Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 163 de 07 de junio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 163 de 07 de junio de 2023

Tiempo de lectura: 78 min

Tiempo de lectura: 78 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 07/06/2023

Num. Resolución: 163


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por S., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento do seu pai S. no Hospital Universitario da Coruña.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 14.8.2020 S. formula reclamación de responsabilidade patrimonial por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia

do falecemento do seu pai S. no Hospital Universitario da Coruña (en diante, CHUAC).

No escrito inicial non cuantifica a indemnización solicitada.

2.- O 1.10.2020, contestando a un previo requirimento, presenta escrito no que cuantifica a indemnización solicitada en 273.398,84

?.

3.- Unha vez instruído o procedemento, o 9.11.2022 acordouse a realización do trámite de audiencia.

Non consta que a parte interesada formulase alegacións.

4.- Como consecuencia da incorporación de nova documentación ao expediente, o 7.3.2023 acordouse a realización dun novo trámite de audiencia.

Non consta que a parte interesada formulase alegacións.

5.- O 12.4.2023 o órgano instrutor formula a proposta de resolución, de sentido desestimatorio.

6.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 8.5.2023.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes, a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas - aspectos procedementais- (en diante, LPAC),

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público - aspectos substantivos- (en

diante, LRXSP).

No presente caso, e no que atinxe á tramitación seguida, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en esencia,

foron cumpridas, constando no expediente remitido a realización dos actos de instrución necesarios, a concesión do trámite

de audiencia e a formulación da correspondente proposta de resolución.

Con todo, á vista do tempo transcorrido dende a presentación da reclamación o 14.8.2020, é preciso facer notar que se superou

considerablemente o prazo legal de seis meses para notificar a resolución do procedemento (artigo 91.3 da LPAC), o que supón

a prolongación en exceso da situación de expectativa na que se atopa quen reclama. Esta excesiva dilatación constitúe un actuar

contrario ao principio de eficacia que debe presidir a actuación da administración pública, de acordo co previsto no artigo

103.1 da Constitución española e no artigo 3.1 da LRXSP, así coma aos principios de celeridade e axilidade dos procedementos

administrativos, recollidos nos artigo 71.1, letra d) da LPAC; e no artigo 3.1 da LRXSP, respectivamente. A resolución en

prazo dos procedementos administrativos así como o tratamento eficaz dos asuntos por parte da Administración constitúen, así

mesmo, esixencias do principio de boa administración, implícito na Constitución española (artigos 9.3, 103 e 106), tal e como

ten salientado o Tribunal Supremo (por todas, as sentenzas do 15.10.2020, rec. 1652/2019, e do 15.3.2021, rec. 526/2020).

Terceira

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha persoa

ou nun grupo de persoas.

O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden salientarse:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos ou circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003,

e nas que nelas se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para

a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira

persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración

nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira

persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o ?quantum? indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018,

rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta

suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que

é preciso acudir ao criterio da ?lex artis? como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

da persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do

paciente. A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia

médica coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e

non de garantir en todo caso a curación da persoa enferma. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia

sanitaria se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido

non se considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da ?lex artis?, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ?ex ante? da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen

a disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido pola persoa doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

En materia de responsabilidade patrimonial resulta preciso analizar os requisitos procedementais mínimos que condicionan a

viabilidade da reclamación presentada e, concretamente, o da súa interposición en tempo hábil. Sobre dito extremo, o artigo

67.1 da LPAC dispón o seguinte:

?Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

Partindo dos datos que resultan da instrución do procedemento, podemos concluír que na data de presentación da reclamación,

o 14.8.2020, aínda non transcorrera o prazo dun ano desde a produción do sinistro (que, como veremos, consiste no falecemento

do pai da reclamante).

Quinta.

Con carácter preliminar, cómpre facer as seguintes consideracións relativas á lexitimación da parte recorrente, que no seu

escrito inicial afirma actuar como ?representante legal do meu pai e interese lexítimo? (expresión que asumimos semella referirse á súa condición de herdeira, pois non cabe falar de representación unha vez finada

a persoa representada).

