Última revisión
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 242 de 19 de julio de 2023
Relacionados:
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 19/07/2023
Num. Resolución: 242
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonial
Resumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M. e R., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento de R., cónxuxe e pai respectivamente, no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro.
Organismo:
Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)
Letrado:
Quintana Acebo
Propuesta:
Desestimatoria
Conclusion:
Favorable
Relator:
Aranguren Pérez
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- En data 15.9.2022, M. e R. presentaron unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde.
No escrito denuncian a atención prestada a R. -esposo e pai dos anteriores- quen faleceu no Hospital Álvaro Cunqueiro o día
24.9.2021.
Así sinalan:
?El día 23 de septiembre de 2021, D. R., acude a urgencias por dolor oclusión intestinal secundaria a neoplasia estenosante
de rectosigma, de varios días de evolución. El cuadro se acompaña de náuseas y vómitos en las 24 horas anteriores, no refiere
fiebre, no alteraciones urinarias, no clínica respiratoria ni contacto con pacientes con riesgo de COVID. Exploración física:
Consciente, orientado y colaborador. Hemodinamicamente estable: Abdomen distendido, timpánico, doloroso a la palpación de
forma generalizada, sin riesgos de irradiación peritoneal. No se palpan masas ni megalias. Ruidos intestinales aumentados.
Realizado estudio y pruebas complementarias se diagnostica oclusión intestinal secundaria a neoplasia de rectodsigma, valorándose
las opciones de colocación de endoprotesis o intervención quirúrgica urgente; optando por la intervención quirúrgica para
el día siguiente 24 de septiembre.
Realizada la intervención pasa a intraoperatorio llegando consiente orientado y colaborador; produciéndose vomito durante
la inducción con aspiración bronquial significativa, produciéndose inestabilidad hemodinámica y dificultades para oxigenación,
evolucionando hacia Shock mixto precisando dosis altas de intropicos con hiperfusion datops de hipovolemia con inadecuada
respuesta al reemplazo hidroelectrolítico, insuficiencia respiratoria falleciendo a las 21 horas?.
Solicitan unha indemnización de 150.000 euros.
2.- Na instrución do procedemento, incorporouse a historia clínica do paciente ademais da seguinte documentación:
- informe do Servizo de Urxencias, do 27.3.2023,
- informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva, do 25.3.2023,
- informe do Servizo de Oncoloxía Médica, do 29.3.2023.
- informe do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación, do 10.4.2023.
3.- No trámite de audiencia, os interesados presentaron escrito no que reiteran a súa petición inicial.
4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (27.6.2023).
5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de
Sanidade tendo entrada neste organismo o día 3.7.2023.
6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das
Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do
24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo
Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica
de contía superior a 30.000,00 ?.
Segunda.
O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións
públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do
1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) (aspectos procedementais)
e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).
Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,
sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento
administrativo.
Terceira.
No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións
públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello
Consultivo.
Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo
do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:
a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.
b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña
o deber de soportar.
c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.
d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.
e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.
Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade
obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:
a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)
b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)
c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado
da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e
d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos
do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).
Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou
sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites
do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida
do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.
Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e
non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.
A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,
a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.
Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que
impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os
supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón
tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade
que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do
criterio de normalidade.
Cuarta.
Como xa se anticipou, a responsabilidade patrimonial extracontractual tense que artellar necesariamente sobre a base dunha
relación de causalidade, polo que cómpre deseguido examinar se o dano invocado pola parte reclamante ten carácter antixurídico
e é imputable á Administración sanitaria.
A parte reclamante denuncia a asistencia prestada no Hospital Álvaro Cunqueiro onde ingresou o señor R., o día 23.9.2021,
por dor abdominal e cadro oclusivo en relación á neoplasia de recto que precisou intervención cirúrxica. Nos escritos denuncian
que existiu mala praxe ou ben un erro de diagnóstico na atención sanitaria do que se deriva a responsabilidade do resultado
final do falecemento do paciente.
Para os efectos de facer unha axeitada análise das cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente, e cara á delimitación
da necesaria concorrencia dunha relación de causalidade entre os danos denunciados e o defectuoso funcionamento do servizo
público sanitario que se lle imputa á Administración pola parte reclamante, cóidase imprescindible partir da consideración
-común a este tipo de controversias- de que nos atopamos ante unha materia de carácter eminentemente técnico, na que o pronunciamento
en dereito debe descansar, de xeito ineludible, nas manifestacións recollidas nos informes procedentes de peritos na materia,
que, con base nos seus coñecementos científicos e técnicos, proxectan luz sobre os concretos aspectos fácticos que deben ser
analizados para a súa posterior cualificación xurídica.
De acordo coa documentación incorporada ao expediente, R., nado en 1961, con antecedente clínico de cardiopatía isquémica
crónica e antecedentes familiares de cancro de colon, foi remitido á consulta de Coloproctoloxía en febreiro de 2021, logo
de realización de colonoscopia e Tac abdominal que amosaron achados compatibles con neoplasia. Os resultados das probas realizadas
confirmaron proceso neoformativo recto superior.
Segundo refire o informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva (26.3.2023), no comité Multidisciplinar, con facultativos dos servizos de Aparato Dixestivo, Radioterapia, Oncoloxía e Cirurxía valorouse
o caso do paciente o 25 de febreiro, e logo o 25 de marzo, e recomendouse realizar Radioterapia e Quimioterapia con intención
neoadyuvante co fin de valorar si era factible poder realizar a extirpación cirúrxica tralo tratamento coa intención de conseguir
incrementar as posibilidades de supervivencia. O informe do servizo incide sobre a gravidade do cadro que presentaba o paciente,
e así sinala expresamente: ?el cáncer de recto en estadio III como el caso de este paciente tiene muy mal pronóstico y la tasa de recaída local cuando
no se realiza quimioterapia/radioterapia previa a la cirugía se sitúa en torno al 65% lo que empeora el pronóstico radicalmente?.
Deste xeito, pautáronse seis ciclos de quimioterapia ademais de radio, segundo consta na historia clínica, nese período presentou
algún episodio de neutropenia e pancitopenia que obrigou retrasar algún dos ciclos.
O día 23 de setembro, acudiu ao Servizo de Urxencias por presentar dor abdominal, solicitouse Tac que amosou un cadro oclusivo
secundario a neoplasia estenosante e patrón de ?árbol en brote en lóbulo medio y lóbulo inferior derecho sugestivo de infección pulmonar?. Na mañá do dia 24 decidiuse intervención cirúrxica, no momento da indución anestésica, o paciente presentou broncoaspiración
importante con inestabilidade hemodinámica e dificultades de oxixenación. Practicouse unha colostomía lateral e o paciente
foi trasladado ao Servizo de Reanimación, onde experimentou un empeoramento progresivo, sendo exitus ás 21 horas.
Quinta.
Centrados nestes termos a asistencia sanitaria prestada ao señor R., cómpre pasar a analizar os reproches formulados. Así
a parte reclamante considera que se produciu unha deficiente asistencia ao paciente, así no escrito de alegacións dun xeito
xenérico, sinalan: ?(?) de haber sido atendido correctamente no se hubiera producido la bronco aspiración o, de producirse controlarla, evitando
el resultado final del fallecimiento lo que nos lleva a la conclusión de la existencia de una mala praxis y/o error en el
diagnóstico?. Deste xeito, cuestionan a atención que recibiu o paciente durante a intervención de urxencia á que foi sometido o 23.9.2021.
Pois ben, sobre esta cuestión, cómpre salientar o informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva (do 26.3.2023), que describe o proceso asistencial e a situación do paciente, afecto dunha grave proceso oncolóxico que incidiu dun xeito
decisivo na tórpida evolución que presentou. Así refire os seguintes termos:
?? se trata de un paciente con una enfermedad oncológica avanzada (cáncer de recto estadio IIIC) en el que se realizó el manejo
terapéutico que recomiendan las guías de práctica clínica con la intención de proporcionarle las mejores oportunidades de
supervivencia posibles; que presentó secuelas de la quimioterapia en forma de neutropenia y leucopenia en varias ocasiones
y también en el ingreso final y que presentó una complicación del tumor de recto en forma de oclusión intestinal por lo que
tuvo que acudir a urgencias antes de completar todos los ciclos de tratamiento planificados.
Lamentablemente, presentó una broncoaspiración en el momento de la inducción anestésica, lo que combinado con una enfermedad
tumoral avanzada, la situación de leucopenia postquimioterapia y la oclusión intestinal contribuyó a un fallo multiorgánico
que rápidamente desencadenó un desenlace fatal a pesar de todos los esfuerzos terapéuticos y de realizar una colostomia derivativa
en el quirófano de urgencias?.
O informe realiza a seguinte valoración da atención prestada:
?... a la vista de la actuación de los especialistas del Servicio de Cirugía General y Digestiva del Complejo Hospitalario
Universitario de Vigo que asistieron a y según se constata en los registros y relato de la historia clínica, se considera
que el proceso asistencial se desarrolló con arreglo a la lex artis ad hoc, ajustándose a los conocimientos del ámbito, observando
la forma de actuar habitual, sin escatimar tanto en el uso de los medios personales como materiales y utilizando las técnicas
diagnósticas, quirúrgicas y médicas adecuadas y ajustadas a cada momento del proceso patológico y situación clínica de la
pacientes?.
A historia clínica do paciente que foi incorporada ao expediente, amais os informes médicos amosan unha atención continua
ao señor R., ao tempo que dan unha explicación razoada e razoable ao resultado producido. A queixa da parte sobre unha incorrecta
atención que provocou a broncoaspiración que sufriu no intre da operación, foi abordada no informe do Servizo de Anestesioloxía
e Reanimación (do 10.4.2023) que logo de reproducir a historia clínica onde se describe as actuacións médicas adoptadas, pon de manifesto a seguinte
valoración:
?(...) se trata de paciente con antecedentes pluripatológicos que ingresa por Urgencias por cuadro grave de oclusión intestinal,
durante la inducción anestésica, a pesar de medidas de prevención, broncoaspiración importante, esto es debido a gran contenido
gástrico por su cuadro oclusivo, esta complicación empeoró la situación del paciente con inestabilidad hemodinámica y dificultades
de oxigenación, y a pesar del tratamiento y medidas de soporte evoluciona a shock mixto y Fallo Multiorgánico, y finalmente
a Éxitus?.
Sexta.
Logo da lectura completa desa documentación, non pode aceptarse o razoamento da reclamación, no sentido de que a aparición
de complicacións non é de seu suficiente para entender que existiu mala praxe dos facultativos que atenderon ao paciente.
No presente caso, a axeitada asistencia nas intervencións e nas actuacións despréndese do contido da documentación clínica,
de xeito tal que, coma se adiantou no inicio das presentes consideracións, a teoría da lex artis ad hoc na actuación médica parte de considerar que a obriga do médico ou dos servizos sanitarios é unha obriga de medios en tanto
que non é posible asegurar a saúde en termos absolutos. O paciente ten dereito a que se lle dispense unha atención axeitada
?segundo a lex artis ad hoc? e non a obter un resultado curativo determinado, toda vez que a medicina non é unha ciencia exacta.
Polo tanto, segundo este criterio, e como ten sinalado este órgano consultivo, só existirá responsabilidade cando se infrinxan
os parámetros que constitúen o devandito criterio, que está, pois, en relación co elemento da antixuridicidade, de modo que
existe obriga de soportar o dano ?por non ser este antixurídico? cando a conduta do médico que tratou ao paciente foi axeitada
á lex artis, mentres que, para o caso contrario, a obriga de reparar recae sobre a Administración.
Por outra banda, e como xa se manifestou noutros ditames deste Consello ?por todos eles o CCG 372/2016, CCG 163/2017, CCG
293/2021,- a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento
dalgún servizo público corresponde certamente á parte reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa
do prexudicado etc...) á Administración (artigo 217 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil). En idéntico sentido
postúlase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio de que a carga da proba da existencia
dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte reclamante (entre outras, sentenzas do 14.10.2010,
rec. 2683/2006; do 30.11.2011, rec. 5978/2009 e do 22.2.2017, rec. 467/2015).
Non obstante, aínda que a proba incumbe a quen reclama, a actividade que desenvolve a Administración está presidida polo interese
xeral, obxectividade e imparcialidade e, en consecuencia, está interesada ?de oficio? no esclarecemento da verdade material, o que supón desprenderse de calquera actitude pasiva que impida o cabal coñecemento
dos feitos polos que poida atender ou rexeitar, nun acto motivado, as pretensións dos particulares. Velaí que os actos de
instrución para a determinación, coñecemento e comprobación dos feitos realizaranse de oficio (artigo 75 da LPAC).
Trasladando estas consideracións xerais ao caso que se examina cómpre salientar que, no presente suposto, a adecuación dos
medios empregados á lex artis do caso clínico é analizada unicamente polos informes dos servizos nos que o paciente foi atendido e, como xa se adiantou,
dun xeito exhaustivo e con explicacións acaídas aos reproches formulados polas persoas reclamantes que permiten anoar a secuencia
da atención clínica prestada conforme ás regras do saber técnico e científico aplicable no intre dos acontecementos obxecto
da reclamación, sen que se achegase pola parte reclamante ningunha proba, sequera indiciaria, que permita sustentar as súas
imputacións de mala praxe, nin se instou a súa practica no seo do procedemento.
Nesta tesitura, as argumentacións realizadas pola parte reclamante, carecen do aval técnico necesario para combater as consideracións
realizadas nos informes médicos, e non poden prevalecer fronte á versión científica sostida polos facultativos informantes,
no sentido de que as actuacións médicas practicadas eran as indicadas para o caso, e se levaron para o efecto con adecuación
á lex artis.
Deste xeito, dos feitos que constan no expediente debe concluírse coa afirmación de que non resulta acreditada a existencia
dun deficiente funcionamento do servizo público sanitario, polo que debe ser, expresa e motivadamente, desestimada a pretensión
indemnizatoria suscitada polos reclamantes.
En conclusión, e para dar cabo, procede a desestimación da reclamación, coincidindo co criterio exposto na proposta de resolución
remitida.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros
presentes, ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.