Dictamen de Consello Cons...to de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 191 de 02 de agosto de 2017

Tiempo de lectura: 31 min

Tiempo de lectura: 31 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 02/08/2017

Num. Resolución: 191


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio do Proxecto de Compensación pola declaración, en sentenza firme do 30 de setembro de 2015, da nulidade de pleno dereito da Resolución do tenente de alcalde do 13 de abril de 2005 pola que se requiría á Xunta de Compensación para emendar o Proxecto de Compensación do Polígono H3.05 ?Calle Valencia?

Organismo: Concello da Coruña

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 13 de xaneiro de 2017 a Xunta de Goberno Local adopta a seguinte Resolución que literalmente di:

"PRIMEIRO.- Admitir a trámite o expediente de revisión de oficio do Proxecto de Compensación pola declaración, en sentenza firme de 30 de setembro de 2015, da nulidade de pleno dereito da Resolución do

Tenente de Alcalde de 13 de abril de 2005 pola que se requiría á Xunta de Compensación para subsanar o Proxecto de Compensación

do Polígono H3.05 ?Calle Valencia? no sentido de plasmar o aproveitamento de cesión obrigatoria ao Concello e da Resolución

de 27 de maio de 2013 do Teniente de Alcalde Responsable da Área de Medio Ambiente, lnfraestruturas e Territorio que inadmitiu

a trámite a petición de revisión de oficio presentado pola Xunta de Compensación.

SEGUNDO.- Unha vez rematada a instrución do expediente, acordar a remisión completa do mesmo ao Consello Consultivo de Galicia para a emisión do ditame preceptivo, reclamando na mesma resolución que

acorde a remisión, a solicitude de suspensión do prazo para resolver (art. 102,5 da Lei 30/92) polo tempo que medie entre

dita petición e a recepción do informe, en virtude do disposto no artigo 42.5 da Lei 30/92. lsto será notificado aos interesados

no expediente.

TERCEIRO.- Dar audiencia aos interesados no expediente para que polo prazo de 10 días hábiles poidan presentar os documentos ou probas que teñan por conveniente ao seu favor".

2.- Con data do 7 de marzo de 2017 o presidente da Xunta de Compensación do Poi. H3.05 "Calle Valencia" presenta un escrito de alegacións.

3.- Con data do 26 de abril de 2017 dítase proposta de resolución na que literalmente se di:

?PRIMEIRO.- Desestimar as alegacións presentadas polo Presidente da Xunta de Compensación do Polígono H3.05 ?Calle Valencia? no seu escrito de 7 de marzo de 2017 contra a Resolución de 13 de xaneiro

de 2017.

SEGUNDO.- Acordar a revisión de oficio do Proxecto de Compensación do Polígono H3.05 ?Calle Valencia? pola declaración, en

sentenza firme de 30 de setembro de 2015, da nulidade de pleno dereito da Resolución do Tenente de Alcalde de 13 de abril

de 2005 pola que se requiría á Xunta de Compensación para subsanar o Proxecto de Compensación no sentido de plasmar o aproveitamento

de cesión obrigatoria ao Concello e declarar a nulidade do apartado 1.1.6 ?Sustitución económica del aprovechamiento municipal?

do Proxecto de Compensación, aprobado definitivamente por Acordo da Xunta de Goberno local de 11 de novembro de 2005?.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

da Coruña, e tivo entrada neste organismo con data do 18 de maio de 2017.

5.- A Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, en sesión realizada o día 14 de xuño de 2017, emitiu o seguinte

acordo: ?Devolver o expediente de razón co fin de que se complete a súa tramitación no sentido que de seguido se indica?.

6.- Practicada a proba solicitada pola parte, o expediente foi novamente remitido a este Consello Consultivo de Galicia, e tivo

entrada neste organismo con data do 10 de xullo de 2017.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a consulta deste Consello Consultivo, como quedou reflectido nos antecedentes do presente ditame, un expediente administrativo de revisión de oficio dun proxecto de compensación remitido

polo Concello da Coruña para o que resulta competente este organismo por encadrarse nas competencias definidas polo artigo

12, f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, reguladora deste Consello; e 17, f) do seu regulamento, aprobado polo Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, segundo os que debe ser consultado preceptivamente nos supostos de revisión de oficio dos actos administrativos,

na forma establecida no artigo 106.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en adiante, LPAC) que determina que as administracións públicas, en calquera momento, por iniciativa propia ou por

solicitude do interesado, e logo do ditame favorable do Consejo de Estado ou órgano equivalente da comunidade autónoma, se

o houber, declararán de oficio a nulidade dos actos administrativos que puxeran fin á vía administrativa ou que non fosen

obxecto de recurso en prazo, nos supostos previstos no artigo 47.1.

Neste sentido, cómpre precisar que este órgano considera que a lexislación aplicable é a vixente da Lei 39/2015, do 1 de outubro, por canto que o procedemento se inicia por acordo da Xunta de Goberno

Local o 13 de xaneiro de 2017, é dicir, con posterioridade á entrada en vigor desta lei, e tal e como prevé a súa DT 3ª, b):

?Los procedimientos de revisión de oficio iniciados después de la entrada en vigor de la presente Ley se sustanciarán por

las normas establecidas en ésta?.

Pola contra, o Concello da Coruña considera que a lexislación aplicable é a Lei 30/1992, e que o procedemento se inicia mediante a solicitude da Xunta de Compensación do 6 de marzo de 2013. Pero o certo

é que tal solicitude refírese clara e inequivocamente á ?revisión de oficio de la resolución del Tte. Alcalde de 13 de abril de 2005? (sic) e non ao acordo da Xunta de Goberno local do 11 de novembro de 2005, polo que se aproba definitivamente o proxecto

de compensación.

