Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 180 de 28 de junio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 180 de 28 de junio de 2023

Tiempo de lectura: 95 min

Tiempo de lectura: 95 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 28/06/2023

Num. Resolución: 180


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C. en nome e representación de V. e V., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento de B., cónxuxe e nai respectivamente, no Hospital Universitario Montecelo.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Paz

Propuesta:

Parcialmente estimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 11.11.2022, V. e V. presentaron diante do Servizo Galego de Saúde (en diante, Sergas) reclamación de responsabilidade patrimonial polos

danos e perdas derivados da asistencia sanitaria prestada a B., no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (en diante,

CHUP) con posterioridade a un episodio autolítico e no curso da cal se produciu o falecemento da doente por aforcamento.

A parte reclamante reprocha que se incumpriron as normas de seguridade prescritas polos especialistas en psiquiatría que examinaban

á doente, de modo que se deixou a esta no baño da súa habitación sen control nin vixilancia, habilitando así a materialización

do risco descrito na súa clínica psicopatolóxica.

A indemnización solicitada ascende á contía de 144.453,75 ? para o señor V. e 135.436,17 ? para a señora V., máis os xuros

legais.

Os feitos que motivan a reclamación deron lugar á apertura de dilixencias penais que finalizaron por auto de sobresemento

provisional ditado polo auto do 7.2.2022, do Xulgado de Instrución nº 3 de Pontevedra.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a este copia da historia clínica da doente e informes dos servizos de Medicina Intensiva

(28.11.2022), Psiquiatría (25.11.2022) Medicina Interna (13.1.2023) e da Dirección de Enfermería (9.2.2023) do CHUP, así como da auxiliar de enfermería que acompañou á paciente ao baño momentos antes do seu falecemento (6.2.2023) e da xefa do Servizo de Calidade e Relación co Usuario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (29.11.2022).

3.- Outorgado trámite de audiencia á parte reclamante, foi presentado escrito de alegacións (14.3.2023).

4.- Con data 17.3.2023, emitiuse proposta de resolución en sentido parcialmente estimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 29.5.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j)

da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 32 a 37

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais,

pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Finalmente, é preciso subliñar que o procedemento se tramitou de forma áxil, dentro do prazo legal de seis meses fixado nos

artigos 21.2 e 91.3 da LPAC, atendida a suspensión do procedemento con base na solicitude do ditame que agora se emite. Respectáronse,

así, os principios de eficacia e celeridade que rexen o procedemento administrativo segundo os artigos 103.1 da Constitución

española e 71.1 da LPAC, e tamén o principio europeo de boa administración, recollido no artigo 3 da Lei 1/2015, do 1 de abril,

de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración, que recorda que ?A cidadanía ten dereito a unha administración eficaz que xestione os seus asuntos con imparcialidade, obxectividade e dentro

do marco temporal establecido?.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998)).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme

coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar

a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio.

Cuarta.

A análise da proxección dos principios que se vén de expoñer sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente

procedemento require examinar o material probatorio que consta no expediente, composto basicamente polas actuacións practicadas

nas dilixencias penais, a historia clínica da paciente e os informes dos servizos emitidos no curso do presente expediente,

xa relacionados nos antecedentes.

Así, do exame da indicada documentación extráense dúas premisas básicas para realizar as verificacións correspondentes á consulta

á que se da resposta co presente ditame.

En primeiro lugar, debe afirmarse como suficientemente acreditada a circunstancia de que a doente -ingresada na planta de

Medicina Interna e non na de Psiquiatría polas complicacións dunha broncoaspiración- presentaba un elevado risco de severa

conduta autolítica suficientemente identificada polos facultativos especialistas, e que deu lugar á adopción de medidas específicas

tanto dende o punto de vista farmacolóxico, como dende a perspectiva propiamente física, coa imposición de medidas de suxeición

en todo o tempo no que a doente non estivese acompañada.

Así se constata na historia clínica e é expresamente admitido no informe do Servizo de Psiquiatría (25.11.2022), no que se manifesta que o especialista en psiquiatría que asistiu á doente ?indicó acompañamiento continuo e inmobilización

terapéutica en los momentos en los que no pudiese estar acompañada?.

Como segunda premisa resultante da verificación dos feitos documentados no expediente consta acreditado que a paciente puxo

fin á súa vida aforcándose no baño da súa habitación. Ao non atoparse familiares naquel intre no centro hospitalario, foi

conducida a el por unha auxiliar que abandonou o lugar sen restituír á paciente ao lugar de inmobilización, o que supostamente

encomendou a outro auxiliar encargado da habitación, advertindo á doente de que tiña que accionar o timbre para recadar os

seus servizos. Porén, ao longo do procedemento non se chegou a acreditar nin a encomenda a outra persoa encargada do servizo

para que acudise a realizar a custodia da paciente, nin que esta chegase a producirse.

Esta circunstancia resulta máis controvertida que a relativa á prescrición das medidas de inmobilización, e mesmo parece ser

cuestionada no sinalado informe do Servizo de Psiquiatría, no que se indica:

?Según las anotaciones que constan en su HCE en apariencia el motivo es una asfixia por ahorcamiento. La causa mediata fue

la capacidad de la paciente en zafarse de las medidas de inmovilizacion en ese momento aplicadas, e indicadas para las ocasiones

en las que no estuviese acompañada. Hay que considerar el equilibrio que es obligatorio mantener en el uso de las medidas

de Inmovilización Terapéutica y la aplicación concreta de la técnica. Tanto según Protocolos como orientaciones en programas

como Contencions Cero PEXM 2020-2024?.

Con todo, non poden considerarse acreditados os presupostos dos que parte o especialista no seu informe e, en absoluto, consta

acreditado que a paciente conseguise acceder ao baño onde puxo fin á súa vida logo de zafarse das medidas de contención prescritas.

Certamente, consta que a paciente conseguiu liberarse por si mesma nalgunha ocasión en datas previas ao fatal desenlace, pero

a última circunstancia acreditada no actuado é a de que, como vai exposto, a paciente foi acompañada ao baño por unha auxiliar

de enfermería, uns 45 minutos antes de que fora atopada polo seu irmán en estado agonizante e parada cardio-respiratoria logo

de aforcarse cunha saba.

A auxiliar de enfermería realiza unha declaración ante un axente de policía personado no lugar dos feitos encargado de estender

o atestado policial que se asina na mesma data (14.11.2021) e que recolle aquelas manifestacións nos seguintes termos:

?no teniendo asignada la habitación 313, antes de las 15:00 horas, en la franja horaria de los relevos y sin conocer la hora

exacta, al no poder atender en la citada habitación el auxiliar designado, del que no puede aportar datos al tratarse de

un varón contratado de forma eventual para el fin de semana, C. atiende a B., quien solicita ir al baño; que la auxiliar

libera de las sujecciones a la paciente para que acuda al lavabo y le indica que al acabar accione el timbre ; que C. sale

de la habitación estando la paciente en el interior del baño y al salir, le comunica al auxiliar designado para esa habitación

que la paciente está en el baño y que, cuando llame, debe reintegrarla a la cama y en ella, sujetarla con cintas en la zona

abdominal. Que después de lo referido, sonó el timbre de la habitación y el compañero antes referido, del que por el momento

no se pueden aportar datos, acudió a la habitación, desconociendo lo que allí sucedió posteriormente, sospechando que su compañero

le colocó las sujecciones abdominales a la paciente?.

A auxiliar de enfermería ratifica a súa declaración no informe que asina no curso do presente expediente (6.2.2023), engadindo que consultou á enfermeira encargada se podía liberar á paciente da suxeición para acompañala ao baño, obtendo

resposta afirmativa.

Consta igualmente, pois, que a auxiliar de enfermería abandonou a habitación, permanecendo a paciente soa no baño, e sen acompañala

ao seu punto de inmobilización.

A auxiliar de enfermería non é quen de afirmar, porque o descoñece, se a paciente foi reintegrada ao seu lugar de inmobilización,

o que meramente supón. Ademais, a verosimilitude do relato resulta afectada pola circunstancia de que, no curso da tramitación

do expediente, se comprobou que na data dos feitos non había ningún varón prestando servizos de enfermería ou auxiliar de

enfermería na planta de medicina interna (informe da Dirección de Enfermería, do 9.2.2023), de modo que nada consta sobre as medidas de seguridade adoptadas con respecto á paciente logo de que a auxiliar de enfermería

abandonase a habitación. Esta circunstancia de incerteza prolóngase por un período importante de tempo, cando menos duns 45

minutos, ata que o irmán da doente chega ao centro hospitalario para realizar o acompañamento diario e atopa a aquela no baño

e nas circunstancias xa descritas.

