Dictamen de Consello Cons...re de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 208 de 22 de diciembre de 2021

Tiempo de lectura: 65 min

Tiempo de lectura: 65 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/12/2021

Num. Resolución: 208


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por T. e Á., que actúan no seu propio nome e en representación do seu fillo Á., polos danos e perdas por mor do retraso e erro diagnóstico da doenza de Á. no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Salgueiro Moreira

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 24.7.2018 T. e Á., actuando no seu propio nome e en representación do seu fillo menor de idade Á., presentaron unha reclamación

de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada a este último no Hospital Virxe da

Xunqueira de Cee.

Conforme o indicado no escrito inicial e no presentado posteriormente, o 3.4.2019, a parte reclamante estima que existiu infracción da lex artis e erro diagnóstico na asistencia prestada a Á. no PAC de Cee o 19.8.2017, pois, presentando este claros síntomas de apendicite,

non se realizou ao paciente a manobra de Blumberg nin ningunha outra tendente a determinar a sospeita de apendicite ou a descartar a dita patoloxía, nin se procedeu a un diagnóstico

diferencial mediante a realización de probas complementarias como unha analítica de sangue. Engaden que nin sequera se advertiu

dos signos de alarma que determinasen a necesidade de acudir a Urxencias.

Afirman que, como consecuencia do anterior, a apendicite evolucionou, producíndose unha perforación do apéndice, polo que o menor, logo de acudir a Urxencias o 21.8.2017, tivo que ser sometido a unha

intervención cirúrxica de maior complexidade que a que tivera sido necesaria de non producirse a defectuosa asistencia sanitaria

o 19.8.2017. Ademais, despois da intervención, o paciente tivo que permanecer hospitalizado vinte e catro días; período durante

o cal sufriu complicacións.

Solicítase unha indemnización por un importe total de 223.266,30 ?.

2.- Instruído o procedemento, deuse trámite de audiencia á parte reclamante, que ratificou os termos da súa reclamación.

3.- O 30.6.2021 formulouse a proposta de resolución, en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 6.7.2021.

5.- Na sesión da Sección de Ditames que tivo lugar con data 28.7.2021 acordouse, ao abeiro do artigo 34.4 do Regulamento de organización

e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, devolver o expediente para

que se completasen as actuacións requiridas no acordo.

6.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 8.11.2021. Entre a documentación remitida figura unha nova

proposta de resolución, do 15.10.2021, en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

7.- Na sesión de Sección de Ditames que tivo lugar o día 1.12.2021 acordouse, de conformidade co previsto no artigo 39.1 do Regulamento

de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, ampliar o

período de emisión do preceptivo ditame polo prazo de 15 días.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC), nos aspectos procedimentais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos substantivos.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedimental, en xeral, foron cumpridas, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución

necesarios, da concesión do trámite de audiencia á parte reclamante e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Non obstante o anterior, debe advertirse da excesiva dilación na tramitación do procedemento ao tratarse dun proceder contrario ao principio de eficacia que debe presidir a actuación da Administración pública,

de acordo co previsto no artigo 103.1 da Constitución española e no artigo 3.1 da LRXSP, así como aos principios de celeridade

e axilidade dos procedementos administrativos, recollidos nos artigos 71.1 da LPAC e 3.1, letra d), da LRXSP, respectivamente.

A resolución en prazo dos procedementos administrativos así como o tratamento eficaz dos asuntos por parte da Administración

constitúen, así mesmo, esixencias do principio de boa Administración, implícito na Constitución española (artigos 9.3, 103

e 106), tal e como ten salientado o Tribunal Supremo (por todas, as recentes sentenzas do Tribunal Supremo do 15.10.2020,

Rec. 1652/2019, e do 15.3.2021, Rec. 526/2020).

Indícase nestas sentenzas sobre o particular que:

?(?) Es sabido que el principio de buena administración está implícito en nuestra Constitución (artículos 9.3, 103 y 106), ha sido positivizado en la Carta de Derechos Fundamentales de la Unión Europea

(artículos 41 y 42), constituye, según la mejor doctrina, un nuevo paradigma del Derecho del siglo XXI referido a un modo

de actuación pública que excluye la gestión negligente y -como esta misma Sala ha señalado en anteriores ocasiones- no consiste

en una pura fórmula vacía de contenido, sino que se impone a las Administraciones Públicas, de suerte que el conjunto de derechos

que de aquel principio derivan (audiencia, resolución en plazo, motivación, tratamiento eficaz y equitativo de los asuntos,

buena fe) tiene -debe tener- plasmación efectiva y lleva aparejado, por ello, un correlativo elenco de deberes plenamente

exigibles por el ciudadano a los órganos públicos (?)".

