Dictamen de Consello Cons...re de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 212 de 09 de septiembre de 2020

Tiempo de lectura: 38 min

Tiempo de lectura: 38 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 09/09/2020

Num. Resolución: 212


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por B. e S. e J., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento de L., cónxuxe e pai respectivamente, pola asistencia recibida na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 5.12.2019, B. e S. e J. presentaron reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados do falecemento

do señor L., cónxuxe e pai respectivamente, da parte reclamante.

O pasamento que motiva a reclamación aconteceu o 10.12.2018, como consecuencia do padecemento dun infarto de miocardio por parte do señor L., reprochándose pola parte reclamante unha deficiente asistencia

recibida polos servizos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Alegan que a atención sanitaria se demorou inxustificadamente, razón que impediu que o doente se puidera beneficiar dunha terapia que podería impedir o resultado acontecido.

Reclámase unha indemnización por importe superior a 30.000?.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, e concedida audiencia á parte reclamante, que presentou

escrito e alegacións o 10.7.2020, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación, asinada o 16.7.2020.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 12.8.2020.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade extracontractual das Administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e a xurisprudencia, que reiteradamente foron expostos por este Consello

Consultivo en numerosos ditames, citándose, por todos, o CCG 547/2008.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/1999), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento que, con relación ao dito sistema existen certas variantes en canto

aos requisitos precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é

unha prestación de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica

se desenvolva conforme a denominada lex artis ad hoc, ou aquela outra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que aqueles deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta

a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida.

Para centrar os termos da cuestión controvertida, procede partir das sucesivas argumentacións realizadas pola parte reclamante que, no escrito reitor da reclamación, realiza unha descrición das incidencias

acontecidas no curso da asistencia sanitaria de que foi obxecto o señor L., ratificándose nos seus argumentos na fase de alegacións.

Aduce a parte reclamante que existiu un atraso na atención de urxencia realizada polo 061, cando en torno ás 10.00 horas do 10.12.2018 o señor L., con antecedentes cardíacos relevantes (cardiopatía

isquémica) comezou a sufrir unha forte dor no peito polo que foi acompañado ao seu domicilio pola persoa que o acompañaba,

solicitándose asistencia de urxencia.

No escrito inicial da reclamación repróchase a tardanza na chegada da ambulancia medicalizada (alegándose que dende a chamada inicial reclamando a ambulancia ás 11.31 horas ata a chegada da medicalizada

transcorre 1 hora e 2 minutos) e a falta de medios da ambulancia de soporte básico enviada en primeiro lugar, considerándose

que de terse mobilizado inicialmente a ambulancia medicalizada podería terse evitado o falecemento.

Xa en trámite de alegacións a parte reclamante centra o seu reproche no feito de que no caso de dispoñer dos medios necesarios, o tempo real de traslado da ambulancia ao lugar no que se atopaba o doente

sería de 7 minutos, tempo que iría dende que a ambulancia medicalizada pide que lle dean a saída e lle confirmen a dirección

(12.26 horas) ata que chega ao lugar dos feitos segundo o seu propio parte (12.33 horas).

Adúcese que non resulta comprensible que ese curto traxecto non fose cuberto por outros medios, como o taxi, censurándose igualmente a falta de material nos equipos desprazados e que non se realizasen

chamadas de control malia o historial do paciente.

A Administración de contrario rexeita os reproches que se formulan ao funcionamento dos seus servizos, considerando que a asistencia prestada foi a adecuada ás circunstancias de presenza.

Quinta.

Exposta a contraposición de criterios, o pronunciamento legalmente esixido a este Consello Consultivo ao respecto da existencia de nexo causal entre o funcionamento do servizo e o dano que motiva a reclamación,

procede establecer a secuencia de feitos obtida da valoración conxunta dos elementos de proba obrantes no expediente e en

especial a historia clínica e a transcrición das conversas mantidas entre os demandantes de asistencia e os servizos de urxencias.

Así, ás 11.31.53 horas se realiza unha chamada ao 061 por parte dun veciño do doente que di ter sido avisado polo fillo de que parece que o afectado está sufrindo un infarto de corazón, o comunicante

achega a dirección do doente, pero non pode facilitar un número para comunicar directamente co fillo que acompaña ao doente.

Pasan a chamada a un médico ofrecéndose o veciño a achegarse ao lugar dos feitos para facilitar a comunicación.

Paralelamente, a partir das 11.35.04 horas, o locutor da Central de Coordinación Urxencias Sanitarias de Galicia?061 (en diante, CCUSG-61) contacta sucesivamente con dúas empresas con servizo de ambulancia

ante a inexistencia de ambulancias dispoñibles entre as propias da Rede de Transporte Sanitario Urxente (RTSU) do 061 con

base en Ferrol.

Ás 11.39.47 horas, compróbase a dispoñibilidade dunha ambulancia de soporte vital básico e se lle pide que recolla a un médico no Centro de Saúde de Serantes, o máis próximo ao domicilio do doente,

cursándose aviso ao médico do centro.

A ambulancia chega co médico ao domicilio do paciente ás 12:03:08 h.

Previamente, ás 11:39:56 recíbese na CCUSG-061, unha chamada do fillo do doente que completa a dirección e obtén do médico coordinador indicacións de cómo actuar á espera da chegada das asistencias.

Ás 11.47 chama novamente o veciño do doente, que informa do empeoramento do estado deste.

A continuación, ás 11:51:16 horas chámase dende a CCUSG-061 ao teléfono do fillo do paciente para concretar a localización da vivenda e 5 minutos máis tarde é este quen se pon en contacto coa central

para informar do empeoramento do paciente indicándoselle que realice reanimación cardiopulmonar.

