Dictamen de Consello Cons...to de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 210 de 26 de agosto de 2020

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 26/08/2020

Num. Resolución: 210


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento dun hallux valgus no pé esquerdo no Centro Médico El Carmen de Ourense.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 9.10.2019 M. interpón ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial por mor da asistencia

sanitaria prestada no Centro Médico El Carmen.

Segundo o escrito reitor da reclamación presentada:

?La paciente ingresa en el Centro Médico El Carmen, proveniente de la lista de espera quirúrgica del SERGAS, en fecha 2 de junio del año 2017, para la práctica programada de una intervención de osteotomía

en miembro inferior que le fue indicada por el servicio de traumatología del CHUO para el tratamiento de hallux valgus en

pie izquierdo y dedos en garra (Vid. indicación clínica que consta en el documento de consentimiento informado de 24 de marzo

de 2017).

Sin embargo la descripción de la intervención que se recoge en el Informe de Alta del Centro Médico es de "buniectomía"; es decir, sin ponerlo en conocimiento de la paciente, y sin haberse recabado un

consentimiento informado diferente, se realiza una intervención que no era la indicada en el CHUO?.

[?]

La infracción de la lex artis se desprende del propio curso asistencial descrito. Estamos ante un supuesto de daño irrogado a la paciente durante la intervención de 2 de junio de 2017, produciéndose

una afectación de los sesamoideos del pie izquierdo. Así mismo, se ha producido una lesión al derecho de autodeterminación

informativa en dos aspectos: por un lado pues, como se ha hecho constar y así se refleja en la documentación clínica de la

paciente, se cambió sin su conocimiento la indicación de intervención quirúrgica de osteotomía a buniectomía; y, por otro

lado, no se realiza mención en los consentimientos informados de 24 de marzo y 26 de mayo de 2017 de afectación de los sesamoideos.

Nótese que la mención genérica a "recidiva" no se cohonesta con el estado actual de la paciente, pues el origen de su estado

actual, con agravamiento del ángulo intermetatarsiano no se debe al hallux valgus inicial sino a la afectación de los sesamoideos

en el acto quirúrgico?.

A indemnización solicitada non chega a concretarse se ben a parte reclamante refire que en todo caso superará os 30.000 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica de M.

- Informe do Centro Médico El Carmen do 23.10.2019.

- Informes do Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (en diante,

CHUO) do 18.11.2019 e 25.11.2019.

3.- O 20.12.2019 deuse trámite de audiencia ao Centro Médico El Carmen e á parte reclamante.

O 9.3.2020 o centro concertado formulou alegacións nas que sostén a corrección da cirurxía realizada o 2.6.2017 ao tempo que achega un informe do doutor F. do 6.3.2020.

4.- O 19.5.2020 deuse un novo trámite de audiencia á parte reclamante.

Esta, o 19.6.2020, formulou alegacións nas que anunciou a achega dunha proba pericial.

5.- O 14.7.2020 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

6.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 12.8.2020.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros),

pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados

ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que

por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, agás que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Xunto co anterior debe lembrarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación.

En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames CCG 198/2015, CCG 10/2018 e 23/2019, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración por defectuosa asistencia sanitaria, non é factible cuestionarse

o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na

súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico

ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa

que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no momento no que tiveron lugar. En definitiva, é a

situación existente ao tempo de efectuar o diagnóstico a que determina a corrección da decisión médica adoptada, debendo ponderarse

para chegar a unha valoración positiva se se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas conforme cos

síntomas que presentaba.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, do escrito de reclamación presentado pola Sra. M. despréndese como esta imputa aos servizos sanitarios do Centro Médico El Carmen a realización dunha cirurxía distinta da

indicada polo Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do CHUO para a tratamento do hallux valgus que presentaba no

pé esquerdo. Refire neste punto a parte interesada que, téndose indicado no hospital a realización dunha osteotomía, se procedeu

á realización dunha buniectomía ?sin ponerlo en conocimiento del paciente y sin haberse recabado un consentimiento informado?. Denuncia tamén a parte reclamante que, por mor da cirurxía realizada, presenta unha alteración nos sesamoideos do pé esquerdo.

