Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 188 de 27 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/06/2018

Num. Resolución: 188


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por S., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento da súa fractura aberta de pelve neom.distimia no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 6.10.2017, S. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde polos danos que

entende derivados dunha defectuosa asistencia sanitaria que reprocha ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo con ocasión

dunha asistencia en urxencias do dito centro o 18.9.2016, que derivou nun ingreso no Servizo de Psiquiatría que considera

improcedente, aducindo paralelamente que en aquela data non lle foi diagnosticada a fractura de pelve que padecía como consecuencia

dunha caída, e que non sería diagnosticada até 12 días máis tarde, tempo no que permaneceu dolorida e ingresada no referido

Servizo de Psiquiatría en tanto non foi trasladada a traumatoloxía para ser intervida cirurxicamente o 18.10.2016.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, no que se incorporou informe de servizo e se deu audiencia

á interesada, que non presentou alegacións, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 4.6.2018.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP), que derrogou a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas

e do procedemento administrativo común.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Cuarta.

Tratándose dunha reclamación derivada dunha previa asistencia sanitaria, hai que considerar, engadidamente, a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal neste tipo de expedientes non resulta suficiente

a existencia dunha lesión senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde o na vida do

enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

desnaturalización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade

de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Quinta.

Entrando nas cuestións propias de fondo que suscita o expediente procede comezar resaltando que, como baseamento da súa pretensión resarcitoria, a reclamante aduce que a atención que lle foi prestada

pola sanidade pública autonómica non foi axeitada, considerando que dende que acudiu ás urxencias do Complexo Hospitalario

Universitario de Vigo o 18.9.2016, padecía unha clínica que evidenciaba a existencia da fractura de pelve sufrida como consecuencia

dunha caída e diagnosticada 12 días mais tarde, sendo interpretada aquela clínica, indebidamente, como un proceso psiquiátrico

de conversión, o que motivou o seu ingreso no servizo de psiquiatría, que a reclamante considera improcedente, e que provocou

que a paciente permanecerá moi dolorida e sen terapia para a súa auténtica doenza en tanto non foi trasladada a traumatoloxía

o 4.10.2016 para ser intervida cirurxicamente o 18.10.2016.

A cuestión primeira que suscita o exame da causalidade vinculada co dano neste suposto é, polo tanto, a determinación da posible existencia dunha deficiencia no diagnóstico e as súas consecuencias. En

definitiva, trátase de determinar se, de acordo co estado da ciencia, a técnica, e a praxe médica considerada máis adecuada

á natureza da doenza e os medios á súa disposición, estaba ao alcance dos facultativos que atenderon á doente dar cun diagnóstico

conforme ao que posteriormente se evidenciou como o verdadeiro padecemento daquela.

Na análise deste particular débese partir daquela doutrina reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames, CCG 298/2006 entre outros, segundo a cal, a existencia dun erro nun diagnóstico

ou a falta dun diagnóstico certeiro non son, sen mais, presupostos determinantes da existencia dun dano antixurídico vinculado

ao funcionamento do servizo sanitario, pois, para chegar a tal conclusión, ten que darse a concorrencia de dúas circunstancias

que doutrina reiterada do Consejo de Estado e do Consello Consultivo veñen esixindo: que exista unha neglixencia ou impericia

probada na aplicación da lex artis, e que esta sexa, a súa vez, xeradora dun dano innecesario e evitable nas súas consecuencias e resultado, e xa que logo,

antixurídico e indemnizable.

E do exame do expediente resultan datos suficientes para apreciar a existencia dunha mala praxe médica xeradora dun dano antixurídico que debe ser indemnizado, e iso por canto con rotundidade se establece

no informe médico de alta do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (de 4.10.2016) que:

?La clínica referida desde un inicio por la paciente era sugestiva de dicha fractura (la insistencia en incapacidad para permanecer sentada, el hecho de pedir estar tumbada en el suelo para evitar dolor,

pérdida del control de esfínteres y las parestesias, así como imposibilidad de bipedestación+dolor, no presentando patología

psiquiátrica primaria que motivara la clínica referida?.

Paralelamente, no informe de alta de Traumatoloxía se recolle que ?durante el ingreso en psiquiatría se aprecia una fractura en U de sacro que producía una disociación espino-pélvica que justificaba

su cuadro de dolor e incapacidad?.

A reforzada credibilidade que merecen os criterios ténicos transcritos, en canto procedentes dos propios servizos públicos e a súa trascendental relevancia, derivable do feito de que esas conclusións

sexan establecidas malia tratarse de informes que non están preordenados ao exame de responsabilidades médicas, non se ven

contrarrestadas (nin a credibilidade nin a relevancia) polos informes posteriores -emitidos xa no curso do presente procedemento

e que carecen por tanto de carácter clínico-, nos que se establece unha conclusión contraria á existencia de mala praxe, pero

sen xustificar as circunstancias que explicarían a omisión de diagnóstico apreciada nos informes clínicos transcritos, sendo

así que o diagnóstico era alcanzable a partir da clínica presentada pola paciente cando acude a urxencias, como así se desprende

dos referidos informes, e esta foi ingresada en psiquiatría a partir da interpretación da existencia dunha psicopatoloxía

na orixe das constantes e abundantes mostras de dor que realizaba a paciente, sen que conste a práctica de probas idóneas

para verificar a posible existencia de fractura (probas de imaxe) nin ter sido examinada por traumatólogo malia constar aos

servizos sanitarios que a doente sufrirá unha caída, circunstancias todas que necesariamente conducen a apreciar a existencia

dunha mala praxe no seguemento da paciente.

Sexta.

Apreciada a existencia dun dano antixurídico vinculado causalmente co funcionamento do servizo público sanitario por concorrencia dunha mala praxe, resta por determinar o alcance da indemnización

a que ten dereito a interesada.

A este respecto do exame do actuado se aprecia a necesidade de reparar o pretium doloris sufrido pola paciente na súa dobre vertiente física -porque soportou dores ao longo dos días que estivo ingresada

en psiquiatría, que serían evitables cun diagnóstico que era esixible- e psíquica, porque esas dores e o feito de ver desatendidas

as súas queixas tiveron unha repercusión no plano moral, e cuxo resarcimiento forma parte, dende logo, da reparación integral

do dano como ten declarado o Tribunal Supremo (Sala Terceira), por entre outras, en sentenza de 21.12.2012, na que pode lerse

que:

"Tiene razón el recurrente al señalar que la reparación del daño causado debe ser integral o restitutio in integrum -así lo viene señalando la jurisprudencia de esta Sala de forma constante- y que tal

reparación ha de incluir, de haberse producido, el denominado daño moral entendido éste como el causado al conjunto de derechos

y bienes de la personalidad que integran el llamado patrimonio moral".

Partindo desta realidade débese notar que a xurisprudencia ten destacado con reiteración ?el inevitable subjetivismo que conlleva la fijación del llamado pretium doloris" (entre outras, sentenza da Sala Terceira do Tribunal Supremo de 26.5.2015).

Considerando que está acreditado o padecemento de 12 días de incapacidade con estancia hospitalaria e fortes dores até que se obtivo o diagnóstico, pero ponderando igualmente que non consta que a demora

do diagnóstico producira efectos mais alá da data da intervención cirúrxica, e sería por tanto un fenómeno acoutado no tempo,

enténdese procedente establecer unha indemnización por importe de 5.000? que debe entenderse xa actualizada á data da emisión da proposta de resolución.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación, sendo procedente indemnizar á reclamante co importe de 5.000? de acordo co recollido nas consideracións sexta

e sétima?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información