Dictamen de Consello Cons...io de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 241 de 12 de julio de 2017

Tiempo de lectura: 42 min

Tiempo de lectura: 42 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/07/2017

Num. Resolución: 241


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de don F., dona A. e dona M., polo falecemento da súa cónxuxe e nai, respectivamente, dona R., por mor do atraso diagnóstico da súa enfermidade.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 11.01.2017, don C. actuando en nome e representación de don F., dona A. e dona M. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde solicitando unha indemnización polos

danos derivados do falecemento de dona R., esposa e nai, respectivamente, dos interesados, o que se considera acontecido como

consecuencia dunha mala asistencia sanitaria prestada polos servizos sanitarios.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida audiencia á interesada, formulouse proposta

de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 30 de maio de 2017.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC, se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial,

que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal

directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser

resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado

en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba

dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado. A existencia deste criterio

da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo. Estamos ante

un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional

o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente

pode haber lugar a responsabilidade esixindo que non só exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio;

prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia

de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 12.2 do RPAPRP, resulta

preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade

por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

A este respecto do exame das actuacións resulta que os feitos determinantes da reclamación se resumen na seguinte secuencia asistencial. No momento do inicio dos feitos analizados dona R. era unha paciente

de 60 anos con importantes antecedentes médicos como síndrome metabólico con alto risco cardiovascular, cardiopatía ingresada

no ano 2010 por FA rápida, hipertensión pulmonar severa e función ventricular deprimida, gliose vascular cerebral crónica

e anticoagulada. Logo de 4 consultas no seu centro de saúde en datas de novembro e decembro de 2015 e xaneiro de 2016, por

cadro de tose e expectoración que é tratado con antibióticos con melloría inicial, a paciente é remitida o día 14.01.2016

ao servizo de Urxencias do CHUO, se ben ante a súa negativa a acudir a ese servizo, páutaselle unha Rx de tórax, que se realiza

o día seguinte, e ante a apreciación dun derrame pleural importante a doente é remitida ao hospital dende o servizo de radioloxía.

Ingresada no servizo de Medicina Interna, é sometida a distintas probas e estudios de cara a filiar a doenza establecéndose a hipótese diagnóstica de patoloxía infecciosa (neumonía intersticial, neumonía

pneumocystis/citomegalovirus, neumonite por hipersensibilidad criptoxénica, sen poder descartar a posibilidade de carcinoma

bronquioloalveolar subxacente entre outras posibilidades). Igualmente se obteñen achádegos suxestivos de hipertensión pulmonar.

O día 21.01.2016 se realiza ?FBC por vía nasal (?) BAS, BAL en LM y BTB en LM. Sólo se puede obtener una muestra por sangrado abundante que precisa suero

frío y adrenalina?. Practícase tamén toracocentese evacuadora, con previa suspensión de tratamento anticoagulante que se sustitúe por heparina.

O día 26.01.2016 a paciente sofre unha parada cardio respiratoria iniciándose manobras de SVA e ingresando na UCI con respiración

asistida, realizase unha broncoscopia urxente observándose sangrado activo por bronquio de LMD, colócase un tubo torácico

ante a evidencia de hidroneumotorax dereito apeciado nun ANXIOTAC, drenándose 1700 ml de liquido hemático. Obxectivouse encefalopatia

anoxica-isquémica en EEG, evolucionando desfavorablemente resultando exitus o 30.01.2016.

E sendo así que a parte actora censura aos servizos sanitarios a súa incapacidade para impedir o fatal desenlace vinculado ás graves doenzas padecidas pola señora R., na análise da causalidade

do dano resulta preciso partir dos reproches realizados pola representación dos interesados en relación coa asistencia sanitaria.

Así, examinando o escrito reitor da reclamación obtense unha xenérica censura da asistencia sanitaria, que non se concreta mais alá da descrición da secuencia asistencial e a apreciación da existencia

de ?retraso en el diagnóstico y en el tratamiento adecuado en tiempo adecuado en el CS A Ponte y en el CHOU, déficit asistencial

en la práctica de la broncoscopia que causó el importante neumohemotorax y ausencia de consentimiento informado para las actuaciones

llevadas a cabo?. No propio escrito de reclamación se realiza reserva de ulteriores alegacións que procedan unha vez se teña acceso á documentación

clínica.

Esa reclamación xenérica, na que non se concretan que probas foron indebidamente preteridas ou inadecuadamente realizadas, mais alá do reproche en relación coa broncoscopia, é seguida de sendos

informes do servizo de Medicina Interna e o de Medicina Intensiva do CHOU nos que correlativamente se realiza unha análise

marcadamente descritiva da secuela asistencial, negándose, iso si, a omisión de consentimento informado censurada na reclamación.

E con este debate so parcial sobre a asistencia controvertida se chega ao trámite de alegacións no que a representación dos

interesados realiza unha minuciosa análise da asistencia sanitaria dende o punto de vista médico, plagada de apreciacións

e conclusións técnico-médicas, entre as que destaca a consideración de que a paciente non padecía un proceso infeccioso senón

unha insuficiencia cardíaca que puido e debeu ser apreciada polos facultativos, por ser a causa mais frecuente de trasudados,

non existindo base científica para establecer o proceso de infección, censurando a inadecuación da broncoscopia realizada

e apuntando a omisión, en troques, de probas diagnósticas que estarían indicadas como unha analítica completa e unha radiografía

de tórax.

