Última revisión
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 211 de 29 de noviembre de 2017
Relacionados:
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 29/11/2017
Num. Resolución: 211
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonialResumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de dona S. e don B., que actúan en nome do seu fillo don D., polos danos e perdas ao diagnosticarlle erroneamente un sarcoma de EwingOrganismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)
Letrado: López Corral
Propuesta: Desestimatoria
Conclusion: Favorable
Relator: Fernández Vázquez
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- Don C., no nome e representación de dona S. e de don B., actuando ambos no seu propio nome e no do seu fillo, don D., presenta,
en data do 03.11.2015, reclamación de responsabilidade patrimonial por un presunto déficit asistencial padecido polo menor
no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
No escrito dos reclamantes relátanse, en síntese, os seguintes feitos:
?PRIMERO.- Ingreso en el Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña.
D. ingresa en el CHUAC el día 10 de septiembre de 2013 remitido desde el Servicio de Radiología al Servicio de Pediatría (Unidad
de Escolares) y siendo el motivo del ingreso MASA MEDIASTÍNlCA ANTERIOR*.
[?]
Allí se le realiza ecografía torácica, TAC cerebral, TAC torácico-abdornino-pélvico y se le remite al Hospital Teresa Herrera para realización de biopsia el día 16 Septiembre 2013.
SEGUNDO.- Sobre la primera biopsia:
Por el Servicio de Anatomía Patológica del CHUAC se diagnostica el 22 septiembre: ?TUMOR QUE HISTOLOGICA E INMUNIHISTOQUÍMICAMENTE SUGIERE SARCOMA DE EWING?*, aunque dada la escasez de muestra
y abundante necrosis acuerdan remitir muestra al Servicio de Anatomía Patológica del CHUS.
[?]
TERCERO.- Sobre la segunda biopsia:
El 23 de septiembre el paciente vuelve a ingresar en el Servicio de Pediatría del CHUAC para completar el estudio de la masa mediastínica. Se le realiza biopsia bilateral de médula ósea y de la masa medianística,
acordándose de nuevo por el Servicio de Anatomía Patológica del CHUAC remisión de muestras de la misma al Servicio de Anatomía
Patológica del CHUS. Se le da de alta el 3 de octubre.
CUARTO.- Sobre el resultado de la primera biopsia:
El Servicio de Anatomía Patológica del CHUS concluye que el material remitido de la primera biopsia es insuficiente para el *estudio del FISH y recomienda una nueva biopsia, tal y como se refleja en informe
que se acompaña como Doc. Nº 5.
[?]
QUINTO.- Sobre el resultado de la segunda biopsia:
El Servicio de Anatomía Patológica del CHUS determina de nuevo que no se detecta el GEN EWN, presente en el Sacorma de Ewing, según queda reflejado en Informe que se acompaña como Doc. nº 6.
SEXTO.- Sobre el DIAGNÓSTICO Y EL TRATAMIENTO:
El 13 de octubre de 2013 el paciente vuelve a ingresar en el Servicio de Pediatría del CHUAC con diagnóstico SARCOMA DE EWING y tratamiento de quimioterapia según protocolo EWING-SEOP 2001, es alta el día
17.
El 4 de noviembre de 2013 ingresa para comenzar el tratamiento de quimioterapia, consistente en 6 ciclos vides, cirugía y 8 ciclos más.
El paciente recibe los ciclos de quimioterapia, tal y como figura en los informes del Servicio de Onco-hematología infantil que se acompañan como Docs. nº 8,13 y 15.
SÉPTIMO.- Sobre la cirugía y sobre el estudio practicado por el Hospital Universitario y Policlínico de La Fe de Valencia:
Después de haber recibido los 6 ciclos de quimioterapia y concluida entonces la primera fase se efectúa exéresis de la tumoración, el 18 de febrero de 2014 (Doc. 10) por el Servicio de Cirugía Pediátrica
del CHUAC, y se remite muestra de la misma al Servicio de Anatomía Patológica del CHUS, el cual realiza diagnóstico de ?Tumor
Maligno con Diferenciación Neuroendocrina?, según informe del 25 de marzo de 2014 (Doc.14).
