Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 193 de 14 de junio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 193 de 14 de junio de 2023

Tiempo de lectura: 72 min

Tiempo de lectura: 72 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 14/06/2023

Num. Resolución: 193


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por F., J., M. e A., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento de F., nai, cónxuxe, sogra e avoa respectivamente, no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Salgueiro Moreira

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 4.2.2022 F. (actuando en nome propio e en representación da súa filla menor de idade A.), J. e M. formularon reclamación de responsabilidade

patrimonial polos danos derivados do falecemento de F. (nai, avoa, cónxuxe e sogra, respectivamente, dos reclamantes), o 13.2.2021,

no Complexo Hospitalario Universitario de Lugo (en diante, HULA).

O mesmo día presentáronse outras dúas reclamacións do mesmo tenor, acordándose a acumulación de todas elas.

En concreto, os reclamantes afirman que existiu mala praxe pois, con motivo da atención á doente en Urxencias do HULA, o 6.2.2021,

non se diagnosticou a existencia dunha fractura de cadeira senón que foi dada de alta sen informe radiolóxico da proba de

imaxe realizada e sen formular unha interconsulta ao Servizo de Traumatoloxía. Engaden que a inmobilización domiciliaria provocou

a descompensación dos procesos previos que padecía a doente e un tromboembolismo pulmonar que motivou o seu falecemento.

No escrito inicial de reclamación tamén se refiren, de xeito xenérico, a unha falta de información asistencial e de consentimento

informado.

Solicitan unha indemnización na contía total de 299.957,66 ?.

2.- Instruído o procedemento, deuse trámite de audiencia á parte reclamante.

No escrito de alegacións concretáronse máis os reproches, sobre a base dun informe pericial achegado co dito escrito. Así,

os reclamantes, ademais de reiterar o erro diagnóstico que, ao seu entender, se produciu con ocasión da asistencia á doente

en Urxencias do HULA o 6.2.2021 (ao non diagnosticarse a existencia dunha fractura de cadeira dereita e darlle a alta sen

consultar aos servizos de Radioloxía e de Traumatoloxía), engadiron que tamén existiu mala praxe na atención á paciente en

Urxencias do HULA o día 12.2.2021 pois non se detectou a presenza do tromboembolismo pulmonar que provocou o seu falecemento

debido a un defecto de técnica na realización da anxioTAC.

3.- Logo deste trámite de audiencia, completouse a instrución coa emisión dun informe complementario do Servizo de Radiodiagnóstico

do HULA e co traslado das imaxes radiolóxicas solicitadas pola parte reclamante.

Posteriormente, deuse un novo trámite de audiencia, sen que os reclamantes formularan alegacións.

4.- O 19.5.2023 formulouse a proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o 31.5.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a tenor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedementais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución, da concesión do trámite de audiencia á

parte reclamante e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha

persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na STS do 15.3.2018, rec. 1016/2016,

e nas que nela se citan, conforme a cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta suficiente a existencia

dun dano (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio

da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida da

persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación do enfermo. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia sanitaria

prestouse conforme ao estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servicio, o resultado lesivo producido non se

considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou nos máis recentes CCG 30/2021 ou CCG 171/2022, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse

o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na

súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico

ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido pola persoa doente,

xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación

de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron

á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do

diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior sobre os particulares aspectos de fondo

suscitados no presente expediente, e habida conta da vixencia do dereito a reclamar (ao terse formulado á reclamación antes

do transcurso do prazo previsto no artigo 67.1 da LPAC), de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC resulta preciso

pronunciarse neste ditame sobre se existe, no caso que se nos presenta a exame, unha relación de causalidade entre o funcionamento

do servicio e a lesión aducida e, eventualmente, sobre a valoración do dano causado e a contía e o modo de indemnización.

Tal e como adiantamos nos antecedentes deste ditame, os reproches da parte reclamante céntranse na asistencia prestada a F.

en Urxencias do HULA os días 6.2.2021 e 12.2.2021. En concreto, estiman os reclamantes que o día 6.2.2021 non se diagnosticou

unha fractura de cadeira dereita senón que a doente foi dada de alta sen un informe radiolóxico da proba de imaxe realizada

e sen realizar unha interconsulta ao Servizo de Traumatoloxía. E, como consecuencia da inmobilización domiciliaria produciuse

unha descompensación dos procesos previos que padecía a doente e esta sufriu un tromboembolismo pulmonar que causou o seu

falecemento. Engaden que o dito tromboembolismo pulmonar non foi detectado en Urxencias o 12.2.2021 debido a un defecto de

técnica na realización da anxioTAC. Xunto ao anterior, no escrito inicial de reclamación alúdese, de forma xenérica, á falta

de información asistencial e de consentimento informado.

