Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 164 de 06 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 48 min

Tiempo de lectura: 48 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 06/06/2018

Num. Resolución: 164


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por A., polos danos tras intervención cirúrxica polo Servizo de Cirurxía Plástica do Complexo Hospitario Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 16.5.2017, Ä. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde. No escrito sinala

a tórpida evolución que experimentou tras a intervención na súa man dereita de Dupuytren que se lle practicou en xuño de 2016

no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Solicita unha indemnización total de 85.000 euros.

2.- Instruído o procedemento conforme coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común (en adiante LPAC),

consta nel a historia clínica da doente ademais do informe remitido polo Servizo de Cirurxía Plástica.

3.- No trámite de audiencia a interesada non presentou alegacións.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 15.5.2018.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

adiante, LRXSP), Que derrogou a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo

común.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde o na vida do

enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Partindo dos postulados expostos, e centrándonos no exame de fondo do expediente, o cerne da cuestión radica precisamente na determinación do antedito nexo causal, entre o funcionamento do servizo

público sanitario, e a lesión alegada pola reclamante.

Da análise das cuestións que a parte suscita no seu escrito obsérvase que esta, con base nos feitos xa recollidos nos antecedentes,

imputa ao servizo público de saúde unha asistencia sanitaria contraria á lex artis por mor dun empeoramento da súa sintomatoloxía logo da intervención á que foi sometida na súa man dereita.

Como xa ten indicado este órgano consultivo, a apreciación dos feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico específico

e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste tipo de expediente

é tarefa que corresponde principalmente aos facultativos, quedando para o aplicador do Dereito a súa cualificación ou subsunción

nas respectivas categorías xurídicas, polo que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar

os feitos acontecidos.

No presente caso, e tal como resulta da historia clínica, A., nada en 1957, foi diagnosticada polo Servizo de Cirurxía Plástica do CHUAC en febreiro de 2016 de ?contractura fascia palmar mano derecha grado I-II con dolor importante a presión local y limitación para la apertura de la

mano?. Prográmase para intervención cirúrxica que lle foi realizada o día 17.6.2016. O informe do protocolo cirúrxico sinala:

?Anestesia plexo braquial. Manguito isquemia 250mmHg durante 33 minutos.

Hallazgos: Enf Dupuytren palma de mano derecha grado II compromiso de 3º, 4º y 5º radio con afectación MCF del 4º y 5º radio.

Se realiza fasciectomía selectiva.

Cierre de piel. Cura con tulgrasum + Betadine gel.

Vendaje elástico y cabestrillo?.

Segundo consta na documentación clínica, a doente presentou evolución lenta, con signos compatibles de síndrome de dor rexional complexa no período postoperatorio e foi seguida polos Servizos de Cirurxía

Plástica e Rehabilitación durante o período postoperatorio inmediato e tardío. Foi necesaria a intervención do Servizo de

Clínica de Dor para o tratamento dos síntomas que produce esta síndrome. O informe de evolución remitido polo Servizo de Cirurxía

Plástica en marzo de 2017 pronúnciase nos seguintes termos:

?Posterior al seguimiento y tratamiento rehabilitador durante ocho meses y aplicando el protocolo establecido por este complejo para el tratamiento del síndrome del dolor regional y complejo encontramos

que la paciente presenta el siguiente estado actual:

Adherencias de los tejidos blandos en la región hipotenar de la mano en ausencia de fascia palmar, lo que limita las opciones a un nuevo tratamiento quirúrgico.

Limitación para la extensión de las articulaciones metacarpo falángicas del 3º, 4º y 5º dedos secundarias a rigidez palmar.

Muñeca: Extensión: 40º. Flexión: 50º.

Pinza: con todos los dedos. Oposición a base de 5º dedo.

2º Dedo: MCF: 0º/40º. IFP: 0º/40º IFC: 0º/40º.

3º Dedo: MCF: 0º/40º. IFP: 20º/50º IFD: 10º/20º.

4º Dedo: MCF: 0º/40º. IFP: 30º/50º IFD: º0º/40º.

5º Dedo: MCF: 0º/50º. IFP: 40º/50º IFD: 10º/35º.

Conclusión:

A pesar de haber realizado el tratamiento rehabilitador y aplicado el protocolo vigente en nuestro centro para el tratamiento del síndrome de dolor regional complejo, la paciente continúa con rigidez y

dolor en 3º, 4º y 5º dedos mano derecha (dominante).

Por lo que consideramos que se encuentra incapacitada para realizar ciertas actividades cotidianas y su trabajo habitual?.

Na instrución do expediente foi incorporado informe remitido polo Servizo de Cirurxía Plástica, que aborda a atención prestada á doente e analiza a patoloxía que presentaba. Así sinala:

?-- La enfermedad de Dupuytren se trata de una fibromatosis benigna de las manos (palmas y dedos) que da lugar a la formación

de nódulos fibrosos, en ocasiones dolorosos y cuerdas también fibrosas que con frecuencia llevan a contracturas en flexión

y por tanto reducción de la capacidad funcional de la mano en grado variable.