Por el Servicio de Anatomía Patológica del CHUAC se diagnostica ?Neoplasia Maligna de Células Redondas Azules con Diferenciación Neuroendocrina?.
Ante la falta de precisión diagnóstica la Unidad de Oncología Pediátrica solicita remitir muestras al Centro Nacional de Referencia de Neuroblastoma, el Hospital Universitario y Policlínica La Fe
de Valencia.
Desde el referido Hospital de La Fe se diagnostica un NEUROBLASTOMA INDIFERENCIADO TÍMICO según informe de la Dra. B. y C. (Doc.19) y, posteriormente, se informa además que dicho NEUROBLASTOMA
es NEGATIVO. El CHUAC concuerda finalmente en su diagnóstico definitivo con el emitido por el Hospital de La Fe.
OCTAVO.- Sobre el diagnóstico de Sarcoma de Ewing, el tratamiento y sus consecuencias:
Tal y como finalmente se concluyó, tras informe del Hospital Universitario y Policlínico de La Fe, y el de anatomía patología del CHUS, el diagnóstico de sarcoma de Ewing fue erróneo por el CHUAC, ello
supuso la aplicación de un tratamiento de quimioterapia innecesario, pues habría bastado la extracción del tumor, lo que hizo
que éste (el tumor) pasase a encuadrarse en otro grupo (Grupo 8 Lines), lo que supuso agravamiento de la enfermedad.
Igualmente en un posterior estudio de seguimiento, se aprecia nódulo residual tumoral (Doc. 21) se recomendó desde el referido Hospital de la Fe radioterapia y ácido-cisretinoico. Así figura en Documento
nº 19 que se adjunta.
NOVENO.- Sobre los efectos adversos de esa quimioterapia y el consentimiento de los progenitores.
Según estudios científicos en la mayoría de los pacientes que reciben quimioterapia como tratamiento del Sarcoma de Ewing el sistema inmunitario queda comprometido, siendo incapaces de fabricar
un número adecuado de glóbulos blancos (leucocitos) sanguíneos, que son los encargados de luchar contra las infecciones.
Los padres de D. no firmaron ningún documento de información y consentimiento para el tratamiento de quimioterapia al que fue sometido.
En este caso el tratamiento no solo fue inadecuado sino que además no fue consentido en los términos que legalmente implica para este tipo de tratamiento el consentimiento informado.
No hubo consentimiento informado para ninguna de las actuaciones médicas que por necesitarlo requiriesen consentimiento informado.
DÉCIMO.- Sobre el padecimiento de sus padres:
Los progenitores de D., don B. y doña S., sufrieron importante daño moral a raíz del diagnóstico y tratamiento de quimioterapia para sarcoma de Ewing por parte del
CHUAC al que se vio sometido su hijo D., de 7 años de edad en aquel momento, causando doña S. que baja laboral el día 08/10/2013
hasta el 03/09/2014 por tratamiento psicológico y psiquiátrico, según resulta de los informes que se acompañan como Documento
nº 22?.
2.- A cantidade reclamada como indemnización concretouse en escrito de alegacións presentado o 10.02.2017, do seguinte xeito:
?Estimamos adecuada la suma de 100.000 euros para don D. por el daño causado, físico y moral ya relatado en nuestro escrito
iniciador y en la suma de 20.000 euros para su madre doña S. por su período de baja y el trastorno psiquiátrico sufrido?.
3.- Instruído o procedemento e logo do trámite de audiencia no que os interesados presentaron alegacións en datas do 28.04.2016,
do 09.11.2016, do 10.02.2017 e do 20.04.2017, formulouse polo órgano instrutor proposta de resolución en sentido desestimatorio
da reclamación presentada.
4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de
Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 30.05.2017.
5.- En data do 28.06.2017 a Sección de Ditames deste Consello acordou a devolución do expediente para que se completase a instrución
mediante a análise da posible extemporaneidade do exercicio da acción de responsabilidade patrimonial, apuntada no escrito
remitido ao Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios pola subdirectora de Atención ao Paciente e Calidade, con data do
21.12.2005.