Así as cousas, non podemos fixar o dies a quo nunha solicitude de parte dirixida, con maior ou menor razón, á revisión de outra resolución diferente da que é obxecto do

presente expediente, máxime, cando obra no expediente en forma de escrito de alegacións a radical oposición da Xunta de Compensación

á revisión de oficio proposta polo Concello.

En conclusión, o presente é un procedemento iniciado de oficio polo Concello (e non a solicitude de parte), por acordo da Xunta de Goberno Local o 13 de xaneiro de 2017, sendo de aplicación a nova Lei 39/2015,

e non a derrogada Lei 30/1992.

Segunda.-

Tal e como ten manifestado este Consello Consultivo, o exercicio da potestade revisora require unha adecuada e inescusable formalización, así como o escrupuloso acomodo a un procedemento, o que garda

directa relación coa configuración do procedemento administrativo como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos

da cidadanía.

Pola transcendencia xurídica dos seus efectos, o procedemento de revisión de oficio está suxeito a unha serie de garantías formais de necesario cumprimento como salvagarda da legalidade da resolución

a adoptar.

Unha desas garantías formais é a da resolución do expediente no prazo que establece o artigo 106.5 da LPAC, que sinala:

?5. Cuando el procedimiento se hubiera iniciado de oficio, el transcurso del plazo de seis meses desde su inicio sin dictarse

resolución producirá la caducidad del mismo. Si el procedimiento se hubiera iniciado a solicitud de interesado, se podrá entender

la misma desestimada por silencio administrativo?.

A este respecto o Tribunal Supremo ten establecido en sentenza do 18.03.2008: ?[?] La regla general, como es bien sabido, consiste en que el vencimiento del plazo máximo para resolver dichos procedimientos

sin que se haya dictado la resolución correspondiente determina de modo automático su caducidad y archivo [?] Ahora bien,

el rigor queda atenuado (pudiera decirse que comprensiblemente atenuado, a la vista de las diversas hipótesis que el artículo

42.5 contempla) permitiéndose que en circunstancias excepcionales se ?pare el reloj? del cómputo temporal, esto es, se suspenda

el plazo máximo para resolver?.

O artigo 22 da LPAC recolle unha serie de casos nos que se pode suspender o prazo máximo legal para resolver un procedemento e notificar a resolución. Entre estes supostos atópase o contemplado na letra

d) ?Cuando se soliciten informes preceptivos a un órgano de la misma o distinta Administración, por el tiempo que medie entre

la petición, que deberá comunicarse a los interesados, y la recepción del informe, que igualmente deberá ser comunicada a

los mismos. Este plazo de suspensión no podrá exceder en ningún caso de tres meses. En caso de no recibirse el informe en

el plazo indicado, proseguirá el procedimiento?.

Este precepto coincide coa previsión que figuraba no artigo 42.5, c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, derrogada

por la Lei 39/2015, do 1 de outubro, e como se tiña sinalado desde este órgano consultivo, dentro do suposto establecido neste

apartado, pode incluírse a solicitude de ditame ao Consello Consultivo de Galicia, se ben a previsión contida no precepto

non opera de xeito automático senón que é unha facultade do órgano de instrución que en todo caso require a adopción dun acordo

expreso ao respecto así como a comunicación ao interesado, neste senso CCG 206/12.

Polo que respecta ao cómputo do prazo de suspensión, debe terse en conta que o dies a quo ou día inicial do cómputo vén constituído pola data do rexistro de saída da petición, non pola data na que se acorda a suspensión.

Sobre este aspecto no CCG 179/2015 sinalábase:

?[?] A suspensión prevista no artigo 42.5 c) da LRXPAC prevese para os supostos nos que ?[?] deban solicitase informes que sean preceptivos y determinantes del contenido de la resolución a órgano de la misma o distinta

Administración, por el tiempo que medie entre la petición, que deberá comunicarse a los interesados, y la recepción del informe,

que igualmente deberá ser comunicada a los mismos. Este plazo de suspensión no podrá exceder en ningún caso de tres meses?.

Á marxe da obriga de comunicación aos interesados desta suspensión, o precepto é claro ao establecer o intre no que se produce a suspensión. ?[?] por el tiempo que medie entre la petición ? y la recepción del informe [?]??.

No presente caso, nin na proposta de resolución, nin na primeira remisión, realizada por oficio do Alcalde o 04 de maio de 2017, nin na segunda remisión, realizada por oficio do Alcalde o 27 de xuño

de 2017, nin en ningún outro acto que conste no expediente, se acordou a suspensión.

Así as cousas, o prazo de 6 meses establecido no artigo 106.5 da LPAC finalizou o 13 de xullo de 2017.

Polo exposto, do exame do procedemento despréndese que na data do presente ditame aquel xa estaba caducado, polo que o que procede é ditar resolución declaratoria deste extremo, sen prexuízo,

iso si, da posibilidade de incoar un novo procedemento ao que se poderán incorporar as actuacións practicadas neste, acordando,

para estes efectos, a conservación dos actos e trámites practicados no procedemento, no que resulte procedente e de conformidade

cos artigos 51 e 95.3 da LPAC.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores
Disponible

Ley 39/2015 (LPACAP) ilustrada para estudiantes y opositores

Editorial Colex, S.L.

8.50€

8.07€

+ Información

El nuevo régimen de las notificaciones electrónicas
Disponible

El nuevo régimen de las notificaciones electrónicas

María Jesús Gallardo Castillo

17.00€

16.15€

+ Información