Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 237 de 31 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 237 de 31 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 62 min

Tiempo de lectura: 62 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/07/2023

Num. Resolución: 237


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M. en nome e representación de C., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento da súa nai R. no Hospital Povisa.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Quintana Acebo

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 27.2.2023, C. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde. No escrito denuncia a atención

prestada á súa nai R. quen faleceu o 30.5.2022.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a historia clínica da paciente ademais da seguinte documentación remitida polo

Hospital Povisa:

- informe do Servizo de Urxencias, do 19.4.2023,

- informe do Servizo de Oncoloxía Médica, do 20.4.2023,

- informe do Servizo de Medicina Interna, do 26.4.2023.

3.- No trámite de audiencia, a interesada presentou escrito no que reiterou a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (16.6.2023).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 7.3.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j)

da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 32 a 37

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais,

pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina

e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos

mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva

e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo

concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade en canto aos requisitos precisos

para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de

resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Cuarta.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría á responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable nos termos do seu deseño legal e constitucional), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

da persoa enferma xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do

paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos, polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos diante dun criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar

conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode

haber lugar á responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión, senón tamén a infracción do repetido criterio;

prescindir del levaría de seu unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia

de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Quinta.

Logo de constatarse o dano irreparable co pasamento da señora R. corresponde arestora analizar a concorrencia da necesaria

relación de causalidade entre ese dano e o funcionamento do servizo público sanitario, para así poder apreciar a posible existencia

dun dano antixurídico que debe ser indemnizado. De acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar

neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a

lesión aducida, e eventualmente haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo e da contía da indemnización e o modo

de facela efectiva.

Así, a interesada, logo de facer un brevísimo relato do proceso asistencial da súa nai no servizo público durante o ano 2021, considera que existiu

un retraso no diagnóstico da enfermidade oncolóxica que sufriu, ao tempo que denuncia a falta de información. Cómpre salientar

que as afirmacións expresadas no escrito de reclamación non se atopan sustentadas en informes ou criterios técnicos que corroboren

o manifestado, feito que impide a valoración da súa veracidade tendo en conta que, como de xeito constante vén sinalando este

órgano consultivo, son estes informes ?ou medios de proba alternativos? os que deben conter as valoracións técnicas, xa que

dada a especificidade da materia a abordar, este órgano debe limitarse á súa inclusión en categorías xurídicas.

Deste xeito cabe subliñar que, na vista do expediente, as imputacións ás que se fixo referencia verbo da defectuosa praxe

médica preséntanse pola reclamante sen o necesario apoio probatorio; algo que sería indispensable para o éxito da súa pretensión,

dada a necesidade de que a resolución do procedemento descanse en supostos de feito debidamente acreditados.

Por maior abastanza, resulta preciso salientar que a Administración sanitaria xunta ao expediente, á marxe da historia clínica,

varios informes técnicos elaborados polos servizos que atenderon á paciente nos que analizan detalladamente a asistencia prestada.

Así, o informe remitido polo Servizo de Medicina Interna do Hospital Povisa (26.4.2023) sinala que a señora R. era diabética coñecida dende o 18.2.2020 con mal control de glucemia, ao tempo que sinala que na

historia clínica electrónica consta que a paciente recoñecía que ?no hacía dieta y que había mal cumplimiento del régimen terapéutico prescrito por efectos adversos en las consultas de febrero

y marzo de 2021?. En febreiro de 2021 instaurouse tratamento con metformina e empagliflozina, e na consulta do 20 de maio, recibiu consulta

coa educadora para manexo de diabetes e instruír sobre insulina.

Na tramitación do procedemento, emitiuse tamén informe por parte do Servizo de Urxencias do centro Povisa que dá conta das

atencións nese servizo durante o ano 2021. Así, indica que a paciente foi atendida por primeira vez o 23 de abril, remitida

polo seu médico pola picadura dunha carracha na rexión cervical, logo de exploración se modificou o tratamento antibiótico

que fora pautado e remitiuse á consulta de Medicina Interna para seguimento. A señora R. volveu o día 14 de maio ao obxectivarse

unha leucocitose e un cadro de astenia, anorexia e adelgazamento; nesa consulta solicitouse unha nova analítica que amosou

a resolución da leucocitose e unha glucemia elevada. Ao ter programada consulta no Servizo de Medicina Interna e Endocrinoloxía,

procedeuse á alta con seguimento en ditas consultas.

O día 23 de maio, sufriu unha hiperglucemia con asistencia no Servizo de Urxencias, que logo de tratamento de insulina rápida

e sueroterapia procedeuse ao seu control.

Con data 26.9.2021, a paciente acude ao Servizo de Urxencias, por un cadro abdominal e ictericia, trala exploración e realización

de probas de imaxe, obxectivouse a existencia dunha ?neoplasia de proceso uncinado de páncreas con criterios radiológicos de irresecabilidad?, polo que se procedeu ao seu ingreso hospitalario. Iniciouse tratamento quimioterápico en outubro con esquema de gemcitabina-paclitaxel

albumina con regular tolerancia xa que presentou náuseas e astenia, e precisou ingreso hospitalario dende o 7 ao 11 de decembro

por sobreinfección respiratoria.

