Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 213 de 12 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 213 de 12 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 50 min

Tiempo de lectura: 50 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/07/2023

Num. Resolución: 213


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M. en nome e representación de L., tutor legal de L., por mor dos danos sufridos por esta última como consecuencia do tratamento dunha disfaxia no Hospital Universitario Montecelo.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Quintana Acebo

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 3.10.2022, L. como titor legal de L. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego

de Saúde.

Solicita unha indemnización de 92.211,97 ?.

2.- Na instrución do procedemento consta a historia clínica da paciente ademais da seguinte documentación remitida polo Complexo

Hospitalario Universitario de Pontevedra (en diante, CHUP):

- Informes do Servizo de Medicina Interna, do 11 e 24.11.2022

- Informe do Servizo de Otorrinolaringoloxía, do 21.11.2022

- Informe do Servizo de Neuroloxía, do 18.11.2022.

3.- No trámite de audiencia, a parte presentou escrito de alegacións en data 2.3.2023, no que reitera a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución na que propón a desestimación da reclamación (23.5.2023).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 15.6.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, recurso 4012/1998).

Cuarta.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión, que conduciría á responsabilidade obxectiva alén dos límites do

deseño legal e constitucional, senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só para o caso de que se produza una infracción da precitada lex artis responde a Administración dos danos causados; pola contra, os anteditos prexuízos non son imputables á Administración e non

terían a consideración de antixurídicos, polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis alicérzase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados; é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos diante dun criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar

conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode

haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio.

Quinta.

Tendo en conta os elementos técnicos que se veñen de describir e pasando a examinar a cerna da reclamación presentada, procede

partir das argumentacións realizadas pola parte reclamante que, no escrito reitor da reclamación, realiza unha descrición

do curso da asistencia sanitaria de que foi obxecto a señora L. durante o seu ingreso no CHUP no mes de outubro de 2021.

Así, no escrito inicial sinala que ?la prolongada e injustificada estancia en hospital en el mes de octubre, de una paciente con un daño cerebral previo como

el que aquí nos ocupa, provocó un claro agravamiento de la situación neurálgica de la misma, que fue constatada por los profesionales

médicos cuya evolución y seguimiento han venido realizando a lo largo de estos últimos años?.

Pois ben, a comprobación destas imputacións que refire nos escritos presentados esixe unha análise da historia clínica e dos

informes incorporados ao expediente. Debe terse en conta, para tal efecto, que tratándose dunha reclamación realizada con

base nunha previa asistencia sanitaria, e dado o carácter técnico da materia, é doutrina reiterada deste Consello Consultivo,

que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar os feitos. En efecto, a apreciación dos

feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico

específico e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste

tipo de expediente é tarefa que corresponde principalmente aos facultativos, quedando para o aplicador do Dereito a súa cualificación

ou inclusión nas respectivas categorías xurídicas.

Neste caso consta que L. foi trasladada ao Servizo de Urxencias do CHUP de Pontevedra o día 6.10.2021 por deterioro do seu

estado xeral, ademais da negativa á inxesta de líquidos. A paciente, nada en 1956, con antecedentes de hipertensión arterial

sistémica e fibrilación auricular, sufrira un ictus maligno de arteria cerebral media esquerda en marzo de 2017, que requiriu

craniectomía descomprensiva, e logo desenrolou hidrocefalia secundaria, polo que en decembro de 2020 se colocou unha válvula

de drenaxe ventriculoperitoneal.

Segundo refire o informe emitido polo Servizo de Medicina Interna do CHUP (do 24.11.2022), decidiuse o ingreso da paciente

nese servizo para tratar o cadro de infección respiratoria suxestiva por broncoaspiración polo que se pautou tratamento antibiótico

intravenoso e sueroterapia. Consta na historia clínica que a familia indicara que dende facía quince/vinte días a paciente

rexeitaba a inxesta de líquidos ao tempo que amosaron a súa preocupación pola involución neurolóxica que observaban nese período.

No informe no que se describe a atención prestada á paciente, consta que se solicitou interconsulta con carácter preferente

ao Servizo de Otorrinolaringología/Unidad de disfagia xa o primeiro día do ingreso (7.10.2021), e foi valorada o día 14, co

seguinte resultado logo da exploración: ?No disfagia orofaríngea. Buena tolerancia con puding, rechaza (escupe) texturas más líquidas. Plan: Dieta túmix. Se explica

a la familia la posibilidad de espesar líquidos a puding por mejor tolerancia de la paciente?. Unha vez desbotada como disfaxia orofaríngea, solicitouse o día 15.10.2021 interconsulta ao Servizo de Neuroloxía para

valoración, e así, a facultativa dese servizo examinou á paciente o día 18.10.2021, sinalando no seu informe: ?El hermano no refiere deterioro neurológico desde la última revisión, aunque sí refiere que se niega a tomar agua y otros

líquidos. Ha mejorado la compulsión por la comida. E. Neurológica: Consciente. HH derecha. Parálisis facial inferior derecha.