Atendidos os feitos constatados, non pode considerarse acreditado que a paciente fora reintegrada ao posto de inmobilización,

e a dúbida sobre estes feitos debe prexudicar á Administración, por pesar sobre ela a acreditación de tal aspecto (artigo

217, parágrafo 2 da Lei 1/2020, de 7 de xaneiro, de axuizamento civil en relación co parágrafo 1).

Quinta.

Nas circunstancias expostas, non pode ser compartido o criterio establecido na proposta de resolución no sentido de que é

apreciable a concorrencia dun suposto de perda de oportunidade.

Arguméntase na proposta de resolución que:

?no se evidencia que hubiera mala praxis en la atención dispensada a la paciente durante su ingreso por los servicios de Psiquiatría

y Medicina Interna. No obstante, el hecho de dejarla sola y sin sujeción en la habitación el día 14/11/2021 para que la paciente

fuera al baño pudo propiciar que se llevara a cabo un nuevo intento autolítico y que esta vez hubiese tiempo suficiente para

su consumación. Existiendo a juicio de esta instructora una pérdida de oportunidad, tal y como se recoge (STS do 18.7.2016,

rec. 4139/2014) sobre la pérdida de oportunidad ?probabilidad causal seria, no desdeñable, de que un comportamiento distinto

en la actuación sanitaria no sólo era exigible, sino que podría haber determinado, razonablemente, un desenlace distinto".

Ese criterio descoñece que o feito de deixar á doente ?soa e sen suxeición? constitúe unha patente contravención da prescrición

médica, que de modo terminante establecía a inmobilización en todo momento no que a doente non estivera acompañada, ante o

elevado risco de autolise apreciado polos facultativos en atención aos numerosos antecedentes da paciente e á clínica por

eles valorada.

Ao respecto deste extremo hai que salientar que é precisamente o carácter previsible da conduta autolítica a circunstancia

que o Tribunal Supremo aprecia como máis relevante á hora de analizar a responsabilidade patrimonial da Administración neste

tipo de supostos.

Como xa indicamos en anteriores ditames como o CCG 152/2021 ou o CCG 131/2017, o Tribunal Supremo conta cunha doutrina específica

sobre a responsabilidade patrimonial da Administración en supostos de autolesións producidas por pacientes psiquiátricos en

contornas hospitalarias (SSTS do 27.1.2001, rec. 6360/1996; do 5.2.2007, rec. 4067/2003; do 21.3.2007, rec. 6151/2002 e da

mesma data, rec. 276/2003. Poñendo o acento tamén na previsibilidade do resultado, véxase a STSJ de Galicia de 22.2.2017,

rec. 391/2015).

En efecto, consonte a devandita doutrina é a previsibilidade do intento de autolise o elemento que serve a determinar se a

Administración adoptou as medidas necesarias de prevención e coidado esixibles. Así, segundo o Tribunal Supremo, ?para determinar si procede apreciar tal responsabilidad patrimonial, es necesario en primer lugar analizar si el suicidio

resultaba o no previsible a la vista de los antecedentes del paciente, por cuanto si atendidos estos podía resultar previsible

lo ocurrido, hubiera devenido necesario adoptar las necesarias medidas de atención y cuidado? (por todas, STS do 21.3.2007, rec. 6151/2002).

E tal doutrina é de aplicación no presente suposto, no que consta absolutamente acreditado o risco avaliado polos psiquiatras,

que establece a previsibilidade da conduta, sendo así, ademais, que o feito de que a paciente estivese soa e sen suxeición

non obedeceu a unha decisión valorada e calculada por parte do persoal facultativo, como unha estratexia de fomento da confianza

da doente, senón que foi froito da descoordinación descrita, que mesmo impediu determinar, tanto nas dilixencias penais, como

no presente procedemento administrativo, cales foron as actuacións do persoal encargado da atención da doente logo de que

esta fora deixada no baño sen acompañamento, e por tempo indefinido ata a chegada dun terceiro, o irmán da doente, que alertou

da situación, ben que sendo xa tarde para impedir o fatal desenlace acontecido.