Pois ben, para unha axeitada análise destes reproches ha de partirse de que, segundo resulta da historia clínica incorporada

ao expediente, F. ?de 83 anos de idade no momento dos feitos e con antecedentes de adenocarcinoma de colon pendente de tratamento

cirúrxico, hipertensión arterial, hipertiroidismo, bocio comprensivo, EPOC e insuficiencia cardíaca conxestiva- foi atendida

en Urxencias do HULA na tarde do 6.2.2021 por dor en cadeira dereita. Realizouse unha radiografía de cadeira dereita e pelve

que mostrou ?NO signos de fractura. No anomalías a nivel de ramas isquiopubianas?. A doente foi dada de alta ese mesmo día, coa hipótese diagnóstica de coxalxia dereita aguda e coas recomendacións de: ?Control y ajuste analgésico por MAP. Continuar estudio de cadera derecha si NO mejoría. En caso de empeoramiento volver?.

Na tarde do 12.2.2021 a doente acudiu de novo a Urxencias do HULA, derivada pola médico do PAC de Outeiro de Rei, por dor

en membro inferior dereito e dispnea. Entre outras probas practicouse unha anxioTAC para descartar a presenza de tromboembolismo

pulmonar. No informe desta proba indicouse: ?No se observan defectos de repleción en las arterias pulmonares que sugieran TEP. Cardiomegalia. Bocio con extensión intratorácica?.

Durante a estancia en Urxencias, a doente presentou de modo súbito alteración do nivel de consciencia, sen recuperación posterior,

y con tendencia á hipotensión; motivo polo que se avisou á Unidade de Coidados Intensivos. A doente sufriu parada cardiorrespiratoria,

e, se ben recuperou a circulación espontánea, quedou en situación de bloqueo aurículo-ventricular completo e con necesidade

de estimulación con marcapasos externo. Neste estado de gravidade ingresou na UCI pero, pese ás medidas de soporte adoptadas,

persistiu unha mala evolución, sufrindo unha nova parada cardíaca e falecendo na madrugada do 13.2.2021.

No informe clínico da Unidade de Coidados Intensivos do éxitus faise referencia, no apartado de xuízo clínico, a:

?Parada cardíaca de etiología no aclarada.

Bloqueo aurículo-ventricular completo.

Maniobras de RCP avanzada.

Fractura de cadera derecha?.

Partindo dos anteriores datos da historia clínica, procede abordar a continuación os concretos reproches formulados polos

reclamantes, os cales versan sobre cuestións de carácter técnico o que esixe ter en conta o sinalado ao respecto nos informes

dos servizos correspondentes, emitidos no curso da instrución, e tamén no informe pericial achegado pola parte reclamante.

Cómpre engadir que, na medida na que os criterios contidos naqueles informes e neste informe pericial de parte son diverxentes,

ha de estarse, na súa valoración, ao sinalado por este órgano consultivo en ditames como CCG 26/2021, CCG 163/2021 ou CCG

156/2022 , nos que indicamos que:

?(...) Ante a diverxencia de criterios periciais obrantes no expediente hai que lembrar que, de conformidade co artigo 77.1

da LPAC, a valoración das probas no procedemento administrativo se realizará de acordo cos criterios establecidos na Lei 1/2000,

do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (en diante LAC). E o artigo 348 desta norma establece a valoración de ?los dictámenes

periciales según las reglas de la sana crítica?.

O principio de valoración da proba conforme ás regras da sa crítica significa que non existen regras preestablecidas para

a ponderación das probas, polo que o aplicador do dereito ten unha maior liberdade valorativa, o que non comporta unha apreciación

arbitraria ou contraria ás regras da lóxica ou á común experiencia (CCG 290/2020). Así, o Tribunal Supremo sinalou que ?a

la hora de valorar los dictámenes periciales debe prestarse una atenta consideración a elementos tales como la cualificación

profesional o técnica de los peritos, la magnitud cuantitativa, la clase e importancia o dimensión cualitativa de los datos

recabados y observados por el perito, las operaciones realizadas y medios técnicos empleados, y en particular, el detalle,

la exactitud, la conexión y resolución de los argumentos que soporten la exposición, así como la solidez de las declaraciones?

