Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 204 de 10 de enero de 2018

Tiempo de lectura: 29 min

Tiempo de lectura: 29 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/01/2018

Num. Resolución: 204


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don G., polo falecemento da súa nai dona R. por una deficiente asistencia sanitaria

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 12.02.2016, don G., presenta reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados do falecemento da

súa nai dona R. no Complexo Hospitalario de Pontevedra que entende provocado por unha deficiente asistencia sanitaria.

Reclámase unha indemnización por importe de 100.000,00 ?.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedidas sucesivas audiencias á reclamante, que

presentou alegacións, formulouse proposta de resolución en sentido parcialmente estimatorio da reclamación, prevéndose unha

indemnización por importe de 51.517,60 ?.

3.- Remitido o expediente con data do 30.05.2017 para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, a Sección de Ditames

deste organismo, en sesión realizada o día 28 de xuño de 2017, acordou a súa devolución para a emisión dun novo informe de

servizo completando a instrución do expediente co exame de certos aspectos vinculados coa práctica asistencial.

4.- Practicadas as actuacións requiridas, incluída a formulación dunha nova proposta de resolución, o expediente foi novamente

remitido a este Consello Consultivo de Galicia, e tivo entrada neste organismo con data 4 de decembro de 2017.

5.- Na Sección de Ditames do día 20 de decembro de 2017 acordouse ampliar o prazo para a emisión do ditame por un mes, ao abeiro

do artigo 39.2 do Decreto 91/205, do 18 de xuño.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse

dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00

?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión

sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva

recollido no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial,

contense nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común (en adiante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo, se ben non se respectou o prazo de 6 meses para notificar a resolución, pois o expediente acumula xa mais

de 22 meses dende a reclamación, nunha actuación que resulta contraria ao principio de eficiencia na actuación da Administración

e debe ser corrixido en futuras actuacións.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC, se inspiran no principio

de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único, para que a reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre a actuación da Administración

e a lesión producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e

individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva,

esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que de acordo coas

previsións do artigo 12.2 do RPAPRP, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe

relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida, por ser este o primeiro presuposto para a imputación,

en réxime obxectivo, da responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

Cuarta.-

A este respecto hai que indicar que a remisión inicial do expediente coa súa proposta de resolución deu lugar á súa devolución por apreciarse unha insuficiente instrución das actuacións na medida en

que nos informes de servizo incorporados entón ao expediente non se contiña un recoñecemento de vinculación causal entre o

dano que motiva a reclamación e o funcionamento dos ditos servizos, e malia iso, na súa proposta de resolución, a instrutora

apreciaba a existencia de tal causalidade que vinculaba cun dano antixurídico o que a conducía a realizar unha proposta de

indemnización.

Apreciábase, entón, unha tripla creba da lex artis no proceso asistencial.

En primeiro lugar salientábase que na data de 09.02.2015, a paciente é trasladada polo 061 ao PAC de Portonovo, por atoparse con ?vómitos y diarrea?, alí foi atendida e diagnosticada de gastroenterite aguda. Respecto de ese episodio asistencial a instrutora censuraba que

?ni en el informe ni en la historia clínica deja constancia de la reposición de líquidos?.

En segundo lugar considerábase que o día 11 de febreiro, de madrugada, a paciente é trasladada de novo polo 061 ao atoparse con ?vómitos y diarrea, así como dolor en ambos pechos y mareada?, constatándose que ?desde el domingo sigue mal?. O facultativo interpreta os síntomas como mastodinia e inxecta diclofenaco. A conclusión formulada entón pola Administración

sanitaria respecto de esta segunda asistencia é a de que ?La actuación del facultativo no se ajusta a la lex artis: la anamnesis es incorrecta, las anotaciones insuficientes. No realizó

ningún tipo de exploración. El diagnostico erróneo y por tanto no trató correctamente la diarrea de la paciente limitándose

a darle un antiinflamatorio?.