Recibiu tratamento radioterápico no Hospital Meixoeiro entre o 17 de febreiro e o día 23.3.2022. A paciente precisou ingreso

hospitalario o 31.3.2022 por astenia, anorexia e vómitos; os achados logo de proba radiolóxica amosaron lesións cavitadas

en probable relación con etioloxía infecciosa polo que se decidiu tratamento conservador.

O día 13 de abril decidiuse seguimento pola Unidade de Coidados paliativos, polo deterioro da situación da paciente e o seu

rexeitamento a recibir mais tratamento oncoespecífico. A señora R. faleceu o 31.5.2022.

Sexta.

Logo deste relato do proceso asistencial no servizo sanitario público, procede analizar a proxección dos principios expostos

na consideración cuarta, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente procedemento.

Así, o primeiro reproche que fai a reclamante refírese a un retraso no diagnóstico da enfermidade que padeceu a falecida,

así no escrito inicial indican que foi diagnosticada con, alo menos, ?sete meses de retraso?. Este aspecto foi abordado no informe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Povisa (do 20.4.2023), no que dá conta do seguinte:

?El cáncer de páncreas exocrino es una neoplasia maligna altamente letal.

La resección quirúrgica es el único tratamiento potencialmente curativo. Desafortunadamente debido a la presentación tardía

solo del 15 al 20 por ciento de los pacientes son candidatos para la pancreatectomía. Además el pronóstico es malo, incluso

después de una resección completa. La supervivencia a cinco años después de la duodenopancreatectomía con margen negativo

(RO) es de aproximadamente el 30 % para la enfermedad con ganglios negativos y del 10 % para la enfermedad con ganglios positivos.

(?)

Los signos y síntomas asociados con el cáncer de páncreas a menudo son inespecíficos, por lo que el diagnóstico diferencial

es amplio. Tres de los hallazgos más comunes que llevan a la sospecha de cáncer de páncreas son ictericia, dolor epigástrico,

y pérdida de peso.

El valor predictivo positivo (VPP) de estos síntomas para el diagnóstico de cáncer de páncreas es bajo, con la posible excepción

de la ictericia en un paciente mayor.

No es posible diagnosticar de forma fiable a un paciente con cáncer de páncreas basándose únicamente en los síntomas y signos.

La falta de especificidad para el diagnóstico de cáncer de páncreas cuando se basa en síntomas que son altamente sugestivos

y sensibles para el cáncer de páncreas se demostró en un estudio histórico en el que el 57 por ciento de dichos pacientes

tenían otros diagnósticos, incluidos los canceres intraabdominales no pancreáticos 813 por ciento), pancreatitis (12 por ciento)

y trastornos no cancerosos no pancreáticos, incluido el síndrome del intestino irritable (23 por ciento) y otras afecciones

diversas.

Por todo lo anteriormente referido es difícil asegurar que un estudio más temprano permitiese un diagnóstico más precoz y

con ello mejorar la resecabilidad y la supervivencia, pero los resultados a día de hoy no son concluyentes.

La hipotética demora en diagnóstico referido desde mayo a septiembre de 2021 (4 meses), ya que la asistencia en abril de 2021

a Sv de urgencias fue por una picadura de garrapata no tendría repercusión en el pronóstico ni significa una pérdida de oportunidad

ya que no se ha omitido ninguna actuación clínica que habría sido efectiva.

El cáncer de páncreas es difícil de descubrir temprano. El cáncer está en una región profunda del cuerpo. Por lo tanto no

se pueden ver ni palpar los tumores en sus etapas iniciales durante os exámenes físicos de rutina. Por lo general, las personas

no presentan síntomas sino hasta que el cáncer ha crecido mucho o ya se ha propagado a otros órganos?.

Sétima.

Outra das cuestións formuladas pola parte reclamante é a falta de información e de consentimento informado. O réxime xurídico

contense nas disposicións da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas

en materia de información e documentación clínica, e na Lei de Galicia 3/2001, do 28 de maio, do consentimento informado e

a historia clínica dos pacientes. Así, o artigo 4.1 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, recolle o dereito do paciente a coñecer

con motivo de calquera actuación no ámbito da súa saúde toda a información dispoñible sobre ela; nos mesmos termos, o artigo

3.1 da Lei 3/2001, do 28 de maio. Ademais demandan o consentimento informado por escrito para a realización de procedementos

diagnósticos ou terapéuticos invasores.

En canto a estas queixas, hai que referir que se fan dun xeito abstracto, sen precisar en que momento se produciu esa pretendida

falta. Segundo consta na historia clínica, figura o documento de consentimento informado para o tratamento quimioterápico,

asinado o 14.10.2021; ao tempo que tamén figura o asinado para o tratamento de radioterapia, asinado o 26.1.2022.

