Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 241 de 31 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 241 de 31 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 72 min

Tiempo de lectura: 72 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/07/2023

Num. Resolución: 241


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G. e L., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai, C., trala asistencia sanitaria prestada no Servizo de Urxencias do Hospital de Verín.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Guizán

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 28.2.2023 G. e . L. interpoñen ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial polo falecemento da

súa nai, C., o 14.6.2020 trala asistencia sanitaria recibida no Servizo de Urxencias do Hospital de Verín.

Os reclamantes refiren que o 14.6.2020 a súa nai foi trasladada polo 061 ao Servizo de Urxencias do Hospital de Verín tras

referir vómitos e diarrea, sendo diagnosticada a paciente dunha gastroenterite aguda para a que se lle pautou tratamento.

Transcorridas unhas horas, a doente foi remitida ao seu domicilio.

Os reclamantes sinalan que unhas horas despois daquela asistencia e xa na súa casa, a señora C. referiu falta da aire e, posteriormente,

vómitos de cor escura, polo que volveron a chamar ao 061, se ben cando chegou a ambulancia ao domicilio, a súa nai xa morrera.

Neste punto os fillos da finada refiren que no informe da autopsia se reflectiu como a causa da morte da súa nai un fallo

renal agudo, que non lle fora diagnosticado na asistencia no Servizo de Urxencias por valorar os facultativos os datos dunha

analítica que non era a da señora C:

?Del informe de autopsia realizado al cuerpo de nuestra madre, Dña. C. por parte de Dña. L., Médico Forense del IMELGA subdirección

de Ourense, se extraen las siguientes conclusiones:

1- Que tras revisar el historial clínico de la fallecida se comprueba que la misma fue atendida por última vez en el servido

de urgencias del Hospital de Verín el día 14 de junio a las 1:59 horas. De la analítica realizada al ingreso se objetiva una

glucemia baja, urea elevada, fallo renal agudo, leucocitosis, proteína C reactiva elevada y anemia. En el informe de alta

de urgencias se transcriben unas cifras de la analítica que no corresponden con los resultados obtenidos. desconociendo esta

perito cuales han sido los valores reales que ha tenido en cuenta el médico en su valoración clínica.

2- Por las analíticas realizadas la victima entró en urgencias en una situación de fallo renal agudo con niveles elevados

de urea que deberían de ser corregidos con carácter urgente.

La colocación de sueros iv y la administración de antieméticos (tratamiento correcto si sólo se tratase de una gastroenteritis

aguda) permitieron la recuperación sintomática que no evitó el empeoramiento clínico por fracaso cardíaco agudo.

3- La causa probable de la muerte fue la insuficiencia renal aguda?.

Deste xeito, os reclamantes entenden que ?de haberse realizado por parte del Servicio de Urgencias del Hospital de Verín una correcta actuación en relación a las dolencias

por las que Dña C. acudió trasladada al mismo, no hubiese sido dada de alta a su domicilio y, tal vez, no hubiese fallecido

como consecuencia de un fallo renal que no le fue debidamente diagnosticado ni tratado?.

Xunto coa reclamación achégase, entre outra documentación, informe de autopsia do 14.6.2020, informes médico ? forenses do

Instituto de Medicina Legal de Galicia do 4.11.2021 e do 11.1.2022, auto de sobresemento provisional do Xulgado de Primeira

Instancia e Instrución núm. 2 de Verín do 8.2.2022, e auto da Audiencia Provincial de Ourense do 8.4.2022, que confirma o

auto do 8.2.2022.

2.- Previo requirimento da instrución do 10.3.2023, o 16.3.2023 os reclamantes acreditaron a súa condición de fillos da finada e concretaron a súa pretensión indemnizatoria en 73.090,51

?, correspondendo 20.883 ? a L. e 52.207,51 ? a G., este último convivinte coa paciente.

3.- Na instrución do expediente incorporouse a este:

- Copia da historia clínica da señora C.

- Informe do Servizo de Urxencias do Hospital de Verín do 15.4.2023

4.- O 2.5.2023 deuse trámite de audiencia aos reclamantes.