Como ten indicado este Consello Consultivo, é preciso diferenciar as pretensións indemnizatorias que poden ser articuladas

a título de herdeiros da persoa falecida e en beneficio da comunidade hereditaria, daquelas outras que os prexudicados polo

falecemento -sexan herdeiros ou non- poden exercitar como dereito propio (Vide, CCG 28/2021, CCG 87/2021, CCG 155/2021, CCG 217/2022 ou CCG 22/2023).

Así, o exercicio dunha acción de responsabilidade patrimonial na condición de herdeiro circunscríbese a aqueles supostos en

que a persoa falecida exercitou a devandita acción en vida, pois nestes casos o dereito de crédito que puidera derivar da

pretensión do finado intégrase na masa relicta, sendo transmisible ?mortis causa?.

Á marxe do anterior suposto -ou mesmo, de forma adicional, de ser o caso- os familiares con intensos vínculos de parentesco

ou achegados que convivisen co finado poden presentar en nome propio unha reclamación de responsabilidade patrimonial co fin

de indemnizar os danos morais ou materiais por eles padecidos como consecuencia do falecemento. Mais este último dereito,

cómpre subliñar, susténtase na condición de prexudicado por tal falecemento e non na condición de herdeiro, que resulta indiferente

nestes supostos.

Así o ten manifestado o Tribunal Supremo en diversas sentenzas: ?el derecho a indemnización originado en el perjuicio moral y material a terceros por consecuencia de la muerte, no surge como

?iure hereditatis?, sino como un derecho originario y propio del perjudicado (SSTS de 4 de mayo de 1983 y 14 de diciembre

de 1996)? (STS do 2.2.2006, rec. 2181/1999, entre outras).

Precisamente, con base nesta sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia conclúe que o dereito á indemnización que

asiste ás persoas con intensos vínculos de parentesco con outra como consecuencia do seu falecemento non forma parte da masa

hereditaria, pois tal dereito non deriva nin se produce ?en la propia esfera patrimonial del perjudicado? (sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 2.10.2013, rec. 780/2006. No mesmo sentido poden citarse as sentenzas

do Tribunal Superior de Justicia da Comunidade Valenciana do 9.3.2012, rec. 681/2009; de Andalucía do 5.5.2014, rec. 1334/2010;

de Asturias do 14.3.2008, rec. 380/2004 e do 15.1.2021, rec. 519/2019).

Trasladando as anteriores consideracións ao caso sobre o que se está a ditaminar, e tendo en conta que non consta que o Sr.

S. exercitara acción algunha de responsabilidade patrimonial en vida, resulta que a súa filla só ten dereito a formular reclamación

de responsabilidade patrimonial en nome propio e a título de prexudicada, pero non a título de herdeira ou como ?representante legal?, como fai constar literalmente no seu escrito de reclamación.

Sexta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, resulta preciso determinar se existe unha relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

O escrito da parte reclamante centra as súas criticas na atención sanitaria prestado ao finado no período comprendido entre

o 4.1.2019 (data de ingreso no Servizo de Urxencias no CHUAC) e o mes de febreiro de 2019 (mes no que se constata o diagnóstico

definitivo). Argumenta, en síntese, que existiu una atraso diagnóstico que condicionou o tratamento e evolución posterior,

afirmando que constituíu ?unha perda de oportunidade, privación de expectativas ao non derivarse á unidade especialista, realizar un diagnóstico certero,

operación e tratamento conseguinte?.

Pois ben, o exame destes reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e dos informes médicos que figuran

no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse

este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros, o CCG 155/2020 e 92/2021).

Este cualificado valor probatorio refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso

que arestora nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade probatoria ningunha en apoio dos seus reproches ao funcionamento

do servizo público de saúde, nin sequera logo da vista dos criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Sétima.

Da análise da historia clínica e dos informes achegados durante a instrución do expediente, resultan os seguintes feitos.

O 4.1.2019 o Sr. S. acudiu ao Servizo de Urxencias do CHUAC cun ?dolor abdominal perumbilical desde hace 4 días, que ahora se localiza en FID?. Despois de realizar varias probas diagnósticas, no informe de ingreso do 4.1.2019 recóllese como conclusión ?Plastrón mesentérico englobando apéndice y probablemente secundario a patología inflamatoria de éste?, e, como xuízo clínico, ?Plastrón apendicular?.

