Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 233 de 29 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 41 min

Tiempo de lectura: 41 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 29/11/2017

Num. Resolución: 233


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de dona M. polos danos e secuelas por intervención cirúrxica de laminectomía

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 27.05.2016, don C. en nome e representación de dona M. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante

o Servizo Galego de Saúde.

No escrito denuncia a que considera defectuosa asistencia prestada no Servizo de Neurocirurxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña onde foi sometida a dúas intervencións cirúrxicas. Ao tempo

que sinala expresamente. ?(?) no existió consentimiento informado válido para ninguna de las actuaciones sanitarias llevadas a cabo en el Sergas?.

2.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, de 26 de marzo, consta nel a historia clínica da doente ademais

de informe do servizo de Neurocirurxía no que se responde a cuestionario.

3.- No trámite de audiencia a parte reclamante presentou escrito no que reiterou a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (29.05.2017).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. conselleiro de Sanidade,

e tivo entrada neste organismo con data quince de xuño de dous mil dezasete.

6.- En sesión realizada o día cinco de xullo de dous mil dezasete, a Sección de Ditames deste órgano consultivo acordou a devolución

do expediente para que se completase a instrución nos termos que alí se referían.

7.- O expediente foi novamente remitido a este órgano consultivo, tendo entrada con data seis de novembro de dous mil dezasete.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de responsabilidade patrimonial con base no previsto nos artigos 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo

de Galicia, e 17 a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento,

ao tratarse dunha reclamación interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

O citado expediente está suxeito, en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, aos trámites previstos nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (disposicións

aplicables ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015,

do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas)

Segunda.-

Entrando xa a analizar o fondo da pretensión que formula a reclamante, debemos partir da consideración de que o instituto da responsabilidade

patrimonial da Administración, que ten o seu alicerce no artigo 106.2 da Constitución, e o seu desenvolvemento nos artigos

139 e seguintes da LRXPAC, supón a concorrencia dos seguintes requisitos, segundo unha constante e reiterada xurisprudencia, da que pode salientarse

a sentenza do Tribunal Supremo do 15.03.2011 (recurso 3261/2009):

a. A efectiva realidade do dano ou prexuízo, avaliable economicamente e individualizado en relación a unha persoa ou grupo de

persoas.

b. Que o dano ou lesión patrimonial sufrida polo reclamante sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal -indiferente

a cualificación- dos servizos públicos nunha relación directa e inmediata e exclusiva de causa a efecto, sen intervención

de elementos estraños que puidesen influír, alterando, o nexo causal.

c. Ausencia de forza maior.

d. Que o reclamante non teña o deber xurídico de soportar o dano cabalmente causado pola súa propia conduta.

Igualmente, recolle a antedita sentenza que:

?A xurisprudencia desta Sala (por todas a STS do 1 de xullo de 2009, recurso de casación 1515/2005 e as sentenzas alí recollidas)

insiste en que ?non todo dano causado pola Administración ha de ser reparado, senón que terá a consideración de auténtica

lesión resarcible, exclusivamente, aquela que reúna a cualificación de antixurídica, no sentido de que o particular non teña

o deber xurídico de soportar os danos derivados da actuación administrativa??.

No caso das reclamacións no eido sanitario, hai que ter en conta, engadidamente, as particularidades derivadas da singularidade da prestación asumida polo servizo público e concretadas en

postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado, o que predica

a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra, que sinala o dereito dos doentes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto 429/1993,

do 26 de marzo, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo,

e a contía da indemnización e o modo de facela efectiva. Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren os presupostos

para a imputación, en réxime obxectivo, desa responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

Dito o que antecede, procede analizar a proxección sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente procedemento. A tal efecto, convén partir das reclamacións concretas da parte actora

para ir expresando o noso parecer.

Deste modo os puntos axiais sobre os que se asenta reclamación son os seguintes, así en primeiro lugar considera que ?la actuación de los facultativos que le prestaron asistencia quirúrgica en la intervención del día 15.04.2013 no se ajustó a

la lex artis ad hoc?, ao tempo que denuncia a falta de consentimento informado válido.

Pois ben, a verificación destas imputacións esixe unha análise da historia clínica e dos informes incorporados ao expediente por canto, como ten sinalado este órgano consultivo, son estes informes os

que deben conter as valoracións técnicas, debendo este Consello Consultivo limitarse á súa subsunción en categorías xurídicas.