6.- Unha vez levados a cabo os trámites referidos, con audiencia da representación dos reclamantes, que formulou as alegacións
que tivo por conveniente, con data 21.09.2017 o instrutor elaborou nova proposta de resolución no sentido de arquivar a reclamación
por mor da extemporneidade da acción exercitada.
7.- A documentación complementaria tivo entrada no rexistro deste organismo o día 29.09.2017.
8.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 25 de outubro de 2017, de conformidade co previsto no artigo 39.2 do Decreto 91/2015,
do 18 de xuño, acordouse ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo dun mes.
9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.-
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, e 17, a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo
que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento deste órgano, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade
patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.
Segunda.-
O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia
do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido
no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense
nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común
(en diante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade
patrimonial (disposicións aplicables ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria
terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).
Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar
as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.
Terceira.-
Como se sabe, é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elementos esenciais,
que non únicos, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, en primeiro lugar, a demostrada
existencia dun resultado danoso, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou
grupo de persoas, e, por outra parte, a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre a actuación da Administración
e a lesión producida. Igualmente, é preciso, como presuposto esencial da acción, que esta se exercite dentro do prazo de prescrición
que a lei sinala.
Precisamente, o último presuposto aludido merece unha especial consideración no presente caso, pois o fundamento da proposta de resolución para propugnar a inadmisión da reclamación é o da extemporaneidade
desta.
Cómpre lembrar que, como é sabido, o artigo 142.5 da LRXPAC indica que o dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto
lesivo; se ben, para o caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o precepto prevé que o prazo empezará a computarse
dende a curación ou a determinación do alcance das secuelas.
O citado precepto ten dado lugar a unha prolixa xurisprudencia que, de xeito reiterado e consolidado, segue un criterio razoablemente flexible na apreciación do cómputo do prazo de exercicio da acción
de esixencia de responsabilidade fronte ás administracións públicas, fuxindo de aplicacións contra cives ou contrarias ao criterio pro actione.
En relación co dies a quo para o cómputo do prazo, o Tribunal Supremo ten establecido que aquel dá comezo desde que se establezan os efectos lesivos
no patrimonio do reclamante, que é cando hai coñecemento suficiente para avaliar a súa extensión e alcance, tendo en conta
que o Código Civil segue o principio da actio nata e dispón que o tempo para a prescrición de toda clase de accións, cando non hai disposición especial que outra cousa determine,
se contará desde o día en que puideron exercitarse as respectivas accións; o que para os efectos dunha posible esixencia de
responsabilidade implica o cómputo do termo para a prescrición a partir do intre no que o prexudicado tivo coñecemento do
dano que sufriu.
Así, en sentenza do 27.05.2016 o Tribunal Supremo razoou que:
?La determinación del ?dies a quo? para el cómputo del plazo de prescripción parte de la teoría de la ?actio nata?, que tal
y como ha sido formulada por nuestra jurisprudencia se basa en el completo conocimiento de las consecuencias dañosas, y, que
en el caso de lesiones y secuelas se sitúa en el momento en el que el lesionado conoció el alcance de las mismas, tal y como
expresamente dispone el art. 142.5 de la Ley 30/1992 (RCL 1992, 2512, 2775 y RCL 1993, 246). Y este conocimiento dependerá
de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible conocer
el alcance real del daño que se reclama. La determinación de cuándo se produce esta circunstancia y, por lo tanto, cuando
es posible ejercitar la acción, comenzando el computo del plazo de prescripción, depende de las circunstancias de cada caso,
y de las pruebas practicadas (por todas, sentencias de esta Sección Sexta de 28 de febrero de 2007 (RJ 2007/3678), casación
5536/03; de 24 de febrero de 2009 (RJ 2009/1098), casación 8524/09; de la Sección Cuarta de esta Sala Tercera de 20 de diciembre
de 2013 (RJ 2013/8231), casación 4606/12)?.
Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 06.05.2015).
Por tal razón a existencia de procesos asistenciais en curso, non supoñen necesariamente a suspensión do cómputo de prescrición, e de feito non o suspenden cando existe un cabal coñecemento do dano
e este é razoablemente previsible. Así o entende o Tribunal Supremo en sentenzas como a do 30.06.2009 ou a do 06.05.2015 na
que, logo de distinguir os supostos de danos continuados e danos permanentes, se establece respecto destes últimos, como vai
dito, que aluden a lesións irreversibles e incurables, aínda que non intratables ?por lo que los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o
a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de
que el daño ya se manifestó con todo su alcance?.
Na determinación do dies a quo é tradicional a distinción entre danos permanentes e danos continuados, recollidas, entre outras na STS do 06.05.2015, na
que se predica destes últimos ?que no permiten conocer en el momento en que se producen los efectos definitivos de una lesión y en los que, por tanto, el
dies a quo será aquél en que ese conocimiento se alcance?, fronte ao caso dos danos permanentes ?que aluden a lesiones irreversibles e incurables, aunque no intratables?.
Cuarta.-
No caso que nos ocupa, a proposta de resolución que seguiu ao acordo de devolución sinalado nos antecedentes considera que a acción estaría prescrita ao ter transcorrido máis dun ano entre o momento en
que os reclamantes tiveron coñecemento das eventuais consecuencias danosas que se terían derivado do inicial erro diagnóstico
(21.08.2014) e a data de interposición da reclamación (03.11.2015), por canto:
?Quince meses antes (16 de julio de 2014) y por estos mismos hechos, presentó la madre de D., doña S., una queja ante el Servicio
de Atención al Paciente del CHUAC, que fue respondida mediante un amplio y exhaustivo informe por parte del Servicio de Anatomía
Patológica, el cual le fue entregado en mano a la propia interesada el 21 de agosto de 2014. Esto es, en la fecha de la presentación
de la reclamación de responsabilidad patrimonial (03.11.2015) ya había transcurrido más de un año desde que la reclamante
tuvo completa información por parte de la Administración sobre los hechos objeto de controversia?.
En efecto, no resumo da historia clínica contido no informe ao que vén de aludirse, explícase con detalle o proceso diagnóstico seguido e as súas dificultades, así como os motivos que levaron a instaurar
tratamento de quimioterapia, e a ulterior revisión do caso unha vez realizada a exérese do tumor:
?A.- Resumen Historia Clínica:
[?]
4.- Ante el diagnóstico concluyente de Tumor Maligno (no hematológico), y COMPATIBLE con Sarcoma de Ewing (por lo tanto de alto grado de malignidad) se decide iniciar tratamiento neoadyuvante con
régimen protocolizado adecuado a este tipo de tumor.
5.- Una vez finalizada esta primera fase y con una respuesta parcial (radiológica), se realiza exéresis de la tumoración por el Servicio de Cirugía Pediátrica (14B04274; 18/02/2014), así como del tejido
tímico circundante. La neoplasia está bien delimitada (seudoencapsulada) y aparentemente respetando los límites de resección.
Se vuelven a remitir muestras para estudio molecular al Servicio de Anatomía Patológica del CHUS, que realiza el diagnóstico
de Tumor Maligno con Diferenciación Neuroendocrina (14B06009; 07/03/2014), y tras estudio complementario de Microscopía Electrónica
se confirma, según los hallazgos ultraestructurales, que se trata de una neoplasia ?Compatible con Diferenciación Neuroendocrina?
(03/04/2014), si bien se indica que ?con escasos gránulos neurosecretorios aislados?, lo que da idea de la escasa diferenciación
del tumor.
Entretanto, el diagnóstico de la pieza quirúrgica en este Servicio de Anatomía Patológica del CHUAC es de ?Neoplasia Maligna de Células Redondas con Diferenciación Neuroendocrina? (28/03/2014).