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre

outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, Rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, Rec. 10231/2003, e nas que nela se citan).

Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para a Administración, a pesar

do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira persoa a única determinante

do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración nos casos nos que na produción

do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes

supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, Rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, Rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na STS do 15.3.2018, Rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme a cal nas reclamacións derivadas de prestacións

sanitarias non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida do

enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación do enfermo. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia sanitaria

prestouse conforme ao estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servicio, o resultado lesivo producido non se

considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar finalmente que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme os síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, de acordo coas previsións do artigo 81.2

da LPAC, resulta preciso pronunciarse neste ditame sobre se existe, no caso que se nos presenta a exame, unha relación de

causalidade entre o funcionamento do servicio e a lesión aducida e, eventualmente, sobre a valoración do dano causado e a

contía e o modo de indemnización.

Pois ben, no presente caso, a reclamación que nos ocupa céntrase nos danos derivados da asistencia sanitaria prestada a Á. no PAC de Cee o 19.8.2017,

ao estimarse que se produciu un erro de diagnóstico que propiciou a posterior peritonite sufrida polo menor e complicacións

posteriores á intervención á que tivo que ser sometido.

Sentado o anterior, o exame da reclamación patrimonial que nos ocupa esixe unha análise da historia clínica e dos informes médicos que figuran no expediente e que foron emitidos no curso da instrución como

trámite preceptivo ex artigo 81.1 da LPAC, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse

este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros, ditame CCG 71/2016 ou os máis

recentes CCG 159/2020 e CCG 72/2021). Neste caso tamén revisten interese as achegas de carácter técnico contidas nas declaracións

como testemuñas de determinados profesionais (proba testemuñal solicitada pola parte reclamante).

Así as cousas, da documentación clínica que obra no expediente resultan os seguintes datos de interese para a nosa análise.

O menor Á. foi atendido no PAC de Cee na tarde do día 19.8.2017. Na anotación do curso clínico correspondente a esta asistencia indícase:

?S Paciente refiere que desde esta mañana con vomitos (sic) y deposisciones (sic) líquidas en repetidas oportunidades, dolor abdominal

O peso 51 kl, orofaringe congestiva hiperemica. Abdomen plano depresible doloroso a la aplapción (sic) en mesogastrio, RHA y Peristaltismo aumentados

I GEA

P Reposo, abundante líquido, dieta blanda y blanca, motilium 10 ml cada 8 horas durante 5 días, sueroral (sic) a libre demanda, control y seguimiento por su MAP?.

O doente acudiu de novo ao PAC de Cee na tarde do día 21.8.2017. Na correspondente anotación do curso clínico sinálase:

?S SE TRATA DE PACIENTE MASCULINO DE 13 AÑOS QUIEN INICIA ENFERMEDAD ACTUAL EL DÍA JUEVES 19/08/2017 CUANDO PRESENTÓ VÓMITOS Y DIARREA LOS CUALES CEDEN PARCIALMENTE Y DOLOR ABDOMINAL DIFUOS QUE PROGRESA

Y SE FOCALIZA EN FOSA ILIACA DERECHA MOTIVO POR LE CUAL CONSULTAN HOY NUEVAMENTE.

O t=38.6 MANIOBRAS APENDICULAES POSIVITAS, CALIENTE AL TACTO

I APENDICITIS A DESCARTAR

P SE DERIVA A URGENCIAS?. (SIC).

O menor foi atendido en Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira de CEE. Logo de estudios complementarios (entre eles ecografía de abdome) que levan á sospeita de apendicite aguda polo que o doente foi

derivado a Cirurxía Xeral e Dixestiva. Foi operado de urxencia (apendicectomía aberta) o mesmo día 21.8.2017 co diagnóstico

postoperatorio de apendicite aguda gangrenosa con plastrón apendicular. O curso postoperatorio foi tórpido con drenado de

pus e unha posterior infección da ferida cirúrxica que se resolveu antes da alta hospitalaria, que tivo lugar o 13.9.2017.

Logo da alta realizouse seguimento por Atención Primaria.