(STS 12.2.2018, rec. 2386/2016) (...)?.

Quinta.

Sentado o anterior, e comezando polo reproche relativo ao erro no diagnóstico dunha fractura de cadeira dereita con ocasión

da atención en Urxencias o 6.2.2021, obran no expediente dous informes do Servizo de Radiodiagnóstico do HULA nos que se indica

que na radiografía de cadeira dereita e de pelve realizada nesa data non se aprecian signos de fractura (informes do 7.10.2022 e do 22.2.2023, emitidos no curso da instrución). Pois ben, a dita conclusión reviste maior forza de convicción que a que, en sentido contrario,

se recolle no informe achegado polos reclamantes, na medida na que procede dun especialista en Radiodiagnóstico (especialidade

que non ostenta o perito que emitiu o informe pericial de parte).

Ao non resultar acreditado, pois, o erro na interpretación da radiografía, tampouco pode recibir favorable acollida o reproche

dos reclamantes relativo a que se lle dera a alta á doente sen formular unha interconsulta ao Servizo de Traumatoloxía. Sinala

ao respecto o informe do Servizo de Urxencias do 15.12.2022, emitido tamén no curso da instrución do procedemento, que:

?Una vez revisadas las radiografías realizadas ese día, no se puede objetivar fractura, ni en proyecciones A/P ni en axiales.

También hay que considerar el resultado de un tac realizado 12/2020 que informa osteopenia intensa y no se recogen datos de

traumatismo. Según lo anterior, no se interpretó fractura de cadera por no existir, no siendo necesario la consulta con el

traumatólogo?.

Do exposto resulta que non poden recibir favorable acollida os reproches relativos á asistencia prestada o 6.2.2021.

Sexta.

No que atinxe á asistencia en Urxencias o 12.2.2021, como se adiantou antes, os reclamantes estiman que a doente faleceu por

causa dun tromboembolismo motivado pola inmobilización domiciliaria e que non foi detectado por un defecto na técnica empregada

ao realizar o anxioTAC o 12.2.2021.

Respecto dos supostos defectos na práctica desta proba, no informe pericial de parte chégase a esta conclusión partindo dun

estudio (que figura anexo ao dito informe pericial), procedente dun Gabinete Radiolóxico, no que se indica:

?Se revisa estudio realizado extramuros (...)

Se trata de un estudio TC torácico en fase pulmonar-arterial precoz, aunque las imágenes remitidas son de corte grueso y amplio

GAP de corte, por lo que la valoración angiográfica es limitada (...)

No claras imágenes de TEP al menos central?.

Sobre a base destas consideracións, no informe pericial de parte (que, como se vén de indicar, non foi elaborado por un especialista

en Radioloxía), faise unha interpretación do sinalado nese estudio nos seguintes termos:

?Deja constancia de que el estudio es limitado porque únicamente se realizó la fase pulmonar precoz, sin realizar la fase angiográfica

y de ahí el comentario de que no se observen claras imágenes de TEP AL MENOS central porque no puede visualizar arterias

pulmonares segmentarias y lobares porque estas se tiñen muy poco con la técnica realizada.

EN CONSECUENCIA:

El angio-TAC realizado no permite descartar el TEP totalmente por no haberse realizado su fase angiográfica y, en consecuencia,

no visualizarse arterias lobares y segmentarias?.

Pois ben, fronte a tales conclusións, no informe do Servizo de Radiodiagnóstico do HULA, do 22.2.2023, sinálase:

?El AngioTC de arterias pulmonares realizado en el Servicio de Radiodiagnóstico el día 12/02/2021, es de calidad óptima ya

que ha sido realizado según el protocolo habitual (flujo monitorizado con ROI localizado en el tronco de la arteria pulmonar

principal, con umbral de disparo a partir de 100 Unidades Hounsfield), obteniéndose una adecuada tinción de las arterias pulmonares

incluyendo las ramas lobares y segmentarias.

El estudio de Tac se ha obtenido en corte fino (0,625 mm) que permite realizar reconstrucciones MIP angiográficas.

Por tanto se trata de un estudio óptimo para descartar TEP en esta paciente?.