6.- Ante la falta de precisión diagnóstica, y la existencia de ciertos datos contradictorios, la Unidad de Oncología Pediátrica solicita se revise el caso o bien se remita como consulta a un centro externo,
para disponer de un diagnóstico concreto antes de iniciar un nuevo ciclo de quimioterapia. Ese mismo día revisamos el caso
y concluimos que se trata de un ?Neuroblastoma Indiferenciado Tímico?. Esa misma mañana comunicamos a la Unidad de Oncología
Pediátrica el diagnóstico telefónicamente y la patóloga responsable del caso escribe una nota al informe anterior y añade
al diagnóstico el término ?compatible con Neuroblastoma? (15/04/2014).
En este contexto se remiten inmediatamente muestras al Centro Nacional de Referencia de Neuroblastomas (Hospital Universitario y Politécnico La Fe, Valencia; Dr. N.) para realización de estudio genético,
principalmente amplificación de N-MYC; dato imprescindible para el tratamiento posterior.
7.- El Dr. N. confirma el diagnóstico de Neuroblastoma Indiferenciado Tímico, no detectando amplificación de N-MYC, ni deleción de 11q (14/05/2014). No obstante, el estudio realizado sobre dos bloques
diferentes (14B09970 y 14B09979B) refleja heterogeneidad tumoral ya que en el primero se aprecia hexaploidía sin alteraciones
cromosómicas numéricas (19/05/2014) mientras que en el segundo existen alteraciones segmentarias: -4q (26/06/2014 y 11/07/2014).
8.- En el estudio de seguimiento se aprecia positividad focal en región mediastínica inferior izquierda que se interpreta como un nódulo residual (satélite) tumoral, por lo que en el informe del Hospital
Universitario y Politécnico de La Fe se recomienda radioterapia y ácido cis-retinoico.
También en ese mismo informe se indica que la quimioterapia ?se podría equiparar a la recibida? por el paciente, ya que se clasifica dentro del Grupo 8 Lines?.
No seu apartado Comentarios, o informe aclara igualmente que:
?Los neuroblastomas indiferenciados como el caso que nos ocupa son también tumores muy agresivos con tendencia a desarrollar metástasis a distancia, siendo su pronóstico desfavorable. De hecho, en
la bibliografía consultada se refleja que en este tipo de tumores está indicada una quimioterapia contundente, e incluso se
postula la combinación con autotrasplante autólogo de progenitores hematopoyéticos. Así, en el informe del Hospital Universitario
y Politécnico La Fe de Valencia se indica textualmente que ?la quimioterapia se podría equiparar a la recibida?.
Como los Neuroblastomas pueden madurar, y por tanto disminuir su agresividad biológica espontáneamente o bien mediante agentes con el ácido retinoico, se aconseja administrar este compuesto.
El posible foco residual detectado puede tratarse de un nódulo satélite a la tumoración principal, ya que ésta fue resecada
en su totalidad, razón por lo que se aconseja radioterapia?.
Finalmente tamén cabe salientar do seu apartado de Conclusións, o seguinte:
?Consideramos que la especial dificultad diagnóstica del caso basada en la rareza del tumor, la excepcionalidad de la localización, la extensa necrosis, la expresión ?atípica de marcadores
tumorales celulares?, la heterogeneidad genética y la escasa diferenciación celular han provocado que diferentes especialistas
de distintos Centros de primer nivel hayan tenido grandes complicaciones para realizar un diagnóstico concluyente, a pesar
de que no se han escatimado medios ni esfuerzos para realizar los estudios, que por otra parte se hicieron con una gran celeridad,
teniendo en cuenta las múltiples técnicas realizadas y la complejidad de las mismas.
Valorando en su conjunto todos los parámetros (edad, localización, fenotipo) a la hora de tomar una decisión se consideró que el diagnóstico más probable era el de PNET/Sarcoma de Ewing, por lo que se
insistía en demostrar la traslocación característica t(11/22). De hecho, este tumor se conocía antes como ?Tumor de Células
Pequeñas Redondas Infantil de la región toraco-pulmonar? o ?Tumor de Askin?, y aunque raro no es un tumor excepcional como
el Neuroblastoma Tímico.
