Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 200 de 05 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 46 min

Tiempo de lectura: 46 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/07/2023

Num. Resolución: 200


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., en nome e representación do C., SL polos danos derivados do ataque dun xabaril nun campo nai de castiñeiro híbrido sito no lugar de Bergunde, parroquia de Figueirido, Concello de Vilaboa, (Pontevedra).

Organismo:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (xunta de Galicia)

Letrado:

Salgueiro Moreira

Propuesta:

Estimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 13.2.2023 C., actuando en representación do C., S.L., presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados

do ataque dun xabaril nun campo nai de castiñeiro híbrido sito no lugar de Bergunde, parroquia de Figueirido, no Concello

de Vilaboa.

Reclama unha indemnización na contía de 42.882,50 ?.

2.- Instruído o procedemento, deuse trámite de audiencia á parte reclamante, que non formulou alegacións.

3.- O 11.5.2023 formulouse a proposta de resolución, en sentido estimatorio da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira de

Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, tendo entrada neste organismo o 5.6.2023.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada ante a Administración

autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedimentais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

No presente caso, e no que atinxe á tramitación seguida, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en esencia,

foron cumpridas, constando no expediente remitido a realización dos actos de instrución necesarios, a concesión do trámite

de audiencia e a formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a)O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha persoa

ou nun grupo de persoas.

b)O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c)O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d)O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e)A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden salientarse:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)..

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos ou circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003,

e nas que nelas se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para

a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira

persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración

nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira

persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Cuarta.

Sentado o anterior, cómpre partir de que a reclamación que nos ocupa foi presentada antes do transcurso do prazo de prescrición

dun ano previsto no artigo 67.1 da LPAC, toda vez que a dita reclamación se presentou o 13.2.2023 por mor de danos causados por un xabaril o 22.1.2023 (segundo se indica no informe do Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio

Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra emitido no curso da instrución).

De acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso entón pronunciarse neste ditame sobre se existe, no caso

que se nos presenta a exame, unha relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente,

sobre a valoración do dano causado e a contía e o modo de indemnización.

Ha de partirse de que, no presente caso, o contido do expediente (singularmente o informe do axente facultativo medioambiental

achegado coa reclamación, as fotografías anexas ao dito informe e o informe do Servizo Provincial de Patrimonio Natural ao

que se acaba de aludir) permite entender probado que o 22.1.2023 se produciu o ataque dun xabaril nunha parcela dedicada á produción de clons de castiñeiro híbrido no lugar de Bergunde,

parroquia de Figueirido, no Concello de Vilaboa, causando danos na referida produción consistentes, segundo se indica no informe

do axente facultativo medioambiental achegado coa reclamación ?en que o xabaril retirou a terra do aporcado deixando ao aire a parte radical das cepas?.

Resulta así mesmo acreditado, segundo a documentación achegada pola parte reclamante, que a parcela na que se produciu o ataque

forma parte dun campo de plantas nai inscrito, a nome da entidade reclamante, no Rexistro de campos de plantas nai de Galicia

co número CN-721/36/016.

Sentado o anterior, e no que atinxe á responsabilidade patrimonial da Administración autonómica causada por este ataque dun

xabaril, han de traerse a colación, en primeiro lugar, os seguintes datos contidos no informe do Servizo Provincial de Patrimonio

Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra antes citado, conforme

co cal:

?2. Segundo a definición contida no apartado 1 do artigo 20 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

de caza de Galicia en relación co seu anexo IV, o xabarín (Sus scrofa) e unha especie cazable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (caza maior) [...].

Non temos coñecemento de que a zona onde se sitúan os terreos do Centro Forestal Rías Baixas constitúan unha zona de paso

do xabarín, o que si parece ser é que alí atopan alimento.

4. Os terreos sobre os que se asenta o Centro Forestal Rías Baixas teñen a cualificación de ?Zona libre? (po-11), que son terreos sometidos a réxime cinexético común (espazos nos que o exercicio da caza pode ser realizado por todos/as os/as cazadores/as sen máis limitacións que as establecidas

na Lei de Caza de Galicia e demais normativa que resulte aplicable) -Art. 9 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de

Galicia-.

5. O ataque produciuse o día 22/01/2023 (Ver Aviso 012_PO_23012309174.pdf), que era un día hábil de caza pero non estaba autorizada ningunha forma de actividade cinexética na zona libre. (Ver Aviso 012_PO_23012309174.pdf).