Esta realidade aparece implicitamente aceptada, aínda de xeito tenue e indirecto, no propio informe do Servizo de Psiquiatría

(25.11.2022) no que se afirma:

?En todo caso se minusvaloraría la capacidad de la usuaria para esquivar la medidas de contención que estuviesen siendo aplicadas

en ese momento y/o el efecto tranquilizador del tratamiento psicofarmacológico aplicado?.

Xa vai exposto que non consta que a paciente fora reintegrada ao lugar de inmobilización, pero, en todo caso, o informe do

servizo non presta cobertura á atención practicada á doente dende que foi deixada soa no baño.

E dado que non existe dúbida algunha sobra o carácter previsible da conducta suicida, por estar claramente descrito o risco

nos informes psiquiátricos que prescribiron unhas específicas medidas de prevención da autolise, resulta apreciable, pois,

que a contravención da prescrición facultativa sobre as ditas medidas constitúe un suposto de mala praxe que presenta conexión

co resultado acontecido, aínda coa presenza mediata da vontade suicida da persoa que puxo fin á súa vida, circunstancia esta

cuxa proxección xurídica será obxecto de análise de seguido.

Sexta.

Así, a constatación da concorrencia dunha mala praxe e a presenza dun dano antixurídico non bastan para desencadear a responsabilidade

patrimonial da Administración, pois debe mediar ademais unha relación de causalidade xuridicamente relevante entre ambos elementos.

E, como é ben coñecido, nos supostos en que a conduta da vítima é decisiva para a materialización do resultado lesivo, este

feito pode impedir que xurda o devandito nexo de causalidade.

Por conseguinte, para aclarar se no suposto agora sometido a ditame as infraccións das regras de prevención descritas foi

a causa eficiente do desgraciado falecemento da paciente, ou ben foi a conduta da propia vítima a detonante do dano, é preciso

atender novamente á doutrina do Tribunal Supremo verbo da responsabilidade patrimonial da Administración no caso de danos

autoinflixidos por pacientes psiquiátricos ingresados en centros sanitarios.

E consonte a dita doutrina, unha vez máis, a previsibilidade da conduta autolítica é o canon para determinar se o factor causal

do dano foi a vontade da vítima ou, pola contra, este reside na actuación da Administración. Así, o Tribunal Supremo manifesta

que:

?a efectos de poder apreciarse si ha habido o no una ruptura del nexo causal, ha de determinarse si debido a la alteración

mental era previsible que el paciente se comportase creando riesgos, que en condiciones de normalidad cualquier persona eludiría,

pues si esa persona no se encuentra en tales condiciones de normalidad y ello es conocido por el servicio sanitario, este

tiene el deber de vigilar cuidadosamente el comportamiento de quien se encuentra privado de una capacidad normal de discernimiento?

(STS de 21.3.2007, rec. 276/2003. No mesmo sentido, SSTS de 27.1.2001, rec. 6360/1996, e do 5.2.2007, rec. 4067/2003).

No caso que se está a examinar, á vista das actuacións que obran no expediente é manifesto que a paciente se atopaba privada

da súa capacidade normal de discernimento e que iso era coñecido polo servizo sanitario ata o punto de que se prescriben específicas

medidas de prevención do suicidio nos termos que van expostos, que, non obstante, resultaron incumpridas, producíndose polo

tanto unha omisión do deber de asistencia e coidado do servizo público.

Precisamente, en relación co devandito deber de coidado, non cabe obviar que, como declarou o Tribunal Supremo na sentenza

do 13.10.2008 (rec. 5030/2004):

?la posición de garante que ostenta la Administración respecto de ? un enfermo en una clínica psiquiátrica, modula singularmente

el instituto de la responsabilidad patrimonial. Se da en tales casos una especial relación jurídica, que origina un entramado

de derechos y deberes recíprocos ? entre los que destaca el esencial deber de la primera de velar por la vida, la integridad

y la salud del segundo, valores constitucionalmente declarados y reconocidos como derechos fundamentales (artículo 15 de la

Constitución), que dichos individuos siguen ostentando en la peculiar situación en la que se encuentran (véanse las sentencias

del Tribunal Constitucional 120/1990, F. 6º, y 137/1990, F. 4º)?.