Estes, o 12.5.2023, formularon alegacións nas que sinalan que, contra o indicado no informe do Servizo de Urxencias do 15.4.2023, a analítica que se valorou para o diagnóstico da gastroenterite da súa nai foi a que consta no informe de alta, e non a

que figuraba nos datos de laboratorio, o que vén a explicar que non se apreciarse o fallo renal da paciente que provocou o

seu falecemento horas máis tarde.

5.- O 25.5.2023 o Servizo de Urxencias do Hospital de Verín emitiu un novo informe sobre os feitos que deron lugar á reclamación dos interesados.

6.- O 30.5.2023 deuse un novo trámite de audiencia aos reclamantes, sen que conste a presentación de alegacións.

7.- O 27.6.2023 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

8.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 3.7.2023.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j)

da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 32 a 37

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais,

pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo, hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, as sentenzas do Tribunal Supremo do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018,

rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta

suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que

é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida da

persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación da persoa enferma. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia

sanitaria se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido

non se considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producido é antixurídico e debe ser indemnizado.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 377/2022, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido polo doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna

valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, dos escritos de reclamación e alegacións dos reclamantes despréndese como estes imputan aos servizos sanitarios

un deficiente funcionamento ao ter establecido, na asistencia do Servizo de Urxencias do Hospital de Verín do 14.6.2020, o

diagnóstico da doenza que presentaba a súa nai con base nunha analítica equivocada, o que levou ao erro de diagnosticarlle

unha gastroenterite, cando a analítica realizada á doente amosaba dun xeito claro o padecemento dun fallo renal agudo que,

conseguintemente, non foi tratado, provocando, finalmente e ao seu xuízo, a morte da señora C.

Así as cousas, o exame deste reproche dos reclamantes esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran

no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles se conteñen (neste sentido, entre

outros, o CCG 155/2020, o CCG 92/2021 e o CCG 83/2022), debendo este órgano limitarse á súa inclusión en categorías xurídicas

(por todos, o CCG 150/2020, o CCG 247/2021 ou o CCG 169/2022).

Deste xeito, da documentación clínica que consta no expediente, despréndese como a señora C., de 85 anos de idade no intre

dos feitos, acudiu o 14.6.2020, ás 01:49 horas, ao Servizo de Urxencias do Hospital de Verín referindo diarrea.

Como sinala o informe do Servizo de Urxencias do 25.5.2023 e reflicte o informe de alta daquela data, á paciente se lle realizou unha exploración física básica, que resultou normal,

e unha analítica de sangue, establecéndose polo facultativo, con base nos datos da exploración e da analítica, a hipótese

diagnóstica dunha ?gastroenterite aguda?. Ante este diagnostico, como consta no informe de alta, procedeuse a administrar tratamento consistente en hidratación intravenosa,

o que provocou unha melloría sintomática da paciente, procedéndose ás poucas horas á alta hospitalaria da señora C. con tratamento

para o domicilio.

Ás poucas horas da alta (arredor das 6:45 horas, segundo as manifestacións da familia que recolle o estudio necrópsico do

14.6.2020), a paciente comezou a referir vómitos escuros abundantes, contactando a familia co 061, que aconsellou colocar

a paciente de lado. No entanto, a doente faleceu ao pouco tempo de repente, concluíndo o informe da autopsia que ?la causa fundamental más probable de la muerte es insuficiencia renal aguda?.

Esta conclusión da médica forense, cómpre sinalar, foi establecida, logo de revisar aquela o historial clínico da paciente

e comprobar que a analítica realizada á señora C. ao seu ingreso obxectivaba uns datos distintos dos recollidos no informe

de alta e, o que é mais relevante, suxestivos dun fallo renal agudo. Así se recolle no informe de autopsia do 14.6.2020:

?Este perito revisa el historial clínico existente en el Sergas y comprueba que la víctima fue atendida por última vez en el

servicio de urgencias del HFV el 14/06/2020 e las 01:59h. De la analítica realizada al ingreso se objetiva una glucemia baja,

urea elevada, fallo renal agudo, leucocitosis (neutrófilos), proteína C reactiva elevada y anemia. Al informe de alta hospitalaria

se trascriben unas cifras de la analítica que no se corresponden con los resultados obtenidos, este perito desconoce cuáles

han sido los valores reales que ha tenido en cuenta el médico en su valoración clínica. No ha sido posible hablar con el médico

al estar saliente de una guardia complicada no está operativo su móvil.