No emite lenguaje comprensible. No obedece órdenes sencillas. Hemiplejia flaccida derecha con hiperreflexia. Babinnski derecho.

JC: Secuelas de ictus maligno de acmedia izda, sin deterior clínico salvo el derivado de la situación de broncoaspiración.

No alteración en la deglución, no obstante se recomienda uso con espesantes con los líquidos e ingestas lentas. Continuará

seguimento en c. Externas de Neurología?.

Logo de ser examinada nos servizos de Otorrinolaringoloxía e Neuroloxía, e desbotado que o problema da disfaxia que padecía

a paciente fose susceptible de ser tratado neses servizos, o informe indica que se formulou descartar causa dixestiva, polo

que se lle propuxo á familia a pauta de probas, e así salienta: ?se propuso realización de gastroscopia/IC digestivo pero su hermano manifestó que prefería llevarla para casa y continuar

seguimiento en consultas externas de Digestivo, por lo que de acuerdo con su voluntad y la estabilidad clínica de la paciente

, que aunque seguía rechazando los líquidos ya toleraba alimentos con las recomendaciones indicadas por la unidad de disfagia,

se decidió alta el mismo día que fue valorada por NRL?.

A paciente cursou alta hospitalaria o día 18.10.2021.

Sexta.

Pois ben, despois da lectura destes informes e do resto da documentación obrante no expediente, nada resulta que faga pensar

que a prestación de asistencia á paciente teña adoecido de falta de medios ou deficiente praxe, xeradoras de responsabilidade,

xa que, polo contrario, apréciase que en cada momento se lle dispensou á Sra. L. a atención que requiría, aplicando medidas

diagnósticas e terapéuticas coa intervención dos servizos de Otorrinolaringoloxía, Neuroloxía e Medicina Interna durante o

ingreso hospitalario.

En efecto, a tese da parte reclamante exposta no escrito de alegacións redúcese a unha pura exposición argumental, feita pola

súa propia autoridade, que con manifesta insuficiencia a efectos de convicción probatoria, en ausencia dun informe pericial,

non dá conta dunha eventual contraindicación producida durante o tempo no que foi atendida durante a hospitalización no CHUP

no mes de outubro de 2021. A parte indica dun xeito xenérico que ?la tardanza en la consulta con el especialista y la indebida prolongación de la hospitalización de la paciente (?) provocaron

a la reclamante un agravamiento de su estado neurológico?.

Sobre este aspecto, o informe de Medicina Interna (24.11.2022) realiza a seguinte valoración:

?Durante el ingreso la paciente no presentó episodios de agitación ni agresividad, ni objetivados por mí durante las valoraciones

no constan rampoco registrados por enfermería. Únicamente rechazaba (escupía) el agua y otros líquidos.

Las interconsultas solitadas a los servicios de ORL/ unidad de disfagia y NRL fueron justificadas a efectos diagnósticos y

terapeuticos, por lo que se mantuvo ingreso hasta su realización de acuerdo además con la voluntad de la familia en todo momento?.

A parte indica un deterioro na situación da paciente e a relaciona coa atención hospitalaria no mes de outubro de 2021 no

CHUP, e sobre esta cuestión, e logo de todo o instruído, considérase que a queixa da parte encádrase no tórpido proceso evolutivo

da grave situación basal que presenta a doente logo do ictus maligno de arteria cerebral media esquerda que sufrira en marzo

de 2017. Hai que incidir que na documentación clínica que figura no expediente se cualifica á paciente como portadora de importante

morbilidade polos seus antecedentes clínicos.

É por iso polo que, non apreciándose infracción ningunha da lex artis ad hoc nin mediando un suposto probado de asistencia por baixo dos niveis estándares asistenciais, secundando o criterio conclusivo

recollido na proposta de resolución, procede acordar a desestimación da reclamación que deu orixe ao expediente administrativo

examinado.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reforma civil y procesal de apoyo a personas con discapacidad. Paso a paso
Novedad

Reforma civil y procesal de apoyo a personas con discapacidad. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica
Disponible

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica

Amado Quintana Afonso

12.75€

12.11€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información