Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 238 de 12 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 238 de 12 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 56 min

Tiempo de lectura: 56 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/07/2023

Num. Resolución: 238


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C. en nome e representación de S. por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai C. no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Oreiro Romar

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 29.6.2021 C. presenta unha reclamación de responsabilidade patrimonial, en nome e representación de S., por mor

dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai C. como consecuencia dun ictus no Hospital Universitario

Álvaro Cunqueiro (en diante, CHUVI).

En concreto, o reclamante esgrime os seguintes reproches respecto da asistencia sanitaria prestada á súa nai:

- ausencia de consentimento informado para as intervencións realizadas,

- déficit asistencial e vulneración da lex artis, por non valorar adecuadamente os signos e síntomas que presenta a doente, realizando unha exploración completa e probas

complementarias, o que permitiría un diagnóstico correcto do ictus, e en definitiva, evitar o falecemento.

Xunto a reclamación achega, entre outros documentos, certificado de discapacidade, sentenza de incapacitación parcial, e informes

médicos da falecida.

Remata solicitando unha indemnización por importe de 125.000,00 ?.

2.- Instruído o procedemento, incorporouse a seguinte documentación:

- historia clínica,

- informe do coordinador de Urxencias do 29.9.2021,

- informe do Servizo de Medicina Interna do 28.9.2021,

- informe do Servizo de Medicina Intensiva do 21.1.2022.

3.- Con datas 21.2.2022, 16.2.2023, e 3.3.2023 a representación do demandante formula alegacións nas que, en esencia, se ratifica no seu escrito inicial, ademais de impugnar

os informes relacionados no antecedente anterior.

4.- Con data 21.6.2023 dítase a proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 3.7.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) (aspectos procedementais)

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que

impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os

supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón

tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade

que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do

criterio de normalidade.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior sobre os particulares aspectos de fondo

suscitados no presente expediente, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso pronunciarse neste ditame

sobre se existe, no caso que se nos presenta a exame, unha relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, sobre a valoración do dano causado e a contía e o modo de indemnización.

As imputacións realizadas pola representación do reclamante poden dividirse en dúas categorías. Por un lado, o déficit asistencial

derivado do atraso no diagnóstico do ICTUS, causa última da morte da súa nai. Por outra banda, a ausencia dos consentimentos

informados preceptivos, e da información necesaria ao longo do proceso asistencial.

Seguindo a orde expresada na reclamación, e segundo o relato exposto, a falecida ingresa en Urxencias do CHUVI o 28.7.2020,

e:

?a pesar de que consta TC Cerebro de fecha 30/07/2020 que revela hallazgos de lesiones isquémicas subagudas, no se activó el

código ictus ni se buscó diagnóstico diferencial. no se informó a don S. del resultado de dicha prueba diagnóstica ni de las

lesiones isquémicas que presentaba su madre? El 05/08/2020 Se hace constar en el informe de alta por exitus que la paciente

está consciente el 05/08, pero con tendencia al sueño, GSC 13-14 y dudosa desviación superior de la mirada. La RMN que se

realiza ese día muestra LESIONES ISQUÉMICAS AGUDAS O SUBAGUDAS ?al igual que el TC Cerebro del día 30/07/2020-...Sobre las

10:45h del 06/08/2020, estando previamente consciente, sufre episodio brusco de deterioro de nivel de consciencia, con midriasis

bilateral, hipertensión y movimientos aislados no continuos en extremidades. A la vista de la situación, se solicita TAC urgente,

que muestra transformación hemorrágica del infarto subagudo. El médico informa a Don S. por primera vez que el motivo de su

ingreso en urgencias el pasado 28/07/2020 fue un ictus, que lo descubren en la resonancia y como eso encaja con la situación

de inconsciencia del día del ingreso y de la consciencia intermitente durante esa semana?.

Finalmente, o pasamento ten lugar o 11.8.2020.