Xunto aos anteriores datos da historia clínica, resulta preciso traer a colación o disposto nos informes emitidos no curso da instrución así como o indicado polos profesionais

que declararon como testemuñas (proba testemuñal solicitada pola parte reclamante), que, como se adiantou antes, son os únicos

que conteñen criterios técnicos de análise da asistencia sanitaria controvertida.

Así, no que atinxe, en primeiro lugar, aos informes emitidos no curso da instrución cabe indicar:

A) No informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva, do 7.10.2019, indícase:

?(?) Paciente que el 21 de agosto de 2017 acude a Urgencias de este hospital por presentar dolor abdominal de 3 días de evolución por el que ya había recibido asistencia médica 2 días antes.

Es diagnosticado mediante ecografía de apendicitis aguda por lo que es operado ese mismo día. Durante la intervención quirúrgica se encuentra una apendicitis aguda gangrenosa con importante plastrón inflamatorio.

Se procede a realizar una apendicectomía abierta dejando un drenaje en la zona afectada. El curso postoperatorio fue tórpido

con drenado de pus a través del drenaje y una posterior infección de la herida quirúrgica que se resuelve antes de su alta

hospitalaria.

El seguimiento tras el alta hospitalaria es realizado en atención primaria no teniendo constancia en este servicio de complicaciones relacionadas con el proceso posteriormente (?)?.

B) Conforme o informe do Servizo de Urxencias, do 10.10.2019:

?(...) El paciente Á. fue atendido en el Servicio de Urgencias del Hospital Virxe da Xunqueira el 21.08.2017 a petición del PAC de Cee por: dolor abdominal difuso de 3 días de evolución que se había

ido localizando en FID. Tras la exploración física, detallada en el informe de urgencias de dicho día, y ante la sospecha

de apendicitis aguda, se procedió a realizar estudios preoperatorios pertinentes y una Ecografía abdominal urgente para ratificar

dicho diagnóstico clínico, solicitándose, ante los resultados ya señalados en el Informe de Alta de Urgencias, la valoración

urgente por parte del Servicio de Cirugía General.

El seguimiento tras el alta de Urgencias el mismo día 21 de agosto de 2017 a las 19:15h, por paso a Quirófano, es realizado por el Servicio de Cirugía General y posteriormente de Atención Primaria, no

teniendo constancia en este servicio de atenciones por complicaciones relacionadas con el proceso ulterior (...)?.

C) E no informe do xefe de Servizo SAP de Cee, do 20.8.2021, sinálase, respecto da atención prestada ao menos o 19.8.2017 e sobre a base dos datos que figuran na historia clínica, que:

?a A sintomatoloxía que presentaba o paciente cando foi atendido no PAC o 19.08.2017 era compatible con numerosos procesos

patolóxicos.

b Descoñezo a anamnesis realizada, tan só conto coa concisa nora da historia, na que se focaliza a dor en mesogastrio e non fai referencia á presenza de febre.

c O informe non fai constar se había defensa abdominal, aínda que si refire que o abdome era plano e depresible, algo que descarta a súa presenza.

d É importante a toma de temperatura nestes procesos, descoñezo se se fixo. A manobra de Blumberg suxire infamación (sic) peritoneal, da que non aparece constancia posterior neste paciente.

e Se o facultativo, cos datos clínicos cos que contaba, chegou á hipótese diagnóstica de Gastroenterite Aguda, o habitual é non solicitar máis probas complementarias.

f A ecografía pode achegar ou non datos para o diagnóstico dependendo do momento evolutivo e das circunstancias do cadro.

g Descoñezo as advertencias formuladas verbalmente polo facultativo, que non sempre se reflicten na nota de atención, que en Atención Primaria soe ser breve por múltiples circunstancias?.

No que respecta, en segundo lugar, ás declaracións testemuñais de profesionais médicos, cabe salientar o seguinte respecto da asistencia sanitaria controvertida (atención no PAC o 19.8.2017).

Por unha banda, segundo o doutor G.:

?(?) Las manifestaciones clínicas de la apendicitis aguda pueden ser muy diversas, las más habituales son dolor abdominal localizado en la fosa ilíaca derecha, náuseas y/o vómitos, en la exploración

física se suele apreciar dolor a la palpación en fosa ilíaca derecha, con defensa y signo de Blumberg positivo, pero estos

hallazgos no siempre están presentes.

Por lo general se indica hacer un análisis de sangre cuando en la exploración se aprecia defensa en fosa ilíaca y, en función de los datos que aporte el análisis de sangre se pide una ecografía abdominal

(?)