Pois ben, ante os criterios diverxentes contidos nos informes, estímase que, no estado probatorio do expediente, reviste maior

forza de convicción a análise efectuada neste último informe, tendo en conta a súa procedencia (especialista en Radiodiagnóstico)

e a exhaustividade da explicación e dos datos técnicos que incorpora (sen que a parte reclamante, logo do traslado deste informe,

formulara alegacións nin achegara proba adicional dirixida a desvirtualo).

Non resulta, polo tanto, probado que existira unha técnica deficiente na realización do anxioTAC nin tampouco, en consecuencia,

que a doente sufrira un tromboembolismo pulmonar. Por maior abastanza, segundo o sinalado no informe do Servizo de Urxencias

do 15.12.2022, antes citado, ?descartado el Tromboembolismo Pulmonar por Angiotac. Podemos descartar que la inmovilización sea el motivo que causas que

motivaron el fallecimiento?. E no mesmo informe engádese que: ?A la paciente se le exploró y se le realizaron pruebas de acorde con su sintomatología (...) Cuando la paciente pasó a situación

de inestabilidade se requirió la valoración el especialista correspondiente y fue ingresada en la UVI?.

Resta por engadir que, mesmo no caso de que se tivera acreditado que a doente sufrira un tromboembolismo pulmonar, o certo

é que no expediente non está probado que iso fora a causa do falecemento (remitímonos, neste punto, ao xuízo clínico recollido

no informe clínico de exitus emitido pola Unidade de Coidados Intensivos ao que antes se aludiu).

Sétima.

No que atinxe, finalmente, ao reproche relativo á falta de información asistencial e de consentimento informado, procede comezar

recordando que, como ten sinalado este órgano consultivo en ditames precedentes (como CCG 96/2016, CCG 9/2018, CCG 49/2018,

CCG 56/2018, CCG 103/2018, CCG 151/2018, CCG 230/2018, CCG 334/2018, CCG 258/2019, CCG 355/2019, CCG 438/2019 ou os máis recentes

CCG 312/2020, CCG 116/2021 ou CCG 214/2021, con cita de pronunciamentos xudiciais), o dano que se deriva do defecto de consentimento

informado do propio paciente constitúe un dano de índole moral, ao supor a privación do doente da súa liberdade de opción,

que reviste carácter persoalísimo e non trasladable, nin sequera, ao círculo familiar máis próximo a aquel, agás os supostos

nos que o paciente tivera xa iniciado por si a reclamación e os seus achegados máis próximos lle sucederan no seu exercicio,

que non é o que acontece no caso que agora nos ocupa. A lexitimación da reclamante, polo tanto, non acadaría ao persoalísimo

dano que puidera constituír unha falta de consentimento informado do propio doente. Neste sentido se ten pronunciado, por

exemplo, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid en sentenzas como a do 8.6.2015, rec. 227/2013, citada nos ditames antes

enumerados, así como a máis recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 16.9.2020, rec. 71/2020, na que

se indica expresamente, respecto do dereito ao consentimento informado do paciente, que ?el paciente tiene un derecho personalísimo e intransmisible y, correlativamente, también lo será el daño que se le irrogue?.

Do anterior resulta, polo tanto, que os reclamantes carecen de lexitimación para reclamar unha indemnización por falta de

consentimento informado da falecida (ao tratarse dun dano moral persoalísimo desta, non transmisible, como se vén de indicar).

Ao anterior se une que o reproche relativo á falta de consentimento informado se formula só no escrito de reclamación inicial

e en termos absolutamente xenéricos e carentes de precisión. Ese reproche, en consecuencia, non reúne os requisitos mínimos

da carga de argumentación que corresponde á parte reclamante. Cómpre recordar neste sentido como este órgano consultivo ten

sinalado (por todos, nos ditames CCG 54/2021 ou CCG 71/2021, e os que neles se citan) que corresponde á parte reclamante identificar

a concreta actuación sanitaria na que existiu a privación de información, en que consistiu esta, cal debeu ser a atención

alternativa e en que momento se produciu a lesión que se aduce, acompañando cantas alegacións e documentos se estimen oportunos.

Porén, no caso que nos ocupa, a parte reclamante non asumiu tal carga de argumentación, debendo salientarse, a maior abastanza,

que da historia clínica que obra no expediente relacionada co proceso asistencial no que se centra a reclamación (isto é,

asistencia en Urxencias do HULA os días 6.2.2021 e 12.2.2021) non se aprecia a existencia de déficits na información asistencial

e no consentimento informado.

Oitava.

Consecuentemente co que vén de sinalarse, o xuízo deste órgano consultivo é favorable á desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información