Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 238 de 05 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 56 min

Tiempo de lectura: 56 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/12/2017

Num. Resolución: 238


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don I. en nome e presentación de don L., polo danos producidos polo erro no diagnóstico de esclerose múltiple

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 10.03.2014, don I. en nome e representación de don L. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante

o Servizo Galego de Saúde.

No escrito expón:

?Mi mandante, nacido el 27.09.1960, fue diagnosticado en marzo de 2004 de esclerosis múltiple y sometido a tratamiento con

Dacortin, Opiren 30 y Neurontin, y sometido a revisiones periódicas en el Servicio de Neurología del CHUS.

En el mes de mayo de 2004 se inició tratamiento con Interferon (AVONEX) 1 ampolla intramuscular semanal, presentando efectos colaterales de cuadro febril y pseudogripal persistiendo la sensación de

adormecimiento del pulgar, índice y medio de ambas manos y zona radial del antebrazo, así como signo de Lhermitte. Presentaba

importante sensibilidad al calor. Cuadro depresivo necesitando tratamiento con Gabapentina. El día 12/01/05 se efectuó una

RMN de columna cervical y dorsal que mostró un cordón medular de características morfológicas y de señal dentro de los límites

de la normalidad, sin evidencia de áreas de hiperseñal en situación intramedular.

El día 4 de julio de 2006 se alcanzó el diagnóstico de ?Esclerosis múltiple. ?Enfermedad degenerativa espóndil-artrósica cervical sin datos de afectación medular. Continuar con tratamiento a base de

Interferon (AVONEX)?.

El día 11 de diciembre de 2007 volvió a ser diagnosticado de Esclerosis múltiple continuando el tratamiento con AVONEX (1 ampolla, intramuscular semanalmente), que le originaba un síndrome pseudogripal

importante que le incapacitaba para realizar sus actividades de la vida diaria.

El día 24/06/2009 fue revisado en el mismo Servicio. Continuaba con el tratamiento AVONEX desde hacía 2 AÑOS no había vuelto a presentar brote alguno. El AVONEX continuaba produciendo un cuadro

pseudogripal por lo que tenía que tomar 2 aspirinas al día. Seguía incapacitado para las actividades de la vida diaria coincidiendo

con la administración intramuscular de Avonex.

El paciente fue revisado los días 1/01/2010, 17/01/2011 y 16/01/2012. La sintomatología deriva del uso del Avonex continuaba siendo la misma.

El día 10/08/2012 se efectuó una RMN de columna lumbar que concluyó: ?No hemos evidenciado alteraciones patológicas significativas?.

(?.)

El día 20/07/2012 el paciente fue revisado en consultas Externas de neurología. Se dejó constancia escrita ?RM de tres tesias de julio de 2013. Se observan dos focos puntiformes de hiperseñal en secuencias

FLAIR y T2 en localización perivintricular izquierda de aspecto inespecífico. Sin otras alteraciones significativas.

ANTE ESTOS RESULTADOS Y LAS RMN PREVIAS QUE HEMOS REVISADO DE LA COLUMNA VAMOS A SUSPENDER EL TRATAMIENTO. LE REVISAREMOS EN UNOS MESES?.

El día 25/11/2013 el paciente fue nuevamente revisado. Consta en la Historia Clínica: ?Ha suspendido el AVONEX. Está mucho mejor, con menos fatiga y ES CAPAZ DE REALIZAR VIDA NORMAL. No toma ningún tratamiento.

(?)

Lo cierto es que el paciente ha venido recibiendo tratamiento con Interferón (AVONEX), 1 inyección/IM a la semana de forma absolutamente innecesaria a lo largo de 10 AÑOS ININTERRUMPIDOS. El Interferón

no era, en absoluta, necesario como ha quedado perfectamente acredita y, únicamente, ha servido para conducirlo a una vida

absolutamente miserables y a convertirle en un ser inútil?.

Solicita unha indemnización total de 600.000 euros.

2.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, consta nel a historia clínica do paciente ademais

de informe do Servizo de Neuroloxía.

3.- En trámite de audiencia o interesado reiterou a súa petición inicial en escrito presentado en data 1.02.2017.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (19.05.2017).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día quince de xuño de dous mil dezasete.