Da historia clínica resulta que dona M., nada en 1957, presentou cadro de lumbocitalxia dereita dende o ano 2011, con mala evolución xa que se converte

en dor bilateral, a RMN amosou ?espondilolistesis congénita L5-S1 grado 1+espondilolisis istmica L5? polo que foi posta en lista de agarda en setembro de 2012 para ?laminectomía L5?.

En data 15.04.2013 realizouse a intervención, o informe do protocolo cirúrxico refire:

?Incisión medial lubosacra. Disección musculatura paravertebral bilateral exponiéndose arcos posteriores desde L4 a S1. El arco posterior de L5 está totalmente móvil por espondilolisis bilateral. Laminectomía

del arco L5 y se liberan ambas raíces de los recesos laterales.

Posteriormente se realiza fijación con tornillos pediculares (sistema Zodiac) a nivel L5 y S1 derechos. A nivel de la articular izquierda del sacro no se puede colocar el tornillo porque entra en posición

anómala por lo que se decide fijar sólo el lado derecho. Se coloca hueso propio para artrodesis. Se comprueba correcta colocación

del sistema de fijación. Se cierra por planos mediante técnica habitual. Redón?.

O informe do Servizo de Neurocirurxía sinala:

?(?) Previamente a la cirugía de fijación que se realizó el 15.04.2013, se informó a la paciente de los riesgos quirúrgicos y de los beneficios esperables con la intervención, firmando el correspondiente

consentimiento informado. Durante el acto quirúrgico se fijó la columna mediante tornillos pediculares, no pudiendo canalizarse

el lado izquierdo, quedando bien posicionado el derecho, como ha explicado el cirujano en su informe de febrero de 2017.

La paciente mejoró en el postoperatorio pero solicitó un cambio de especialista en el año 2014, a través del servicio de atención al paciente. Se aceptó el cambio y se programó seguimiento con el Dr. S.,

que, detalladamente, valoró el caso en el año 2014, lo comentó con la paciente y le explicó las posibilidades terapéuticas.

Se llevó a sesión clínica del servicio de neurocirugía, y se acordó proponer a la paciente nuevo intento de fijación del segmento

izquierdo, esto es, revisión quirúrgica e intento de colocación de los tornillos transpediculares izquierdos que no pudieron

ser posicionados en la primera cirugía?.

A Sra. M. foi intervida o día 31.12.2014, o documento do protocolo cirúrxico sinala:

?Fijación L5-S1 izda. A. Gral. Decúbito ventral. Técnicas asepsia. Marcaje RX. Incisión paravertebral. Abertura de fascia muscular hasta localización de articulares L5-S1 y transversa de L5 izda.

Colocación de tornillo de 5,5x45 en L5 y 6mmx40 en sacro.

Confirmación Rx AP y perfil de aparente normoposicionamiento de tornillos?.

O informe do Servizo de Neurocirurxía realiza a seguinte valoración sobre esta segunda intervención:

?El consentimiento informado es un proceso de comunicación e información al paciente, de diálogo y de sopesar conjuntamente las opciones terapéuticas, beneficios y complicaciones posibles, y este diálogo

se produjo, de lo cual hay constancia en el servicio y se refleja en el curso evolutivo de seguimiento. El formulario de consentimiento

informado no se firmó en la consulta de explicación que tuvo lugar el 2.07.2014, por no disponer del mismo, que es idéntico

al obtenido para la cirugía de 2013, pero no faltó el consentimiento sino que se informó a la paciente pormenorizadamente

y con antelación suficiente, ya que se intervino en el mes de diciembre de 2014.

Tras la segunda cirugía no se objetivaron déficits motores o sensitivos y, en relación al EMG prequirúrgico, se normalizaron los resultados. La lumbalgia residual es habitual en los pacientes con patología

lumbar previa crónica limitante tras la corrección quirúrgica de la inestabilidad lumbar?.

Cuarta.-

Centrados nestes termos a asistencia sanitaria prestada á Sra. M., é preciso, xa, pasar a analizar os distintos reproches formulados pola parte no seu escrito.

Como punto de partida do referido exame, tómase como referencia o primeiro argumento invocado pola parte actora, que anuda a súa pretensión indemnizatoria ao feito de que considera como deficiente

a intervención cirúrxica realizada en abril de 2013 xa que precisou unha segunda operación en decembro de 2014.