Este perito ha hablado con el laboratorio (Dr. R.) para asegurarme de cuáles eran los resultados reales obtenidos de las analíticas

y a qué hora se obtuvieron. La analítica relajada en Yanus es correcta (no la del informe de alta hospitalaria dada a la familia).

(...)

Por las analíticas realizadas la víctima entro en urgencias en una situación de fallo renal agudo, con niveles elevados de

urea (sustancia tóxica en sangre que provoca vómitos) que deberían de ser corregidos con carácter urgente. La colocación de

sueros IV y la administración de antieméticos (tratamiento correcto si solo se tratase de una gastroenteritis aguda) permitió

recuperación sintomática que o evitó el empeoramiento clínico por fracaso cardiaco agudo con riesgo de alto daño miocárdico

y fallecimiento súbito?.

A este respecto, os informes do Servizo de Urxencias do 15.4.2023 e do 25.5.2023 aceptan o erro no volcado de datos da analítica, mais non admiten que estes datos non foran tidos en conta na atención sanitaria

prestada. Así, sinalan que ?Teniendo en cuenta que el informe de alta se suele realizar, lógicamente, al final de la asistencia, el volcado errónea de

los datos de laboratorio sobre el informe de alta, supone un error que no tiene por qué afectar en la toma de decisiones?.

Porén, fronte ao manifestado polo Servizo de Urxencias, a historia clínica amosa que non se diagnosticou o fallo renal agudo

que evidenciaba a analítica feita á paciente á súa chegada a Urxencias, sendo o diagnóstico de gastroenterite, conforme coa

analítica erroneamente plasmada no informe de alta. En consecuencia, pódese concluír que o diagnóstico da señora C. fíxose

con base nunha analítica que non correspondía coa realizada ao ingreso da paciente no Servizo de Urxencias, o que impediu

detectar a grave doenza que padecía e proporcionarlle o tratamento adecuado.

Neste sentido o informe médico-forense do 11.1.2022 apunta á indicación dun ingreso hospitalario de aló menos 24 horas e á

necesidade de realizar novos controis analíticos para o seguimento do fallo renal agudo:

?El tratamiento inicial realizado en urgencias de hidratación intravenosa también sería el indicado para corregir el fallo

renal agudo, pero la persistencia de dichos valores analíticos alterados a posteriori de realizado el tratamiento intravenoso,

justificaría el mantenimiento del ingreso de la paciente en urgencias al menos 24 h y la realización de nuevos controles analíticos

sin perder de vista la evolución sintomática.

Durante dicho ingreso en urgencias y siempre a la vista de la evolución sintomática y resultados analíticos si no hubiese

mejoría sería necesario un ingreso hospitalario para realización de más pruebas diagnósticas y así poder determinar la etiología

de dicho fallo renal.

(...)

El fallo renal agudo es una situación clínica que se puede revertir con terapia adecuada (hidratación IV) y corrigiendo el

factor etiológico que lo provoca.

Si no se hace provoca en personas susceptibles (edad avanzada, pluripatología, inmunodeprimidos) una descompensación de su

estado inicial con agravación de las patologías previas?.

O deficiente funcionamento dos servizos sanitarios comporta, neste caso, un dano antixurídico que desencadea a responsabilidade

patrimonial da Administración pública.

Quinta.

Polo que respecta ao dano a indemnizar, este non pode identificarse co falecemento da señora C. pois, como recollen os informes

médico ? forenses do 4.11.2021 e do 11.1.2022, a doente tamén presentaba cando ingresou no Servizo de Urxencias unha insuficiencia

cardíaca subxacente e descompensada que non se podía sospeitar naquel intre ao non referir a paciente sintomatoloxía indicativa

daquela (dispnea, edemas periféricos) nin existir alteracións na analítica realizada. De feito, como salienta a médico ? forense

no seu informe do 11.1.2022, só a petición a posteriori de marcadores cardíacos nas mostras de sangue da doente, co fin de determinar a causa do seu falecemento, permitiu saber

que se estaba producindo unha situación de insuficiencia cardíaca subxacente con dano miocárdico.