6.- En sesión celebrada o día 5.07.2017 a Sección de Ditames deste órgano consultivo acordou a devolución do expediente para

que se completase a instrución nos termos referidos no citado acordo.

7.- O expediente foi de novo remitido a este órgano consultivo, tendo entrada o día 17.11.2017.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de responsabilidade patrimonial con base no previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo

de Galicia, e 17 a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento,

ao tratarse dunha reclamación interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

O citado expediente está suxeito, en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, aos trámites previstos nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa

aplicable ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015,

do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Segunda.-

Como se sabe son reiteradas a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, consideran como elemento esencial,

que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal

directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo, sen interferencias

estrañas de terceiros ou do lesionado. Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva

realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas.

En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a

conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos concretáronse as modulacións

ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas de actuación pública, bastando recordar

neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos precisos para poder esixila, fundados

en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado, o que

predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutro que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.-

Así expostos os presupostos básicos que condicionan o tipo de procedemento substanciado neste expediente, procede referirse, en primeiro lugar, ao aspecto formal deste, que non é merecedor dunha valoración

positiva, particularmente no tocante á duración da súa tramitación, por canto se empregou un excesivo tempo para a cumprimentación

dos sucesivos trámites dilatando inxustificadamente a resolución da reclamación.

Estas dilacións traducíronse nunha desproporcionada demora na instrución do expediente sanitario (a reclamación se presentou o 10.03.2014 e o expediente foi remitido a este Consello Consultivo con data

do 19.06.2017, tal como consta nos antecedentes), sendo este atraso incompatible, dende logo, co mandato constitucional da

observancia do principio de eficacia que vincula a actuación da Administración Pública por disposición do artigo 103.1 da

Constitución española.

Deste xeito, tal actuar administrativo, contrario aos principios de eficacia e celeridade que deben rexer no procedemento administrativo, debe ser corrixido para futuras ocasión.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que, de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto

429/1993, do 26 de marzo, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación

de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración

do prexuízo, e a contía da indemnización e o modo de facela efectiva. Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren

os presupostos para a imputación, en réxime obxectivo, desa responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo

público.

Deste xeito, na análise da cuestión que a parte suscita no seu escrito de reclamación obsérvase que esta, logo de facer o relato secuencial dos feitos nos que funda a súa reclamación nos termos xa

expostos nos antecedentes, imputa ao servizo público de saúde o feito de que se lle pautou un medicamento Interferon (AVONEX)

?de forma absolutamente innecesaria a lo largo de 10 AÑOS ININTERRUMPIDOS. El Interferón no era, en absoluta, necesario como

ha quedado perfectamente acredita y, únicamente, ha servido para conducirlo a una vida absolutamente miserable y a convertirlo

en un ser inútil?.

Pois ben a verificación desta imputación esixe unha análise da historia clínica e dos informes incorporados ao expediente. Debe terse en conta, para tal efecto, que tratándose dunha reclamación realizada

con base nunha previa asistencia sanitaria, e dado o carácter técnico da materia, é doutrina reiterada deste Consello Consultivo,

que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar os feitos. En efecto, a apreciación dos

feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico

específico e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste

tipo de expediente é tarefa que corresponde principalmente aos facultativos, quedando para o aplicador do Dereito a súa cualificación

ou subsunción nas respectivas categorías xurídicas.

É así que do expediente clínico remitido, consta que don L., nado en 1960 padeceu en 2003 de ?meningitis linfocitaria secundaria a mononucleosis infecciosa?, en abril de 2004 acudiu ao servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela por presentar

?sensación de acorchamiento en hemicráneo izquierdo y posteriormente en el brazo hasta el dedo pulgar?. Logo das probas médicas (Rx tórax, RM medular-cervical, RM encefálica), o xuízo clínico foi o seguinte: ?Paciente con cuadro de alteración sensitiva y debilidad en hemicuerpo izquierdo con imágenes en RM de tronco cerebral y médula

sugestivas de desmielinización, con bandas oligoclonales positivas en LCR y antecedentes de neuralgia del trigémino a los

33 años sugestivo de enfermedad desmielinizante (esclerosis múltiple)?.

