Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 190 de 27 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 53 min

Tiempo de lectura: 53 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/06/2018

Num. Resolución: 190


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., polos danos sufridos como consecuencia da intervención cirúrxica dun quiste radicular na boca no Hospital Policlínico Vigo, S.A. POVISA.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 6.10.2017, M. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial pola atención prestada no hospital Povisa

de Vigo onde foi intervido dunha quistectomía radicular no Servizo de Cirurxía Maxilofacial.

En data 17.11.2017, presenta outro escrito que cualifica de ?subsanación y mejora de solicitud?, no que o interesado pide que ?además de aceptar mi solicitud de cambio del hospital Povisa al hospital Álvaro Cunqueiro, se me indemnice económicamente

con una cantidad de 100.000 euros o cantidad que compense todos los enormes problemas que estoy padeciendo y sin saber todavía

a día de hoy 16.11.2017, el motivo que provoca la aparición de estos severos brotes en la piel ni el porqué del adelgazamiento

y problemas digestivos que padezco?.

2.- Instruído o procedemento conforme á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas, consta nel a historia clínica ademais de informes remitidos polos servizos de Dermatoloxía e Cirurxía Oral e Maxilofacial

do Hospital Povisa.

3.- No trámite de audiencia, incorporouse informe pericial remitido polo Hospital Povisa. O interesado non presentou alegacións.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (4.5.2018).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 4.6.2018

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo

de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde o na vida do enfermo xa

que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de ilícitos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis alicérzase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade

por normal ou anormal funcionamento do servizo público de conformidade co previsto no artigo 81.2 da LPAC.

Como se sinalou na consideración precedente, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis, o que obriga á observación

detida do concreto emprego da ciencia e da técnica esixibles atendendo ás circunstancias de cada caso en concreto.

No presente caso o interesado fai unha serie de reproches á atención prestada no hospital Povisa coa ocasión dunha intervención cirúrxica de quistectomía maxilar que lle ocasionou ?problemas físicos y psíquicos para el desarrollo de la vida personal y profesional?.

A Administración, de contrario, aduce que a asistencia prestada foi axeitada á lex artis, apoiándose nos informes médicos que figuran no expediente. Pois ben a verificación da imputación que fai o reclamante esixe

unha análise da historia clínica e dos informes incorporados ao expediente. Debe terse en conta, para tal efecto, que tratándose

dunha reclamación realizada con base nunha previa asistencia sanitaria, e dado o carácter técnico da materia, é doutrina reiterada

deste Consello Consultivo, que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar os feitos.

No expediente figura informe remitido polo Servizo de Cirurxía Oral e Maxilofacial no que se sinala:

?Paciente visto en consultas externas de nuestro servicio como primera consulta el día 05/01/2015 por presentar quiste maxilar,

con antecedentes de otra intervención previa por quiste radicular mandibular derecho. Entre los antecedentes personales: intestino

irritable, colecistectomía, hemorroidectomía, septoplastia, no alergias medicamentosas. Presentaba signos clínicos compatibles

con quiste en área del 14 y 15 (maxilar superior derecho).

Se realizó estudio con TC que demostró la existencia de quiste radicular del 14-15, granuloma periapical del 11 y posible caries del 18. Se recomendó realizar quistectomía del 14-15 con apicectomía del

14. Se realizó orden de asistencia programación asistencial (APA) el día 26/0172015 para quistectomia maxilar y exodoncia

del 18. Nueva consulta el día 27/04/2015 en la que el paciente refiere haber realizado exodoncia del 18 fuera de este hospital

por presentar dolor, por lo que se genera nuevo APA con fecha 27/04/2015 para realizar como consta en el mismo quistectomía

del 14-15.

Se realiza intervención quirúrgica el día 11/01/17: quistectomía del 14-15, bajo anestesia local y sedación, siguiendo las indicaciones de la historia clínica y del APA tras completar check list prequirúrgico

y tras volver a informar al paciente de la intervención a la que va a ser sometido.

El tratamiento prescrito es el protocolizado para este tipo de patologías en nuestro Servicio. El informe histológico confirmó el diagnóstico de sospecha siendo compatible la muestra con granuloma periapical.

Se recomendó tratamiento habitual en este tipo de intervenciones en pacientes no alérgicos a la penicilina. No constan revisiones

posteriores del paciente en nuestras consultas.