Consta como data de alta no Servizo de Cirurxía Xeral do CHUAC o 22.1.2019, figurando na historia clínica a subministración

de antibióticos, flutuacións en relación á melloría ou non do paciente e a realización dun TC de control o 17.1.2019, do que

se conclúe: ?se observa evolución favorable y hallazgos compatibles con incipiente sigmoiditis o cambios inflamatorios por vecindad? (antecedentes do informe do 1.3.2019 do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de

Santiago de Compostela, en diante, CHUS).

O 24.1.2019 o Sr. S. ingresa no CHUS, constando como motivo da asistencia ?Dolor abdominal y fiebre?. Tras a realización dunha ?TAC abdomino pelvico con contraste? o 24.1.2019, as anotacións do curso clínico do Servizo de Dixestivo do CHUS correspondentes ao 26.1.2019 recollen o seguinte:

?No datos clínico-analíticos que justifiquen intervención quirúrgica urgente en el momento actual. Se explica al paciente

y familiares la eventual necesidad de cirugía (laparoscopia exploradora) tras realización de EDB o ante la persistencia clínica.

Si empeoramiento o aparición de datos de alarma contactar de nuevo con CGD?.

A anotación do día 31.1.2019 do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do CHUS recolle as seguintes consideracións:

?Ante la clínica y la ausencia de diagnóstico, de acuerdo con el Servicio de Digestivo, el paciente, la familia (hija) se

decide realizar laparoscopia diagnóstico-terapéutica, explicando posibildiades tanto de diagnóstico como de posibilidad de

tratamiento (laparotomía, resección intestinal, biopsias, estoma?) en función de los hallazgos.

Entienden y aceptan. Firma CI?.

O 4.2.2019 é sometido a una intervención cirúrxica (?LAPAROSCOPIA EXPLORADORA Y CONVERSIÓN A LAPAROTOMÍA PARA COLECTOMÍA DERECHA con anastomosis látero-lateral mecánica isoperistáltica?). O informe de patoloxía cirúrxica do 22.2.2019 das mostras tomadas durante aquela intervención constata o seguinte dato:

?TUMOR MALIGNO DE LA SUPERFICIE SEROSA DEL AREA ILEO-CECAL, CON INVASION DEL TEJIDO ADIPOSO PERIINTESTINAL, Y CON HALLAZGOS

HISTOLOGICOS E INMUNOHISTOQUIMICOS CONCORDANTES CON MESOTELIOMA MALIGNO EPITELIOIDE PERITONEAL DE LA REGION ILEO-CECAL?.

O paciente foi derivado ao Servizo de Oncoloxía.

En relación á asistencia prestada, o informe, do 17.11.2020, do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo do CHUAC

contén as seguintes observacións:

?Durante el ingreso se realizaron evaluaciones clinicas repetidas y todos los estudios complementarios que se consideraron

necesarios para un correcto tratamiento del paciente. En todo momento se sospechó una enfermedad in?amatoria como responsable

del proceso abdominal y no fue hasta la biopsia que se realizó en la cirugía efectuada en el CHUS que se llega a un diagnóstico

de malignidad. No se puede considerar que hubiera un retraso por demora en las exploraciones o asistencia, pues existió una

continuidad asistencial entre el CHUAC y el CHUS, donde reingtresó, que la hubiera habido igualmente si hubiera ingresado

nuevamente en nuestro centro.

A pesar del antecedente de trabajar con amianto, aunque está descrita su correlación con enfermedades pleurales y peritoneales,

no existió sospecha de malignidad en ninguna de las pruebas realizadas. El tratamiento previo antes de la cirugía en CHUAC

y CI-IUS obedece al correcto proceder según la orientación diagnóstica que se tuvo en cada momento?.

No segundo informe do amentado servizo, do 2.3.2023, contén as seguintes observacións:

?1. Informe sobre los motivos por los que el paciente S. no fue derivado al Servicio de Digestivo o se solicitó interconsulta

a ese Servicio durante el ingreso hospitalario de 05-01-2019 a 22-01-2019.

