Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 171 de 13 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 34 min

Tiempo de lectura: 34 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/06/2018

Num. Resolución: 171


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., polos danos derivados trala intervención de apendicectomía con peritonite perforada no Complexo Hospitalario de Ourense.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 21.11.2017 C. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde por mor da

asistencia sanitaria prestada no Complexo Hospitalario de Ourense.

A interesada cuantifica a indemnización en 151.132.66 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a el:

- Historia clínica da paciente.

- Informe do xefe de Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía.

3.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida á interesada trámite de alegacións á reclamante,

que non fixo, formulouse unha proposta de resolución (2.5.2018) en sentido desestimatorio da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 15.5.2018.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP), que derrogou a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo

común.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da precitada lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os devanditos prexuízos non son imputables á Administración

e non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis alicérzase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultado; é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos diante dun criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida;

criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade

ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo

unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva,

sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Entrando xa na cerna da reclamación presentada, e tendo en conta os elementos técnicos que se veñen de describir, hai que sinalar que,

de acordo coas previsións do artigo 32 da LRXSP, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a

exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida, por ser este presuposto esencial

para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade por normal ou anormal funcionamento do servizo público.

A parte reclamante censura aos servizos sanitarios a existencia dun vínculo causal que conecta o dano que motiva a reclamación coa asistencia sanitaria recibida, con todo, o reproche realízase en termos

vagos e xenéricos, apenas suficientes para entender cumprimentada a carga que grava á reclamante coa necesaria determinación

dos datos e circunstancias nos que se asenta o nexo de causalidade no que se apoia a reclamación.

En efecto, a parte reclamante limitase a atribuír a mala praxe aos servizos sanitarios nun relato marcadamente descritivo da secuencia asistencial e unha conclusión de mala prestación sanitaria, porén

sen concretar cal foi a mala praxe nin a súa conexión cos danos sufridos.

Por maior abastanza, non achegou proba ningunha coa reclamación; e, asemade, non fixo alegacións no trámite de audiencia unha vez que se lle deu traslado do expediente administrativo.

A interesada limítase a fundamentar a súa reclamación nos seguintes feitos:

?1.- O 9 de decembro de 2012, Dna. C. foi intervida de apendicectomía por peritonite perforada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Desde esa data acude en numerosas ocasións

a urxencias por dor abdominal.

2.- En novembro de 2016 a paciente acude a urxencias por dor na zona ovárica dereita con febre, sendo intervida o 19 deste

mes practicándose unha laparotomía por absceso tuboovárico dereito e síndrome de Fitz-Hugh-Curtis. Realizouse unha anexectomía

dereita, adhesiolisis e lavado peritoneal. Desde esa data acude en numerosas ocasións a urxencias por persistencia das dores

abdominais.

3.- Que as dores abdominais que se producen despois das intervencións son por unha mala praxis do persoal do Sergas sin observar

máis documentación ou outro tipo de proba que avalen esta circunstancia?.

Hai que considerar, igualmente, que, como é principio xeral en todo tipo de reclamacións de responsabilidade patrimonial, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde

á reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código civil, obtense

na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), que grava á reclamante

coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables,

o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

E, no eido propio das reclamacións en materia sanitaria, hai que subliñar que a valoración dos feitos cuestionados na reclamación (a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia

xurídica, cal é, dende a óptica da reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario estar

en posesión duns coñecementos científicos propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades, estando vedado

o establecemento de conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancia esta que,

interactuando coa carga probatoria que grava ao reclamante, orixina que frecuentemente sexa esixible do accionante a achega

dun informe pericial que avale as súas argumentacións sobre os feitos controvertidos, cando a lectura ofrecida na reclamación

é negada pola Administración e fóra dos casos nos que opera un desprazamento da carga probatoria, fundamentalmente, a través

dos principios de dispoñibilidade e facilidade probatoria do artigo 217.6 LAC.

No presente caso, como vai dito, a reclamación susténtase nun relato marcadamente descritivo da secuencia asistencial; e, sobre a ausencia de toda proba que permita apreciar o vínculo causal

que alega a parte recorrente incide ademais a circunstancia de que constan informes no expediente que indican que as molestias

que presenta a reclamante están relacionadas coas patoloxías de base que padece.

Así, o informe do xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia conclúe o seguinte:

?- Las cirugías realizadas han tenido como objetivo preservar la vida de la paciente ante enfermedades muy graves.

- La no realización de estas cirugías podría haber resultado en la muerte de la paciente.

- Con respecto a la enfermedad inflamatoria pélvica, es la propia adquisición de la enfermedad y no la cirugía de la misma

la que provoca secuelas a largo plazo, tales como dolor pélvico crónico y esterilidad.

- No existe ningún dato objetivo que indique que haya habido incidencias en la cirugía practicada por nuestro servicio?.

Ademais, e tal como aprecia a instrutora na proposta de resolución sometida a ditame:

?[?] hai que subliñar a diferenza no tempo das dúas intervencións, que é de catro anos e por distintos diagnósticos o que vai en

contra de unha relación de causa a efecto entre estas intervencións e as dores posteriores á intervención.

As visitas a urxencias, que aparecen descritas neste informe revelan a diversidade de patoloxías polas que acudiu, en ocasións asociadas con infección urinarias ou outras patoloxías que non se

relacionan coas patoloxías polas que se reclama?.

Con base nas consideracións xurídicas que van expostas debe concluírse que non se aprecia no expediente a concorrencia dos requisitos esixidos para dar acollida á reclamación presentada, que debe, daquela,

ser desestimada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información