Como xa vai exposto a doente se atopaba ingresada provisionalmente na planta de Medicina Interna -para atender as complicacións

dunha broncoaspiración- e con destino futuro á planta de Psiquiátrica, pero con aplicación de medidas específicas de control

de paciente psiquiátrico con manifesto risco autolítico.

Polo tanto, atendidas as circunstancias, o feito de que a señora B. provocase a súa propia morte non alcanza a romper o nexo

causal entre o deficiente funcionamento do servizo e o resultado danoso, pois é claro que a omisión do deber da efectiva posta

a disposición dos medios necesarios para a atención e coidado dunha paciente privada da súa capacidade de discernimento, con

risco elevado de comportamento autolítico e que estaba a cargo do centro hospitalario no que foi ingresada por tal motivo,

e como consecuencia das graves lesións padecidas nun previo intento de suicidio, determinou causalmente o dramático resultado.

Como sinalou o Tribunal Supremo nun caso semellante, neste tipo de supostos o nexo causal non se sitúa na acción que ocasiona

de forma inmediata a morte, isto é, na autolesión do propio falecido, senón no abandono por parte do centro público da súa

posición de garante da vida e integridade física de quen está ao seu cargo, ao non aplicar os medios dispoñibles necesarios

para evitar un resultado que, á vista das circunstancias, era previsible (STS 28.9.2020, rec. 123/2020).

En consecuencia, concorren todos os elementos precisos para apreciar responsabilidade patrimonial da Administración.

Oitava.

Resta por determinar o dano indemnizable, as persoas prexudicadas e o importe das indemnizacións procedentes.

Nos supostos de falecemento, como o presente, é claro que o dano orixinado pola creba da lex artis fai xurdir nos achegados do paciente un dano indirecto causado pola súa perda. O dano indemnizable é, pois, o dano moral

orixinado en terceiros vinculados co falecido por lazos familiares ou afectivos. Con todo, cómpre lembrar que o dano ten que

ser efectivo e que é precisamente sobre a parte reclamante que pesa a carga da proba do mesmo.

Por iso antes de proceder á cuantificación da indemnización é preciso determinar se concorre a condición de prexudicados nas

dúas persoas que presentan a reclamación.

Este Consello ten establecido sobre os familiares que teñen a condición de prexudicados que:

?aínda que non de forma unánime, é maioritariamente aceptada pola xurisprudencia ? a opinión de que os herdeiros lexitimarios

-é dicir, cónxuxe supérstite e fillos- teñen lexitimación por dereito propio para exercitar a acción de resarcimento polo

falecemento da citada como consecuencia da creba da lex artis na atención sanitaria. Pero neste recoñecemento a discrepancia

é maior cando se trata de recoñecer indemnizacións a outros familiares como os irmáns, que carecen da aludida condición de

herdeiros lexitimarios. Por esta razón, este Consello non é favorable a recoñecer indemnizacións a favor doutros parentes

diferentes dos herdeiros lexitimarios, agás que se acrediten circunstancias especiais de dependencia, tutela ou convivencia?.

E neste contexto, o señor V. carece da condición de prexudicado por estar constatada no expediente a separación de feito da

parella que formaba coa finada.

Malia achegar un certificado de empadroamento da unidade familiar, o cese efectivo da convivencia está obxectivamente acreditado

no expediente, non só porque así se recolle en varias anotacións da historia clínica, sino porque esta tamén proba que antes

do último internamento a Sra. B. residía coa súa madre e irmán, e que foi este último o único familiar que asumiu o coidado

da doente nos sucesivos e prolongados ingresos hospitalarios, sen constancia de visita ningunha por parte do señor V., nin

sequera no contexto de acompañamento preceptivo que lle foi prescrito.

O artigo 238 da Lei 2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia reserva a condición de lexitimario ao cónxuxe viúvo

non separado legalmente ou de feito, e igualmente, o artigo 63.1 do Real decreto lexislativo 8/2004, de 29 de outubro, polo

que se aproba o texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor limita a

condición de prexudicado ao cónxuxe viúvo non separado legalmente.

En consecuencia, non pode procede recoñecer indemnización ningunha ao señor V.

Novena.