Para la evaluación de su gravedad es práctica común emplear la clasificación conocida como de Tubiana, que respecto a los dedos largos clasifica la enfermedad en

N0: no hay lesión

N1: nódulos palmares

E1: flexión total entre 0 y 45 grados

E2: flexión total entre 45 y 90 grados

E3: flexión total entre 90 y 135 grados

E4: flexión total superior a 135 grados

--Los tratamientos médicos en general no tienen valor si exceptuamos la mejora temporal del dolor de los nódulos y el empleo de colagenasa inyectable que podría estar indicada en algunos casos para sustituir

a la cirugía, sobre todo en el caso de pacientes con un alto riesgo quirúrgico.

En general, la cirugía se indica cuando la deformidad digital dificulta el uso de la mano o del dedo lo que suele ocurrir con una contractura articular superior a 30 grados en la articulación metacarpofalángica

y de 20 en la interfalángica proximal.

Por la clasificación señalada en la intervención quirúrgica y en la primera consulta la enfermedad como ocurre habitualmente progresó y en el momento de la cirugía se trataba de un E2 lo que me hace

suponer que la cirugía estaba indicada.

Si la intervención no se realiza la enfermedad que es habitualmente progresiva lleva a un deterioro progresivo de la función de la mano tal como expuse en la respuesta a la pregunta 1.

--Paso a exponer, como se me solicita las complicaciones más frecuentes y graves

Hematoma, pérdidas de fragmentos de piel e infección.

Disminución de la sensibilidad en algunas zonas de los dedos.

Disminución de la flexión de los dedos (ocurre en 1de cada 20 casos).

Distrofia simpático-refleja (Síndrome del dolor regional complejo) (ocurre en 1de cada 20 casos): consiste en dolor, pérdida

de fuerza, tumefacción y cambios de color de la mano operada. Requiere tratamiento analgésico (medicamentos para el dolor)

y rehabilitador.

--La etiología del SDRC tipo Il puede encontrarse en cualquier traumatismo quirúrgico o no que sufra la mano. Se puede presentar después de cualquier traumatismo, no es previsible y no tiene que ver con

una buena o mala praxis asistencial.

Pregunta 5: si, se pusieron en marcha las medidas aconsejables. (analgesia, amitriptilina, pregabalina, rehabilitación y unidad de dolor)?.

Quinta.

Logo da lectura destes informes e do resto documentación clínica, ponse de manifesto unha tórpida evolución. Agora ben, nesta liña de análise, o feito desta mala evolución postoperatoria da doente

non permite concluír que se trate dun dano antixurídico na medida en que, como se recolle nos informes e no documento de consentimento,

esta é unha complicación inherente a este tipo de intervención, e, polo tanto, non relacionada necesariamente cunha asistencia

incorrecta. Consta no expediente o consentimento asinado pola reclamante, no que se sinala expresamente:

?[?]

Tratamiento:

El único tratamiento es la cirugía. Consiste en extirpar las bandas fibrosas que producen la retracción de los dedos. Para ello es preciso anestesiar el brazo, el antebrazo y la mano.

[?]

Complicaciones más frecuentes:

- Hematoma, pérdidas de fragmentos de piel e infección.

- Disminución de la sensibilidad en algunas zonas de los dedos.

- Disminución de la flexión de los dedos (ocurre en 1 de cada 20 casos).

- Distrofia simpático-refleja (ocurre en 1 de cada 20 casos): consiste en dolor, pérdida de fuerza, tumefacción y cambios de

color de la mano operada. Requiere tratamiento analgésico (medicamentos para el dolor) y rehabilitador?.

Agora ben, a operatividade do referido consentimento limítase a exonerar de responsabilidade ao prestador dos servizos sanitarios cando, logo de facilitar a información axeitada que a lei demanda, se

obtén o consentimento do paciente para a intervención cirúrxica, e no curso desta se materializa un risco propio da referida

operación, previamente informado, e sempre que a eficacia do referido consentimento non se vexa desvirtuada pola constatación

de que a actualización do risco obedeceu a unha desatención das regras impostas pola lex artis.

No presente caso non existe evidencia ningunha que autorice a concluír, con base en razoamentos técnicos, a existencia dunha vulneración da devandita lex artis na práctica da operación á que foi sometida a paciente nin no tratamento posterior. Sobre este aspecto cómpre sinalar que

a reclamante formula a súa queixa baseada no seu propio criterio, xa que o informe pericial que presentou limítase a realizar

unha valoración do estado secuelar que presenta a doente.

Pola contra, nos informes remitidos realízase unha valoración positiva de conformidade coa lex artis da intervención de referencia.

Sexta.

Constatado o anterior, e indemostrada, polo tanto, calquera vulneración das normas de actuación médica conforme cos postulados que tanto doutrinal como xurisprudencialmente veñen afirmándose en relación

coa responsabilidade patrimonial, especificamente referidos ao ámbito sanitario, cabe afirmar que non asiste á reclamante

o dereito a ser indemnizada e, polo tanto, procede desestimar a reclamación no mesmo sentido que apunta a proposta de resolución

sometida a ditame, por non concorrer o presuposto da lesión antixurídica que non tiña o deber de soportar.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información