Ás 12.11.27 horas. o persoal da ambulancia de soporte vital básico desprazado ao lugar solicita o apoio da ambulancia de soporte vital avanzado, contestándoselles que segue ocupada.

A mesma chamada repítese ás 12.20.47 horas porque o médico de Atención Primaria desprazado quere comunicarse co médico coordinador. Informa que o desfibrilador semiautomático descargou 4 veces, que puxeron

4 adrenalinas, e que non ten máis, informándoselle de que a ambulancia de soporte vital avanzado está deixando ao ferido e

xa foi avisada, saíndo ás 12.26.41 horas cara o domicilio do accidentado, a onde chega ás 12.33.11 horas.

Ás 13.02.44 horas o médico da ambulancia confirma o éxitus do señor L.

Sexta.

A partir da fixación de feitos que precede, procede establecer, en primeiro lugar, que está acreditado que o médico coordinador considerou xa de inicio o envío dunha ambulancia medicalizada, pero non

foi posible contar co seu servizo en primeira instancia por atoparse ocupada noutra asistencia urxente.

Non estamos pois ante un suposto no que os servizos sanitarios valoren inadecuadamente a situación de urxencia do paciente, suposto que orixinaría responsabilidade patrimonial por quebrantamento

da lex artis cando os servizos sanitarios contasen con datos suficientes para establecer un mellor diagnóstico (como sucede no suposto

resolto na Sentenza 760/2018, do 19 de decembro, do TSX de Madrid).

Tampouco é o caso de que se realizase unha inadecuada valoración da urxencia en termos escusables por carecer de datos suficientes e de onde se derivaría a inexistencia da creba da lex artis como presuposto da existencia de responsabilidade, tal e como foi apreciado polo Tribunal Supremo na sentenza do 14.12.2012.

O suposto que se analiza, en troques, determina un caso de imposibilidade de utilización do medio idóneo por estar este ocupado noutra tarefa igualmente urxente.

E neste tipo de casos atopámonos cun criterio xeneralizado de exoneración de responsabilidade da Administración sobre o presuposto de que non existe un quebranto da lex artis nin da prestación de medios.

Así o entendeu este Consello Consultivo no noso ditame CCG 240/2016, lembrando que a teoría da lex artis constitúe un límite preciso da obxectiva responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria, teoría que se foi afinando

pola reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo (sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo; do 5.3.2002, 14.10.2002,

e do 7.6.2011) e pola constante doutrina dos órganos da función consultiva.

Esta teoría parte de considerar que a obriga do médico ou dos servizos sanitarios é unha obriga de medios en tanto que non é posible asegurar a saúde en termos absolutos. De aí que a Administración

sanitaria e os seus axentes estean obrigados a poñer a disposición do usuario todos os medios dispoñibles que fagan posible

a protección da saúde, protección que non sempre alcanza un diagnóstico certo rápido, unha curación sen secuelas ou unha atención

sanitaria nun determinado tempo e sen espera. O paciente ten dereito a que se lle dispense unha atención adecuada segundo

a lex artis ad hoc, e non a obter un resultado curativo determinado, toda vez que a medicina non é unha ciencia exacta, nin os recursos do sistema

son ilimitados en toda circunstancia de tempo e lugar.

Por tal razón, consideramos que a non dispoñibilidade nun momento puntual dun determinado medio, no caso analizado, unha ambulancia medicalizada, non supón un quebranto na prestación de medios, conclusión

que se comparte cos pronunciamentos realizados en sede xurisdicional, como o contido na Sentenza 255/2005, do 31 de marzo,

do TSX do País Vasco, na que, ademais, ponse de manifesto un aspecto igualmente apreciable no suposto que analizamos, cal

é o feito de que a parte reclamante non acredita que os medios dispoñibles estiveran por debaixo dos estándares aplicables

en atención ás condicións da área sanitaria cuberta. No mesmo sentido pode citarse o criterio sostido na Sentenza do TSX de

Andalucía, Sevilla, do 31.3.2011.

Polo demais, apréciase que os medios alternativos foron empregados razoablemente, que fronte ao alegado pola parte reclamante, o médico coordinador si facilitou información sobre medicación

e tratamento de recuperación cardiopulmonar a aplicar ao doente, logo duns primeiros momentos nos que a comunicación non resultaba

posible por carecerse de teléfono de contacto coa persoa que acompañaba ao doente, apreciándose igualmente unha intensa actividade

dos servizos sanitarios que foron chegando ao lugar dos feitos, sen que, desafortunadamente, os medios aplicados fosen suficientes

para impedir o lamentable resultado acontecido.

En tales circunstancias, non pode considerarse probada a existencia dun déficit asistencial, podendo apreciarse un curso lóxico razoable en atención ás condicións que se foron sucedendo na demanda da atención

urxente, en particular a desafortunada falta de disposición inicial de ambulancias, tanto a medicalizada como as de soporte

básico e as propias de empresas do sector, no contexto dun paciente que se atopa nun moi serio compromiso para a súa vida

pola progresión dunha doenza crítica -por graves complicacións cardíacas comprobadas logo na autopsia- que dificulta enormemente

a formulación dunha hipótese diagnóstica alternativa para o caso de que se tivera logrado unha asistencia sanitaria en menor

tempo. para o caso de que a ambulancia medicalizada estivese dispoñible dende o primeiro momento.

En tales circunstancias, procede a desestimación da reclamación, coincidindo co criterio exposto na proposta de resolución remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Fundaciones en el Derecho Admistrativo español
Disponible

Fundaciones en el Derecho Admistrativo español

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Régimen jurídico de las fundaciones y las sociedades mercantiles especiales
Disponible

Régimen jurídico de las fundaciones y las sociedades mercantiles especiales

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Régimen del Derecho Civil de Galicia
Disponible

Régimen del Derecho Civil de Galicia

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información