6. Os terreos onde se produciron os danos forman parte das instalacións dunha empresa privada polo que non están sometidos

a ningún tipo de control de poboacións cinexéticas salvo as esperas que se realizan cando os propietarios as solicitan [...]?.

Estamos, pois, ante danos causados por unha especie cinexética (o xabaril), nunha parcela situada nunha zona libre, que, conforme

co artigo 9.3.a) da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, é unha das categorías nas que se clasifican os terreos

cinexéticos sometidos a réxime común. En concreto, conforme o artigo 9.4 da dita lei:

?4. As zonas libres son aqueles terreos sometidos a réxime común que presenten unha superficie igual ou superior a 500 hectáreas

continuas, nos cales está permitido o exercicio da caza sen máis limitacións que as establecidas nesta lei e demais normativa

que resulte aplicable. A xestión cinexética destes terreos corresponde á Xunta de Galicia?.

Dado que, conforme co precepto transcrito, a xestión cinexética destes terreos corresponde á Xunta de Galicia, o artigo 62.3

da Lei 13/2013, do 23 de decembro, dispón:

?3. A consellaría competente en materia de caza responderá polos danos causados polas especies cinexéticas procedentes dos

terreos sometidos a réxime común, tecores autonómicos da súa administración, reservas de caza, refuxios de fauna e calquera

outro terreo cuxa administración e xestión correspondan á devandita consellaría?.

A norma autonómica prevé, así, un suposto de responsabilidade patrimonial derivada da xestión por parte da Administración

autonómica de determinados terreos cinexéticos, acorde co réxime común en materia de responsabilidade patrimonial da Administración

contido na LPAC e na LRXSP ao que se aludiu na consideración anterior e que debe ser interpretado conforme co dito réxime

(neste sentido, STC 79/2019, do 5 de xuño).

E procede engadir, no que atinxe á procedencia das especies cinexéticas, que cabe razoablemente entender, a falta de proba

en contrario, que a especie cinexética causante do dano procedera do terreo cinexético máis próximo ao lugar no que se produciu

o dito dano (regra, polo demais, expresamente prevista no artigo 24 do Regulamento de caza de Galicia, aprobado polo Decreto

284/2001, do 11 de outubro, se ben para o caso dos terreos suxeitos a réxime especial).

O anterior leva así a concluír, na liña da proposta de resolución, en que cabe apreciar a existencia de responsabilidade patrimonial

da Administración autonómica.

Quinta.

Afirmada a existencia de responsabilidade patrimonial, é necesario efectuar a continuación un pronunciamento sobre a avaliación

económica dos danos producidos.

A entidade reclamante solicita unha indemnización na contía total de 42.882,50 ?; cantidade que é a recoñecida na proposta

de resolución.

A dita cantidade correspóndese cos danos nun total de 17.153 plantas a un prezo medio por unidade de 2,50 ?.

Pois ben, ha de partirse de que, segundo as fotografías que figuran no expediente, cabe entender que o ataque afectou a toda

a produción da parcela e, segundo os datos do Rexistro de campos de plantas nai de Galicia achegados pola reclamante, as unidades

de produción anual da dita parcela son 17.153 plantas. Xunto co anterior, o prezo medio por unidade de 2,50 ? xustifícase

pola entidade reclamante sobre a base das cantidades previstas na Orde do 23.11.2022 pola que se establecen as bases reguladoras

das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e que se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670B), para unidades de castiñeiro híbrido entre 1 e 2 metros (altura media das plantas afectadas,

que tamén é coherente co reflectido nas fotografías).

En consecuencia, mostramos o noso parecer favorable ao recoñecemento da indemnización por importe de 42.882,50 ?.

Non obstante o anterior procede advertir sobre a necesidade de ter en conta o disposto no artigo 34.3 da LRXSP sobre a actualización

da contía da indemnización. Ademais, na resolución que finalmente se dite deberá recollerse correctamente a data na que tivo

lugar o ataque do xabaril (segundo o sinalado no informe do Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial

da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra que obra no expediente).

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros

presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución estimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sociedad de Responsabilidad Limitada
Disponible

Sociedad de Responsabilidad Limitada

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Manual de Derecho societario
Disponible

Manual de Derecho societario

Miguel Ángel Tenas Alós

17.00€

16.15€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información