En conclusión no existió ningún tipo de negligencia y se siguió la lex artis de nuestra especialidad en todo momento?.

Por outra banda, consta, asemade, un informe xuntado polo Servizo de Dermatoloxía no que se indica:

?Paciente que es remitido a consultas externas del Servicio de Dermatología desde atención primaria. Se solicita cita el día 10/2/2017, siendo valorado de manera presencial el día 17/02/2017.

El motivo de consulta que relata el paciente consiste en la aparición de diversos ?granos? (sic) que le surgen de manera dispersa ?por todo el cuerpo?, que recuerda con mayor o menor intensidad desde

la adolescencia, y que en el último año han empeorado, relacionándolo el paciente con un proceso de depilación al que se sometió

en otro centro. En dicho momento el paciente no relata alergias, toma de medicación habitual y refiere solo entre sus antecedentes

personales la presencia de ?divertículos?. Se encontraba a tratamiento con Proderma 200 mg desde hacía una semana pautado

por su médico de cabecera.

Tras la exploración dermatológica se establece un diagnóstico probable de Foliculitis, se disminuye la dosis de Proderma (doxiciclina) pautada por su médico de cabecera a 100 mg dado que refiere un

peso de 60 kg y se propone mantener dicha dosis durante 3 meses, al cabo de los cuales tendría que acudir de nuevo a consulta

para valorar la respuesta y posibles alternativas terapéuticas en caso de mala evolución.

Se comenta en dicho momento la posibilidad de tener que realizar, en dicho supuesto, tratamiento con Isotretinoína por vía oral, motivo por el cual se le explican los efectos secundarios más frecuentes

de dicho medicamento, se le proporciona una copia del Consentimiento Informado para que la pueda leer en su domicilio y, posteriormente,

en caso de ser necesaria la utilización de dicho fármaco, poder preguntar de manera detallada todas las dudas al respecto.

Asimismo se solicita analítica con Hemograma, Bioquímica básica y Coagulación que el paciente no llega a realizar.

El día 17/03/2017 acude de nuevo a consulta debido a que describe empeoramiento de su proceso cutáneo en relación con la toma de Proderma. Refiere que fue necesaria la asistencia a Urgencias hospitalarias,

que consta con fecha de 17/02/2017, en donde se le suspende el tratamiento con Proderma y le pautan Clarelux pomada, Bilaxten

cp, Polaramine cp y Prednisona 50 mg en pauta descendente. Además el paciente retiró por su cuenta la ingesta de gluten de

su dieta y se aseaba con Germisdin.

Tras la exploración dermatológica en dicho momento casi no se objetivan lesiones cutáneas, pero, ante el empeoramiento referido por el paciente se decide programar biopsia de 2 lesiones cutáneas

para descartar otras posibilidades diagnósticas tales como una Papulosis Linfomatoide o una Dermatitis Herpetiforme.

Con fecha de 30/3/2017 se realizan 2 tomas de biopsia en costado y hombro derecho. Al finalizar el procedimiento el paciente me muestra una lesión quística inflamada en pubis, y dadas la molestias

locales que refiere se decide programar la exeresis de dicha lesión para el día 20/04/2017 con el fin de permitir la desinflamación

del quiste y que el resultado estético teórico fuese óptimo y además valorar en dicho momento la actitud terapéutica a tomar

en base a los resultados anatomopatológicos que se revelen en las biopsias realizadas.

Con fecha de 20/4/2017 se revisa al paciente y se le informa de los resultados histológicos (en ambas muestras se diagnostica: ?mínimos cambios inflamatorios crónicos inespecíficos?. Para información más

detallada solicitar copia de informes anatomo-patológicos).

[?]

Por otra parte, y ante la disminución importante de tamaño de la lesión quística, se decide, de mutuo acuerdo, mantener una actitud expectante y suspender la exéresis de dicha lesión.

El paciente no acudirá a sus 3 citas de revisión pautadas para el: 8/5/2017, 22/9/2017 y 9/10/2017. El día 21111/2017 contacta telefónicamente conmigo para que le prescriba el tratamiento con Isotretinoína,

supuesto que rechazo hasta poder valorar de nuevo presencialmente al paciente y la gravedad y extensión de sus lesiones.

El día 24/11/2017 acude sin cita programada a la consulta, siendo atendido igualmente. Solicito de nuevo analítica de sangre y se explican efectos secundarios del tratamiento firmando el consentimiento

del mismo. El paciente desde dicho momento no ha vuelto a consulta, no llegándose a iniciar ningún tipo de tratamiento?.