Estas circunstancias impiden recoñecer con absoluta certeza un nexo causal entre a omisión dos medios necesarios para tratar

o fallo renal que non foi diagnosticado e o posterior falecemento da Sra. C. Agora ben, non cabe dúbida de que perdeuse unha

alternativa de actuación, privando neste caso á paciente dunha asistencia sanitaria axeitada ao non ter diagnosticado e tratado

o seu fallo renal, e que a devandita alternativa, de terse materializado, podería ter cambiado o curso dos acontecementos.

Por conseguinte, a responsabilidade patrimonial da Administración no presente suposto alicérzase sobre a doutrina da perda

de oportunidade, sendo preciso notar que o Tribunal Supremo ten considerado, entre outras, nas sentenzas do 20.3.2018, rec.

220/2016, e do 25.5.2016, rec. 2396/2014, que ?en la pérdida de oportunidad no se indemniza la totalidad del perjuicio sufrido, sino que precisamente ha de valorarse la

incertidumbre acerca de que la actuación médica omitida pudiera haber evitado o minorado? o resultado acontecido. No mesmo sentido pode citarse a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 19.1.2022, rec. 309/2020, que

refire como nestes casos ?el paciente pierde la oportunidad de que las cosas evolucionaran mejor, pero también se desconoce cómo se hubiera desarrollado

con una asistencia temporal más oportuna, lo que lleva a considerar una causalidad probabilística que puede satisfacerse a

través de la pérdida de oportunidad?. Así pois, nestes supostos o dano indemnizable é a transcendencia da oportunidade perdida (por todos, o CCG 63/2021 ou o

CCG 96/2023).

Ademais, con inspiración no principio de efectividade do dano, o Tribunal Supremo esixe (entre outras, na precitada sentenza

do 25.5.2016 e na sentenza do 24.9.2018, rec. 976/2918) ?que la posibilidad frustrada no sea simplemente una expectativa general, vaga, meramente especulativa o excepcional?.

Dito o que precede, á hora de fixar a contía da indemnización hai que ter en conta o criterio xurisprudencial (neste sentido,

as sentenzas do Tribunal Supremo do 3.7.2012, rec. 6787/2010, do 6.2.2018, rec. 2302/2016, do 24.4.2018, rec. 447/2016 e do

14.5.2020, rec. 6365/2018, ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 13.2.2019, rec. 395/2018), reiteradamente

empregado por este Consello Consultivo (por todos, o CCG 273/2021, CCG 328/2021, o CCG 375/2021, CCG 66/2022 ou o recente

CCG 231/2023), segundo os cales ?[?] la pérdida de oportunidad hace entrar en juego a la hora de valorar el daño causado, dos elementos de difícil concreción,

como son el grado de probabilidad de que dicha actuación hubiera producido ese efecto beneficioso, y el grado, entidad, o

alcance de éste mismo?. E é que, como ten sinalado o Tribunal Supremo na súa sentenza do 19.6.2012, rec. 579/2011, ?la información acerca de las posibilidades reales de curación constituyen un elemento esencial en la doctrina denominada ?pérdida

de oportunidad?, por lo que la suma debe atemperarse a su existencia o no?.

Á luz destas consideracións, é preciso recoñecer o alto grao de incerteza verbo do curso dos acontecementos se á señora C.

se lle tivese diagnosticado e tratado correctamente o fallo renal agudo que presentaba ao seu ingreso no Servizo de Urxencias

o 14.6.2020. En primeiro lugar, por mor da incerteza da evolución do fallo renal mesmo no caso dun axeitado diagnóstico e

tratamento (o informe médico ? forense do 4.11.2021 refire que é unha situación clínica que ?se puede revertir?) pero tamén porque, como xa se notou, a paciente tamén presentaba naquel intre unha insuficiencia cardíaca subxacente non

manifestada que só puido diagnosticarse post mortem. Estas circunstancias, unidas ás características singulares da paciente (de 85 anos de idade e diagnosticada de hipertensión

arterial e diabetes), obrigan a modular o quantum indemnizatorio a satisfacer aos reclamantes que, a xuízo deste órgano consultivo, pode fixarse prudencialmente na contía

de 5.000 ?, correspondendo 2.000 ? a G., e 3.000 ? a L. na súa condición de convivinte coa finada.

Esta contía debe entenderse actualizada por todos os conceptos á data da emisión do presente ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros

presentes, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire, procedendo indemnizar

aos reclamantes na contía de 5.000 ??.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información