En marzo de 2007, ingresou de novo no CHUS por un brote sensitivo de esclerose múltiple, debidamente tratado con tratamento corticoide endovenoso durante o ingreso. No curso clínico do servizo de Neuroloxía

refírense os seguintes apuntes:

?24.06.2009.- Desde o primeiro brote quedáronlle como secuelas sensación de adormecemento en dedos polgar, índice e medio de

ambas mans e zona radial de antebrazo, así como signo de L´Hermitte (que desapareceu). RMN de control: fenómenos dexenerativos

a nivel cervical, con hermita C5-C5 con moderada estenose do forame de conxunción esquerdo, e menor en C6-C7 (hernia discal

posterocentral). Non alteración no cordón medular.

(...)

18.01.2010.- Atópase moi ben, sen ningunha molestia agás o cansazo que considera xa ?como normal?. Analítica dentro da normalidade. Continuar igual. Analítica en 6 meses.

17.01.2011.- Engordou lixeiramente. Analítica con ferritina elevada 834 e ácido úrico 8.4. Da enfermidade ben. Seguir igual; revisión en 6 meses.

16.01.201.- Estable da enfermidade. (...).

26.02.2012.- Revisan a RMN do 2007. Refire dor muscular en varias zonas (pendente de revisión en Reumatoloxia) e, con frecuencia, sensación de formigueos en todo o corpo (excepto na cabeza), que

lle dura, a veces días, cústalle quedarse durmido. Non sigue un traxecto determinado de nervio ou raíz, as veces é episódico.

(...).

22.10.2012.- RM 09.08.2012: Non se evidencian alteración patolóxicas significativas en situación intra o extraaxial, infra o supratentorialmente. Non se evidencian lesión de hipersinal que suxiran

placas de desmielinización en fase aguda-crónica. RM cerebral sen alteración patolóxicas significativas. RM medular, de difícil

valoración por artefactos de movemento. Non se aprecian alteración patolóxicas significativas a nivel do esqueleto óseo-axial,

canal raquídeo e contido, non se evidencian lesións de hipersinal a nivel do cordon medular que suxiran placas de desmielinazación

en fase aguda-crónica. Discretos fenómenos dexenerativos espóndilo-artrósicos en segmento cervical sen evidencia de repercusión

estenosante significativa asociada. Protusións discais globais dexenerativas en segmento lumbar baixo. RM medular artefactada

por movemento. Non se evidencias alteracións patolóxicas significativas. Solicítanse PEV e PESS e estudo analítico completo

con E. inmunolóxico, B12, fólico e hormonas tiroideas.

17.12.2012.- PEV: Atraso na condución da vía visual e estimulación morfoscópica dende o ollo dereito, normalidade nas respostas esquerdas. Atraso nos compoñentes tardíos da vía visual á estimulación con

leds roxos dende ambos ollos. Analítica, normal agás ácido úrico 8.2, triglicéridos 291 e anticorpos anticardiolipina IgM

(+) con ilgG (-). De momento seguir igual.

14.02.2013.- Potenciais evocados somatosensoriales dos nervios mediano (PESS-NM) e tibial posterior (PESS-TP): datos compatibles con alteración da condución da vía somatosensorial a nivel medular

de carácter desmielinizante, desde ambas EESS e de extremidade inferior esquerda. Comenta que ten moitos síntomas cando se

pincha, agora xa non de febre, pero si que ten moita dor muscular e ten que tomar ata 4 ibuprofenos. Vai tentar suprimir algunha

dose e substituír unha por Termalgín e ver que ocorre. Revisarei a HC e facer RM de 3 testlas para (para ver ver se ten máis

lesións).

29.07.2013.- RM de 3 teslas: Dos focos puntiformes de hipersinal en secuencias FLAIR e T2 en localización periventricular esquerda de aspecto inespecífico. Ante este resultado e a revisión das RM previas

de columna, suspenden o tratamento. Revisión nuns meses.

25.11.2013.- Suspendeu Avonex. Está moito mellor, con menos fatiga, é capaz de realizar ivda normal. Non toma ningún tratamento. Exploración: Babinski bilateral. Resto normal. EDSS: 1. Revisión en 6 meses.

