Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 204 de 20 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 20/06/2018

Num. Resolución: 204


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por A. e F., en representación do seu fillo menor D., polos danos e perdas ocasionados ao seu fillo polo retraso diagnóstico e terapéutico da súa doenza realizado no Hospital Universitario Arquitecto Marcide

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 27.12.2017 A. e F., en representación do seu fillo D., interpoñen unha reclamación de responsabilidade patrimonial

ante o Servizo Galego de Saúde por mor da asistencia sanitaria prestada ao seu fillo.

En síntese, os reclamantes reprochan ao servizo público de saúde unha demora e falta de aplicación de medios no diagnóstico da torsión testicular que sufría o seu fillo, o que, ao seu xuízo, obrigou finalmente

á extirpación cirúrxica do testículo afectado.

A indemnización solicitada ascende a 91.648 ?.

Xunto coa reclamación achégase diversa documentación clínica e un informe pericial de avaliación dos danos e secuelas.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica de D.,

- Informe do Servizo de Urxencias Pediátricas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de data 7.3.2018, e

- Informe do Servizo de Uroloxía do antedito hospital de data 6.4.2018.

3.- Con data 16.4.2018 deuse trámite de audiencia aos reclamantes, que con data 25.4.2018 reiteraron os seus reproches aos servizos

sanitarios.

4.- Con data 29.5.2018 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 12.6.2018.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

adiante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en adiante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

- O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

- O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

- O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

- O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

- A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros),

pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados

ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que

por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, agás que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Unido ao anterior debe recordarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (por todos, CCG 100/2014, CCG 229/2014 ou CCG 198/2015). En definitiva, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se conforme cos síntomas

do paciente se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido,

pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, dos escritos de reclamación e alegacións da parte despréndese como esta imputa aos servizos sanitarios un retraso e falta de aplicación de medios no diagnóstico da torsión testicular que presentaba

D., o que finalmente obrigou á extirpación do testículo afectado.

Pois ben, o exame destes reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas

que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido,

entre outros, o CCG 71/2016).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte reclamante non despregou a máis mínima actividade probatoria en apoio dos seus reproches ao funcionamento

do servizo público de saúde, nin sequera logo da vista dos criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Así, da historia clínica e informes médicos obrantes no expediente remitido despréndese como D., de 14 anos de idade no intre dos feitos, acudiu o día 9.1.2017 ás 22:05 horas ao Servizo de Urxencias do

Centro de Saúde de Pontedeume, referindo dor testicular á palpación. No centro de saúde, co fin de descartar ?hidrocele u orquitis?, procedeuse a remitir ao paciente ao ?CHU de Ferrol para estudio?.

Consta neste sentido na historia clínica que o paciente acudiu ao Servizo de Urxencias Pediátricas do Hospital Arquitecto Marcide ese mesmo día 9.1.2017, ás 22:31 horas, referindo ?dolor teste desde esta mañana en aumento a lo largo del día, afebril?, constatándose á exploración ?Dolor palpación teste derecho con edema, no reflejo cremastérico? e realizándose unha ecografía testicular urxente que arroxou os seguintes achados:

?Engrosamiento, heterogeneidad e hipervascularización del epidídimo derecho compatible con epididimitis.

Hidrocele derecho reactivo. También se observa un discreto engrosamiento de las cubiertas escrotales derechas con respecto a las izquierdas en relación con cambios inflamatorios.

El epidídimo izquierdo muestra grosor y aspecto ecográfico normal.

Ambos testes muestran tamaño, morfología, ecoestructura y vascularización normal; sin evidencia de lesiones focales?.

Con estes achados o paciente foi alta hospitalaria ás 1:15 horas do día 10.1.2017, con pauta de tratamento para a dor e antibioterapia.

Ese mesmo día 10.1.2017, ás 15:45 horas, consta unha consulta telefónica realizada polos pais do menor ao Centro de Saúde de Pontedeume. Naquela consulta os pais refiren como o menor ?está vomitando la medicación?, indicándolles o facultativo a necesidade de ?volver a dar el comprimido y si no tolerancia volverá por urgencias para dar tto antibiótico IV (?). Doy datos de alarma por

los cuales acudir a urgencias: intolerancia oral, deterioro general?.

O día seguinte, o 11.1.2017, ás 15:38 horas, o pais do menor, xunto co paciente, acudiron ao Centro de Saúde de Pontedeume referindo cambio de clínica cun aumento do volume testicular dereito e

eritema na pel, sendo derivado o doente ao Servizo de Urxencias do Hospital Arquitecto Marcide ?ya que la clínica ha ido empeorando?.

O ingreso no Servizo de Urxencias Pediátricas do Hospital Arquitecto Marcide tivo lugar ás 16:27 horas do mesmo día 11.1.2017, referindo o menor empeoramento clínico (dous episodios de dor intensa) e

persistencia de dor testicular de base, e presentando á exploración ?aumento de tamaño testicular derecho, con induración y eritema leve. Dolor a la palpación y reflejo cremastérico disminuido

bilateral y ausente en el derecho. Prehn negativo?.