Tal como se refire nos informes antes transcritos, e se reproduce no informe do Servizo de Neurocirurxía: ?En la intervención de 15.04.2013, el tornillo S1 adopta una posición anómala, lo que se conoce como ?falsa vía?, por lo que

se decide no fijar ese lado. Las fijaciones unilaterales no son una excepción y en algunos pacientes se planifica preoperatoriamente

esta fijación?. Consta o documento de consentimento informado para a operación, onde se refire expresamente as incidencias cos sistemas de

fixación, así refire expresamente: ?(?) también en ocasiones entre 5-20% algún tornillo puede necesitar alguna recolocación por estar rozando alguna raíz nerviosa.

Las fístulas de líquido cefalorraquideo pueden aparecer 1-7% y precisar de drenaje y reposo ó reintervención. Algunos sistemas

pueden sufrir roturas de tornillo por fatiga del material no siendo necesario, la mayoría de las veces, rescatar el tornillo

por fatiga si la fusión ya está conseguida?.

No presente caso non existe evidencia algunha que autorice a concluír, con base a razoamentos técnicos, a existencia dunha vulneración da lex artis na realización desa operación. Nos aludidos informes do Servizo de Neurocirurxía realízase unha valoración positiva de conformidade

coa lex artis da operación de referencia, sendo que a imposibilidade de fixar un dos parafusos está considerada como unha eventualidade

posible na práctica cirúrxica.

Pola súa banda, a queixa formulada pola parte é unha apreciación subxectiva, de carácter exclusivamente argumental e carente da necesaria xustificación mediante o apoio dun informe pericial que non foi

achegado pola súa parte.

Deste xeito, como consecuencia imposta polas regras de distribución da carga probatoria, hai que entender que a alegación da accionante centrada na presunta mala praxe médica deficiente na realización

da intervención cirúrxica non está demostrada. Deste xeito, o desenlace do proceso cirúrxico que requiriu unha segunda operación

presentaríase como un suposto do que a doutrina denomina riscos típicos dunha intervención, dado que, xunto coa posibilidade

da súa eventual actualización a pesar da observancia dunha axeitada praxe médica, concorre a circunstancia de tratarse dunha

circunstancia posible da intervención practicada.

Corresponde agora analizar a segunda queixa formulada pola parte que é a referida á falta de consentimento informado. No expediente figura a documentación referida ao consentimento da primeira intervención

cirúrxica debidamente cumprimentada pola doente, polo que se refire á segunda operación ?realizada o día 31.12.2014-, consta

o documento de consentimento para a anestesia, asinado o 19.12.2014. Este órgano consultivo considera que de todas as actuacións,

pode desprenderse, sen dúbida, que cando a doente se somete a esta segunda intervención cirúrxica era plenamente consciente

dos riscos derivados da operación. Esta conclusión despréndese da consideración conxunta dos documentos que integran a historia

clínica, se ben, malia que carecemos do documento específico que contén a sinatura da doente para a intervención cirúrxica,

efectivamente existiu un proceso dialóxico entre os facultativos e a doente, atendendo as probas diagnósticas e preparatorias

da devandita operación, así como o feito que expresamente se recolle de tratarse dunha intervención similar á que se lle

practicara en abril do ano anterior.

Quinta.-

En conclusión, logo do estudo polo miúdo de todo o historial clínico vemos como no presente caso non resulta do expediente nada que faga pensar, sequera indiciariamente, que a prestación de asistencia á

doente teña adoecido de falta de medios ou deficiente praxe, xeradoras de responsabilidade, xa que, pola contra, apréciase,

que en cada momento dispensóuselle a atención que requiría aplicando as medidas cirúrxicas habituais; daquela, sendo dilixente

a actuación dos servizos médicos no tratamento e seguimento da doente, o xuízo deste Consello Consultivo debe ser favorable

á desestimación da reclamación de fondo, máis se temos en conta que as imputacións e reproches da parte carecen de apoio técnico

ningún, alén do estritamente argumentativo.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Autonomía del individuo en el ámbito sanitario entendida esta como derecho de la personalidad
Disponible

Autonomía del individuo en el ámbito sanitario entendida esta como derecho de la personalidad

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La dignidad del paciente
Disponible

La dignidad del paciente

V.V.A.A

17.00€

16.15€

+ Información

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)
Novedad

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)

Ortiz Arciniegas, Emma Elvira

34.00€

32.30€

+ Información