En canto a esta falta de información de que se queixa a parte reclamante convén recordar (CCG 87/2019, CCG 195/2020, CCG 145/2021),

que a mera falta de información sobre calquera de cada un dos aspectos que integrasen o proceso asistencial, non xera responsabilidade

patrimonial se non foi causa directa dun dano, elemento esencial que rexe nesta institución. A información debe ser adecuada

ás necesidades da paciente en orde á adopción da súa libre decisión, sen que poida comprender unha ?información ilimitada ou infinita? (SSTS do 16.1.2007, recurso 5060/2002; do 25.3.2010 recurso de casación 3944/2008; do 7.1.2011 e do 10.11.2011, do 2.1.2012,

recurso de casación 6710/2010; e do 30.1.2012, recurso de casación 5805/2010).

Neste caso, o informe do Servizo Oncoloxía Médica do Hospital Povisa (de 20.4.2023) refire:

?Con fecha de 14 de octubre de 2021 se informó a paciente en consulta de Oncología Médica de la intención del tratamiento

QT y de los efectos secundarios del mismo, firmando consentimiento informado de dicho tratamiento QT (consta reseña en historia

clínica de la consulta de Oncología Médica que se informa a paciente e hijo sobre intención de tratamiento de QT y efectos

secundarios, y también consta copia firmada del consentimiento de dicho tratamiento en Hª Clínica).

Con respecto al tratamiento de Radioterapia se le informó de dicho tratamiento en servicio de radioterapia del Hospital Meixoeiro,

que entiende y firma consentimiento de dicho tratamiento el día 26.01.2022 (copia firmada del mismo en Hª Clínica y se reseña

también en Hª Clínica de dicho servicio)?.

Deste xeito, queda desvirtuada a denuncia sobre unha falta de información, como se cuestiona no escrito inicial.

Oitava.

O exame dos informes médicos emitidos na tramitación do procedemento e do resto da historia clínica da paciente, fai apreciar

que as imputacións da reclamante non poden ser asumidas, carecendo de fundamento probatorio a apelación que se fai sobre unha

actuación sanitaria limitada, por canto a asistencia prestada -conforme é recollida nos informes anteriormente citados- cursou

dentro duns parámetros de regularidade, sen que se aprecien razóns polas que deba estimarse a pretensión da interesada.

Estes informes acreditan a pertinencia da atención sanitaria consonte os protocolos aplicables, sen que este órgano consultivo

poida desautorizar os criterios técnicos razoados dos facultativos e os argumentos diante dos que non poden prevalecer as

afirmacións contidas nas alegacións da reclamante, baseadas na súa convicción persoal, e desprovistas de ningunha proba nin

aval técnico, co que han de considerarse teses argumentais insuficientes para desvirtuar os aludidos criterios técnicos contidos

nos informes transcritos.

En canto á pretendida perda de oportunidade que se invoca no escrito de alegacións presentado no trámite de audiencia, cómpre

lembrar que esta doutrina xurídica alicérzase na incerteza sobre o curso causal dos acontecementos a partir dun intre onde

a actuación da Administración pública puido ser outra. Agora ben, como ten indicado en anteriores ocasións este Consello Consultivo

(vide CCG 353/2021), para que esta doutrina sexa de aplicación, a xurisprudencia insiste en que a oportunidade perdida debe

ser real, aínda que a incerteza abranga as consecuencias derivadas de la (SSTS do 24.4.2018, rec. 447/2016 e a do 14.5.2020,

rec. 6365/2018, entre outras). En palabras do Tribunal Supremo, ?la doctrina de la pérdida de oportunidad exige que la posibilidad frustrada no sea simplemente una expectativa general, vaga,

meramente especulativa o excepcional ni puede entrar en consideración cuando es una ventaja simplemente hipotética? (STS do 25.5.2016, rec. 2396/2014).

Neste caso, a parte reclamante non presentou probas nin indicios de que unha actuación alternativa fose posible. Pola súa

banda, os informes médicos dan unha explicación razoable ao fatal resultado producido, consecuencia da gravidade da patoloxía

que padeceu a paciente. Así, o informe do Servizo de Oncoloxía Médica (20.4.2023) realiza a seguinte valoración sobre o retraso que invoca a reclamante: ?(?) la hipotética demora en diagnóstico referido desde mayo a septiembre de 2021 (4 meses), ya que la asistencia en abril

de 2021 a Sv de urgencias fue por una picadura de garrapata no tendría repercusión en el pronóstico ni significa una pérdida

de oportunidad ya que no se ha omitido ninguna actuación clínica que habría sido efectiva?.

Por conseguinte, atendendo a todo o actuado, e ante a ausencia de probas técnicas que contradigan o indicado nos informes

achegados ao expediente, o que obriga a excluír a responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria, considérase que

procede a desestimación da reclamación, coincidindo este órgano consultivo co criterio exposto na proposta de resolución remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros

presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información