Ante estes signos dubidosamente suxestivos dunha torsión testicular, solicitouse unha ecografía testicular urxente, que xa confirmou a torsión testicular aguda, polo que se avisou ao urólogo

de garda para unha intervención urxente na que se constatou a existencia dun ?testículo torsionado e isquémico, por lo que se realizó orquiotomía derecha + orquiodopexia izquierda?.

Pois ben, con base na secuencia asistencial que vén de referirse, os reclamantes sosteñen a existencia dun retraso e falta de aplicación de medios no diagnóstico da doenza do seu fillo, ao considerar

que na primeira ocasión que acudiu ao Servizo de Urxencias Pediátricas, o 9.1.2017, se lle tería que ter realizado unha Eco

- Doppler ou, mesmo, unha gammagrafía. Así mesmo refiren que naquela asistencia o seu fillo debeu ter sido ingresado no hospital

e examinado por un urólogo.

Todos estes reproches que veñen de referirse e, en definitiva, o relativo ao retraso no diagnóstico da torsión testicular do seu fillo, foron rebatidos tanto no informe do Servizo de Urxencias Pediátricas

de data 7.3.2018 como no informe do Servizo de Uroloxía de data 6.4.2018, considerando os facultativos informantes que a asistencia

sanitaria prestada foi correcta e axustada á lex artis.

Así, polo que atinxe á necesidade de terlle realizado ao menor xa o día 9.1.2017 unha ECO - Doppler, o informe do Servizo de Urxencias Pediátricas afirma que tal proba si se lle realizou:

?Es completamente incierto que no se le practicasen al paciente D. técnicas de imagen especialmente indicadas en el diagnóstico de ?dolor testicular agudo? como la ECO-DOPPLER

(fundamental para el estudio del ?escroto agudo? como entidad clínica). En ambas ecografías se realizó una ?ECO - Doppler?,

que es la única técnica que permite visualizar la existencia de vascularización testicular, tal y como aparece recogido en

ambos informes radiológicos?.

Verbo da idoneidade da ECO ? Doppler para acadar o diagnóstico diferencial dunha dor escrotal tamén sinala o informe do Servizo de Uroloxía como ?es la prueba más sensible y objetiva para establecer el diagnóstico?, engadindo ademais que no caso do paciente ?no estaría indicada la realización de una gammagrafía?.

No mesmo sentido de desbotar a eventual indicación da realización dunha gammagrafía se pronuncia o informe do Servizo de Urxencias Pediátricas:

?En cuanto a la gammagrafía testicular, es una prueba que no se realiza, ni mucho menos, de forma rutinaria, y menos aún ante un diagnóstico ecográficamente claro de orquiepididimitis, con testículos

adecuadamente vascularizados?.

Xa polo que atinxe á falta de valoración do menor polo urólogo de garda na asistencia do día 9.1.2017, refire o informe do Servizo de Urxencias Pediátricas como:

?El diagnóstico de orquiepididimitis en la infancia y adolescencia no se considera una patología grave, su tratamiento está consensuado y resulta similar en cualquier tratado de Urgencias Pediátricas,

y no precisa valoración por urólogo de guardia, ya que no se trata de una patología quirúrgica. Entendemos (como lo entienden

las principales Sociedades Científicas de Pediatría de este pais) que no procede una valoración urológica de urgencia tras

un diagnóstico de orquiepididimitis, especialmente tratándose de un primer episodio, y sin motivo aparente para una duda diagnóstica?.

Este criterio é tamén o sostido polo Servizo de Uroloxía que, no seu informe de data 6.4.2018, é concluínte ao sinalar como ?La atención por parte del urólogo se solicita cuando la ecografía-doppler es sugestiva de torsión testicular (reducción del

flujo sanguíneo o arterial). En este caso la ecografía no es dudosa, ni sugestiva de torsión testicular?.

Finalmente, polo que respecta á alta do menor o día 10.1.2017, sen proceder ao seu ingreso hospitalario, o informe do Servizo de Urxencias Pediátricas sostén a súa corrección con base nos achados da ecografía

realizada o día anterior:

?Dado que la presencia de vascularización normal en un testículo descarta la posibilidad de una torsión testicular por definición, se procede al alta hospitalaria, con tratamiento pautado para el dolor

y antibioterapia tal y como se indica en los protocolos consensuados que seguimos en Urgencias Hospitalarias del CHUF. Alta

hospitalaria a la 1:15 de la mañana del 10.1.2017, es decir, unas 3 horas después de su llegada a Urgencias?.

De novo este criterio do Servizo de Urxencias Pediátricas resulta referendado polo Servizo de Uroloxía que, no seu informe de data 6.4.2018, sinala:

?Lo habitual en el caso de un varón de 14 años, con dolor escrotal y ecografía-doppler compatible con epididimitis es dar el alta hospitalaria, ya que la epididimitis es un proceso que no requiere ingreso

hospitalario, ni observación hospitalaria?.

Considerando, logo, todo o que precede, e a falta de mellor criterio técnico que resulte do expediente, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada a D., procedendo, en consecuencia,

a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información