Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 184 de 28 de junio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 184 de 28 de junio de 2023

Tiempo de lectura: 38 min

Tiempo de lectura: 38 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 28/06/2023

Num. Resolución: 184


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do tratamento dunha dor abdominal non especificado no Hospital Povisa.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Paz

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 7.2.2023, C. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial contra o Servizo Galego de Saúde (en diante, Sergas) polos danos

que entende sufridos no curso do tratamento dunha dor abdominal recibido no Hospital Povisa de Vigo onde recibiu asistencia

sanitaria como paciente derivada do Sergas.

A reclamante relata no seu escrito inicial que o día 25.2.2022, foi sometida a unha exploración na que se realizou un dobre intento de práctica dunha ecografía transvaxinal. Alega a reclamante

que no curso desas actuacións médicas se lle provocou a rotura do hime e un posterior e correlativo cadro psicolóxico de afectación.

Reprocha a interesada que non se lle indicou a existencia de alternativas diagnósticas malia que constaba que se trataba dunha

paciente que non mantivera relacións sexuais, e igualmente censura a ausencia de consentimento informado.

Achega informes periciais de especialista en valoración de dano corporal (28.9.2022) e de psicóloga (27.10.2022).

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, con incorporación de historia clínica da doente e emisión

de informes de servizo, concedeuse audiencia á reclamante, que presentou alegacións o 3.4.2023, solicitando unha indemnización de 15.000 ? pola rotura de hime e de 31.000 ? por danos morais.

3.- Con data 26.4.2023, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 29.5.2023.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante LPAC), nos seus aspectos procedementais

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en adiante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal e

xurisprudencial:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998)).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme

coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar

a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio.

Cuarta.

Para centrar os termos da cuestión controvertida, procede partir das argumentacións realizadas pola reclamante que, no escrito

reitor da reclamación, realiza unha descrición polo miúdo das incidencias acontecidas no curso da asistencia sanitaria de

que foi obxecto con ocasión dos exames encamiñados a tratar de identificar a orixe da dor abdominal pola que a reclamante

demandou asistencia sanitaria.

Censura a reclamante que existían alternativas diagnósticas á ecografía transvaxinal que lle foi practicada malia a súa previa

indicación de que non mantivera relacións sexuais, polo que ao seu criterio, estaba contraindicada a dita proba, na que, reprocha,

se lle produciría a rotura do hime.

Sucede, non obstante, que a reclamante non acredita a existencia da rotura de hime que orixina todo o proceso que motiva a

súa reclamación.

Así, tal incidencia non está recollida na historia clínica, significándose pola especialista en xinecoloxía que realizou o

exame que ?en ningún momento hubo indicios de sangrado ni ningún otro síntoma que fuese susceptible de ser reflejado en la historia clínica

(...) al final de la exploración no había ninguna lesión, no restos de sangre que pudiesen justificar una rotura de himen? (informe de servizo do 3.3.2023).

Tampouco o exame de valoración de dano corporal achega datos sobre o extremo alegado pola doente, pois o facultativo asinante

recoñece que non a examinou.

E a lesión orixe da reclamación tampouco aparece referida na reclamación que a paciente presenta o 28.2.2022, 3 días despois da asistencia sanitaria controvertida, na que a interesada indica que se sentiu forzada e humillada, e que

sentía dor, pero nada especifica sobre a rotura do hime agora alegada.

Por outra parte tampouco se pode presumir a existencia de tal lesión polo dobre intento de práctica da ecografía transvaxinal,

porque a especialista en xinecoloxía responsable da práctica das probas e que asina o informe de servizo (3.3.2023), manifesta en relación coa técnica empregada que ?en muchas ocasiones esta puede realizarse sin problema? e que ?se pueden realizar ecografías vaginales a pacientes sin relaciones sexuales previas?, extremo este último que xa lle constaba á especialista antes de realizar a proba. Ademais a especialista xustifica a indicación

da proba diagnóstica, que presenta vantaxes respecto da ecografía abdominal.

Considerando tales criterios non se pode considerar acreditada a afirmación realizada no informe do especialista en valoración

do dano corporal que achega a reclamante, no sentido de que a ecografía transvaxinal ?previsiblemente supondría una modificación anatómica irreversible, el anotado desgarro himeneal?.

Quinta.

En tales circunstancias non se pode considerar acreditado o dano que da orixe ao proceso que motiva a reclamación. Hai que

notar, a este respecto, que existe unha primeira regra de aplicación reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames

-por todos, cítase o CCG 148/2006 ou CCG 22/2023-, segundo a cal, como condición de principio, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

a quen reclama. Tal criterio, obtense do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, que

grava á parte reclamante coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas

a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

A ausencia de proba no presente caso, unida á non concorrencia de ningunha circunstancia que condicione a aplicación da regra

xeral sobre a carga probatoria, conducen a entender que non se pode considerar acreditado que no curso da asistencia sanitaria

se produciu a rotura do hime, como así se indica pola reclamante nos seus escritos.

E a ausencia de acreditación dese dano inicial, priva de percorrido á alegación realizada ao respecto da esixibilidade dun

consentimento informado para a práctica da proba diagnóstica de referencia.

En atención aos argumentos que preceden, resulta procedente a desestimación da reclamación.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS