Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 177 de 22 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 34 min

Tiempo de lectura: 34 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 22/11/2017

Num. Resolución: 177


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C., en nome e representación de don M., don I. e don C., polo falecemento da súa muller e nai, respectivamente, dona G.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 12.05.2016, don C. en nome e representación de don M., don I. e don C. presentou reclamación de responsabilidade

patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde.

No escrito denuncian a asistencia prestada a dona G. -esposa e nai dos reclamantes- quen faleceu no seu domicilio o día 7.09.2015.

2.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, consta nel a historia clínica da doente ademais

da seguinte documentación:

- Informe do centro de saúde de Ponteareas.

- Informe do servizo de Urxencias do Complexo Universitario de Vigo.

- Informe do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

3.- No trámite de audiencia, os reclamantes presentan escrito no que reiteran a súa petición inicial e cuantifican a cantidade

nun total de 60.000 euros, a razón de 30.000 euros para o esposo e 15.000 para cada un dos fillos da Sra. G.

4.- O órgano instrutor emitiu resolución na que propón a desestimación da reclamación (17.04.2017).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día once de maio de dous mil dezasete.

6.- En sesión celebrada o día trinta e un de maio de dous mil dezasete a Sección de Ditames deste órgano consultivo acordou a

devolución do expediente para que se completase a súa instrución nos termos que alí se referían.

7.- O expediente de razón foi de novo remitido a este Consello Consultivo tendo entrada o día dezaseis de outubro de dous mil

dezasete.

8.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 15 de novembro de 2017 acordouse prorrogar o prazo de emisión do ditame por un

mes.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de responsabilidade patrimonial con base no previsto nos artigos 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo

de Galicia, e 17 a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento,

ao tratarse dunha reclamación interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

O citado expediente está suxeito, en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, aos trámites previstos nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo,

que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial (normativa aplicable ao procedemento que nos ocupa,

segundo o disposto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas).

Segunda.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio

de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único, para que a reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre a actuación da Administración

e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas de terceiros ou do lesionado. Por outra parte

para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente

e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva,

esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, resulta preciso determinar neste ditame, de acordo coas previsións do artigo 12.2

do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o

funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de facerse a oportuna valoración do prexuízo, e a contía

da indemnización e o modo de facela efectiva. Noutras palabras, trátase de dilucidar se concorren os presupostos para a imputación,

en réxime obxectivo, desa responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público sanitario.

Na análise das cuestións que se suscitan no escrito reitor da reclamación, obsérvase que se imputa un déficit asistencial, así os reclamantes sinalan expresamente: ?(?) que no valoraron adecuadamente los signos y síntomas que la paciente presentaba y las reiteradas solicitudes de asistencia

sanitaria ante el empeoramiento de su estado a pesar de los tratamientos pautados, todo lo cual supuso que se produjese un

ERROR DIAGNÓSTICO, falleciendo la paciente el 07.09.2015 como consecuencia del carcinoma que no le fue diagnosticado en el

Sergas, sin haber podido optar a su tratamiento, y con el evidente y enorme daño moral causado a su familia, ??.

No presente caso e de acordo coa documentación remitida, resulta que a señora G. acudira ao centro de saúde de Ponteareas o día 16.07.2015 por lumbalxia mecánica. Consta así mesmo que precisou atención

no servizo de urxencias do Hospital Meixoeiro de Vigo os días 22, 27, 29 de xullo e o día 19 de agosto. O informe do servizo

de urxencias sinala:

?Efectivamente, la enferma fue atendida en el SUH los días que se constatan. En las cuatro atenciones los síntomas que la paciente

relata son claros y concisos: dolor lumbar, bloqueo de espalda e irradiación a extremidades en las últimas ocasiones. En ningún

momento, y a pesar que se le interroga, relata otra serie de síntomas que puedan hacer pensar en un proceso neoplásico y menos

pulmonar, ya que no refiere ningún síntoma atribuible al aparato pulmonar. En concreto en la cuarta y última atención el SUH

del 19 de agosto, se recoge que salvo ese dolor la paciente no refiere otra sintomatología. Por tanto, las atenciones del

SUH se encaminaron a tratar su dolor y descartar una complicación urgente de su lumbalgia con posible compromiso ciático.

Es más, claramente se le indica en la primera atención del SUH de los signos y síntomas de alarma por los que debería acudir

a urgencia y se le cita para una consulta preferente en traumatología en 10-15 días y que mientras sea controlada por su médico

de cabecera, estas recomendaciones se le siguen reiterando en las siguientes atenciones. Por todo ello concluyo que la atención

dispensada en el SUH ha sido la correcta para la demanda de la paciente?.

O día 5 de agosto foi valorada no servizo de Traumatoloxía onde fora remitida desde o servizo de urxencias. O informe destaca:

?Doña G., fue valorada en consultas de Traumatología en una única ocasión el 5/8/2015, al haber sido remitida a esta consulta desde

urgencias donde había sido diagnosticada de lumbalgia mecánica.

Tras valoración de la paciente, se comprobó que no presentaba afección radicular, tampoco consta que sufriese déficit motor o sensitivo.

El estudio radiográfico demostraba una avanzada discopatía L4-L5. Se consideró que este diagnóstico era concordante con el dolor mecánico que sufría la paciente.

En ausencia de datos de posible indicación quirúrgica, se remitió a la paciente, como se hace habitualmente en esta patología, al servicio de Rehabilitación y se le prescribió un antiinflamatorio.

En la valoración inicial de una lumbalgia sin otros signos de alarma, está indicado el tratamiento sintomático y control evolutivo por su médico de atención primaria?.

O día 7.09.2015 a señora G. faleceu no seu domicilio. O informe médico forense de autopsia sinala: ?1. Puede establecerse que se trata de una muerte de causa NATURAL. 2. Causa de la muerte: FRACASO MULTIORGÁNICO. 3. Causas

fundamentales: Carcinoma neuroendocrino de células grandes infiltrantes de pulmón con metástasis ganglionar y con múltiples

metástasis extensas en hígado. 4. La fecha de la muerte se sitúa en torno a las 07:40 horas del día 07 de septiembre de 2015?.

O informe do servizo de Urxencias realiza a seguinte puntualización:

?Leído en el expediente el informe preliminar de la autopsia consta: Proceso neoplásico pulmonar biliar con metástasis hepáticas.

Para nada se habla de metástasis óseas que pudiesen explicar la lumbalgia de la paciente y que por ser conocedores de esta

posibilidad, que no es frecuente, es por lo que los MUH del SUH enviaron a la paciente a consultas de traumatología para que

valorase y, según su evolución, realizar estudios que para nada son posibles de realizar en el SUH. Si no se demostrases metástasis

óseas es muy difícil de explicar su lumbalgia por su proceso neoplásico. Finalmente la causa de la muerte es una bronco aspiración,

que a su vez se puede deber a múltiples situaciones y no tiene por qué corresponder a la evolución natural de su proceso neoplásico?.

Pois ben, logo de todo o actuado, considérase que existen indicacións precisas nos informes que veñen de transcribirse de que o diagnóstico correspondente á situación clínica que presentaba a doente no

período a que se contrae a reclamación foi coherente coa sintomatoloxía que presentaba.

No presente caso, o diagnóstico da patoloxía da Sra. G. foi realizado previa realización das probas oportunas e resultou conforme á sintomatoloxía que presentaba

a doente, cal era a lumbalxia, tal como refire o informe do servizo de Traumatoloxía. Certo é que non se lle practicaron entón todas as técnicas avanzadas na análise doutras patoloxías, mais tamén o é que non

consta acreditada a existencia de síntomas que xustificasen a súa realización.

Cómpre ter en conta que a actividade sanitaria consiste, -como ten insistido este órgano consultivo- esencialmente, na obriga dunha aplicación dos medios precisos e dispoñibles, incluso daqueles medios

tecnoloxicamente avanzados; mais trátase dunha obriga intimamente vencellada e dependente das circunstancias fácticas de cada

suposto clínico. É a sintomatoloxía clínica do paciente a que aconsella ou fai imprescindible a utilización de determinados

medios diagnósticos e terapéuticos en cada caso.

En suma, se o diagnóstico é un conxunto de actuacións que teñen por finalidade determinar a natureza e as causas dunha enfermidade, fixando unha conclusión clínica, a lex artis require un xuízo de adecuación ou ponderación, no que haberán de terse en conta os protocolos aplicables. En absoluto consta

no expediente criterio ou opinión médicos indicativos de que a sintomatoloxía que amosou a señora G., durante o período ao

que se contrae a reclamación, fose indiciaria do carcinoma posteriormente amosado no informe forense; sendo este un dato que

resultaría imprescindible para fundar un xuízo de reprochabilidade dende a perspectiva do instituto resarcitorio.

De aí que, en base ao exposto e a falta doutro criterio técnico que contradiga os informes citados no corpo deste ditame, non caiba apreciar lesión antixurídica derivable da actuación dos profesionais

do Servizo Galego de Saúde, procedendo, en definitiva, a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información