Dictamen de Consello Cons...to de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 203 de 26 de agosto de 2020

Tiempo de lectura: 34 min

Tiempo de lectura: 34 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 26/08/2020

Num. Resolución: 203


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por I. como titora de F., polos danos e perdas sufridos por F. como consecuencia dunha caída por mor do mal estado dunha das tapas da rede de sumidoiros cando transitaba polo camiño dos Rosais na cidade de Vigo.

Organismo: Concello de Vigo (Pontevedra)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 3.4.2019, I. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial como titora de F., polos danos sufridos por este

como consecuencia dunha caída producida o día 9.8.2018, cando transitaba polo camiño dos Rosais, debido ao mal estado dunha

das tapas do sumidoiro existentes no mesmo.

Xunto coa reclamación achega diversa documentación médica, sentenza de incapacitación e dilixencia de nomeamento como titora do accidentado.

A contía fixada como pretensión indemnizatoria ascende a 17.543,90 euros.

2.- Instruído o procedemento, foi incorporado ao mesmo:

- Informe da Policía Local, do 9.4.2019.

-Informe do Servizo de Inspección de Vías e Obras, de data 8.4.2019.

- Informes da concesionaria do servizo municipal de abastecemento e saneamento de auga, A. U.T.E., do 2.7.19 e 17.7.2019.

3.- Logo do trámite de audiencia, no que a parte interesada reiterou a súa petición inicial, o órgano instrutor dita proposta

de resolución desestimatoria da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Vigo tendo entrada neste organismo o día 3.8.2020.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante un Concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a teor do cal:

?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?.

En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello de Vigo, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da concesión do trámite de audiencia á entidade reclamante, da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación

da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

salientarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Cuarta.

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

Procede así, primeiramente, verificar a efectividade e realidade do dano para, de seguido, centrar a análise de se o dano foi ou non consecuencia do funcionamento normal ou anormal dun servizo público,

dato determinante e que configura en última instancia un eventual dereito do particular lesionado a ser indemnizado pola Administración.

Neste sentido hai que dicir que, independentemente do quantum que, chegado o caso, proceda recoñecer, resultan demostradas as lesións sufridas, tal e como se desprende dos informes médicos

pola parte interesada achegados. Entre esta documentación médica, atopase, entre outros, un ?certificado médico oficial? do 22.4.2019 e o informe do Xefe do Servizo de Atención ao Usuario ? Fundación 061- que socorreu ao accidentado, do 3.9.2018.

Corresponde agora analizar a cuestión relativa ao nexo de causalidade. A reclamante sinala como causa do accidente a deficiencia no mantemento da tapa do sumidoiro, que non se atopaba debidamente recrecida ao nivel do pavimento da rúa, dando

lugar a un desnivel que motivou a caída.

Para os efectos de determinar a eventual vinculación causal deses feitos co funcionamento do servizo público local, hai que partir da regra xeral, acollida xa por este Consello noutros ditames, segundo

a cal é esixible aos viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obrigación esta que exclúe toda responsabilidade

da Administración cando é crebada por introducirse un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa

da vítima. Esta circunstancia, cando reúne o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade

da Administración, tal e como estableceu de xeito reiterado este Consello (por todos CCG 73/2018), en doutrina seguida tamén

polo Consejo de Estado (entre outros no ditame do 1.7.1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (St. 8.3.1967,

25.1.1974 ou 5.11.1974).

Por tanto, o control da deambulación esixe aos viandantes a aplicación da dilixencia necesaria para apreciar e sortear os riscos que en

moi diversas formas -xa sexa pola propia conformación estrutural (bolardos, irregularidades nos empedrados, tapas de rexistros)

ou por defectos de conservación- preséntanse ineludiblemente nos espazos públicos abertos ao tránsito, de modo que cando estes

se exteriorizan e son apreciables, a non detección por parte dos peóns obedece necesariamente a unha desatención agás que

se demostre a existencia de circunstancias que enerven a súa responsabilidade na detección daqueles riscos.

No expediente remitido achéganse varias fotografías que poñen de manifesto que se trata dun camiño ancho, sendo que a tapa do rexistro atopase no

medio do mesmo, deixando un espazo suficiente para o paso de peóns a ambos lados. Cómpre recordar que a caída tivo lugar a

plena luz do día, e a irregularidade do rexistro non constituía unha trampa oculta senón que era perceptible por calquera

usuario minimamente atento ás circunstancias que rodean a marcha, e podería ser salvado por calquera peón que prestase o grao

de atención suficiente que é necesario para a circulación viaria, xa que ao tratarse precisamente dunha tapa de rexistro é

inevitable a falta de continuidade co pavimento.

Así, pola hora en que se produciu o accidente (reiteramos, en torno ás 15 horas, é dicir, con visibilidade e luz natural); polo lugar de produción dos feitos, coñecido para o accidentado por canto

que segundo a reclamación e unha ?calle con bastante pendiente por la que sube para ir a casa?; polas circunstancias da vítima que resultan da documentación médica (doente con demencia dexenerativa-alzheimer, e que

debe deambular ?con carga parcial con ayuda de andador/silla de ruedas?) e documentación xudicial (situación de incapacidade total de acordo coa sentenza do Xulgado de Primeira Instancia núm. 12

de Vigo, do 6.2.2018); non constando que fose acompañado doutra persoa (non hai testemuñas directas da caída), a xuízo deste

Consello, o dano debe residenciarse na esfera da imputabilidade da vítima.

En consecuencia, logo da análise do conxunto do expediente, cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor determinante do accidente foi a conduta do reclamante, pola súa distracción e/ou

descoido que lle impediu advertir a existencia dunha deficiencia no pavimento.

Enténdese, daquela, aplicable a doutrina deste Consello Consultivo, recollida en numerosos ditames (CCG 420/2007, 177/2012, 498/2012, 431/2013 ou 649/2014, CCG 73/2018 entre outros), sobre a necesidade

de autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas de xeito que corresponde a

estas avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias.

Neste sentido vén a colación a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia núm. 496/2013, do 3 de abril, ?[?] estando a cargo de quien lo sufre el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes

al comportamiento humano, debiendo soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por

lugares de paso, como indican las ss. del T.S. de 17-7-03 y 22-2-07, toda vez que la vía pública no está exenta de peligros

para el peatón y si cualquier bache, desconchado, humedad, pendiente... se entiende causa eficiente para la producción del

daño se estaría convirtiendo a la Administración (normalmente la Local) en aseguradora universal de todo evento dañoso producido

en su término municipal, el obstáculo que se dice originador de la caída no parece susceptible de originarla sin el actuar

desatento de la víctima, tropiezo fortuito, condiciones psicofísicas de la accidentada..., y, aún con deficiente conservación

de la acera o calzada por la Administración, el necesario autocontrol en la deambulación excluye la responsabilidad de la

Administración en los casos en que el desperfecto u obstáculo fuera fácilmente aplicable o conocido por el peatón por ser

persona con vinculación en la zona o de mínima entidad que impida apreciar su capacidad para ocasionar daños en condiciones

normales. [?]?.

En efecto, o comportamento humano, na xeneralidade dos casos, e segundo a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e/ou atención

leva de seu a deambulación por vías públicas.

Deste xeito, e para dar cabo, no caso que nos ocupa, dada a inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe concluírse na procedencia da

desestimación como propón a proposta de reclamación sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Reclamación de humedades. Paso a paso
Disponible

Reclamación de humedades. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar
Disponible

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar

Luis Alfredo de Diego Díez

10.92€

10.37€

+ Información

La función pública
Disponible

La función pública

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información