Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 167 de 13 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 12 min

Tiempo de lectura: 12 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/06/2018

Num. Resolución: 167


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos e perdas por erro/retraso diagnóstico da súa doenza no Hospital Policlínico Vigo S.A.-Povisa.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Non competencia

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 23.5.2017, R. presenta escrito dirixido á Consellería de Sanidade no que reclama unha compensación polo traballo

non realizado durante o tempo no que estivo afectada por un proceso nun dedo da súa man que entende foi seguido neglixentemente

polos servizos sanitarios.

Non se realiza determinación da contía da indemnización solicitada.

2. Instruído o procedemento como de responsabilidade patrimonial, e concedida audiencia á reclamante que non presentou alegacións,

con data 24.4.2018 formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para ditame deste Consello Consultivo, polo señor conselleiro de Sanidade, tendo entrada

no rexistro deste organismo o 15.6.2018.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

Primeira.

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído pola Consellería de Sanidade, no que, a instancia de parte, se interesa

o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización por danos por responsabilidade patrimonial da Administración no

ámbito sanitario.

O artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, dispón expresamente que:

?O Consello Consultivo ditaminará preceptivamente sobre os asuntos seguintes: (?)

a) Reclamacións de responsabilidade patrimonial de contía superior a 30.000 euros para a Administración autonómica e a 15.000

euros para as administracións locais?.

Pola súa banda, o artigo 17. a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia establece que:

?Artigo 17. Funcións da Sección de Ditames.

Son funcións desta sección:

a) A emisión dos ditames a que se refiren as letras f), g), h), i), j) e k) do artigo 12 da lei?.

Finalmente, o artigo 33.2 do citado Decreto 91/2015, do 18 de xuño, sinala que:

?Unha vez aberto o expediente, e como trámite previo, en caso de observarse a falta manifesta de competencia do Consello, por parte da Presidencia do Consello decidirase a devolución do expediente remitido

e o arquivo do actuado ante o Consello, sen máis trámite?.

Segunda.

Como xa se indica nos antecedentes, a reclamante non realizou estimación da contía da reclamación, nin foi requerida para iso pola Administración, nin chegou a presentar alegacións, de onde resulta que

a consulta é remitida a este Consello Consultivo sen determinación dun presuposto da nosa competencia cal é o da contía mínima

da reclamación, que non se pode presumir como concorrente no presente caso atendido o alcance limitado da lesión pola que

se reclama.

Así as cousas, ao non constar que a cantidade reclamada da Administración autonómica alcance os 30.000?, este órgano consultivo carece de competencia para a emisión do ditame preceptivo que se solicita,

polo que neste caso procede a devolución do expediente remitido, sen entrar no fondo das cuestións que o expediente suscita.

Á vista de todo o exposto, en aplicación da normativa legal vixente, e ao abeiro das facultades que o artigo 33.2 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización

e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia atribúe a esta Presidencia.

RESOLVO

?Devolver o expediente de razón por mor da falta de competencia manifesta deste órgano consultivo para a emisión do ditame preceptivo solicitado?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Jurisdicción y procedimiento contencioso-administrativo. Paso a paso
Disponible

Jurisdicción y procedimiento contencioso-administrativo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

La complicada reforma del SECA (Sistema Europeo Común de Asilo)
Disponible

La complicada reforma del SECA (Sistema Europeo Común de Asilo)

Jorge Antonio Jiménez Carrero

25.50€

24.23€

+ Información