No trámite de alegacións, foi incorporado un informe pericial achegado polo Hospital Povisa de Vigo, que presenta as seguintes conclusións médico-legais:

?? Don M., es intervenido en el Hospital Povisa el día 11.01.17 de un quiste radicular localizado en el 14 - 15, bajo anestesia

local y sedación, realizándosele quistectomía del 14- 15 + Legrado + Sutura.

Se le pauta tratamiento antibiótico preventivo y protocolizado de Augmentine 875 mg, cada 8 h - 7 días. Enantyum 25 cada 8 h - 6 días, Omeprazol 20 cada 24 h - 7 días y Zamene 30-1 cada 12 h - 5 días.

Durante la ingesta y el postoperatorio inmediato, no presenta ninguna alteración hasta que el 08.02:17 acude al servicio de urgencias del Hospital Povisa, por presentar un Exantema papulovesiculoso en

distintas partes del cuerpo, sospechándose de una Varicela; se le pauta tratamiento adecuado. Como no mejora el 10.02.17 su

Médico de cabera le remite a su Dermatólogo por sospecha de Foliculitis.

Se le realiza Biopsia de dos lesiones en hombro derecho y costado derecho, con diagnóstico de mínimos cambios inflamatorios crónicos, inespecíficos y superficiales.

Continúa con tratamientos, asistencias a urgencias, revisiones por Dermatología, hasta que decide cambiar de hospital de referencia.

? En los tratamientos efectuados en el Hospital Povisa, según la documentación aportada, no existe la más mínima duda de la inexistencia de relación o 7 días de amoxiclavulánico y las posteriores alteraciones

dérmicas descritas en los distintos informes aportados.

No existe relación ni nexo causal entre las alteraciones gastrointestinales que padece D. M. y la ingesta del Amoxiclavulánico.

No existe relación ni nexo causal entre la intervención quirúrgica del quiste radicular intervenido quirúrgicamente el 11.01.17

y todo el cortejo sintomático desarrollado y reclamado como secundario al mismo.

? En base a la documentación aportada y a la ciencia médica se puede comprobar la inexistencia de mala praxis, inadecuado

tratamiento, iatrogenia o desatención en las atenciones prestadas a D. M. en el Hospital de Povisa.

[?]?.

Quinta.

Logo da lectura dos informes médicos e da historia clínica remitida considérase que a atención foi consonte coa lex artis. A queixa que a parte suscita en torno ao proceso asistencial son apreciacións de carácter argumental, que están orfas da

necesaria xustificación mediante o apoio dunha proba de carácter técnico que non foi achegada pola parte.

Neste punto do ditame compre destacar de novo a regra xeral, reiterada por este órgano consultivo, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense

na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, que grava ao reclamante coa

carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o

efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

Como xa se sostivo en anteriores ditames, con esta regra xeral interactúa outro criterio básico aplicable no eido das reclamacións de responsabilidade patrimonial no ámbito sanitario, que, polo marcado

carácter técnico da materia sobre a que versan, introduce importantes restricións na marxe de apreciación dos feitos e o material

probatorio que a eles atinxe.

Así, fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 da Lei de axuizamento

civil, o accionante ten a carga de probar aqueles feitos nos que basea a súa reclamación, que dado o ámbito que se analiza,

insístese, en boa parte das ocasións terán carácter técnico e precisarán, por iso, dunha xustificación de tal natureza, que

dote a aquelas alegacións de verosimilitude suficiente.

Sexta.

Ponderando estas circunstancias e conxugándoas coa moi parca argumentación realizada pola parte reclamante, e a nula actividade probatoria por ela formulada, extráese a conclusión de que, no presente

caso non se aprecia a existencia de ningún elemento que, ante a insuficiencia do mero resultado lesivo nunha prestación de

medios, vincule a dita asistencia co referido dano.

Por todo o exposto, considerando o carácter eminentemente técnico da materia e non existindo ningún criterio que contradiga a tese sostida polo servizo público de saúde na súa proposta, procede concluír

que a asistencia prestada ao señor M. se realizou conforme cos protocolos habituais e con axuste ás regras impostas pola lex

artis, de tal modo que non hai lugar á existencia de responsabilidade patrimonial da Administración.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información