A condición de prexudicada a filla da falecida non ofrece dúbidas, polo que neste caso si concorre a obriga da Administración

de indemnizar o dano.

Ao respecto da fixación que debe ser recoñecida no seu favor, a parte reclamante solicita as contías que resultan da aplicación

do baremo da Lei 35/2015, do 22 de setembro, de reforma do sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas

en accidentes de circulación. Con todo, o artigo 34.2 LRXSP tan só indica que a Administración poderá tomar como referencia

este baremo e a xurisprudencia reitera que o ?daño moral por su carácter afectivo y de pretium doloris, carece de módulos objetivos, lo que conduce a valorarlo en una cifra

razonable, que siempre tendrá un cierto componente subjetivo por lo que deben ponderarse todas las circunstancias concurrentes

en el caso. No hay baremo alguno al respecto? (por todas, STS 20.2.2012, rec. 527/2010).

Por outra banda, tratándose dunha morte por suicidio nun centro sanitario, aínda que a conduta da doente non rompe o nexo

de causalidade, sendo a causa eficiente do falecemento a falta dos medios sanitarios adecuados, aquela si debe terse en conta

na determinación do quantum indemnizatorio, dada a súa relevancia no feito lutuoso (CCG 135/2017 e CCG 498/2019, e SSTS do 5.2.2007, rec. 4067/2003; do 21.3.2007, rec.

6151/2002 e da mesma data, rec. 276/2003).

A sentenza do Tribunal Supremo do 28.9.2020 (rec. 123/2020) sinala que neste tipo de supostos ?la imputación del daño lo es, por no garantizar la vida del fallecido, no por la muerte directamente de este que solo a su

voluntad fue debida?, o que non pode deixar de reflectirse na contía da indemnización, na medida en que a lesión que a prexudicada non está obrigada

a soportar non é a morte da paciente, en si mesma, senón o feito de que a vida non fose protexida con mellores garantías no

tempo no que a doente se atopaba no centro hospitalario.

Con todo, non debe perderse de vista o esencial principio de reparación in integrum ou de total indemnidade, a tenor do cal a indemnización ha de ser suficiente para reparar integramente os danos padecidos,

acadando así a indemnidade dos dereitos e intereses lesionados, sen que este principio deixe de rexer a cuantificación dos

danos morais, por máis que en moitas ocasións o resarcimento semelle humanamente imposible (por todas, SSTS do 25.9.2015,

rec. 4030/2013, e do 9.6.2009, rec. 1822/2005).

Na valoración do dano a indemnizar debe ser considerada, igualmente, a ruptura efectiva da convivencia entre a nai e a reclamante

xa antes do intento de suicidio que determinou o último ingreso hospitalario da finada, o que queda acreditado mediante a

historia clínica. Igualmente, como proba da perda do contacto persoal entre a reclamante e a súa nai, constan na historia

clínica as manifestacións feitas pola doente aos facultativos no contexto da asistencia sanitaria, así como o feito da ausencia

de visitas da reclamante durante o tempo que a Sra. B. estivo ingresada no centro sanitario, sen que se aportasen probas que

puidesen xustificar esta circunstancia. Con esta apreciación non se realiza un xuízo de valor que non corresponde a este Consello

Consultivo, mais se trata unicamente de analizar os elementos obxectivos que constan no expediente e que a lei considera apropiados

para medir o dano moral. En efecto, a teor do artigo 70.1 do Real decreto lexislativo 8/2004, de 29 de outubro, polo que se

aproba o texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, a convivencia coa

vítima constitúe un prexuízo dos prexudicados, e que no caso dos descendentes menores de 30 anos está integrada no prexuízo

persoal básico.

Finalmente, debe ser considerado que, desafortunadamente, a señora B., tiña a súa saúde afectada por graves trastornos mentais

que a levaron a numerosos intentos de quitarse a vida, de xeito que hai que ter en conta a posibilidade de materialización

do risco en circunstancia allea ao control do servizo público.

Por todo o exposto, se estima procedente a fixación da contía da indemnización no importe de 10.000 ? en favor da Sra. V.,

contía que debe entenderse actualizada á data da resolución.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente, en parte, a proposta de resolución parcialmente estimatoria da reclamación á que o presente expediente

se refire, sendo procedente recoñecer á Sra. V. unha indemnización por importe de 10.000 ??.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información