Para unha axeitada análise dos reproches formulados polo reclamante, adiantados nos antecedentes deste ditame e que abordaremos

a continuación, haberá de terse en conta especialmente, como ten sinalado este órgano consultivo (por todos, CCG 71/2016 ou

os máis recentes CCG 159/2020 ou CCG 72/2021), o contido da historia clínica e os informes emitidos no curso da instrución,

que, no presente caso, son os únicos que conteñen criterios técnicos de análise da asistencia sanitaria controvertida.

E na análise desta proba, é fundamental verificar as explicacións que ofrece a Administración sanitaria en relación a un posible

déficit asistencial no diagnóstico do ICTUS.

Respecto a esta cuestión, o informe da xefa de Servizo de Medicina Intensiva do CHUVI (21.1.2022), en resposta ao cuestionario

formulado pola instrución, ofrece as seguintes respostas:

?Con los síntomas y signos que presenta la paciente no momento do ingreso, e trala realización das primeiras probas diagnósticas,

¿Existen datos de Ictus Isquémico?,

La paciente ingresa por cuadro de coma no filiado. Los informes de las exploraciones iniciales no revelan datos de ictus isquémico

(TAC, angioTAC)

¿Prodúcese neste caso concreto un diagnóstico tardío do Ictus Isquémico? ?

En base a las pruebas realizadas a su llegada (son negativas), no se puede realizar un diagnóstico de ictus isquémico al ingreso.

De diagnosticarse de forma máis temperá, ¿cambiaría o enfoque terapéutico? ?

El enfoque terapéutico ha sido el adecuado para un paciente con bajo nivel de conciencia (protección vía aérea, estabilidad

hemodinámica, despistaje intoxicación medicamentosa y alteraciones endocrinológicas) ya que ante las pruebas tadiologicas

negativas, se trataría de un paciente con un cuadro de coma no filiado de inicio no determinado.

¿O fillo da paciente foi puntualmente informado da evolución, e de todos os procedementos diagnosticados e terapéuticos que

se levaron a cabo?

El familiar fue informado diariamente durante toda la estancia de la paciente de todas las actuaciones realizadas y de su

situación clínica?.

Este informe complementa a un anterior, do 28.9.2021, no que se manifesta que ?el proceso asistencial se desarrolla con arreglo a la carcoma sirviéndose de todos los medios al alcance, y utilizando las

técnicas diagnósticas y médicas adecuadas y ajustadas en cada momento, a la evolución clínica de la paciente?.

A historia clínica é coherente con esta afirmación, xa que recolle anotacións diarias sobre a situación neurolóxica da paciente,

a súa avaliación, seguimento e solicitude de probas complementarias (RNM, EEG, ...). Neste sentido, o informe de alta elaborado

polo Servizo de Medicina Intensiva do 20.11.2020 relata unha asistencia intensa de coidados, de seguimento, e de probas realizadas.

Tamén é preciso deixar constancia de que non constan elementos probatorios que, dende o punto de vista técnico, desvirtúen

os argumentos utilizados por parte da administración sanitaria.

Logo do estudo deste informe, e do resto da historia clínica, considérase que o proceso asistencial foi consonte coa lex artis. As dúbidas que a parte reclamante suscita son apreciacións subxectivas de carácter exclusivamente argumental, carentes da

necesaria xustificación mediante o apoio dunha proba de carácter técnico.

Quinta.

Resta por analizar o reproche relativo á falta de información e de consentimento informado da doente sobre os tratamentos

e probas realizadas.

En relación con este reproche procede recordar que, como ten sinalado este órgano consultivo en ditames precedentes (como

CCG 96/2016, CCG 9/2018, CCG 49/2018, CCG 56/2018, CCG 103/2018, CCG 151/2018, CCG 230/2018, CCG 334/2018, CCG 258/2019, CCG

355/2019, CCG 438/2019 ou os máis recentes CCG 312/2020, CCG 116/2021, CCG 214/2021 ou CCG 217/2021, con cita de pronunciamentos

xudiciais), o dano que se deriva do defecto de consentimento informado do propio paciente constitúe un dano de índole moral,

ao supoñer a privación da persoa doente da súa liberdade de opción, que reviste carácter persoalísimo e non trasladable, nin

sequera, ao círculo familiar máis próximo a aquela, agás os supostos nos que o paciente tivera xa iniciado por si a reclamación

e os seus achegados máis próximos o sucederan no seu exercicio, que non é o que acontece no caso que agora nos ocupa. A lexitimación

da parte reclamante, polo tanto, non acadaría ao persoalísimo dano que puidera constituír unha falta de consentimento informado

da propia doente. Neste sentido tense pronunciado, por exemplo, o Tribunal Superior de Justicia de Madrid en sentenzas como

a do 8.6.2015, rec. 227/2013, citada nos ditames antes numerados, así como a máis recente sentenza do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia do 16.9.2020, rec. 71/2020, na que se indica expresamente, respecto do dereito ao consentimento informado

do paciente, que ?el paciente tiene un derecho personalísimo e intransmisible y, correlativamente, también lo será el daño que se le irrogue?.

Do anterior resulta, polo tanto, que, a parte reclamante carece de lexitimación para reclamar unha indemnización por falta

de consentimento informado da doente (ao tratarse dun dano moral persoalísimo desta, non transmisible, como se vén de indicar).

Por maior abastanza, a imputación faise sen ningunha concreción, o que é esencial tendo en conta que non se está a analizar

unha intervención concreta, senón toda unha serie de coidados e probas realizadas precisamente para cumprir coa obriga de

medios que supón a asistencia sanitaria. En calquera caso, é contraditoria coa propia reclamación, que alude constantemente

ás conversas entre o seu fillo e titor da vítima, agora reclamante cos médicos que a asistiron.

Finalmente, o informe de alta elaborado polo Servizo de Medicina Intensiva o 20.11.2020 alude expresamente a que ?Se informa a familia de situación clínica actual y normas de funcionamiento de la unidad?.

Sexta.

En conclusión, á vista de todo o instruído, a asistencia prestada pode dicirse que foi adecuada, e con aplicación das técnicas

usuais e dentro dos límites da lex artis, en canto actuación facultativa de procura de medios de restablecemento da saúde; e, sendo así, non pode atenderse exclusivamente

ao fatal resultado acadado, é dicir, ao falecemento, para concluír inequivocamente un déficit asistencia e infracción da lex artis. Como vai dito, a actuación do servizo público sanitario impón unha obriga de medios que deben ser postos a disposición

do paciente. Esta obriga ten que vir dada por unha actuación proporcionada que pasa pola posta en práctica daqueles medios

diagnósticos, e de tratamento, que razoablemente resulten precisos, atendidas as circunstancias que se presentan; é dicir,

do factor humano sobre o que se actúa. Como sinala a sentenza do Tribunal Supremo do 23.1.2012 (recurso de casación 43/2010):

?[?] los ciudadanos deben contar frente a sus servicios públicos de salud con la garantía de que, al menos, van a ser tratados

con diligencia aplicando los medios y los instrumentos que la ciencia médica posee a disposición de las administraciones sanitarias?; e, asemade, a do mesmo tribunal do 20.11.2012 (recurso de casación 4598/2011): ?[?] Los ciudadanos deben contar con que no se produzca una ?falta de servicio? en sentido concordante de ?defecto de pericia

y pérdida de actividad?? (STS 2.11.2009).

Deste xeito, dos feitos que constan no expediente, debe concluírse coa afirmación de que non resulta acreditada a existencia

dun deficiente funcionamento do servizo público sanitario, polo que debe ser, expresa e motivadamente, desestimada a pretensión

indemnizatoria suscitada pola reclamante.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información