Pois ben, o exame destes reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas

que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido,

entre outros, o CCG 71/2016).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade probatoria ningunha en apoio dos seus reproches ao funcionamento do

servizo público de saúde, nin sequera logo da vista dos criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Deste xeito, da documentación clínica obrante no expediente despréndese como a Sra. M., de 29 anos de idade no intre dos feitos, foi diagnosticada o 24.3.2017 no Servizo de Cirurxía Ortopédica

e Traumatoloxía do CHUO de hallux valgus, logo de referir ?dolor en pie izquierdo de tiempo de evolución? e ?dolor en bunio y también en sesamoideo medial aunque mucho menos?. Logo da exploración da paciente, estableceuse como plan terapéutico a realización dunha osteotomía, asinando ese mesmo

día a agora reclamante o documento de consentimento informado para a intervención e sendo incluída en lista de agarda.

Como refire o informe do Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do CHUO do 18.11.2019, a doente foi derivada ao Centro Médico El Carmen para a realización da cirurxía. Previa sinatura pola agora

reclamante do documento de consentimento informado para o ?tratamento de hallux valgus? o 26.5.2017, o 2.6.2017 practicouse unha buniectomía á paciente, sen que consten incidencias na intervención.

Neste sentido é preciso considerar que, como recoñece o informe do Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do CHUO do 25.11.2019, ?la técnica realizada, buniectomía, no es la misma técnica que osteotomía indicada por el Dr. F. en las consultas de COT?. Agora ben, como sinala o informe do Centro Médico El Carmen do 23.10.2019, á vista do escaso valgo que se apreciou no propio

acto cirúrxico e considerando a idade da doente, se optou, con información á agora reclamante e á súa familia, por unha cirurxía

menos radical e agresiva, que non excluía a posibilidade dunha osteotomía nun futuro:

?En cuanto a la indicación quirúrgica se ha reconsiderado la actitud en el propio acto quirúrgico lo que se le informa a la

paciente, dado que estaba despierta (anestesia intradural) y se decide realizar únicamente buniectomía debido a la edad de

la paciente y al escaso valgo. Se informa a la familia.

Esta técnica realizada no va a en perjuicio de otras posteriores si hiciesen falta y consideramos que podría ser suficiente en el momento en el que se realizó, dada la edad de la paciente, por dónde

reflejaba el dolor, así como lo que se objetivó en el propio acto quirúrgico?.

Conectado con este reproche relativo ao cambio na cirurxía a realizar, a interesada tamén denuncia unha ?lesión al derecho de autodeterminación informativa?, xa que sinala que non consentiu a práctica da buniectomía. Por outra banda, tamén refire que nin no documento de consentimento

informado asinado no CHUO, nin no asinado no Centro Médico El Carmen, se fai mención á posibilidade dunha afectación dos sesamoideos

do pé.

Pois ben, verbo da falta do consentimento informado da paciente para a realización da buniectomía, é preciso sinalar que, como refire o informe do Centro Médico El Carmen do 23.10.2019, o documento asinado

pola Sra. M. o 26.5.2017 era un documento de consentimento informado para a cirurxía do hallux valgus, que incluía tanto a

buniectomía como a osteotomía (?Tratamiento quirúrgico del hallux valgus?):

?En cuanto al consentimiento informado facilitado a la paciente se trata de un documento para la intervención quirúrgica de Hallux valgus incluida en el, tanto buniectomía como las osteotomías metatarsales

o falángicas pertinentes, que en este caso se le informó a la paciente en el propio acto quirúrgico que no se le iban a hacer,

pendiente de evolución posterior?.

Polo tanto, non pode compartirse o reproche da parte reclamante relativo a unha lesión do dereito de información, xa que consta na historia clínica o documento de consentimento para a cirurxía asinado por

ela o 26.5.2017, e que amparaba a práctica da buniectomía que, como refire o informe do Centro Médico El Carmen do 23.10.2019

e non se discute pola reclamante, é unha técnica menos agresiva que a osteotomía.

E, respecto da ausencia tanto naquel documento do 26.5.2017 como no asinado o 26.3.2017 no CHOU, dunha mención á afectación dos sesamoideos que, segundo a reclamante refire, presenta trala realización

da cirurxía do 2.6.2017, debe sinalarse que o Servizo de Cirurxía Ortopédica do CHUO no seu informe do 25.11.2019 e o doutor

F. no seu informe do 6.3.2020, coinciden en descartar que esta secuela estea conectada causalmente coa buniectomía realizada.

Atendendo ás consideracións técnico?médicas que preceden, non desvirtuadas pola parte reclamante coa achega doutro criterio médico, debe concluírse na corrección

da asistencia sanitaria prestada e, en consecuencia, na procedencia da desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)
Novedad

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)

Ortiz Arciniegas, Emma Elvira

34.00€

32.30€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información