16.06.2014.- ?Acoden falar comigo para comentarme que solicitaron por medio dunha asociación de ?erros médicos? unha análise, para ver se poden presentar unha denuncia. Falamos e danme unhas explicación

que non comparto. Recomendo que se citen con outro neurólogo se teñen máis problemas. Alta da miña consulta?.

Na instrución do expediente emitiuse informe do Servizo de Neuroloxía se pronuncia nos seguintes termos sobre o tratamento pautado ao señor L.:

?El diagnóstico de Esclerosis múltiple es correcto: sufre un síndrome clínico neurológico, tiene bandas oligoclonales de IgG

en LCR, tiene lesiones múltiples de hiperseñal en RM y los restantes estudios complementarios realizados al inicio descartan

otros diagnósticos alternativos. El paciente sufrió un nuevo episodio clínico neurológico años más tarde a pesar de encontrarse

con un tratamiento inmunomodulador, lo que excluye las cuestionables dudas diagnósticas que se podrían plantear y conforma

que el diagnóstico fue correcto dentro de las grandes dificultades de realizarlo al inicio de la enfermedad.

En la actualidad se aconseja realizar tratamiento a todo paciente diagnosticado de esclerosis múltiple. El pronóstico es impredecible pero se han descrito factores de peor pronóstico evolutivo de los que

el paciente tenía al menos dos: bandas de IgG en LCR y lesiones medulares en la RM inicial.

(?)

Los fármacos de primera línea en el tratamiento de la EM son los inmunomoduladores siendo los interferones beta 1ª y 1b en sus presentaciones subcutáneas e intramusculares, los fármacos autorizados

para dicho tratamiento. La elección del fármaco fue consensuada con el paciente.

(?)

La presentación de un nuevo brote justifica aún más el tratamiento; dependiendo de la gravedad del brote y carga lesional debe incluso valorarse el cambio a mayor dosis y frecuencia del tratamiento.

(?)

Se suprime por deseo expreso del paciente el dejar el tratamiento ante la persistencia de los efectos, fundamentalmente pseudogripales que se seguían manifestando en el día de la inyección (intramuscular

una vez a la semana). Previamente se le aconsejó la realización de una RMN para valorar datos de actividad de la enfermedad.

Se le informó de que no hay criterios establecidos de supresión del fármaco?.

Quinta.-

Logo da lectura destes informes médicos considérase que a atención foi consonte coa lex artis e que a pauta do medicamento foi consonte ao estado que presentaba o señor L. A queixa que o reclamante suscita en torno

ao proceso asistencial é unha apreciación de carácter argumental, que está orfa da necesaria xustificación mediante o apoio

dunha proba de carácter técnico que no foi achegada pola parte.

Neste punto do ditame compre destacar de novo a regra xeral, reiterada por este órgano consultivo, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1214 do Código Civil, obtense

na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza

dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente

ás pretensións da acción exercitada.

Como xa se sostivo en anteriores ditames, con esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito sanitario, que, polo marcado

carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións na marxe de apreciación dos feitos e o material

probatorio a eles atinxente.

Así, fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento

civil, o accionante ten a carga de probar aqueles feitos nos que basea a súa reclamación, que dado o ámbito que se analiza,

insístese, en boa parte das ocasións terán carácter técnico e precisarán, por iso, dunha xustificación de tal natureza, que

dote a aquelas alegacións de verosimilitude suficiente.

Sexta-

Ponderando estas circunstancias e conxugándoas coa moi parca argumentación realizada pola parte reclamante, e a nula actividade probatoria por ela formulada, extráese a conclusión de que, no presente

caso non se aprecia a existencia de ningún elemento que, ante a insuficiencia do mero resultado lesivo nunha prestación de

medios, vincule a dita asistencia co referido dano que invoca a parte referido a unha innecesaria pauta de medicación.

Por todo o exposto, considerando o carácter eminentemente técnico da materia e non existindo ningún criterio que contradiga a tese sostida polo

servizo público de saúde na súa proposta, procede concluír que a asistencia prestada ao señor L. se realizou conforme cos

protocolos habituais e con axuste ás regras impostas pola lex artis, de tal modo que non hai lugar á existencia de responsabilidade patrimonial da Administración.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información