Cuando no se puede concretar un diagnóstico tan complejo y existe urgencia para instaurar un tratamiento oncológico con el diagnóstico de COMPATIBLE se inicia el mismo ya que no es siempre posible alcanzar
el diagnóstico concluyente, razón por la que se instauró el régimen de quimioterapia neoadyuvante.
No obstante, pensamos que los mecanismos de control han funcionado razonablemente, pues al revaluar el tratamiento se revisó el caso a tiempo, y se pudo reorientar la estrategia terapéutica.
[?]?.
Quinta.-
As alegacións formuladas en trámite de audiencia pola representación dos reclamantes, pretenden fundamentar a vixencia da acción, sinalando que non pode existir prescrición porque se trata dun neuroblastoma
maligno e, como en calquera outro proceso oncolóxico, é imposible coñecer o prognóstico e a evolución da enfermidade; e que
no caso de D. a enfermidade progresou desde o principio debido á mala praxe (diagnosticáronlle unha enfermidade que non existía
e administráronlle un tratamento sumamente agresivo), descoñecéndose a súa evolución no 2014 e en boa parte do 2015 ata que,
unha vez finalizado o tratamento con Cis-retinoico (12.02.2015) a práctica dunha gammagrafía, o 15.12.2015, puxo de manifesto
a súa curación, por canto nese momento o tumor xa non se aprecia cos medios dispoñibles.
En primeiro termo, esta argumentación non explica o motivo polo que a reclamación de responsabilidade patrimonial foi interposta o 03.11.2015, cando aínda non se tiña acreditado a curación, como tería
procedido por aplicación da tese agora defendida pola representación dos reclamantes, de acordo coa literalidade do artigo
142.5 da LRXPAC.
Por outra banda, é de ter en conta que, tal e como xa recolle o informe transcrito na consideración precedente, tanto a radioterapia como o ácido Cis-retinoico, constituíron o tratamento adecuado,
no concreto caso que nos ocupa, para o neuroblastoma finalmente diagnosticado ao menor.
A este respecto a proposta de resolución razoa:
?El daño reclamado no puede ser el causado por el propio tumor, tal y como malinterpreta la representación letrada, pues es un hecho irrefutable, y ajeno a cualquier consideración, que D. sufría un
tumor maligno, con las consecuencias que ello conlleva; sino el derivado de la asistencia sanitaria prestada por el servicio
público y, más concretamente, del error diagnóstico inicial y de la administración de una quimioterapia que, aunque equiparable,
no era la específica del cáncer que padecía el niño. Y estos hechos eran conocidos por la propia interesada el 21 de agosto
de 2014, fecha en la que se le entregó el mencionado informe del Servicio de Anatomía Patológica?.
En definitiva, pois, o único dano obxectivable vinculado a un inicial diagnóstico erróneo do tumor foi o derivado de someter ao menor a un tratamento de quimioterapia que, de terse acadado un diagnóstico
correcto con anterioridade, podería, ou ben terse evitado, abondando coa extirpación do tumor, ou ben, cando menos, terse
axustado a unha dose menor.
Situación, por tanto, equiparable a un suposto de perda de oportunidade, susceptible de eventual indemnización, mais xa plenamente posta de manifesto ao tempo de tramitarse a queixa presentada pola
nai do neno, sen que sexa posible entender aberto ilimitadamente, dende entón, o prazo da súa reclamación a resultas do tratamento
da enfermidade; isto máxime, tendo en conta que a historia clínica tampouco achega datos posteriores á reorientación da
estratexia terapéutica do caso que permitan afirmar, neste momento, unha modificación significativa do diagnóstico da enfermidade
ou a presentación de secuelas derivadas do erro diagnóstico inicial.
Por conseguinte, e de acordo co criterio establecido na proposta de resolución, debe concluírse afirmando o carácter extemporáneo da reclamación, e a procedencia da súa desestimación por tal motivo.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.
LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS
El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
21.25€
20.19€