No se realizó consulta ni se derivó el paciente al Servicio de Digestivo porque la sospecha siempre fue de plastrón apendicular,

patología que es habitualmente llevada por el Servicio de Cirugía. En caso de que se hubiera considerado conveniente la valoración

por el Servicio de Digestivo, se hubiera solicitado y se hubiera realizado según el proceder estandarizado.

2. Motivos por los que el día 22-01-2019 el paciente fue dado de alta pese a referir dolor abdominal durante los días previos

al alta (ver anotación del curso clínico).

Los pacientes son en muchas ocasiones dados de alta hospitalaria con persistencia de sintomatología relacionada con el proceso.

El proceso no finaliza en el ámbito hospitalario y lo que se debe valorar es cuando el paciente no precisa de cuidados en

el hospital y puede pasar a tratamiento ambulatorio y seguimiento a través de consultas extemas. Como bien se especi?ca en

el curso clínico, ante dicha mejoría se consideró oportuno el paso a tratamiento y control ambulatorio, no el cese de tratamiento

y control.

[...]

La edad del paciente asociado al tipo de cirugía que se debería practicar hizo desestimar la indicación de cirugía de citorreeducción

y quimioterapia intraperitoneal, tanto en el CHUS como en el CHUAC, centros donde fue valorado.

4. Criterios por los que el paciente no era subsidiario de seguir tratamiento de CCR+HIPEC.

Re?ejado en la historia clínica del CHUS: 'Explico que dada edad, estado general actual, diagnóstico y evolución no considero

que esté indicado. Valorarán segunda opinión.' Esta valoración fue refrendada por nuestro equipo de cirugía de la carcinomatosis

peritoneal, tal como consta en la historia clínica del C I-IUAC: 'El resultado AP es de mesotelioma maligno. El paciente desde

el alta parece haber sufrido un importante deterioro de su estado general. Por este dato, junto con la edad del paciente y

la agresividad de la terapia valorada (CCR+HIPEC) creemos que es este momento el paciente no es candidato a la misma.'

Como se desprende de ambas valoraciones, la edad del paciente y el diagnóstico de extensión de la enfermedad asociado al estado

general del paciente fueron las causas de no indicación de la técnica quirúrgica, que está asociada a una alta morbimortalidad

en situaciones óptimas de edad biológica y estado general y nutricional.

5. Informe sobre la variación del pronóstico del paciente, en su opinión, en caso de que fuera diagnosticado durante el ingreso

de 05-01-2019, y no a finales de mes de febrero de 2019, como fue el caso.

El diagnóstico con un intervalo de algo menos de dos meses de diferencia no creo in?uya en la agresividad del proceso y en

el pronóstico del mismo. De hecho el cuadro que se trató en enero fue posiblemente una complicación infecciosa asociada al

proceso, con el subyacente proceso neoplásico enmascarado por ese hecho, motivo por el cual era obligatorio pasar por un tratamiento

antiinfeccioso y antiin?amatorio que permitiera descubrir si existía algún problema subyacente?.

Oitava.

Considerando todo o que vén de sinalarse, debe concluírse que a asistencia sanitaria prestada a Sr. S. axustouse en todo momento

á ?lex artis ad hoc? e aos niveis asistenciais normativamente establecidos.

En particular, os informes transcritos na consideración precedente constatan que os concretos tratamentos pautados foron acordes

á sintomatoloxía que presentaba o paciente en cada momento, sen que existan elementos de proba que permitan soster a existencia

dunha perda de oportunidade. Sobre este extremo é especialmente relevante a última consideración recollida no informe do 2.3.2023, no sentido de precisar que os escasos dous meses en acadar o diagnóstico definitivo non é probable que afectaran á agresividade

e prognóstico do proceso, así como que o tratamento ?antiinfeccioso y antiin?amatorio? ao que foi sometido o Sr. S. sería igualmente obrigatorio para que ?permitiera descubrir si existía algún problema subyacente?.

Consecuentemente, secundando o criterio recollido na proposta de resolución, o xuízo deste órgano consultivo ha de ser favorable

á desestimación da reclamación que dá orixe ao expediente administrativo examinado.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Procedimientos para la división judicial del caudal hereditario
Disponible

Procedimientos para la división judicial del caudal hereditario

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información