En principio esos datos (refírese a síntomas como dor na zona de mesogastrio, vómitos, diarrea e febre) indican la posible necesidad de hacer un análisis pero, si no hay defenda abdominal, toda esa clínica se puede atribuir a

una gastroenteritis aguda y el resultado del análisis puede ser irrelevante dado que en una gastroenteritis también puede

haber elevación del número de glóbulos blancos y de la PCR. Por otra parte también hay apendicitis agudas que cursan, sobre

todo en sus fases iniciales, sin aumento de leucocitos y con un aumento de la PCR mínimo (?)

En cada paciente esta enfermedad puede cursar de formas muy distintas (?)

Es muy difícil que estuviera perforado (refírese ao apéndice no momento da atención no PAC o 19.8.2017) porque el dolor que habría tenido el paciente en su casa le habría obligado a venir al hospital antes de 3 días, además el

paciente habría ingresado, tras 3 días con una apendicitis aguda perforada sin tratamiento, posiblemente en shock séptico

(?)?.

E a doutora S. sinalou:

a) Respecto dos síntomas que determinan a sospeita dunha apendicite e aconsellan a realización dun diagnóstico diferencial a través de probas como unha analítica de sangue ou unha ecografía abdominal:

?Dolor abdominal que se localiza en fosa ilíaca derecha (con migración del dolor desde la zona periumbilical hacia la zona

ilíaca derecha), náuseas y vómitos, febrícula o fiebre, pérdida de apetito, distensión abdominal, diarrea o estreñimiento,

empeoramiento del dolor con la tos, con la deambulación o con los movimientos bruscos?.

b) Respecto a se os síntomas de dor na zona do mesogastrio, vómitos, diarrea e febre e a dificultade para andar erguido aconsellan realizar unha análise para descartar apendicite: ?Son signos poco específicos y que podrían hacer sospechar una apendicitis, pero también otros diagnósticos. Sin valorar al

paciente no puedo decir si requiere la realización de una analítica?.

Quinta.

En atención ao exposto, logo da análise da historia clínica e dos informes e das declaracións testemuñais aos que se acaba de aludir, cabe concluír, no estado probatorio no que este expediente é sometido

a ditame deste órgano consultivo, que non poden estimarse acreditado o erro diagnóstico esgrimido pola parte reclamante.

Tal e como se indicou nas consideracións xerais, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión

a partir do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, como recorda a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 21.4.2021,

Rec. 476/2020, ?hay que tener en cuenta que, de cara a la valoración de la prueba y al análisis de la antijuridicidad del daño, rige la denominada

prohibición de regreso, que impide que para el examen de lo acaecido anteriormente se tenga en cuenta y se parta de los conocimientos

adquiridos a posteriori? de modo que ?el análisis de la asistencia ha de ser acorde a los síntomas que presenta el paciente en cada momento?.

Pois ben, partindo da dita ?prohibición de regreso?, os datos da historia clínica e a análise técnica destes recollida nos informes e nas declaracións testemuñais antes transcritos

levan a concluír que o doente, cando foi atendido no PAC de Cee o 19.8.2017, se ben tiña algúns síntomas que poden darse nunha

apendicite, tratábase de síntomas tamén compatibles cun cadro de gastroenterite aguda, que foi o que se diagnosticou, sen

que ante este cadro deban efectuarse probas complementarias. O doente non presentaba nese momento sintomatoloxía concluínte,

específica e diferenciadora da apendicite consistente en dor na fosa ilíaca dereita e defensa abdominal; sintomatoloxía esta

que, de darse, si tería esixido a práctica de probas complementarias como analítica de sangue e, en función dos resultados

desta, no seu caso, unha ecografía abdominal. Foi a evolución posterior, con aparición de sintomatoloxía específica (singularmente

a localización da dor na fosa ilíaca dereita), a que determinou a práctica de probas complementarias que levaron ao diagnóstico

da apendicite aguda e ao seu tratamento de urxencia.

As alegacións da parte reclamante, desprovistas de aval técnico, preséntanse como teses argumentais insuficientes para desvirtuar os criterios técnicos contidos nos informes e nas declaracións transcritos

e para asentar sobre elas o recoñecemento do reproche de retraso asistencial denunciado no escrito reitor da reclamación,

o que obriga a excluír a responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria.

Consecuentemente co que vén de sinalarse, o xuízo deste órgano consultivo é favorable á desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información