Quinta.-

Na exame da realidade fáctica trasladada a este Consello Consultivo como substrato do pronunciamento a realizar sobre a eventual concorrencia de vínculo xurídico entre dano e funcionamento do servizo

hai que lembrar unha vez mais que a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante,

como así se obtén do previsto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar

a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico

correspondente ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que salientar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica do reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil.

No presente caso, a reclamación susténtase nun relato descritivo da secuencia asistencial e na obtención de conclusións de carácter técnico que non poden ser acollidas por este Consello Consultivo en

ausencia de medios probatorios de carácter técnico nos que apoiar a convicción xurídica sobre o pretendido pola parte actora.

E para a apreciación da existencia do referido nexo causal non aproveita por si so o feito de que no curso da asistencia sanitaria se teña producido o lamentable falecemento da señora R. porque a asistencia

sanitaria se naturaliza como unha prestación de medios e non de resultado, como consecuencia derivada do carácter finito e

limitado dos coñecementos técnicos e medios de igual condición dispoñibles para facer fronte ao carácter mórbido inherente

á condición humana.

A principal consecuencia da calidade de prestación de medios da asistencia sanitaria radica en que o exame de solvencia e suficiencia da dita prestación se realiza dende a óptica da lex artis ad hoc, que, como indica o Tribunal Supremo en sentenza do 29.01.2010 ?supone que la toma de decisiones clínicas está generalmente basada en el diagnóstico que se establece a través de una serie

de pruebas encaminadas a demostrar o rechazar una forma de actuación. Implica por tanto la obligación del médico de realizar

aquellas pruebas necesarias atendiendo el estado de la ciencia médica en ese momento, [?] de tal forma que, realizadas las

comprobaciones que el caso requiera, sólo el diagnóstico que presente un error de notoria gravedad o unas conclusiones absolutamente

erróneas, puede servir de base para declarar su responsabilidad, al igual que en el supuesto de que no se hubieran practicado

todas las comprobaciones o exámenes exigidos o exigibles (SSTS 15 de febrero y 18 de diciembre de 2006; 19 de octubre 2007);

todo lo cual conduce a criterios de limitación de la imputabilidad objetiva para recordar que no puede cuestionarse esta toma

de decisiones si el reproche se realiza exclusivamente fundándose en la evolución posterior y, por ende, infringiendo la prohibición

de regreso que imponen los topoi (leyes) del razonamiento práctico (SSTS de 14 de febrero de 2006, 15 de febrero de 2006, 7 de mayo de 2007)?.

Dito noutras palabras, a apreciación dun resultado lesivo, como é o caso, non abonda para establecer a existencia dunha obriga de resarcimento a cargo da Administración, sendo preciso acreditar que ese

resultado adverso é consecuencia dunha creba da lex artis que produce un dano antixurídico ao particular, creba da lex artis que, polo demais, é esixible mesmo

en presenza dun erro de diagnóstico, non acreditado no presente caso, pero de onde se obtería que aínda na hipótese da representación

dos interesados baseada na incorrecta apreciación da doenza realmente sufrida pola paciente, sería preciso acreditar que a

falta de obtención do diagnóstico certeiro obedeceu a unha mala praxe médica.

Tales presupostos da responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria non constan acreditados en absoluto no expediente, pois as conclusións técnicas introducidas no trámite de alegacións levan a

sinatura de letrado, e non de especialista en medicina, e ante a ausencia de toda proba técnica que así o posibilite por achegar

elementos de convicción sobre as conclusións da parte actora, non é dado a este Consello Consultivo -con competencia restrinxida

ao estrito plano xurídico- apreciar a existencia dunha vinculación causal entre a asistencia sanitaria e o dano alegado que,

polo demais, se explica illadamente en ausencia de creba da lex artis como unha evolución tórpida das graves doenzas que afectaban á paciente, de onde resulta que non sexa apreciable a existencia

de circunstancias como o dano desproporcionado determinantes de inversión da carga probatoria

Neste sentido, na evolución da doenza podería ter producido unha lesiva influencia unha hemorraxia eventualmente conectada cunha previa proba invasiva (broncoscopia).

Mais, como así se aprecia no informe de servizo e na propia proposta de resolución, ese risco de hemorraxia aparece recollido no consentimento asinado pola paciente, á que ademais se lle tivo que pautar

unha modificación de tratamento polo seu risco singularizado de hemorraxia ao ser tratada con antiagregantes.

En esas circunstancias, a complicación reúne as características de risco típico da proba, dado que, xunto coa posibilidade da súa eventual actualización a pesar da observancia dunha axeitada praxe médica,

concorre a circunstancia de tratarse dunha complicación propia da intervención practicada. Ante esta apreciación resulta de

aplicación, en consecuencia, a doutrina tomada do Consejo de Estado e reiterada por este Consello Consultivo en numerosos

ditames -citaremos por todos o CCG 675/02- segundo a cal aínda admitindo a eventual concorrencia da necesaria relación de

causalidade entre a asistencia sanitaria e os danos producidos, e partindo tamén da responsabilidade obxectiva da Administración,

non sempre procederá, a pesar diso, declarar a responsabilidade da Administración, posto que o paciente ten o deber xurídico

de soportar os efectos inherentes ou propios da terapia establecida para a súa curación ou, incluso, razoablemente derivados

da particular intervención que se practique, e por iso consideramos que non é antixurídica unha lesión que ten lugar con ocasión

dunha intervención cirúrxica cando na realización desta se observaron as obrigas que a lex artis impón aos profesionais da medicina.

Con estes presupostos, e en ausencia de proba técnica que avale as alegacións realizadas pola parte actora, non é apreciable a existencia dun dano antixurídico vinculado co funcionamento do servizo público

polo que procede a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información