la

indemnización de lucro cesante, en coherencia con reiterada jurisprudencia de la Sala Tercera del Tribunal Supremo ha de apreciarse

de modo prudente y restrictivo, puesto que no es admisible una mera posibilidad de dejar de obtener unos beneficios'. Y, en

el mismo sentido, la de 22 de febrero de 2006 (casación 1761/02), en la que se dice que ?la indemnización por lucro cesante

requiere demostrar que se ha producido de forma inmediata, exclusiva y directa, un perjuicio efectivo y susceptible de valoración

económica, derivado de la pérdida de unos ingresos no meramente contingentes, quedando excluidas de resarcimiento las meras

expectativas o ganancias dudosas o hipotéticas' [...]?.

Pois ben, trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, cabe advertir que se está a empregar unha metodoloxía

baseada, en síntese, na extrapolación de datos de exercicios precedentes e de estatísticas do sector da hostalería, sen ter

en conta un elemento esencial que, aínda que non se tivesen adoptado as medidas, tería necesariamente incidido na actividade

económica da empresa naquel período: a propia crise sanitaria causada pola COVID-19. En efecto, cabe entender que esta crise

sanitaria tería producido de por si (e á marxe da adopción de medidas polas autoridades sanitarias) cambios no comportamento

social que terían afectado negativamente á actividade económica desenvolvida pola entidade reclamante.

Neste sentido resultan ilustrativas as seguintes consideracións recollidas nos ditames do Consejo Consultivo del Principado

de Asturias 28/2022, 29/2022, 40/2022, 41/2022 e 42/2022, relativos a reclamacións de responsabilidade patrimonial derivadas

das medidas COVID-19, aínda que neste caso formuladas por empresas dedicadas á xestión de centros e instalacións deportivas.

"[...] Ahora bien, en el caso planteado no puede soslayarse que la expectativa de ganancia queda mediatizada por el hecho mismo

de la situación pandémica, de notorio alcance y repercusión en la vida social, laboral y empresarial de la ciudadanía, sin

que pueda sostenerse que de no haberse impuesto las restricciones la afluencia de usuarios a estas instalaciones deportivas

hubiera sido similar a la de otras temporadas, pues los clientes habrían actuado de espaldas a las recomendaciones sanitarias.

Y no puede tampoco orillarse que se han articulado diversas medidas compensatorias y se convocaron ayudas directas para estos

operadores económicos en atención a los perjuicios derivados de las restricciones impuestas, que vienen contribuyendo a mitigar

en parte el daño que pretenden sea resarcido. Incluso procede advertir que la suspensión temporal de la actividad por decisiones

administrativas no sancionadoras es un riesgo asegurable, cuya eventual indemnización debe también deducirse del quantum resarcitorio

reclamado en este cauce para excluir la doble indemnidad o la obtención de un beneficio que exceda del daño patrimonial ocasionado.

En estas condiciones, el indicio racional de unas pérdidas que, en un contexto de normalidad, se asocia al ?decurso normal

de las cosas' no es suficiente para acreditar la efectividad del daño por el que aquí se reclama, pues media la evidencia

de que concurrían otras circunstancias externas derivadas de la compleja situación sanitaria que condicionaban la afluencia

a estas instalaciones, y el perjuicio ha sido (o está siendo) compensado a través de otras vías, singularmente ayudas o subvenciones,

y eventualmente podría haber sido también resarcido por estar asegurado el riesgo de restricción o cese temporal de actividad.

En definitiva, se reclaman unas ganancias hipotéticas e inciertas que no responden a una cuantificación real y efectiva de

los daños padecidos, y todo ello en un escenario extraordinario y anómalo que impide apreciar la efectiva realidad del perjuicio

económico (542.938,63 ?) por el que se acciona [...]".

De todo o exposto resulta que neste caso non pode considerarse debidamente acreditada a efectividade e realidade do prexuízo

económico reclamado polo que, tamén por esta causa, non podería prosperar a reclamación de responsabilidade patrimonial que

nos ocupa.

Sétima.

En virtude do exposto, o parecer deste órgano consultivo é favorable á desestimación da reclamación de responsabilidade patrimonial.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS