Dictamen de Consello Cons...re de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 242 de 12 de septiembre de 2018

Tiempo de lectura: 29 min

Tiempo de lectura: 29 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/09/2018

Num. Resolución: 242


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio presentada por D. en relación ás providencias de constrinximento X e Y.

Organismo: Consellería de Facenda (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 3.10.2017, D., presentou recurso de nulidade contra as providencias de constrinximento nº X e nº Y derivadas dunha sanción

imposta por un procedemento sancionador incoado pola Xefatura territorial da Coruña da Consellería do Mar.

2.- Con data 26.6.2018, a directora da Axencia Tributaria de Galicia dita proposta de resolución na que desestima a solicitude

de nulidade de pleno dereito presentada por D. contra as providencias de constrinximento nº X e nº Y.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Facenda, con entrada neste organismo con data 17.7.2018.

4.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 1.8.2018 acordouse, ao abeiro do artigo 39.2 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño,

ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo dun mes.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Este Consello Consultivo resulta competente para emitir o ditame solicitado ao abeiro do disposto no artigo 12.i) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento deste órgano consultivo.

No eido tributario, a intervención preceptiva do Consejo de Estado, ou do órgano equivalente da Comunidade Autónoma respectiva, nos procedementos de revisión de actos nulos de pleno dereito previse,

no artigo 217.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (en adiante, LXT), e no artigo 6 do Real decreto 520/2005,

do 13 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria,

en materia de revisión en vía administrativa.

O ditame ten o carácter de preceptivo e vinculante xa que o artigo 217.4 da LXT (e en idéntico sentido o artigo 6.2 do Real decreto 520/2005, do 13 de maio) require ?ditame favorable? ao referirse á declaración de nulidade dos actos ditados en materia tributaria.

Segunda.

A revisión de oficio dos actos administrativos constitúe unha fórmula privilexiada e excepcional, en canto actividade que ten por fin privar de toda eficacia, mediante a súa anulación por unilateral

pronunciamento do órgano administrativo competente, a algunha das súas decisións anteriores. En Dereito Tributario, a revisión

de oficio regulada na LXT aséntase, como tivo ocasión de reiterar a xurisprudencia do Tribunal Supremo, sobre os mesmos piares

dogmáticos que a xeral do Dereito Administrativo, isto é, a autotutela da Administración, a defensa da legalidade, que impide

o mantemento de actos con vicios especialmente invalidantes, e a aplicación dos principios configuradores desa potestade na

orde administrativa xeral.

Conflúen así na revisión de oficio valores contrapostos provenientes, por unha banda, do principio de seguridade xurídica, e, por outra, do principio de legalidade, pois mediante a revisión de oficio a

Administración expulsa do mundo do dereito algunha das súas decisións anteriores as cales, en canto que actos administrativos,

e por expresa previsión legal, gozan do reforzo da presunción de axuste á legalidade.

Mais non todas as infraccións susceptibles de provocar a anulación dun acto administrativo, mediante o exercicio das vías ordinarias de impugnación, poden ser esgrimidas con éxito nesta vía excepcional

da revisión de oficio. Antes ben, esta só procederá nos supostos nos que o acto se atope viciado por algunha das causas de

nulidade de pleno dereito previstas, no caso ao que se contrae este ditame, no artigo 217.1 da LXT.

O exercicio da potestade revisora require, ademais, dunha axeitada e inescusable formalización, así como do escrupuloso acomodo ao procedemento normativamente establecido que se manifesta así

como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos da cidadanía.

Neste sentido, a instrución do expediente que nos ocupa axustouse, no esencial, ao prescrito nos artigos 217 da LXT e 4 a 6 do seu Regulamento xeral de desenvolvemento en materia de revisión en vía administrativa,

aprobado polo Real decreto 520/2005, do 13 de maio, con observancia do trámite de audiencia e formulación da proposta de resolución

que se somete a ditame.

Terceira.

Entrando xa no fondo do asunto, do exame da solicitude de oficio presentada polo reclamante despréndese como este fundamenta a súa solicitude de revisión de oficio sobre a base de que concorre a causa

prevista no artigo 217.1.e) LXT, que os actos se ditaran "prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido para iso ou das normas que conteñen as regras esenciais

para a formación da vontade nos órganos colexiados".

En primeiro lugar o interesado alega a imposibilidade de defensa contra as sancións impostas pola Consellería do Mar, en tanto que ?contra el recurrente no se ha incoado, tramitado ni resuelto procedimiento sancionador por ninguna Consellería de la Xunta

de Galicia... En mera hipótesis podrá especularse que el acto sancionador ha sido dictado inaudita parte con absoluta vulneración

de las normas que disciplinan la potestad sancionadora?.

A este respecto, cómpre destacar que no expediente remitido a este CCG consta o acuse de recibo da notificación realizada por parte da Xefatura territorial da Consellería do Mar (folios 13 e 14 do expediente

sancionador), na que se referencia o expediente (X), e que foi recibida e asinada polo interesado no enderezo da Rúa de Dereitos

Humanos, X, 2º esquerda, Boiro en 2-7-2015.

Doutra banda, consta tamén a o acuse de recibo da notificación realizada por parte da Xefatura territorial da Consellería do Mar (folios 13 e 14 do expediente sancionador), na que se referencia o expediente

(X), e que foi recibida e asinada polo interesado no enderezo de Rúa Espiñeira X, esquerda, Boiro en 14-6-2016.

Cuarta.

Doutra banda, e a pesar de que a solicitude de nulidade é certamente confusa, o interesado parece alegar vicios relativos ao contido das providencias de constrinximento e que non foron correctamente notificadas.

Cómpre lembrar que este CCG ten establecido unha postura clara en relación cos defectos de notificacións (por todos, CCG 215/2018).

Así as cousas, a notificación constitúe un trámite fundamental para o acto administrativo, pero que condiciona so a eficacia da resolución que se notifica, e non a súa validez, en canto actuación xurídica

previa e autónoma á posterior notificación.

Así pois, a eficacia do acto administrativo queda demorada até a práctica da notificación en debida forma, e os vicios en que esta última poida incorrer se proxectan so sobre os efectos do acto, non

sobre a súa validez (artigo 57.2 e 58.1 da LRXPAC).

Este é o criterio establecido na xurisprudencia do Tribunal Supremo da que é mostra, entre outras a sentenza de 4.7.2013, na que, con cita de outros pronunciamentos anteriores, se considera que ?la notificación irregular de un determinado acto administrativo no afecta a su validez sino meramente a su eficacia (y al

comienzo, en su caso, de los plazos para impugnarlo)? entendendo o tribunal sentenzador que as alegacións relativas á notificación do acto ao interesado ?quedan fuera de los límites del referido artículo 62.1 de la Ley 30/1992?.

Consecuentemente co razoado, hai que concluír que os eventuais defectos de notificación non son motivación suficiente para realizar o pronunciamento pretendido polo interesado e acollido na proposta

de resolución, que non pode obter ditame habilitante, sendo o procedente que, se o órgano autor da notificación considera

que a notificación é defectuosa ?aspecto este sobre o que non corresponde realizar pronunciamento unha vez descartada a procedencia

da revisión de oficio que determina a nosa competencia- o adecuado a dereito será a práctica dunha nova notificación en debida

forma.

Quinta.

Sentado o anterior, non podemos deixar de manifestar, pois así resulta do expediente, que as notificacións da providencias de constrinximento tentaron realizarse sen éxito unicamente na Rúa Dereitos

Humanos X, 4°izq, Boiro (A Coruña). Os empregados do servizo postal realizaron anotacións diferentes ?incluso contraditorias-

nos acuses de recibo destas notificacións, e que van desde ?ausente?, a ?descoñecido? ou ?enderezo incorrecto?.

Neste punto, a Administración tributaria debeu proceder do mesmo xeito que a Consellería do Mar, é dicir, practicar a notificación noutro domicilio que constaba no expediente, e no que xa se practicaran

previas notificacións con éxito (Rúa da Espiñeira X). Pero en vez de actuar deste xeito, acudiu á notificación edital.

Así, convén lembrar que tal proceder non resulta acorde co previsto na xurisprudencia. Así, a sentenza do Tribunal Supremo do 28.10.2004, ??la notificación del requerimiento por medio de publicación en el BOP resulta también incorrecta y, por tanto, defectuosa.

Y ello por cuanto la propia Administración tributaria disponía en su base de datos de otro domicilio del contribuyente, en

este caso, el que consta en la declaración anual del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, donde intentar la notificación

del Requerimiento, y de hecho es en ese domicilio donde practicó la notificación de la Resolución con Liquidación Provisional,

con resultado positivo. Por tanto, el interesado no era ni "desconocido" ni se ignoraba su domicilio?, fixa doutrina legal e insiste en que a Administración está obrigada a esgotar as posibilidade para notificar o acto, e soamente

pode acudir á notificación edital cando acredita a realización de todos os esforzos razoablemente posibles. No mesmo sentido,

e con anterioridade, xa se tiña pronunciado a sentenza do Tribunal Supremo do 20.4.2007.

No mesmo sentido, o Tribunal Constitucional considera que a notificación edital ten carácter ?supletorio e excepcional?, ?la notificación por edictos tiene un carácter supletorio y excepcional, debiendo ser considerada como remedio último, siendo

únicamente compatible con el artículo 24 de la Constitución , si existe la certeza o, al menos, la convicción razonable de

la imposibilidad de localizar al demandado? . (53/2003 do 24 de marzo).

Non obstante o anterior, e tendo en conta o manifestado na consideración cuarta, o certo é que a providencia de constrinximento non notificada podería considerarse ineficaz, pero non nula de pleno

dereito. En todo caso, tal e como ten sinalado este CCG en múltiples ocasións, se o interesado considera que o acto non lle

foi notificado en forma, e o primeiro coñecemento da mesma é a través da práctica dun embargo na súa conta bancaria, ten a

posibilidade de impugnar aquela liquidación mediante os recursos ordinarios (CCG 312/2017).

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Reclamación económico-administrativa. Paso a paso
Disponible

Reclamación económico-administrativa. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Revisión de actos tributarios
Disponible

Revisión de actos tributarios

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores
Disponible

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores

Editorial Colex, S.L.

8.50€

8.07€

+ Información