En terceiro lugar indicábase que o día 12 de febreiro, o 061 acude de novo ao domicilio da paciente por gastroenterite trasladándoa ás urxencias do Complexo Hospitalario de Pontevedra. O xuízo da instrutora

respecto desta asistencia era igualmente crítico co funcionamento do servizo, apreciándose que ?Aunque no sabemos el color del Triaje que se le adjudicó (amarillo asistencia antes de 1 hora, naranja en 10-15 minutos o

rojo, atención inmediata) parece que la asistencia no fue lo suficientemente rápida, teniendo en cuenta sus circunstancias,

es decir diarrea de 4 días de evolución y gran afectación del estado general. Destacar también que se trata de una paciente

de 68 años de edad, diagnosticada y tratada de una grave enfermedad (Artritis Reumatoide) con antecedentes de varios ingresos

por diarrea e infecciones por Estafilococo Aureus?.

O Consello Consultivo considerou entón que, en canto as conclusións de carácter técnico médico que se establecían na proposta non se asentaban en valoracións realizadas na fase probatoria, a instrutora,

nunha actuación que non lle correspondía se erixía en suxeito activo da proba pericial, actuando nun impropio dobre papel,

considerada a natureza da primordial función que ten que desempeñar no procedemento, de valedor imparcial da causa que examina

e instrúe.

Non se trataba, polo tanto, de negar o tino científico das conclusións establecidas, nin a súa perfecta compatibilidade coa realidade dos feitos, senón salvar as esixencias procedementais que en

dereito conducen ao establecemento da verdade formal a través da proposta de resolución, nunha conclusión administrativa que

ten condicionantes engadidos aos da verdade científica que se poida establecer por quen con coñecementos técnicos axeitados

realice unha valoración técnica dos feitos.

Quinta.-

Tras o complemento da instrución do expediente logo do referido acordo de devolución, obra, agora si, un soporte probatorio da tese sostida no seu día pola instrutora, en concreto respecto do segundo

reproche por ela formulado, dos que van transcritos, en relación coa asistencia prestada á señora R. o 11.02.2015 no PAC de

Portonovo.

Apréciase pola coordinadora do centro de saúde de 10.8.2017 que ?la atención prestada [?] con fecha 11 de febrero de 2015 no se ajusta a la lex artis, la mastodinia haría referencia a dolor relacionado con ciclo

menstrual. No hay datos completos de anamnesis, en la exploración física existe inspección pero faltaría la palpación de mamas

y valoración del estado general de la paciente?. Engádese, ademais, no antedito informe que ?el tratamiento pautado no se ajusta al diagnóstico efectuado?.

Tratándose dunha valoración de carácter técnico médico na que se aprecia que crebaron os estándares de seguridade no eido da atención sanitaria, este Consello Consultivo debe acollela e

dende ela, compartir a conclusión xurídica que se extrae na proposta de resolución cando se considera que existe un nexo causal

entre o falecemento da paciente e a dita mala praxe, desbotándose toda excepción á pretensión resarcitoria, sequera parcial,

pola vía dunha eventual perda de oportunidade que non é invocada pola Administración o que conduce á conclusión da procedencia

da estimación parcial da reclamación.

Sexta.-

É na valoración do importe onde aparecen as discrepancias entre a Administración e o reclamante, debendo primarse parcialmente o criterio establecido na proposta de resolución (51.517,60 ?) que se corresponde

coa valoración obtida da aplicación analóxica do baremo establecido para indemnización de danos derivados de accidentes de

circulación, fronte á avaliación a tanto alzado realizada pola parte actora no importe de 100.000,00 ?, se ben, como o os

baremos empregados son anteriores á data da resolución, é procedente a súa actualización á data na que se poña fin ao procedemento,

de conformidade co previsto no artigo 141.3 da Lei 30/1992.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, se ben a contía da indemnización debe ser actualizada de conformidade co previsto na consideración sexta

deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información